«Galicia, un estado de desánimo»

26 Xullo, 2010 (07:33) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío tanto da efeméride 25 de xullo como da lección proporcionada polo bo resultado do equipo de Vicente del Bosque, propoño unha estratexia para mudar o estado de desánimo no que se atopa o país noso. Creo que Galicia precisa unha inxección de entusiasmo e autoestima. Galicia precisa de doses elevadas de enerxía e tensión (traducidas politicamente en «autogoberno e consensos») que permitan recuperar un estado de ánimo á altura das nacións do seu entorno que, como demostrou Cataluña recentemente, non se resignan a que outros decidan por elas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from Tweets that mention Brétemas » «Galicia, un estado de desánimo» — Topsy.com
Date: 26 Xullo 2010, 8:23 a.m.

[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Iago Martínez. Iago Martínez said: RT: @bretemas: «Galicia, un estado de desánimo», artigo da semana en «Faro de Vigo», http://bit.ly/c4ARJ6 [...]

Comment from criterio
Date: 26 Xullo 2010, 4:08 p.m.

É certo que as cousas van mal. Pero é consecuencia da nosa historia recente, de facer as cousas mal, de dogmatismos que non levan a ningures, de enfrontamentos abertos por ver quen se leva o título de máis e mellor, etc. Galicia non se pode construir dende o “eu ordeno e mando” ou dende “ou conmigo ou contra min”. Hai que sumar, e non afastar ó que non comparte todo. A UPG debe deixar o camiño aberto para a construcción dun galeguismo plural, e o nacionalismo non debe de ter presa en chegar ó poder, senón en procurar que se faga nación, sen presas pero sen pausa. Cando un funciona en clave de país e non dos seus intereses personais… veñen (han de vir) os froitos. Agora mesmo é fundamental afortalar a lingua, afortalar ós que o están a pasar mal por culpa da crise producida pola especulación e, sobre todo, facer moita pedagoxía, moitísima pedagoxía, comezando polos que temos na casa, polos máis próximos. Non lle teñamos medo ás crises. Para que nazan as flores é preciso espallar a merda polo eido.

Comment from A.C
Date: 26 Xullo 2010, 5:36 p.m.

Galicia está en desanimo como o está todo o estado español, a crisi non e ninguha coña e o paro menos .Non todo depende de nós. A sua referencia a Cataluña. como “exemplo”, non me sirve, a maioria dos catalans “pasan”.O mais gordo do iceberg,cono sempre, non se ve.Un saudo

Comment from criterio
Date: 26 Xullo 2010, 6:02 p.m.

esta crise, provocada, serverá -serve xa- para baixar salarios e dereitos, individuais e colectivos. Non é unha casualidade que teñamos esta crise ó tempo que se crea un certo ataque ás nacionalidades históricas do estado español, comezando polas linguas propias, proseguindo con sacar ós partidos nacionalistas dos poderes autonómicos e continuando por baleirar de contido as autonomías.

Comment from sonungiri
Date: 10 Agosto 2010, 5:01 p.m.

Non é certo que os esforzos en parar a caída sexan inúteis. Se non se fan eses esforzos non se inverte nunca a tendencia descendente. A nosa esperanza é tocar dunha vez fondo. En canto pase todo o futuro é ascendente. É certo que o metal pode fender a madeira pero nós temos que soñar con ser de pedra.

Pingback from Brétemas » «Galicia, unha xeración perdida?»
Date: 10 Agosto 2010, 5:22 p.m.

[...] artigo da semana volvo sobre un dos fíos apuntados no artigo anterior, o da crise demográfica e o fenómeno da emigración dos mozos e mozas. Foime moi útil o Informe [...]

Comment from todor haydukov
Date: 28 Marzo 2011, 9:31 p.m.

Great post, truly!

http://tonino-toninom.blogspot.com/

Comment from ahsan
Date: 30 Marzo 2011, 6:51 p.m.

This is your best writing yet!

http://indianandpakistanipics.blogspot.com/

Comment from Lenny Conundrum
Date: 19 Abril 2011, 10:02 p.m.

This is your best writing yet!

http://lenny-conundrum-answers.blogspot.com/

Comment from John Good Health
Date: 19 Maio 2011, 9:25 p.m.

This is your best topic yet! Thanks! It’s kind of link http://for-good-health.blogspot.com/ in a sense

http://for-good-health.blogspot.com/

Comment from John Good Health
Date: 21 Maio 2011, 7:09 p.m.

This is your best writing yet! Thanks! It’s kind of link http://for-good-health.blogspot.com/ in a sense

http://for-good-health.blogspot.com/

Comment from vincicoppolas
Date: 26 Maio 2011, 3:23 p.m.

The very best and simply system for increase your backlinks

http://vincicoppolas.blogspot.com

Comment from Como ser feliz
Date: 8 Xuño 2011, 1:07 p.m.

I absolutely love this place!

http://como-ser-feliz-felicidad.blogspot.com/

Olark Livehelp