Cando un galego crece, toda Galicia crece

17 Xuño, 2010 (20:53) | Publicidade, Vídeos



Bapconde, no seu estilo narrativo tan característico, preparoulle a Caixa Galicia esta campaña que, semella destinada a amparar a fusión: “cando todo vaia máis, celebrómolo”, “estamos facendo o que debemos, crecer”, “cando un galego crece, toda Galicia crece”.
Vía Islas Cíes, obrigado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from Tweets that mention Brétemas » Cando un galego crece, toda Galicia crece — Topsy.com
Date: 17 Xuño 2010, 9:09 p.m.

[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Juan Andres Milleiro. Juan Andres Milleiro said: RT @bretemas: «Cando un galego crece, toda Galicia crece», anuncios de Caixa Galicia, http://bit.ly/bGxCUt [...]

Comment from david
Date: 17 Xuño 2010, 11:53 p.m.

Dicía Pasolini que a linguaxe delataba, Pensei niso cando escoitei, lin, etc a palabra “crece”.

Comment from Xoseramón
Date: 18 Xuño 2010, 8:17 a.m.

Antes de ser desvelado, eu pensaba na nova caixa ou tamén no PPdeG, pola gaivota que se entrevé. Pero, eu sonvos da aldea, e sempre escoitei medrar; e é medrar que acho apropiado; para facer un texto en bilingüe cordial: crecer.
Saúde.

Comment from Antón
Date: 18 Xuño 2010, 10:00 a.m.

A min tamén me chocou o emprego de “crecer” no canto de galeguísimo e máis axeitado “medrar”; que por certo tamén é castelán.

un saúdo

Olark Livehelp