Month: Xullo, 2010

Serán no Mar de Lira

31 Xullo, 2010 (19:57) | Presentacións, Xerais |

Magnífica presentación a do serán de onte. Medio centenar de persoas, entre as que estaban algúns bos amigos dos que descoñecíamos a súa vinculación con Carnota, ateigaron a sede da Confaría de Pescadores de Lira en Portocubelo onde presentamos Ao pé da Laxa da Moa, a recollida de literatura de tradición oral realizada por Antón […]

Comeza a Feira do Libro da Coruña

30 Xullo, 2010 (07:36) | Autores, Presentacións, Xerais |

O domingo comezará a Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Nesta edición volvemos apostar por unha presenza intensa de Xerais nun evento que se consolida no interese do público e que comeza a chamar a atención dentro do sector da […]

«A lectura é unha axuda para entender o mundo»

29 Xullo, 2010 (19:53) | Age, Editores, Educación, Lectura, Vídeos |

Velaí a entrevista que me fixeron o pasado luns no programa Bos días da TVG. A conversa (máis de dez minutos) xirou arredor do concepto de lectura e das oportunidades e retos do sector editorial nun proceso de tránsito.

Bjork «Bachelorette»

29 Xullo, 2010 (16:18) | Libro, Música, Vídeos |

‎”Un día, atopei un enorme libro soterrado na terra. Abrino, mais todas as súas follas estaban en branco…”, o vídeo de «Bachelorette» de Bjork é unha fermosa recomendación que ven da man de Iolanda Zúñiga.

Rivas e Funke, novidades tras o verán

27 Xullo, 2010 (17:21) | Autores, Música, Narrativa, Traducións, Vídeos, Xerais |

 Adam Watts “RECKLESS” from Daniel Chesnut on Vimeo. Hoxe collimos vacacións na editorial deica o 23 de agosto. Porén o blog fervía anunciando o que serán dúas das nosas novidades despois do verán: Todo é silencio, a vindeira novela de Manuel Rivas, mais Reckless. Carne de pedra, a primeira entrega da nova triloxía de […]

«Galicia, un estado de desánimo»

26 Xullo, 2010 (07:33) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío tanto da efeméride 25 de xullo como da lección proporcionada polo bo resultado do equipo de Vicente del Bosque, propoño unha estratexia para mudar o estado de desánimo no que se atopa o país noso. Creo que Galicia precisa unha inxección de entusiasmo e autoestima. […]

Vieiros, beizóns!

24 Xullo, 2010 (10:26) | Beizóns, Internet, Libro_electrónico, Lingua |

Vieiros acompañoume, día a día, durante quince anos. Con Vieiros aprendín a navegar por Internet e da súa man soñei cun país normal na rede. En día tan triste no que se despide, a miña humilde e agradecida homenaxe e reproducir un anaquiño do traballo que publicarei no vindeiro Grial sobre o nacemento do libro […]

Constituída a asociación «Culturgal»

23 Xullo, 2010 (15:54) | Age, Cultura, Eventos |

Esta noticia non debe pasar desapercibida: o pasado mércores catro asociacións profesionais da industria cultural galega (AGE, AGAPHONO, AGEM e ESCENA GALEGA) asinaron a acta da constitución da Asociación Culturgal e nomearon a súa primeira xunta directiva. A nova entidade, que ten como primeiro presidente ao editor Xulio Amigo e na que está previsto se […]

«Todos certificamos obras sen rematar»!!!

22 Xullo, 2010 (20:58) | Goberno Feijoo, Política |

Coñecedes algún país onde o presidente do seu goberno recoñeza en roda de prensa que os seus funcionarios públicos non respectan as leis? Non saio do meu asombro que sexa o presidente do goberno do meu país.

