Morreu o mestre Herminio Barreiro

6 Novembro, 2010 (20:59) | Autores, Educación, In memoriam

Un impacto tremendo produciunos a noticia do pasamento do mestre Herminio Barreiro. Perdemos a un dos intelectuais máis potentes que coñecimos ao longo da nosa vida. O primeiro mestre dunha xeración de pedagogos e educadores nos que el forxou os valores da educación republicana: a igualdade, a liberdade de pensamento, o esforzo solidario. Comunicounos a paixón pola lectura e o desexo por coñecer, como os primeiros valores que debían manexar os educadores republicanos. Hemrinio concebiu a educación como panca inequívoca de transformación social. Lembro, agora, con melancolía como a tarde daquel 23 de febreiro Herminio soubo manter con toda a dignidade nas aulas da Facultade de Xoán XXIII un debate sobre «Educación e loita de clases« co sociólogo Carlos Lerena, que faleceu anos despois de accidente de tráfico. A publicación de Recordar doe foi unha nova oportunidade para achegarnos ao seu maxisterio e ao seu compromiso político que mantivo inquebrantable até o día de hoxe. Con todos os abrazos para os seus.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from Tweets that mention Brétemas » Morreu o mestre Herminio Barreiro — Topsy.com
Date: 6 Novembro 2010, 9:39 p.m.

[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Filipe Diez. Filipe Diez said: RT @bretemas: «Morreu o mestre Herminio Barreiro», anotación de urxencia no blog, http://bit.ly/cEb0Uc [...]

Pingback from finou herminio barreiro.- morreu un MESTRE (con maiúsculas) «
Date: 6 Novembro 2010, 11:49 p.m.

[...] Recomendo tamén que pasedes por Brétemas onde tedes un artigo de urxencia redactado por Xosé Manuel Bragado. [...]

Comment from albixoi
Date: 7 Novembro 2010, 12:45 a.m.

Outra perda irreparábel. Marchan os bos… Hoxe somos un pouco menos libres.

Comment from Lizgairo
Date: 7 Novembro 2010, 10:33 a.m.

Ainda lembro emocionado a leitura de “Recordar doe”. Era, sen dúbida, un ser entrañábel. Abrazamos , na distaancia, aos seus.

Comment from manuel area
Date: 7 Novembro 2010, 2:48 p.m.

acabao de enterarme agora mesmo, nesta mañán de domingo, da morte de Herminio
foi para moitas xeracións de pedagogos compostelán un mestre e un referente intelectual
estou cheo de tristura
unha aperta dende Canarias

Comment from mj
Date: 7 Novembro 2010, 9:01 p.m.

O mellor profesor que tiven nunca, ata que o tiven a el de profesor nunca pensara que se podía quedar un engaiolado escoitando a un mestre. Lembro as clases na facultade, a súa asignatura non tiña examen, nadie se sentía obrigado a ir pero sempre estaban cheas, cheiñas.
Os seus alumnos deberiamos facer algo especial na súa memoria! estou pensando en voz alta.

Pingback from Brétemas » Herminio Barreiro: «Refundar a educación para refundar a esquerda»
Date: 7 Novembro 2010, 9:25 p.m.

[...] Herminio Barreiro na súa derradeira intervención política, en Santiago o o 5 de xuño de 2010, no acto de «Refundando a Esquerda», leu un texto titulado «Refundar a educación para refundar á esquerda». Un documento político extraordinario que nos deixa o grande mestre, que reivindica unha educación de nación para Galicia, crítica, innovadora, moi rupturista. [...]

Comment from María Pilar González Fontao
Date: 7 Novembro 2010, 11:25 p.m.

Tal e como dí o escritor, filósofo e educador brasileño Rubem Alves ¿Ensinar é un exercicio de inmortalidade?. O Profesor Emérito Herminio Barreiro tiña o don do ensino, con humildade transmitía os seus sólidos coñecementos (incansablemente actualizados) dunha forma simple e vivaz. Polo didácticas e brillantes que eran as súas clases fixo acercarnos en varias ocasións a profundizar e valorar mais a sua docencia e o seu gran coñecemento (investigación boas prácticas docentes, inv. profesorado emérito, … concedéndonos a principios de agosto deste ano a realización dunha última entrevista). Desde o grupo E.I.D.E. agradecemos enteramente os seus ensinos, a sua boa disposición, o seu tempo e a atención que nos brindou en todo momento, deixando unha profunda traza en nós co seu bo facer como docente, pedagogo e, sobre todo, como gran maestro e gran persoa que será sempre recordada. Nosas condolencias a súa familia.

Comment from MIAM
Date: 8 Novembro 2010, 12:02 a.m.

Facultade de Pedagoxía, anos oitenta; En canto Herminio comezaba a falar, os bolígrafos quedaban na mesa e todos escoitábamos embelesados. Sen dúbida, o mellor profesor que tiven nunca. Mañá, no traballo, pedirei un minuto de silencio ás miñas compañeiras, todas ex alumnas desta gran persoa, na súa memoria.

Comment from Herlando António Ferreira Batista
Date: 1 Decembro 2010, 8:01 p.m.

Foi meu Orientador de Doutoramento em Teoria e História da Educação, USC, que não concluí. Um excelente mestre e uma pessoa admirável. Paz à sua alma!

Olark Livehelp