«Orgullosos do noso», a peza do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas
As mellores experiencias de fomento do galego e de defensa dos dereitos lingüísticos estanse promovendo dende os equipos de normalización e dinamización lingüísticas dos centros esolares (sei que agora obrigan a chamalos doutra maneira). Velaí esta excelente peza audiovisual do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas que tira partido das posibilidades técnicas da animación «stop-motion». Formidable, tamén, a colaboración de García MC. Recoméndoo.
Vía Linguason.
Reitero o meu consello de subscribirse á fonte do Planetaki Planet, o agregador dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha páxina de absoluta referencia para coñecer todo o que está fervendo nese grande movemento.
Comentarios
Comment from dfsda
Date: 7 Xuño 2010, 3:38 p.m.
O sea que entonces los alumnos, profesores y estudantes de O Povo Galego solo deben tener libertá libertá y derechos lingüísticos… para hablar gallego, no español. Acabáramos. Lo que os molesta es que con el decreto, puedan tener libertad de uso de cualquiera de las dos lenguas oficiales, no otra cosa.
Comment from morouteira
Date: 8 Xuño 2010, 6:33 p.m.
Os meus agradecementos por apoiarnos e valorar a imaxinación e bo facer da xente nova que ama a súa lingua e non quere que deixe de usarse. As linguas suman, non nos molestan as outras linguas, ningunha, amar as nosas palabras non significa rexeitarmos as palabras dos demais idiomas. Os galegos non somos xente cativa, como pensa Rosa Díez, somos boa xente, pacífica, tolerante, tranquila. Só sentimos un pouco de pena por aqueles que desprezan unha cultura tan valiosa, sen se dar a oportunidade de coñecela. O español ten a Juan Rulfo, a García Márquez, a Cervantes; o inglés a Shakespeare, a Edgard Allan Poe, a Carver…, o galego ten a Mendinho (o remendado), a Rosalía, a Rivas, a Gonzalo Navaza, a Xurxo Borrazás…, os bascos a Bernardo Atxaga e así sucesivamente. E non só na literatura, tamén nas ciencias, nos deportes…Queremos que o mundo siga sendo diverso, para enriquecernos coas voces, as razas…
Comment from Un nativo
Date: 9 Xuño 2010, 12:35 p.m.
Comprobo que o tal “dfsda” a tomou con este blog e nos quere castigar coas súas mentiras reiteradas, pois parece non querer entender nada do que se presenta no post. Os prexuízos entúrbanlle a mente, ¡que lle imos facer! Iso si, o do odio que destilan as súas palabras debía de miralo, que cousas así son malas para a saúde.
Comment from victor
Date: 12 Xuño 2010, 11:40 a.m.
moi chulo, da gusto ver cousas asi, seguide dándonos boas razóns para traballar polos rapaces e pola nosa cultura



Pingback from Tweets that mention Brétemas » Orgullosos do galego, a peza do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas — Topsy.com
Date: 6 Xuño 2010, 4:20 p.m.
[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Fulano. Fulano said: RT @bretemas «Orgullosos do noso» vídeo do IES pedras Rubias no blog, http://bit.ly/9S72Cq | #galiza #galicia #decretogalego #queremosgalego [...]