2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer…

9 Xaneiro, 2011 (20:17) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Eventos, Hai..., Historia, Iniciativas, Recurso_didáctico

A celebración de efemérides («Ano de tal ou de cal») constitúe, ademais dun útil recurso didáctico, a posibilidade de orientar ao longo dun ano as políticas sociais, culturais e educativas públicas e privadas (sobre todo no eido da edición e da comunicación) cara a un tema, problema, personalidade, obra ou manifestación artística. A experiencia internacional e nacional demostrounos a súa eficacia como mecanismo de rescate ou sensibilización social, mais tamén que sen unha programación axeitada poden constituír o máis rotundo dos fracasos.

A pesar de todos estes condicionantes e do perigo de abusar na utilización deste recurso, non me resisto a enumerar algunhas das efemérides que celebraremos en Galicia ao longo deste 2011:

Ademais, 2011 será o ano antitabaco, o da inauguración da Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura,  ano de eleccións municipais (22 de maio) e outro ano máis da crise económica que ameaza con acadar os cinco millóns de parados en España e 237.000 en Galicia.

[Quizais poda quedarme atrás algunha outra, razón pola que moito agradece se enriqueza a anotación.]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from mourullo
Date: 9 Xaneiro 2011, 9:17 p.m.

Unha efeméride máis: a pasada véspera de Reis, 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán.

Comment from Xoma
Date: 9 Xaneiro 2011, 9:33 p.m.

O ano Pintos polo bicentenario do nacemento de Xoán M. Pintos Villar, polo concello de Pontevedra.

Pingback from 2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer…
Date: 9 Xaneiro 2011, 9:56 p.m.

[...] 2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer… bretemas.blogaliza.org/2011/01/09/2011-o-ano-de-pereiro-dos-…  por raxozorza hai 2 segundos [...]

Comment from Martin Pawley
Date: 10 Xaneiro 2011, 12:20 a.m.

En xuño fará cen anos Ernesto Sábato.

Olark Livehelp