Finou Sérgio Klein, autor da seire «Poderosa»

21 Xullo, 2010 (16:22) | Autores, In memoriam, Traducións, Xerais |

Soubemos hoxe do falecemento de Sérgio Klein, o autor brasileiro da serie «Poderosa», da que levamos editadas dúas entregas e da que preparamos a terceira, novelas traducidas todas as tres por Mercedes Pacheco. O personaxe de Joana Dalva, esa rapaza que tiña o mundo na man, que facía realidade todo o que escribía coa súa […]

An Alfaya, premio novela por entregas de «La Voz de Galicia» 2010

21 Xullo, 2010 (15:47) | Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Foi unha satisfacción poder celebrar onte en vivo un novo premio literario de An Alfaya, unha das máis interesantes narradoras galegas do noso tempo. A súa novela Vidas cruzadas resultou gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, esa feliz iniciativa que dende hai unha década recupera o folletín ou folletón […]

Pechar a fenda dixital

19 Xullo, 2010 (07:39) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Internet |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a fenda dixital aínda existente en Galicia, ao fío da aprobación do Plan Avanza 2 e da 2014.gal Axenda Dixital de Galicia.

A mala reputación

18 Xullo, 2010 (12:44) | Música, Vigo |

Neste día en Vigo de exaltación militar, refuguémonos en Brassens.

Lectura e autoestima gremial

16 Xullo, 2010 (19:11) | Age, Editores, Lectura |

Tras a elección de onte, que tanto agradezo aos meus colegas, os medios tiveron a deferencia de entrevistarme. En todos os relatos que fixen sobre as prioridades do novo equipo de editores galegos sempre intentei reiterar dúas: primeira, a fenda de lectura debe formar parte da axenda política; e segunda, o consenso e a cooperación […]

«O pracer de aprender» (1992)

14 Xullo, 2010 (07:03) | Book_trailer, Educación, Hai..., Libro de texto, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo. A historia da edición en Galicia aínda está por facer. Velaí esta peza publicitaria (hoxe chamaríamola «book-trailer», como estoutra a primeira da historia da edición en galego) que preparamos en Xerais hai dezaoito anos para presentar nos centros de Primaria e […]

Eduardo Galeano fala sobre o Mundial 2010, o fútbol e a dignidade colectiva

13 Xullo, 2010 (22:08) | Autores, Fútbol, Vídeos |

Eduardo Galeano relata un interesante episodio arredor do fútbol como expresión de dignidade colectiva, rememorando un partido entre Austria e Perú nos Xogos Olímpicos de 1936. Recomendo, tamén, a súa valoración do recentemente rematado Mundial 2010, gañado con xogo bonito polo equipo de Del Bosque. Hai outros dous vídeos que completan esta longa entrevista co […]

«Galega 100%»?

13 Xullo, 2010 (17:55) | Economía, Goberno Feijoo, Lingua, Publicidade |

«Galega 100%»: Entenderíamolo perfectamente se o sintagma fixese referencia á fusión das caixas de ahorros galegas ou á denominación da tenreira galega, porén resulta absurdo incorrer nun erro de concordancia gramatical para referirse ao leite de noso. O indignante do asunto é que non se trata dunha gralla, froito do desleixo ou do escaso coñecemento […]

«Lois Pereiro 2011»

12 Xullo, 2010 (07:42) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Poesía |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o que entendo son os retos do vindeiro 17-M: acadar unha nova fronteira para a efeméride, incorporando novos públicos e soportes, e facer de Lois Pereiro un autor popular. Lois Pereiro 2011 A designación por parte da Academia do poeta de orixe monfortina Lois Pereiro […]

As caixas de aforros desaparecerán

11 Xullo, 2010 (15:33) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Tras a aprobación do Decreto que reforma a Lei de Caixas do Goberno Central (LORCA), semella que  as caixas de aforros desparecerán, tal como as coñecimos até agora. Ben sei que o proceso de bancarización afectará antes a unhas entidades ca outras; son consciente, ademais, que no caso das caixas galegas o seu proceso actual […]

«Da pedra ao ebook», experiencias sobre o libro electrónico

10 Xullo, 2010 (07:54) | Lectura, Libro_electrónico, Recurso_didáctico, Vídeos |

Velaí a experiencia dunha primeira xeración de lectores e lectoras de libro electrónico. Interesante.

