Month: Decembro, 2010

Bo ano Lois Pereiro!

31 Decembro, 2010 (19:06) | 17_de_maio, Beizóns, Efemérides, Música, Poesía, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0FnflOFfusM” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Bo ano Lois Pereiro! Procuremos a enerxía necesaria! Saúde, traballo e lectura galega para todos e todas. Con todos os abrazos e beizóns. [Únome á iniciativa de Marcos Calveiro, recuperando o tema «Narcisismo» de Radio Océano sobre un texto do poeta Lois Pereiro. Os meus queridos Oasis saberanmo perdoar.]

Balance 4/2010: o Ano do Libro e da Lectura que non o foi

31 Decembro, 2010 (14:43) | Balance_2010, Bibliotecas, Cultura, Goberno Feijoo, Lectura |

Magoadamente cumpríronse os peores agoiros e o chamado «Ano do Libro e da Lectura», declarado pola Xunta de Galicia, non o foi, nin sequera foi unha sombra daquel ano bonsai que previamos hai un ano. Magoadamente e moi ao noso pesar, nin houbo un programa específico de fomento da lectura, nin houbo un desenvolvemento do […]

Balance 3/2010: «Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares», Espazo Lectura e Trafegando Ronseis

31 Decembro, 2010 (11:29) | Balance_2010, Bibliotecas, Educación, Lectura, Promoción do libro, Recurso_didáctico |

A pesar do fraquísimo «Ano do Libro da Lectura» promovido pola Consellaría de Cultura, as experiencias de fomento da lectura en Galicia colleron en 2010 un importante pulo en Galicia. Entre todas elas destaca pola súa dimensión e enorme transcedencia o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), promovido dende o curso 2005/2006 pola Consellería […]

Balance 2010/2: a coherencia de Agustín Fernández Paz

29 Decembro, 2010 (10:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua |

Sei que para moitos  non son a persoa máis axeitada para considerar a Agustín Fernández Paz como a figura literaria do ano. Ademais de ser o seu editor, úneme con el unha fonda amizade e un seguimento da súa traxectoria autoral e profesional dende hai case trinta anos, razóns polas que dificilmente podo ofrecer obxectividade. […]

Balance 2010/1: «Todos vós sodes capitáns» de Oliver Laxe

28 Decembro, 2010 (16:03) | Balance_2010, Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

Coñecín a Oliver Laxe o pasado ano no xurado do Premio Cinema e Ciencia que promove ese infatigable e xeneroso amigo que é Martin Pawley. Naqueles dous días quedei deslumbrado polo discurso de Oliver, pola súa poética cinematográfica, literaria ou pictórica e, sobre todo, pola súa ansia teimosa en perseguir na conversa a beleza nos […]

30 anos de Estatuto

27 Decembro, 2010 (09:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Historia, Política, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do 30 aniversario daquel 21 de decembro de 1980, data na que se realizou o referendo do estatuto de Galicia, propoño que se recupere o debate sobre o novo Estatuto de Galicia. O 21 de decembro de 1980 celebrouse o referendo polo que o pobo […]

O máis destacado no eido da lectura en Galicia (2010)

26 Decembro, 2010 (18:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Bibliotecas, Cine, Clubs_lectura, Cultura, Narrativa, Xerais |

Propóñome ao longo desta derradeira semana do ano escribir varias anotacións de balance sobre o que entendo foron as noticias máis destacadas no eido da lectura neste 2010 que remata: O premio Fipresci que en Cannes recibiu Todos vós sodes capitáns, a película de Oliver Laxe [a pesar de tratarse de cinema, é unha noticia […]

Linguaxe e debate político

25 Decembro, 2010 (14:08) | Ensaio, Lingua, Traducións |

Dende a súa aparición a comezos deste ano 2010 sigo con moito interese cada un dos libros que publica 2.0 editora, un dos novos proxectos editoriais galegos mellor concibidos e máis innovadores. Das súas tres coleccións –Mundos, Folksonomías e Supertextos–,  é esta terceira dedicada a ensaio contemporáneo, a miña preferida. Confeso que papei os cinco […]

Cara onde vai Pachi Vázquez?

