Month: Maio, 2010

«Ruth Matilda Anderson en Vigo»

31 Maio, 2010 (07:17) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana comento a exposición arredor de Ruth Matilda Anderson ao fío da súa apertura en Vigo. Mágoa que chegase aquí tan recurtadiña.

O que vai supoñer o decreto

30 Maio, 2010 (22:05) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Recurso_didáctico, Slideshare |

A4 decreto gweb View more documents from Bergantera. Esta presentación é un interesante recurso didáctico para explicar as consecuencias que vai supoñer o decreto. Vía Blog ENDL C.E.I.P Bergantiños. Obrigado Agradécese a difusión e a inclusión nos blogs. Pásao!

Magnífico discurso de Antón Louro nos Premios da Crítica

30 Maio, 2010 (18:14) | Lingua, Premios |

Onte cheguei tarde á cerimonia de entrega dos Premios da Crítica 2010 celebrada en Mondariz Balneario. Magooume non poder ver a entrega do premio de creación literaria que recibiu Suso de Toro. Un premio que moito me aledou. O esforzo literario de Sete palabras merecía un recoñecemento deste tipo; a novela recibira boas valoracións da […]

«Makinaria» de Carlos Negro, unha extraordinaria guía de lectura

29 Maio, 2010 (12:53) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Poesía, Recurso_didáctico, Xerais |

Recomendamos moi vivamente esta extraordinaria guía de lectura en formato web de Makinaria, o poemario de Carlos Negro publicado en Fóra de Xogo. A guía preséntase como un recurso dixital interactivo e multimedia, dirixido a cada un dos lectores do poemario. Como sinalan no blog Trafegando ronseis esta proposta foi elaborada en formato LIM e […]

Tarde feliz na Casa da Lectura

27 Maio, 2010 (22:49) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Persoal |

A de onte foi unha tarde feliz na Casa da Lectura. Moitas grazas.

«Dona Carme», novas versións

26 Maio, 2010 (21:49) | Animación, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Recurso_didáctico, Slideshare |

Dona Carme View more presentations from ryusak10. Dona carme2 View more presentations from carmina4. Procuraba unha versión na rede de Dona Carme para utilizar como apoio visual hoxe na Casa da Lectura, cando atopei estas dúas, a que ilustrou Carreiro en 1990, e a segunda, versionada e protagonizada polos nenos e nenas do Primeiro Ciclo […]

Velaí o Decreto de Plurilingüismo

25 Maio, 2010 (08:33) | Goberno Feijoo, Lingua |

Velaí o pdf do texto do decreto de Plurilingüismo publicado esta mañán no DOG.

Con «Dona Carme« e «Brancos e negros» na Casa da Lectura

25 Maio, 2010 (08:28) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Persoal |

Mañá á tarde irei contar á Casa da Lectura. É un privilexio que me produce ledicia e, ao tempo, un atrevemento xa que, nestes anos, non hai dúbida ningunha que adestrei pouco. Sei que compartir as palabras e os silencios cos lectores primeiros é unha experiencia irrepetible. Nestas sesións cos picariños o único que me […]

«O Pedrón de Camilo Nogueira»

24 Maio, 2010 (07:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Política, Premios, Vigo |

No artigo da semana dedico unha homenaxe á figura do meu admirado Camilo Nogueira con motivo do premio Pedrón de Ouro que recibiu onte en Padrón.

Portugal, uma praça para o mundo

23 Maio, 2010 (21:41) | Música, Portugal, Publicidade, Vídeos |

PORTUGAL, UMA PRAÇA PARA O MUNDO from Anze Persin on Vimeo. Chego vía Manolo Gago (obrigado) a esta peza que Anze Perzin preparou para o pavillón de Portugal da Expo de Xangai 2010. Chamoume a atención na música de Rodrigo Leão a importante presenza de gaitas e a escena final de tambores case a ritmo […]

«Todos sodes capitáns», beizóns para Oliver e Martin Pawley

23 Maio, 2010 (19:09) | Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

O éxito extraordinario da película de Oliver Laxe merece as nosas beizóns. Como tamén o apoio que lle leva proporcionando tan discretamente o noso admirado Martin Pawley. Para eles dous as miñas maiores beizóns.

Camilo e Fermín, pedróns 2010

23 Maio, 2010 (18:27) | Autores, Homenaxes, Lingua, Premios |

Achegámonos a Padrón esta mañán para asistir ao acto de entrega dos premios anuais da Fundación Pedrón de Ouro. Abriron o acto as palabras agarimeiras e firmes de Xosé Ramón Fandiño que saudou aos homenaxeados, Camilo Nogueira (Pedrón de Ouro) e Fermín Bouza (Pedrón de Honra), e aos numerosos asistentes que ocupabamos os xardíns da […]

«Vigo Transforma» ou o galego desaparecido

22 Maio, 2010 (11:27) | Goberno Feijoo, Lingua, Música, Vigo |

O programa de Vigo Transforma é xeitoso, interesante, mais cando coñecín a web produciume enorme desacougo que de alí desaparecese completamente o galego. Un feito absolutamente inaceptable nun evento organizado polo Xacobeo 10, organismo dependente da Consellaría de Cultura e Turismo; máis incoherente aínda cando pretenciosamente o festival preséntase adornado cun concepto de sostibilidade dun […]

Adiante, Blogaliza!