Marcos Calveiro e Ramón Trigo na Feira do Libro de Vigo

9 Xullo, 2010 (17:03) | Artes Visuais, Presentacións, Vídeos, Vigo, Xerais |

Marcos Calveiro e Ramón Trigo. Feira do Libro de Vigo. 7 de xullo de 2010. from Manuel Bragado on Vimeo. Bos amigos e amigas laiábanse onte no Facebook do escaso interese que para eles está tendo a Feira do Libro de Vigo. Sen pretender contradicilos e asumindo unha decepción de fondo, que comparto con eles […]

Eu falo: Maruxa do Meloxo, unha marabilla!

7 Xullo, 2010 (17:07) | Entrevistas, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

A experiencia de eufalo.tv é memorable. Esta testemuña de Maruxa do Meloxo é unha marabilla. Recomendo moi intensamente difundila. Beizóns!

«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer)

6 Xullo, 2010 (21:50) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Novela gráfica, Vídeos |

A partir de agora cómpre seguir esta páxina con moita atención:Fendas no muro.

Cid Cabido, pregón na Feira do Libro de Vigo

5 Xullo, 2010 (23:36) | Autores, Cultura, Eventos, Lectura, Libro, Libro_electrónico, Lingua, Vídeos, Vigo |

Cid Cabido, pregón Feira do Libro de Vigo, 2 de xullo de 2010 from Manuel Bragado on Vimeo.

O concello de Vigo rectifica, o mércores poderá presentarse «O pintor do sombreiro de malvas»

5 Xullo, 2010 (12:17) | Fútbol, Presentacións, Vigo, Xerais |

Os organizadores da Feira do Libro de Vigo acaban de facernos chegar a noticia de que finalmente será posible realizar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o mércores 7, ás 20:30 horas, xa que o concello de Vigo decidiu realizar a proxección do partido do campionato […]

«Da sentenza do Estatut á reforma do Estatuto»

5 Xullo, 2010 (07:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo valoro as posibilidades que abre a sentenza do Estatut de Cataluña para a reforma do Estatuto de Galicia. A clave estará na posición que adopte o presidente Feijóo que poderá recuperar o consenso acadado na ponencia dos grupos parlamentarios en 2006 ou  asumir as posicións neocentralizadoras que […]

A pantalla xigante magoa a Feira do Libro de Vigo

3 Xullo, 2010 (09:47) | Fútbol, Presentacións, Vigo, Xerais |

O pregón de Cid Cabido abriu no serán de onte a 36ª edición da Feira do Libro de Vigo. Mágoa que na segunda xornada xa teñamos que amosar o noso disgusto: vímonos obrigados a cancelar a presentación de Sete palabras de Suso de Toro, prevista para hoxe sábado ás 20:30 horas, pola súa coincidencia coa […]

Móvete pola lectura

3 Xullo, 2010 (08:46) | Animación, Bibliotecas, Book_trailer, Iniciativas, Lectura, Música, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

O profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro […]

«As palabras máxicas», fermosa experiencia educativa no Porto do Son

2 Xullo, 2010 (15:34) | Animación, Cine, Educación, Gravacións, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

as palabras máxicas from SonCine on Vimeo. O luns 21 e martes 22 de xuño os mozos e mozas do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do noso instituto achegáronse aos colexios de Sobrado-Nebra, Campanario, Xuño e Caamaño para contarlles historias aos nenos e nenas de infantil e, no caso de Nebra, de […]

«Lois Pereiro: Contra a morte» de Iago Martínez e Álex Cancelo

1 Xullo, 2010 (15:54) | 17_de_maio, Autores, Cine, Homenaxes, Poesía, Vídeos |

Adiantos do documental Lois Pereiro: Contra Morte que Iago Martínez e Álex Cancelo ultiman sobre a figura que será homenaxeada o 17 de maio de 2011.