24 Decembro, 2010 (14:39) | Política |

Consumada a destitución de Xaquín Leiceaga é lexítimo preguntarse cara onde quere conducir Pachi Vázquez ao PSdeG-PSOE? Fóra das declaracións de grandes unanimidades, nada coñecemos dese proxecto político que di afianzarse tras esta misteriosa purga para a que non se expresa razón convincente ningunha. A publicación a pasada fin de semana dun longo artigo de […]

Pipes of Peace

24 Decembro, 2010 (13:06) | Educación_para_a_Paz, Festas, Música |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/NVK_mJrLbmY” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Dalgún xeito a canción de John Lennon «Give Peace a Chance» foi versionada por Paul McCartney no seu tema «Pipes of Peace». Pode ser un xeito de celebrar este día de Nadal, no que está ambientado o clip.

Historia do nadal dixital

22 Decembro, 2010 (23:42) | Festas, Humor, Internet, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/tgtnNc1Zplc” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Neste caso atendan máis aos procedementos cos contidos.

A destitución de Xaquín Leiceaga

21 Decembro, 2010 (21:05) | Política |

Noticias coma estas só poden suceder no PSdeG-PSOE. Noticias que só producen tristeza e desolación. Despedir ao, probablemente, mellor parlamentario co que conta o grupo socialista polo pecado de ter formado parte do equipo de Touriño, só pode concibirse na cabeza de quen hai uns días asegurou que «a poda do estado do benestar é […]

O galego abraza

20 Decembro, 2010 (07:55) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua |

No artigo da semana en Faro de Vigo insisto sobre a necesidade do compromiso de cada cidadán co futuro do idioma. O que suceda co galego depende de nós. O maior erro do presidente da Xunta de Galicia nos dous últimos anos foi abandonar o consenso forxado ao longo das tres décadas de autonomía arredor […]

O galego segue nas aulas

19 Decembro, 2010 (21:35) | Educación, Iniciativas, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

O galego segue nas aulas. Felicidades a todos! from Profes Galego on Vimeo. Felicitación de Nadal do colectivo de Profes co Galego de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía.

Campo do Fragoso XCIX

19 Decembro, 2010 (10:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

GOL MOI DOCE Daba gloria ver as facianas de ledicia dos seareiros celestes tras o remate do derradeiro encontro deste ano. Tras case catro meses de competición, este Celta cada semana dálle máis folgos as nosas esperanzas e fainos vibrar con maior intensidade na bancada. Non foi doada nin moito menos esta vitoria fronte ao […]

WikiRebels

18 Decembro, 2010 (11:38) | Dereitos_humanos, Internet, Vídeos |

Un moi interesante documental da televisión sueca sobre o fenómeno de WikiLeaks. Está subtitulado en castelán e dura case unha hora (para activar os subtítulos, preme sobre CC). Paga a pena. Moitas grazas a La Huella Digital.

Belén Regueira, a súa confesión como neofalante

16 Decembro, 2010 (23:29) | Iniciativas, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

Neofalantes. Belén Regueira from Sr. Verme on Vimeo. Intervención memorable de Belén Regueira na charla-coloquio organizada polo colectivo A nave das ideas na Casa da Cultura de Vigo o 10 do nadal de 2010. Recoméndoa moi vivamente.

«Periferia» de Iolanda Zúñiga, o booktrailer

16 Decembro, 2010 (22:18) | Book_trailer, Narrativa, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/6aoTiBbM4iQ” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de Periferia de Iolanda Zúñiga, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. O guión e a realización, como as anteriores pezas deste tipo promovidas por Xerais, é de David Rodríguez.

Manuel Rivas en Culturgal, a entrevista de Galicia Móvese

15 Decembro, 2010 (20:38) | Autores, Entrevistas, Narrativa, Vídeos, Xerais |

Moito agradecemos a anotación que Galicia Móvese montou arredor da participación de Manuel Rivas en Culturgal en Pontevedra o pasado 28 de novembro. Manuel Rivas conversa co xornalista Camilo Franco arredor de Todo é silencio. Moi recomendable. Grazas, Mourullo.

«WikiLeaks e a transparencia pública»

13 Decembro, 2010 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Internet, Sociedade, Xustiza |

No artigo da semana de Faro de Vigo abordo a cuestión de WikiLeaks e as implicacións que lle vexo no que atinxe á neutralidade da rede e os ciberdereitos dos cibercidadáns.

Celtic Roots

12 Decembro, 2010 (20:23) | Educación, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/QEF0IhKILuk” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Celtic Roots – The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo. Estas cousas son as que me fan chorar. Este proxecto educativo é unha pasada! Iniciativas desta fasquía amosan que temos futuro. Parabéns aos meus amigos do Colexio Humberto Juanes de Nigrán.

