Month: Setembro, 2010

Campo do Fragoso XCIV

27 Setembro, 2010 (07:17) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

A VONTADE DOS GAÑADORES Foi Jorge Valdano, actual director general do Real Madrid, quen acuñou que “O fútbol é un estado de ánimo”. Unha oración afortunada para expresar que o fútbol é un deporte cuxo resultado depende en boa medida da combinación de dous factores, a enerxía e a tensión. Semella que seguindo este esquema […]

«A ría de Noguchi e Mendiño»

27 Setembro, 2010 (06:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Imaxes, Narrativa, Poesía, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío  da inauguración do ciclo «A Illa das palabras» e da fotografía da ría de Vigo do astronauta Soichi Noguchi, apoio a candidatura do Campus do Mar como campus de excelencia universitaria.

O pregón de Joan Margarit

26 Setembro, 2010 (20:25) | Lingua, Poesía, Política, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/rCSuwNVXR0Y” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Recomendo moi vivamente a lectura devagariño do pregón que o poeta Joan Margarit pronunciou o pasado 23 de setembro  con motivo das Festas da Mercé. O poeta salienta algunhas reflexións moi atinadas arredor das linguas: «Un cop la vida es desenvolupa al voltant d’una llengua necessitem veure-la respectada a […]

Recordando a Ana Kiro

25 Setembro, 2010 (12:26) | Beizóns, In memoriam, Música, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TMoTfPdeOhI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Son sincero, no meu Itunes teño máis de catro mil cancións, das cales case novecentas son de música galega, e entre elas non hai ningunha de Ana Kiro. Porén, que musicalmente non me interesara nunca non quere dicir que esta muller afouta na defensa da cultura de noso, insignia […]

Kindle versus Ipad

24 Setembro, 2010 (18:22) | Libro_electrónico, Publicidade, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/HGmRKSds9OY” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Aínda que é un anuncio de Amazon, achega moi ben as diferencias entre os libros electrónicos de tinta dixital (como Kindle) das taboíñas electrónicas (como o fermoso e atractivo Ipad). O futuro do libro electrónico dirímese entre estes dous tipos de soportes, sen esquecer a influencia que sobre o […]

54%

22 Setembro, 2010 (07:18) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

A polémica sobre a supresión das axudas públicas ao funcionamento do Noitebús ou o peche de determinados comedores escolares é unha manobra de engano para agochar a máis crúa realidade: a Xunta de Galicia en 2011 rebaixará todas as aplicacións orzamentarias de todos os seus departamentos deica o 54% (a conselleira de Facenda dixit). A […]

A UNED no Casco Vello

20 Setembro, 2010 (07:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Política, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a polémica suscitada arredor da creación dunha aula da UNED no Casco Vello vigués. Insisto na necesidade de acometer unha nova organización territorial superadora de localismos e privilexios decimonónicos. Nese novo modelo, as cidades de Vigo e Pontevedra deberían funcionar como senllos polos urbanos complementarios e hipercomunicados dunha rexión […]

«Todo é silencio» de Manuel Rivas, o segundo capítulo

19 Setembro, 2010 (09:15) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais |

Faro de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Estou convencido que estamos diante dunha novela profundamente fermosa chamada a ampliar a base de lectoras e lectores da novela galega. Dará moito […]

Retrato

16 Setembro, 2010 (22:15) | Artes Visuais, Bibliotecas, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/IJKPw5osx9o” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Vía Sfer, grazas.

A edición galega participa no lanzamento mundial de «Reckless» de Cornelia Funke

14 Setembro, 2010 (19:38) | Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Promoción do libro, Xerais |

O día 14 de setembro foi o día elixido por Cornelia Funke para a aparición simultánea da edición orixinal en alemán de Reckless. Carne de pedra e das súas traducións ao galego, ao inglés, ao francés, ao castelán, ao catalán e a outras linguas (até unha ducia) que comparten un lanzamento mundial de máis dun […]

«Un éxito da LIX galega»

13 Setembro, 2010 (07:30) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Eventos, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro |

No artigo da semana en Faro de Vigo relexiono sobre o devir do soño da LIX galega, ao fío da celebración do Congreso IBBY 2010 e do próximo vindeiro cincuenta aniversario de Memorias dun neno labrego, o libro fundacional do xénero en galego.