22 Maio, 2010 (00:22) | Blogs, Internet |

Levamos unha grande ledicia cando soubemos onte que o premio Rosalía de Castro de Lingua, outorgado pola Deputación da Coruña, fose para Blogaliza. O xurado recoñeceu en Blogaliza «un esforzo de creación de espazos socializadores emerxentes para o galego, que xunta o esforzo persoal e de investimento na creación dun soporte de internet», que foi […]

O libro desaparecido

21 Maio, 2010 (18:47) | Bibliotecas, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

Vía Trafegando ronseis (manantío inesgotable, grazas, moitas grazas) chego a esta peza que forma parte dos materiais publicados por Leer.es,  espazo magnífico do Ministerio de Educación de fomento da lectura destinado a docente, familias e mediadores. Neste lánguido Ano da Lectura en Galicia boto en falta sequera algunha iniciativa na rede coma esta. Mais coa […]

Apróbase o «Decreto Feijóo»: día triste para o futuro do idioma

20 Maio, 2010 (19:18) | Goberno Feijoo, Lingua, Política |

O anuncio de Feijóo, tras a reunión do Consello da Xunta, da aprobación do «Decreto de Plurilingüismo» que reduce a utilización do galego como lingua vehicular no sistema educativo non universitario, a pesar de que non nos pillou por sorpresa, esmaga o noso ánimo. Coa excepción da retirada (polo momento) da consulta aos pais, motivada […]

Fume, moito fume

19 Maio, 2010 (11:22) | Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Prolingua expresouno onte á noite con toda claridade: «Pacto do Courel? Fume de palla!». Os «inxenuos» que poderiamos conservar unha mínima esperanza de que vencese a racionalidade e puidese ser retirado o decreto quedamos esta mañán ben desenganados: «Feijóo exclúe do pacto polo galego do idioma escolar». O ofrecemento do Courel quedou apenas nun fume, […]

O pacto debera ser a retirada do decreto

18 Maio, 2010 (21:47) | 17_de_maio, Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas, Política |

Xa o comentei onte na tertulia da noite da Radio Galega. A oferta dun pacto pola lingua realizada por Feijóo no contexto dos actos da homenaxe a Novoneyra é un xesto que non debemos rexeitar, aínda que ben coñezamos que os contidos ofrecidos non son outros que os recollidos na redacción do artigo número 5 […]

私の大好きなガリシア

17 Maio, 2010 (17:27) | 17_de_maio, Eventos, Goberno Feijoo, Imaxes, Lingua, Política |

Da manifestación de hoxe quedo con esta foto que fixen nas Orfas. Como é adoito nestas casos convén visitar as fotogalerías de Galicia hoxe, Xornal de Galicia, A Nosa Terra, Vieiros ou Galiciae. Axudan a comprender mellor a magnitude da mobilización na que participamos.

«O galego abraza»

17 Maio, 2010 (07:52) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

No artigo da semana de Faro de Vigo volvo sobre a que entendo é situación decisiva na que se atopa o conflito arredor da política lingüística. Insisto en que o futuro vai depender de nós: Ese futuro vai depender de nós. O futuro do que lle aconteza a esa lingua na que residimos como pobo […]

Pregón da Feira do libro de Vigo 1982: Uxío Novoneyra e os libros

16 Maio, 2010 (08:51) | 17_de_maio, Autores, Bibliotecas, Blogs, Libro, Promoción do libro, Recurso_didáctico |

Recollemos do blog da Biblioteca do IES As Mariñas esta extraordinaria anotación sobre o pregón pronunciando por Uxío Novoneyra na Feira do Libro de Vigo en 1982. Un grande documento para a historia da edición en Galicia. «O libro, certos libros facilítanlle ó home a máis crítica e veraz información frente os medios de comunicación […]

Onde che presta facelo?

15 Maio, 2010 (12:05) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Televisión, Vídeos |

Tras a pista destes espazos de promoción da lectura de «La bola de cristal», atopei estoutros anuncios que son ben interesantes.

De Amnistía Internacional: Dedicado aos «Ordenados»

14 Maio, 2010 (01:43) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Vídeos |

Velaí o verdadeiro rostro do racismo. Como me ten dito un grande amigo que me recomendou este vídeo impresionante de Amnistía Internacional, se fixeran unha versión galega, terían que engadir: “y a los que hablan gallego, lejos!”. Vía Trafegando ronseis.

A lección do Consultivo

13 Maio, 2010 (09:23) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

O ditame do Consello Consultivo sobre o Decreto de Plurilingüismo é outra dura lección para o Goberno Feijóo. O Consultivo corrobora, dende o seu punto de vista estritamente xurídico, o que dende outras instancias tantas outras veces se ten afirmado: «é inconstitucional que os pais elixan a lingua na que se imparten as materias da […]

Unha nova caixa única?

