Month: Xuño, 2010

Por uns cantos votos

30 Xuño, 2010 (09:02) | Eventos, Goberno Feijoo, Lingua, Política, Recurso_didáctico |

Confesouno onte Agustín Baamonde, voceiro de lingua do Grupo Parlamentario Popular, na mesa redonda que moderamos na cuarta xornada do Seminario «Sociedade, Lingua e Política» celebrada onte no Consello da Cultura Galega: «o tema da lingua non foi unha das prioridades do PP até a aparición de Galicia Blingüe que fixo medrar un caldo de […]

«Panteón da Galeguidade»

28 Xuño, 2010 (07:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Igualdade, Iniciativas, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo esixo a apertura decontado do «Panteón dos Galegos Ilustres» e propoño a súa refundación, titularidade e xestión pública como «Panteón da Galeguidade». Ademais, aproveito para convidar á cidadanía a participar o vindeiro 15 de xullo no Cortexo Cívico que de Padrón a Compostela conmemorará o 125 aniversario […]

Lois Pereiro e a Academia Galega

27 Xuño, 2010 (18:11) | 17_de_maio, Autores, Homenaxes, Poesía |

A designación de Lois Pereiro como escritor homenaxeado no 17 de maio de 2011 volve demostrar o liderado da actual Academia Galega no proceso constante de actualización do pensamento e da creación galeguista. Non podo agachar que moito me emocionei cando onte lin na pantalla de twitter do meu teléfono a nova que adiantaba Iago […]

desconxeLE

23 Xuño, 2010 (07:07) | Editores, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Magnífica iniciativa a dos amigos de Editora 2.0. Aproveito o enlace do blog As Gabarras para recomendar o vídeo. Unha campaña de lectura para o verán: desconxeLE.

«Decadencia celeste»

21 Xuño, 2010 (06:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo fago un balance dos catro anos de presidencia do Celta SAD do empresario Carlos Mouriño. O lamentable espectáculo ofrecido polo Celta, evitando sequera empatar diante do Huesca, é a enésima mostra da decadencia na que o primeiro club de fútbol dos galegos caíu dende que é propiedade […]

O «gaiteiro do Fragoso», nova homenaxe ao mestre de gaiteiros

20 Xuño, 2010 (13:07) | Historia, Memoria, Música, Vigo |

Henrique Otero Covelo, «o gaiteiro do Fragoso», naceu hai case oitenta anos no camiño da Brea, en Lavadores. Os seus primeiros pasos no eido da música deunos ao pé da casa, nas Escolas Nieto, onde Mónico García de la Parra y Téllez, descubriu o seu talento como instrumentista. Con a penas dezaseis anos, entrou a […]

Premios Xerais 2010 por Alfredo Ferreiro e Blogaliza

18 Xuño, 2010 (22:58) | Premios, Vídeos, Xerais |

As miñas beizóns.

In memoriam de José Saramago

18 Xuño, 2010 (17:00) | Autores, In memoriam, Narrativa, Portugal, Vídeos |

Recomendo o seguemento nos medios portugueses da noticia do seu falecemento realizada en constante actualización polos nosos amigos do blog Blogtailors. ATÉ SEMPRE, MESTRE.

Cando un galego crece, toda Galicia crece

17 Xuño, 2010 (20:53) | Publicidade, Vídeos |

Bapconde, no seu estilo narrativo tan característico, preparoulle a Caixa Galicia esta campaña que, semella destinada a amparar a fusión: “cando todo vaia máis, celebrómolo”, “estamos facendo o que debemos, crecer”, “cando un galego crece, toda Galicia crece”. Vía Islas Cíes, obrigado.

Onde quere situar Feijóo o estatus do galego?

17 Xuño, 2010 (20:33) | Goberno Feijoo, Lingua |

Sei que moitos non o poderán crer: a páxina web da Xunta amosaba  na súa portada de «Goberno e Institucións» unha serie de enlaces para os símbolos do noso país: a bandeira, o escudo, o himno e a lingua (dirixida, neste caso, á páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística). No recente redeseño que […]

Ao fío dos Premios Xerais: «a narrativa galega renóvase»

15 Xuño, 2010 (23:53) | Comercio do libro, Edición, Libro_electrónico, Narrativa, Premios, Vídeos, Xerais |

Premios Xerais 2010, galerías de fotos

15 Xuño, 2010 (22:07) | Eventos, Galerías de fotos, Premios, Vídeos |

Abrimos unha conta de flickr e colgamos as galerías de fotos do Premio Xerais 2010 que fixo Manuel G. Vicente. No blog de Xerais poden consultarse as vídeoentrevistas que realizou Alfredo Ferreiro ás gañadoras, secretarios e membros de xurado, así como a diversos escritores, editores e críticos. Unha cobertura excelente.

«Unha feliz continuidade»

14 Xuño, 2010 (07:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Eventos, Premios, Recurso_didáctico, Xerais |

No artigo da semana no Faro de Vigo reflexiono, a raíz da cerimonia dos Xerais e da entrada de Bernardino na Academia, na feliz continuidade do proxecto de desenvolvemento dunha literatura nacional en galego. Unha feliz continuidade, na que haberá rupturas e modificacións froito do tempo novo que enxergamos. Foto de Pilar Ponte, moitas grazas.

