Fume, moito fume

19 Maio, 2010 (11:22) | Goberno Feijoo, Lingua, Política

Prolingua expresouno onte á noite con toda claridade: «Pacto do Courel? Fume de palla!». Os «inxenuos» que poderiamos conservar unha mínima esperanza de que vencese a racionalidade e puidese ser retirado o decreto quedamos esta mañán ben desenganados: «Feijóo exclúe do pacto polo galego do idioma escolar». O ofrecemento do Courel quedou apenas nun fume, moito fume inane que nin sequera chegou a formar nube. Como sinala o mestre Fermín Bouza, continuaremos teimando en que a saída para o futuro do idioma reside en recuperar o consenso forxado arredor do Plan Xeral de Normalización da Lingua de 2004 e na Lei de Normalización de 1983. Velaí o punto de encontro dende o que volver pular por políticas normalizadoras capaces de atallar esta hemorraxia. O demais é fume, moito fume.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from Tweets that mention Brétemas » Fume, moito fume — Topsy.com
Date: 19 Maio 2010, 11:41 a.m.

[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Alba López . Alba López said: RT @bretemas «Fume, moito fume», anotación no blog, http://bretemas.blogaliza.org/2010/05/19/fume-moito-fume/ [...]

Comment from caralladas
Date: 19 Maio 2010, 1:14 p.m.

Esto foi o que dixen onte: “soltouna un 17-M, e durará o mesmo que duran as portadas dos xornais en galego. un mísero día”.

Estaba cantao.

Comment from A profa
Date: 20 Maio 2010, 12:36 p.m.

Brétemas ten un agasallo no blog A Profa.
Saúdos.

Comment from mincir sans regime
Date: 5 Maio 2011, 5:44 p.m.

Will in all probability be back generally to check up on new stuff you post!

Olark Livehelp