12 Maio, 2010 (08:27) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Despois de desacordos e trasacordos esterilizantes, onte escenificouse en Monte Pío o acordo de fusión paritaria entre as dúas caixas galegas. Sen dúbida, é unha boa noticia que permite, canto menos por uns anos, contar a Galicia cunha entidade financeira de natureza social que debería servir aos intereses xerais do país. O acordo presentouse como […]

Viva Novoneyra!

11 Maio, 2010 (07:46) | 17_de_maio, Autores, Eventos, Homenaxes, Poesía, Vigo |

Magnífico foi o nivel literario da homenaxe que lle rendemos onte no Club Faro de Vigo ao poeta Uxío Novoneyra diante dun salón ateigado. Comezou Branca Novoneyra sinalando a dedicación obsesiva do seu pai á poesía e súa alta palabra, subliñando que foi a intención da súa familia conseguir que fosen reeditados todas as súas […]

«O poeta dos soños teimosos»

10 Maio, 2010 (07:03) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Homenaxes, Poesía |

No artigo da semana de Faro de Vigo fago unha gabanza da figura de Uxío Novoneyra con motivo do acto de homenaxe que terá lugar hoxe no Club Faro de Vigo (Salón de actos do edificio do Concello de Vigo, rúa Areal) e da celebración da Semana das Letras Galegas na súa honra.

Fáltanos megafonía

9 Maio, 2010 (21:44) | Eventos, Librarías |

Remata hoxe a Feira do Libro de Compostela e facemos un balance xeral positivo. A pesar da chuvia, do frío e das ventadas, a pesar dos problemas endémicos de megafonía (que fallou constantemente ou o funcionou moi malamente nos actos de presentacións), a feira mellorou moito con respecto a edicións anteriores. Houbo moita xente na […]

Emoción e correspondencia

9 Maio, 2010 (19:25) | Beizóns, Blogs |

Recibida esta beizón por parte de tres blogs amigos (Ferradura en tránsito, Desvelando as mentiras de Feijóo e Por un BNG de futuro e con futuro), a pesar de que non son moi amigo de participar nestas cadeas, procedo a cumprir senllas encomendas que en nós se delega. – Os elixidos teñen que incrustar a […]

A danza do «A»

8 Maio, 2010 (10:18) | Tipografía, Vídeos |

A tipografía é a danza da lectura.

Galegando lipdub

5 Maio, 2010 (21:44) | Lingua, Música, Vídeos |

Excelente defensa do idioma do IES Pintor Colmeiro Silleda.

«A intervención» de Teresa Moure

4 Maio, 2010 (07:38) | Narrativa, Presentacións, Xerais |

Este serán (ás 20:00 horas) acompañaremos a Teresa Moure na presentación da súa novela máis recente A intervención. Teresa volve aos andeis das librarías, tras a aclamadísima Herba moura, pola que obtivera o Premio Xerais de novela 2005, Benquerida catástrofe e Unha primavera para Aldara, cunha novela na que aborda as relacións entre as artes […]

Vigo e a nova Gallaecia

3 Maio, 2010 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Portugal, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o papel estratéxico que entendo debe adoptar Vigo tras o novo escenario da reconversión das caixas. O Vigo metropolitano debe asumir un liderado que dependerá tanto do comportamento dos tres grandes motores da nosa economía metropolitana (automoción, construción naval e actividade portuaria) como da capacidade política de artellar un […]

«Argumento» de Paulinho da Viola

2 Maio, 2010 (20:49) | Brasil, Música, Vídeos |

Tá legal Tá legal, eu aceito o argumento Mas não me altere o samba tanto assim Olha que a rapaziada está sentindo a falta De um cavaco, de um pandeiro ou de um tamborim Sem preconceito ou mania de passado Sem querer ficar do lado de quem não quer navegar Faça como um velho marinheiro […]

Locutorio Khewal

2 Maio, 2010 (18:10) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Solidariedade, Vigo |

O locutorio Khewal estivo na rúa Elduayen, fronte as escaleiras que dan acceso á Ferrería. A comezos do ano 2000 foi o primeiro que se montou en Vigo para inmigrantes. Un local pequeno, apenas vinte metros cadrados, no recanto onde noutrora estiveran ubicadas, nun quiosco modernista, «Mi bebé», «La Rosa de Oro» (unha mercería moi […]

«Metamorfosis de la lectura», ensaio esencial de Román Gubern

1 Maio, 2010 (12:29) | Historia, Internet, Lectura, Libro, Literacidade |

No proceso de tránsito entre o paradigma analóxico e dixital da comunicación cultural que estamos vivindo son moi necesarias as reflexións sobre o devir do propio proceso. Á abondosa bibliografía sobre a cuestión engádese Metamorfosis de la lectura, un ensaio esencial de Roman Gubern sobre a prolongada evolución textual protagonizada pola humanidade ao longo da […]