Month: Outubro, 2010

O futuro do libro e os libros do futuro

31 Outubro, 2010 (17:32) | Bibliotecas, Lectura, Librarías, Libro, Libro_electrónico, Literacidade, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/BU2hcMZaR70″ width=”740″ height=”480″ wmode=”transparent” /] Vía Libreros. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/HRhTiUMWaDc” width=”740″ height=”480″ wmode=”transparent” /] Reportaxe do programa «Página 2» da TVE2. Vía Trafegandos ronseis. Este debate non dá acougo.

A arte de ler en tempos de crise e mudanza

30 Outubro, 2010 (18:32) | Bibliotecas, Edición, Editores, Lectura, Literacidade |

A idea de que a lectura pode axudar ao benestar da xente é moi antiga. A biblioterapia, entendida como o carácter terapéutico da lectura, é unha práctica asociada á cultura do libro dende moi vello. Michèle Petit defende no seu libro El arte de la lectura en tiempos de crisis unha idea terapéutica semellante, a […]

Cultura impresa, cultura dixital

29 Outubro, 2010 (21:20) | Eventos, Lectura, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías |

Mañá nos III Encontros de Bibliotecas Escolares participarei nun debate con Javier Celaya arredor do temas «Cultura impresa, cultura dixital». Como fago adoito, aquí pode baixarse o pdf que utilizarei no meu parlamento.

A memoria da lingua

29 Outubro, 2010 (06:48) | Historia, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo. Recomendamos moi vivamente este documental (39 minutos) no que son entrevistadas vinte persoas que achegan a súa memoria histórica da lingua galega. Beizóns ás Candongas do Quirombo.

Gas Natural Fenosa fala catalá e castelán agalegado

27 Outubro, 2010 (19:17) | Lingua, Publicidade, Vídeos |

É moito máis triste ca unha brincadeira. Non acredito diante de semellante imaxe tópica de nós. A lingua galega existe para esta empresa que foi galega algunha vez?

Hipertexto

26 Outubro, 2010 (07:13) | Libro_electrónico, Literacidade, Tipografía, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SRMG2aUowz4″ width=”780″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Nas xornadas sobre o libro electrónico da Universidade da Coruña quedou claro que son as utilidades do hipertexto ou prosa electrónica (hipertextualidade, intertextualidade, multimodalidade e multilectura) o que caracteriza o libro electrónico.

A recuperación da Panificadora

25 Outubro, 2010 (06:28) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o que suporá a recuperación da Panificadora e a instalación alí da Biblioteca Pública de Vigo.

«O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino»

24 Outubro, 2010 (19:28) | Eventos, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías |

O luns e o martes celebraranse na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña unhas interesantes xornadas sobre «O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino». O programa pode baixarse aquí en pdf. As organizadoras tiveron a deferencia de convidarme a falar o luns á mañá de «Propiedade […]

Campo do Fragoso XCV

24 Outubro, 2010 (09:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

A CRÚA REALIDADE Tras senllos empates consecutivos fronte ao Villarreal B e o Granada, o Celta pechou un magnífico ciclo de seis vitorias que nos deixou aos seareiros un sabor moi dóce e obrigou a un exercicio notable de contención da nosa euforia. Porén, volvemos á crúa realidade de enfrontarnos ás dificultades dunha categoría dificilísima, […]

Virxilio Viéitez no Marco

23 Outubro, 2010 (15:08) | Artes Visuais, Exposicións, Galerías de fotos, Recurso_didáctico, Vigo |

Cando se cumpren dous anos da morte de Virxilio Vieitez, o fotógrafo de Soutelo de Montes, acaba de inaugurarse un completísima exposición retrospectiva no Marco (case trescentas pezas) que desvela boa parte da súa obra que permanecía inédita. A exposición, coproducida polo Marco e pola Fundación Telefónica e comisariada pola italiana Enrica Viganó, vai máis […]

Libraries Will Survive

21 Outubro, 2010 (22:48) | Bibliotecas, Goberno Feijoo, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/T8QjjKrEK7Y” width=”780″ height=”440″ wmode=”transparent” /] Os lipdub continúan sendo un xeito para vehiculizar as protestas. Eis a duns bibliotecarios estadounidenses que denuncian os recurtes dos seus orzamentos. Velaí unha proposta de actuación posible diante dos recurtes nas políticas culturais e de promoción da lingua? Vía Trafegando ronseis.

Simposio da AGE sobre o fomento da lectura

20 Outubro, 2010 (20:10) | Age, Eventos, Lectura |

Os días 18 e 19 de novembro celebrarase en Compostela (no centro sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes) o VII Simposio O Libro e a Lectura que organiza a Asociación Galega de Editores. «Fomento da lectura. Unha nova fronteira para o libro» é o tema que artella un programa de conferencias, mesas redondas e […]

Culturgal volve a Pontevedra

20 Outubro, 2010 (19:46) | Age, Eventos, Música, Teatro |

Hoxe presentamos a edición do Culturgal 2010. A Feira das Industrias Culturais Galegas do 26 ao 28 de novembro volve ao Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, o berce onde recibiu os seus primeiros aloumiños en 2007. Un Culturgal moi renovado organizativamente, máis sólido ca noutrora xa que está alicerzado no traballo de seis […]

Edición en Galicia e en galego, os datos máis recentes

19 Outubro, 2010 (21:53) | Comercio do libro, Edición, Informes |

Cos datos máis recentes na man, non podemos negar que acougou aquel formidable crecemento, que levou a multiplicar por doce ou trece o número de títulos publicados en galego: pasamos dos 187 do ano 1980, cando comeza o proceso autonómico, aos 2.482 de 2008, ou aos 2.121 do pasado ano, no que comezou a crise […]

1 de 200

18 Outubro, 2010 (06:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Recurso_didáctico, Solidariedade |

No artigo da semana de Faro de Vigo presento a iniciativa de Implicadas no Desenvolvemento e reflexiono arredor do Pacto Galego contra a Pobreza, asinado polos tres grupos parlamentarios coa Coordinadora Galega de ONG polo desenvolvemento.