Premios Xerais 2010 por Paula Gómez del Valle

13 Xuño, 2010 (22:20) | Artes Visuais, Eventos, Música, Premios, Xerais |

Premios Xerais ’10 from Paula Gómez del Valle on Vimeo. Grazas, moitas grazas, Paula. É un traballo moi fermoso.

Iolanda Zúñiga, un novo horizonte

13 Xuño, 2010 (15:34) | Autores, Eventos, Narrativa, Premios, Xerais |

Sen menoscabo ningún da alta calidade do discurso de Fina Casalderrey como mantedora literaria da cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010, nin da orixinalidade e emoción da intervención de Teresa González Costa para agradecer o Premio Merlín, os tres folios que leu Iolanza Zúñiga, tras recibir o Premio Xerais de novela por Periferia, foron […]

Os Premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv

11 Xuño, 2010 (07:21) | Blogs, Eventos, Premios, Vídeos, Xerais |

O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010. No acto, que durará arredor dunha hora, intervirá a escritora Fina Casalderrey como mantedora literaria celebrando o 25 aniversario do Premio Merlín de Literatura Infantil. Blogaliza.tv repite a experiencia desta retransmisión, facilitada nesta […]

«Feijóo, o galego e nós», presentación en Vigo

10 Xuño, 2010 (17:47) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Internet, Lingua, Presentacións, Recurso_didáctico, Vigo |

Este serán ás 20:00 na Libraría Librouro participaremos na presentación de Feijóo, o galego e nós, a escolma xornalística que coordinou Xosé María Álvarez Cáccamo sobre o conflito aberto dende o pasado ano polos sectores negacionistas da nosa lingua. Será unha boa oportunidade para saudar a Pancho Pillado, o noso bo amigo, responsable Laiovento, a editora […]

Amin Maalouf, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010

9 Xuño, 2010 (11:57) | Autores, Premios, Traducións |

Quen me coñece sabe ben da miña admiración pola obra de Amin Maalouf, o escritor francófono, de orixe libanesa, que vive dende hai anos na Normandía francesa. Coñecímolo hai dez anos cando viu a Compostela a presentar a edición en galego da súa, até agora, última novela A viaxe de Baldassare, traducida por Xavier Queipo […]

«A Veiga é un tempo distinto» de Eva Moreda, Premio Terra de Melide 2010

8 Xuño, 2010 (21:49) | Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Eva Moreda Rodríguez é a autora A Veiga é como un tempo distinto, a novela que resultou gañadora da IXª edición do Premio de Narrativa Terra de Melide 2010. Unha novela emocionante, elegante e de indubidable calidade que tiven a oportunidade de ler como membro do xurado que lle concedeu o cada vez máis prestixiado […]

«As eleccións da crise»

7 Xuño, 2010 (07:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana abordo o que entendo son as perspectivas coas que se abriu a carreira electoral para a renovación da coporación do concello de Vigo.

Perigoso vicio lector

6 Xuño, 2010 (15:49) | Lectura, Vídeos |

Semella desas noticias incribles. Vía Blogtailors.

«Orgullosos do noso», a peza do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas

6 Xuño, 2010 (15:34) | Lingua, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

As mellores experiencias de fomento do galego e de defensa dos dereitos lingüísticos estanse promovendo dende os equipos de normalización e dinamización lingüísticas dos centros esolares (sei que agora obrigan a chamalos doutra maneira). Velaí esta excelente peza audiovisual do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas que tira partido das posibilidades técnicas da animación […]

Xa temos finalistas dos Premios Xerais 2010

4 Xuño, 2010 (19:41) | Premios, Xerais |

O xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela formado por Comba Campoy (actriz), Manuel Ángel Candelas Colodrón (profesor da Universidade de Vigo e blogueiro), Roberto Pérez Pardo (profesional do libro), Belén Regueira (xornalista), Antón Sobral (pintor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar […]

Os previsibles argumentos de campaña

3 Xuño, 2010 (22:39) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

No Taboleiro do Colmeiro debúllanse as argumentacións que previsiblemente (ao fío dos textos que manexa a SXPL) serán utilizadas na campaña publicitaria sobre o Decreto de Plurilingüismo, na que a Xunta gastará un millón de euros. Semella que todas elas incidirán na idea xeral de que o decreto fomenta o uso e a aprendizaxe do […]

A Coruña, a cidade que le, convoca un concurso de biblioclips

2 Xuño, 2010 (14:43) | Bibliotecas, Book_trailer, Lectura, Premios, Promoción do libro, Publicidade |

Onte na presentación de Níxer na Casa Museo Casares Quiroga tiven oportunidade de comprobalo unha vez máis: o concello da Coruña en cuestión de lectura é un modelo a seguir. Xa non é só o funcionamento modélico da rede de Bibliotecas Municipais, agora tamén o é a súa campaña transversal de animación lectora que baixo […]

En galego tamén se fai ciencia

1 Xuño, 2010 (07:17) | Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo. Excelente campaña dos Servizos de Normalización Lingüística das tres universidades. Parabéns.