Month: Agosto, 2010

BlogDay 2010

31 Agosto, 2010 (18:18) | Blogs, Blogs_e_libros, Efemérides, Lingua, Recurso_didáctico |

Seguindo a tradición de cada 31 de agosto recomendo cinco novos blogs que descubrín ao longo deste ano: Carta xeométrica: unha referencia diaria de rigor no combate cívico a prol da lingua galega. Planeta dos Equipos de Normalización Lingüística: un agregador dos cada día máis numerosos blogs dos Equipos de Normalización Lingüística. Unha ferramenta imprescindible […]

Congreso do IBBY en Compostela, 8 ao 12 de setembro

31 Agosto, 2010 (17:18) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro |

Ao longo da tarde de onte realizamos unha nova xuntanza do Comité Executivo do 32º Congreso do IBBY que se celebrará no Pazo de Congresos de Compostela do 8 ao 12 de setembro. Tras as múltiples dificultades que houbo que superar para organizar con dignidade e humildade –en tempos de crise e recurtes orzamentarios que […]

O curso da crise

30 Agosto, 2010 (07:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Política |

No artigo da semana propoño un esquema de análise da actual crise económica coa que se inician en realidade as mudanzas do novo século, que pasou da doutrina inicial da «refundación do capitalismo« á actual de «redución radical do déficit» que culpabiliza ás políticas públicas como cuasantes da crise. A posibilidade dun adianto das Eleccións […]

Campo do Fragoso XCIII

29 Agosto, 2010 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

COMEZAN AS DÚBIDAS Non, non foi un amigable de verán onde o que interesan son as sensacións que achegan as novas fichaxes e o resultado fica só para os arquivos do palmarés. Non, esta primeira derrota en competición oficial do Celta de Paco Herrera agoira dificultades para un equipo que, tras varias tempadas no foxo, […]

Lectura aumentada

28 Agosto, 2010 (13:02) | Artes Visuais, Ilustración, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Vídeos |

ImaginArt from recreat on Vimeo. Vía Trafegando ronseis.

As miñas tardes con Margueritte

25 Agosto, 2010 (21:59) | Cine, Críticas, Lectura, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/tupzxVT1ItQ” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] A pesar de que cada vez que vexo unha película de Gerard Depardieu saio do cine coa sensación de que xa a vira (seguramente polo afán do mangallón de defender os valores da república, á hora de escoller os seus guións), animeime a ir ver  As miñas tardes con […]

De estirpe popular

24 Agosto, 2010 (22:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Non quero que quede atrás o artigo de Campo de Granada publicado o luns 16 de agosto, con motivo da viguesa festa de San Roque. Como sanroquista militante que son, non teño vergonza ningunha en asumir a nosa estirpe aldeana, mariñeira, obreira, traballadora e popular, termos cos que dende hai dous centos anos se ven […]

O gaiteiro beduíno de Xerash

22 Agosto, 2010 (19:20) | Imaxes, Música, Persoal |

Un gaiteiro beduíno recibiunos no impresionante teatro da cidade grecorromana de Xerash (unha das marabillas arqueolóxicas menos coñecidas de Xordania). Aínda que o seu xeito era bretón daba xenio escoitalo, a pesar de que alí nese momento ía unha calor que se achegaba aos 50º.

A Importancia da lectura

13 Agosto, 2010 (17:17) | Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/OO0hbom8tHc” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Moi recomendable esta conversa entre Joaquín Rodríguez e Sergio Vila San Juan sobre a importancia da lectura. Coincido con eles plenamente. Lectura e cidadanía, velaí a clave. Vía Trafegando ronseis.

Ven á biblioteca

10 Agosto, 2010 (16:51) | Bibliotecas, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/2ArIj236UHs” width=”740″ height=”418″ wmode=”transparent” /] As bibliotecas tamén teñen que promocionarse entre os seus potenciais usuarios. Un anuncio moi interesante.

Tempos de crise e mudanza

10 Agosto, 2010 (11:17) | Comercio do libro, Edición, Editores, Librarías |

Ao fío dos nosos comentarios que onte publicaba Rodri García en La Voz de Galicia, non hai dúbida que reorganizar o calendario da aparición de títulos e reducir as súas tiradas son as dúas primeiras medidas de prudencia que os editores estamos tomando para facer fronte á crise que está sufrindo o sector, especialmente dura […]

«A cidade que le»

9 Agosto, 2010 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Lectura, Vigo |

No artigo da semana, ao fío da celebración da Feira do Libro da Coruña e da apertura hoxe de Viñetas desde o Atlántico, comparo as políticas de lectura pública en Vigo e A Coruña.

«Un longo e tortuoso camiño»

8 Agosto, 2010 (12:29) | Ensaio, Política |

Dediquei as horas de lectura destes días a debullar as catrocentas páxinas do ensaio de Xosé Ramón Quintana Garrido sobre a historia do BNG. Non podo agochar que me interesou moito este relato –Premio Ramón Piñeiro de 2008– sobre o difícil proceso percorrido polo nacionalismo galego contemporáneo. Gustei do enfoque adoptado polo autor que dende […]

Os booktrailers, anuncios e bolsas da Librería Gandhi

7 Agosto, 2010 (11:53) | Book_trailer, Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Trafegando ronseis recupera hoxe algúns dos anuncios da mexicana Librería Gandhi. A verdade é que sempre me gustaron (uns máis ca outros) pola súa simplicidade e o seu carácter provocador. Particular interese ten a súa liña de bolsas, unha idea que podiamos emular os editores galegos. Velaí unha versión de «El dinosaurio« de Augusto Monterroso, […]

Neira Vilas e Mar Guerra hoxe na Feira do Libro da Coruña

4 Agosto, 2010 (13:06) | Autores, Presentacións, Xerais |

Tras a agotadora xornada de onte e senllas magníficas presentacións, hoxe volvemos á Torre para acompañar a Mar Guerra e a Xosé Neira Vilas nos seus actos. As primeiras impresións (xa adianto que moi pesimistas) recibidas dos libreiros apuntan a unha baixada nas vendas da primeira fin de semana con respecto ao ano anterior, a […]

A «Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz

3 Agosto, 2010 (12:33) | Autores, Entrevistas, In memoriam, Narrativa, Presentacións, Xerais |

Coñecín ao doutor Ánxel Vázquez de la Cruz un día de xuño de 1998 no restaurante Airas Nunes de Compostela. Foi el quen presentou O lapis do carpinteiro, a novela do seu amigo Manuel Rivas. Neste serán mudarán os papeis, e será o escritor Manuel Rivas quen presente o libro de relatos do seu amigo […]

«Galicia, unha xeración perdida?»

2 Agosto, 2010 (08:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Educación |

No artigo da semana volvo sobre un dos fíos apuntados no artigo anterior, o da crise demográfica e o fenómeno da emigración dos mozos e mozas. Foime moi útil o Informe Mocidade e Emprego do Gabinete Técnico de Economía da CIG (recoméndoo, organiza os datos demográficos, educativos e de emprego). Actualización (10-08-2010): Agradecemos esta carta […]

Educación, Sanidade e Servizos Sociais

1 Agosto, 2010 (19:58) | Cultura, Economía, Educación, Goberno Feijoo, Política |

Irene Bascoy, xornalista de Faro de Vigo, tiroulle da lingua ao presidente Feijóo e conseguiu algunhas importantes concrecións sobre o que serán os vindeiros recurtes do orzamento autonómico. Como é adoito en Feijóo fachendea na entrevista de ser o primeiro defensor da austeridade e dos recortes de políticas públicas, a pesar de que agocha coidadosamente […]