O futuro das pantallas

12 Setembro, 2010 (15:31) | Literacidade, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/g7_mOdi3O5E” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Aconsello este vídeo, enlazado por Manolo Gago (grazas, meu), no que se especula sobre como será a lectura sobre pantallas na fronteira do ano 2014. Unha interesante peza para ser utilizada como recurso didáctico.

«Unha literatura infantil e xuvenil sen temas vetados»

11 Setembro, 2010 (12:29) | Age, Edición, Editores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Xerais |

Estes días do Congreso do IBBY no que andamos provocaron que me fixeran varias entrevistas sobre a Literatura Infantil e Xuvenil. Sabrina Rodríguez preparou esta para a axencia EFE baixo este chamativo título: «Manuel Bragado defiende una literatura infantil y juvenil “sin temas vetados”». Agradezo á xornalista o seu esforzo por resumir unha conversa na […]

«A forza do libro galego será a dos lectores»

10 Setembro, 2010 (18:40) | Age, Edición, Editores, Entrevistas, Lingua, Persoal, Xerais |

Moito debe agradecer a Teresa Cuíñas a entrevista que me fixo para as páxinas da edición de Galicia de El País na que se abordan algunhas das nosas análises sobre a actual situación da edición en Galicia.

O Congreso do IBBY en Compostela inaugúrase hoxe

8 Setembro, 2010 (07:21) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro |

Hoxe é o día. Ás sete do serán realizarase o acto de inauguración do 32º Congreso do IBBY de Santiago de Compostela, un evento no que participarán seiscentas persoas de todo o mundo que traballan no eido da creación, edición e difusión da literatura infantil e xuvenil. Polo completísimo programa que se desenvolverá até o […]

Os medios en galego importan

7 Setembro, 2010 (07:00) | Iniciativas, Lingua |

Apoiamos o texto deste manifesto a prol dos medios de comunicación en galego: Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que […]

«Febrero, nadador olímpico»

6 Setembro, 2010 (06:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Deporte, In memoriam, Memoria, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo fago unha homenaxe a Alejandro Febrero Lorenzo, o primeiro nadador olímpico galego, participante nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 nas disciplinas de 40o e 1500 metros crol (estilo libre). Esta figura debe ser revificada entre os novos deportistas vigueses. O seu exemplo de esforzo, tesón, afouteza, […]

Vigo 1960

4 Setembro, 2010 (11:51) | Memoria, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yNNsJPbExug” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Procurando información na web sobre Alejandro Febrero, o primeiro nadador olímpico galego (Londres 1948), de quen me ocuparei no artigo do vindeiro luns en Faro, volvín dar con este vídeo sobre o Vigo da miña infancia. Non puiden evitar as saudades e aquí o deixo para compartir. Emocionante para […]

«Fuck Me, Ray Bradbury» de Rachel Bloom

4 Setembro, 2010 (09:36) | Autores, Música, Narrativa, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/e1IxOS4VzKM” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Simpático tema da humorista e cantante Rachel Bloom que homenaxea ao escritor Ray Bradbury, autor entre outras marabillas de Crónicas marcianas e Fahrenheit 451. A canción de Bloom constitúe unha intelixente parodia do xénero da ciencia ficción, transformando ao nonaxenario escritor en estrela e aos seus libros en pezas […]

Matilda vai á biblioteca

3 Setembro, 2010 (19:43) | Bibliotecas, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/bOplIzj6dOM” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Memorable inicio de Matilda, a película baseada na novela do meu admirado Roald Dahl. Matilda vai á biblioteca e inicia o seu interese polos libros. Uns minutos contundentes sobre a paixón pola lectura.

Amnistía Internacional

3 Setembro, 2010 (00:01) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/OMzg4CVa0jE” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Vía Trafegando ronseis.