«A memoria da lingua», trailer

17 Outubro, 2010 (12:35) | Cine, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/sTvqD0kN4XI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Avance do documental A memoria da lingua realizado polas Candogas do Quirombo. Semella que será moi interesante. Como tamén é imoi recomendable esta anotación de Carta xeométrica, «A lección de dona Pepita», sobre o vídeo de «Vivir cada día» recuperado polo blog Friol.

Día da Ciencia en galego, 4 de novembro

13 Outubro, 2010 (08:41) | Efemérides, Iniciativas, Lingua |

Recibín hoxe a noticia de que un grupo moi numeroso de entidades, asociacións, sindicatos, universidades e centros educativos de toda Galicia celebrarán  o día 4 de novembro o primeiro Día da Ciencia en Galego. A efémeride estará dedicada a Ramón María Aller, Afonso X e James Clerk Maxwell. Os organizadores propoñen  facer actividades divulgando a […]

Frankfurt 2010, as imaxes

11 Outubro, 2010 (17:16) | Autores, Editores, Eventos, Galerías de fotos, Libro_electrónico, Persoal, Promoción do libro |

No meu perfil de Facebook publiquei a reportaxe fotográfica que fixen co teléfono móbil no Líber e na Feira de Frankfurt. Incluín nos pés de fotos algúns comentarios ao fío. Como documento complementario das catro crónicas sobre a Feira pode ter o seu interese. [Na foto: Masaxes para os visitantes proporcionados por fisioterapeutas contratados pola […]

Libros impresos e dixitais

11 Outubro, 2010 (07:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Edición, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías |

No artigo da semana, ao fío da participación na Feira de Frankfurt, reflexiono sobre o proceso de tránsito cara ao paradigma da comunicación cultural dixital, no que entendo convivirán os libros impresos e os libros dixitais. [Foto: Estand de Moleskine en Frankfurt 2010]

Frankfurt 2010/ e 4

10 Outubro, 2010 (20:37) | Autores, Editores, Eventos, Libro, Libro_electrónico, Persoal, Promoción do libro |

Dedicamos a derradeira xornada para visitar o pavillón dedicado á lingua inglesa, onde case sempre se producen as maiores noticias  de Frankfurt, para dar sequera un paseíño pola exposición arxentina. Sendo sábado, o nivel de estrondo da Feira aumenta a niveis pouco soportables nos novos pavillóns 1 e 3 aos que acude o entusiasta e […]

Frankfurt 2010/3

9 Outubro, 2010 (10:09) | Autores, Editores, Eventos, Traducións |

A de onte foi a xornada da presentación en Frankfurt da Anthology of Galician Literature de Jonathan Dunne, coeditada por Galaxia e Xerais. O acto resultou entrañable, sobre todo cando Dunne rematou a súa intervención en inglés lendo a súa magnífica tradución da «Letanía de Galicia» de Uxío Novoneyra. Porén, a propia fasquía do acto […]

Frankfurt 2010/2

8 Outubro, 2010 (09:10) | Autores, Editores, Eventos, Libro_electrónico, Persoal |

Como adiantabamos onte, o xoves foi o día do Nobel na Feira. Debeu ser a providencia laica a que aconsellou ao Grupo Santillana organizar o seu cóctel á mesma hora na que en Estocolmo se anunciaba o Nobel de Literatura. Un estourido de voces anunciou alí o nome de Vargas Llosa, hoxe o autor primeiro […]

Frankfurt 2010/1

7 Outubro, 2010 (10:14) | Editores, Eventos, Persoal |

A presenza na Feira do Libro de Frankfurt sinala para min o comezo do outono. Tamén será así na edición deste ano dedicada a Arxentina e protagonizada pola presenza do IPAD no imaxinario de moitos editores e nalgúns, poucos, dos espazos do famoso pavillon 4.2 dedicado á edición dixital (especialmente) educativa que agardo poder visitar […]

Quererás ser 1 de 200?

6 Outubro, 2010 (02:32) | Dereitos_humanos, Iniciativas, Solidariedade |

Unha iniciativa de Implicadas que merece todo o noso apoio. Quererás ser 1 de 200?

Algo vai mal

4 Outubro, 2010 (07:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Ensaio, Historia, Política, Socioloxía, Traducións |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación da tradución española do derradeiro ensaio de Tony Judt, Algo va mal, reflexiono sobre o malestar cidadán expresado pola ampla folga xeral do pasado 29S.

48horas Democracia

3 Outubro, 2010 (17:56) | Brasil, Eventos, Internet, Política, Twitter, Vídeos |

Admirable iniciativa de seguimento cidadán das eleccións brasileiras. A combinación entre o emprego colaborativo de Twitter e o uso de streaming permite unha publicación á marxe dos medios de comunicación comerciais. Vía: Por un BNG de futuro e con futuro.