Balance 2010/2: a coherencia de Agustín Fernández Paz

29 Decembro, 2010 (10:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua

Sei que para moitos  non son a persoa máis axeitada para considerar a Agustín Fernández Paz como a figura literaria do ano. Ademais de ser o seu editor, úneme con el unha fonda amizade e un seguimento da súa traxectoria autoral e profesional dende hai case trinta anos, razóns polas que dificilmente podo ofrecer obxectividade. No entanto, sei que somos moitas as persoas e medios que recoñecemos na actitude do autor d’ O único que queda é o amor, non puidendo aceptar o Premio da Cultura Galega no eido das letras, unha lección de dignidade e de defensa do idioma e cultura galegas que merecen a admiración e respecto por parte de todos. As razóns da súa decisión e a elegancia para expresalas son abondo coñecidas; porén o que continúa deixándonos perplexos, cando non abertamente abraiados, é comprobar a incapacidade dos membros do Goberno Galego para entender a importancia da fractura que na sociedade galega abriu a súa política lingüística, capaz de facer retroceder, por vez primeira, o emprego vehicular da lingua galega no sistema educativo non universitario. Sei que aí reside a cerna da afouta actitude cívica de Agustín Fernández Paz. As miñas beizóns pola súa lección de coherencia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from Tweets that mention Brétemas » Balance 2010/2: a coherencia de Agustín Fernández Paz — Topsy.com
Date: 29 Decembro 2010, 11:57 a.m.

[...] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado. Manuel Bragado said: «A coherencia de Agustín Fernández Paz», anotación no blog, http://bit.ly/dTLCoz [...]

Comment from Vuelos
Date: 30 Decembro 2010, 3:38 a.m.

GRacias por el artículo

Pingback from Brétemas » Sexto aniversario
Date: 3 Xaneiro 2011, 8:54 p.m.

[...] da primavera recupero «Un caligrama: a miña bandeira», unha imaxe preparada en letraset por Agustín Fernández Paz e «Dona Carme, novas versións», ao fío da miña feliz tarde na Casa da Lectura dos meus amigos [...]

Olark Livehelp