«O meu nome é Luís Ferreiro»

11 Decembro, 2010 (20:28) | Adiantos, Cine, Historia, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/RykYWkYcsiI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/zkUe5__NFIE” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/xTVQchEA9Rk” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Moito lamentamos o pasado xoves o profesor Xesús Alonso Montero e mais eu, durante a viaxe que fixemos a Monforte para presentar a segunda edición das Cartas de republicanos galegos condenados a morte, non poder acompañar a […]

WikiLeaks e os dereitos dos cibercidadáns

8 Decembro, 2010 (20:12) | Blogs, Dereitos_humanos, Internet, Sociedade |

A verdade é que non seguín con moita atención as primeiras filtracións de WikiLeaks referidas ás guerras de Irak e Afganistán. Porén, tras o Cablegate do Departamento de Estado e tras a detención preventiva de Julian Assange, o asunto tenme conmocionado. Máis alá do contido dalgúns cables que ispen a figuras como Zapatero, que pasou […]

Chega Google eBooks

7 Decembro, 2010 (11:05) | Lectura, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ZKEaypYJbb4″ width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] A posta en marcha de Google eBooks, probablemente, será un dos maiores empurróns para o libro electrónico en todo o mundo. Este novo modelo de distribución de ebooks supera algunhas das máis importantes carencias existentes até hogano, sobre todo as referidas aos soportes (admite a lectura sobre todo tipo […]

Campo do Fragoso XCVIII

6 Decembro, 2010 (13:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

VITORIA BAIXO O BALLÓN Os seareiros que decote acudimos a Balaídos temos razóns abondas esta tempada para estar satisfeitos. A primeira, tras varias tempadas confusas podemos enunciar case sen trabucarnos un once ideal: Falcón, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Catalá, Roberto Lago, Bustos, Garai, Álex López, Trashorras, David Rodríguez e Quique De Lucas. Un once ao […]

Auditorio VPA

6 Decembro, 2010 (12:46) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Economía, In memoriam, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo propoño que o Auditorio de Vigo, que se inaugurará nos vindeiros meses, leve o nome do emprendedor galeguista Valentín Paz Andrade. A piques de finalizar as obras do Auditorio de Vigo, esa formidable caixa de ferro e cristal que César Portela ergueu detrás dos peiraos de Beiramar, […]

Con todos os abrazos para Marcos Valcárcel

5 Decembro, 2010 (22:21) | Autores, Blogs, In memoriam |

Por agardada que fose a noticia do pasamento do amigo Marcos Valcárcel non deixa de producirnos dor e grande tristeza. Sabemos que deixa unha importante obra de investigación histórica e literaria ao servizo da cultura galega, da que foi un dos seus mellores divulgadores nas tres últimas décadas. Sabemos que deixa un modelo de traballo […]

«Stairs» e outras pezas contra a violencia machista

5 Decembro, 2010 (10:38) | Dereitos_humanos, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/l7HqwAleUQg” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] «Milleiros de mulleres caen polas escaleiras todos os días. Acreditas? Detén a violencia doméstica. Fala con nós.» Impresionante vídeo alemán que reflite a violencia contra as mulleres. Estoutra peza e estoutra e tantas máis son igualmente interesantes nesta loita. Vía Trafegando ronseis (gran traballo o que neste eido, como […]

Don Paco del Riego e o zume da terra

5 Decembro, 2010 (10:10) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Lingua |

[…] Don Paco, que acaba de publicar da man de Caixanova un magnífico volume titulado Vigo sentimental, conclúe mañá un mandato brillantísimo no que conseguiu revitalizar a institución proporcionándolle unha capacidade descoñecida de relación co mundo cultural e social e de independencia do poder político. En a penas catro anos de traballo febril e de […]

Toda a responsabilidade do caos aeroportuario é dos controladores?

4 Decembro, 2010 (18:43) | Humor, Música, Política |

A pesar da unanimidade dos ditirambos dos tertulianos e da lexítima e irada protesta dos viaxeiros tirados polos aeroportos, cústame moito crer que toda a responsabilidade de semellante caos corresponda ao «egoísmo dos controladores». Semella que o proceso de privatización de AENA (unha empresa pública rendible), anunciado polo Goberno hai uns días, como a incapacidade […]

Shop Vac (kinetic typography animation)

2 Decembro, 2010 (20:55) | Deseño, Música, Recurso_didáctico, Tipografía, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/y4sOfO8Ei1g” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Indispensable para amantes da tipografía e o deseño. Grazas, Marcus.

Manifesto por unha rede neutral

1 Decembro, 2010 (23:22) | Blogs, Iniciativas, Internet |

Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS: 1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido. 2. Que as empresas, emprendedores […]