Month: Xaneiro, 2011

Caixa, a nosa

31 Xaneiro, 2011 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana de Faro de Vigo propoño unha análise sobre o futuro de Novacaixagalicia, ao fío do noso decreto que establece a bancarización das caixas. Un desafío, tamén, para o autogoberno galego. A maioría das caixas de aforros deixarán de selo antes do verán. O anuncio da ministra de Economía de introducir novos […]

125 aniversario do nacemento de Castelao

30 Xaneiro, 2011 (16:53) | Autores, Efemérides, In memoriam, Recurso_didáctico, Vídeos |

Non esquezamos a data de hoxe, 125 aniversario do nacemento de Castelao.

«Oscuro cardinal», Día Escolar pola non violencia e pola paz

30 Xaneiro, 2011 (14:02) | Blogs, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Vídeos |

OSCURO CARDINAL from adrianguerra on Vimeo. Dende o blog Trafegando ronseis, como fan todos os anos, vaise recollendo de forma paciente e minuciosa tmoitas das experiencias e materiais elaborados nos centros educativos con motivo do Día escolar pola non violencia e pola paz. Entre as pezas deste ano escolle esta peza audiovisual, «Oscuro cardinal», elaborada […]

Fracaso sen paliativos

29 Xaneiro, 2011 (23:17) | Educación, Educación_para_a_Paz, Goberno Feijoo, Twitter |

A noticia, adiantada onte en twitter por Guillermo Meijón, supón unha rotunda desautorización do Consello Escolar de Galicia ao Conselleiro de Educación e ao seu equipo. Non se pode impoñer unha chamada «Lei de Convivencia» a unha comunidade educativa que a rexeita de forma tan unánime. Diante de semellante fracaso sen paliativos, Xesús Vázquez non […]

Comezan os actos do Ano Pereiro

27 Xaneiro, 2011 (00:00) | 17_de_maio, Efemérides, Música, Novidades, Poesía, Presentacións, Promoción do libro |

Paz en 83 linguas

26 Xaneiro, 2011 (23:55) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo. Un recurso didáctico magnífico para utilizar na xornada do 30 de xaneiro, Día Escolar da non Violencia e pola Paz.

«Periferia», booktrailer non oficial

26 Xaneiro, 2011 (08:11) | Autores, Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yZqL38C8A4c” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Magnífico e impactante booktrailer non oficial arredor da novela Periferia de Iolanda Zúñiga.

O Senado e as linguas

24 Xaneiro, 2011 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo analizo as consecuencias políticas da modificación do regulamento do Senado que permite a utilización das linguas oficiais nas súas sesións plenarias. España é un estado plurilingüe onde, ademais do castelán, a cidadanía fala outras linguas recoñecidas pola Constitución e polos estatutos de autonomía como cooficiais nos seus […]

O perigo dunha historia única

22 Xaneiro, 2011 (12:44) | Autores, Bibliotecas, Lectura, Narrativa, Recurso_didáctico, Traducións, Vídeos |

Foi María Reimóndez quen primeiro me falou hai ben tempo de Chimamanda Adichie, a narradora nixeriana autora de Purple Hibiscus. Agora grazas a un enlace de Susana Piñeiro e Filipe Diez en Twitter descubro a anotación de Ramón Lobo na que recolle a intervención de Adichie no foro TED da CNN («Ideas que paga a […]

Like father, like son

21 Xaneiro, 2011 (21:57) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

Non hai idade para comezar a ler. Velaí un anuncio moi orixinal de fomento da lectura promovido con motivo da celebración do centenario da asociación finlandesa de bibliotecarios. Vía Trafegando ronseis.

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

18 Xaneiro, 2011 (20:49) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

Fervenzas Literarias, o mellor de 2010

18 Xaneiro, 2011 (07:56) | Blogs, Blogs_e_libros, Cultura, Iniciativas, Internet, Persoal, Premios, Promoción do libro |

Velaí o palmarés do mellor de 2010 de Fervenzas Literarias, outorgado pola votación de máis de cincocentas persoas na rede. A nosa gratitude polo que lle corresponde a Brétemas como o mellor blog do pasado ano.

Gaiás na na procura de sentido

17 Xaneiro, 2011 (07:59) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Cultura, Goberno Feijoo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o que foi o proxecto da Cidade da Cultura e do que entendo son os seus retos para atoparlle un sentido. Ningunha persoa sensata pode dubidar hoxe, ao fío dos recurtes dos investimentos públicos en infraestruturas e do gasto en políticas sociais, do despropósito que […]

Campo do Fragoso C

16 Xaneiro, 2011 (10:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

HAI MOITA LIGA O empate conseguido fronte ao Xerez, case no derradeiro salaio do encontro de onte, na única ocasión clara de gol que tiveron os andaluces en noventa minutos, evidencia que o Celta para acadar o seu obxectivo, unha das dúas prazas de ascenso directo, non pode renunciar en momento ningún a calidade do […]

Con del Riego

14 Xaneiro, 2011 (12:18) | Autores, Homenaxes, In memoriam |

Hoxe participaremos  na homenaxe a Francisco Fernández del Riego que se celebrará ás 19:30 horas no Auditorio do Centro Social de Novacaixagalicia de Vigo.

What is Catalonia?

13 Xaneiro, 2011 (20:21) | Economía, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/-HIo7br7cI4″ width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Vía Carta xeométrica.

Visión 2020, tendencias das tecnoloxías sociais

12 Xaneiro, 2011 (21:18) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

O meu admirado Javier Celaya publica na revista dixital Dosdoce unha moi valiosa anotación prospectiva arredor do futuro das tecnoloxías sociais ao longo desta década que comeza. O interesante do traballo non son tanto as predicións que realiza como as tendencias que cada unha delas sinala. Un texto que axudará a superar prexuízos, vencer algúns […]

Inauguración da Cidade da Cultura

11 Xaneiro, 2011 (22:05) | Bibliotecas, Cultura, Goberno Feijoo, Museos |

O acto de inauguración da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, que suporá tamén a apertura ao público  da Cidade da Cultura a partir de mañá, amosou a profunda fenda que nesta lexislatura se abriu na política galega. Resultoume incomprensible a ausencia no acto dos membros do BNG, o partido que tivo a principal responsabilidade […]

A chamada «lei de convivencia»

10 Xaneiro, 2011 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Goberno Feijoo, Recurso_didáctico |

No artigo da semana de Faro de Vigo analizo os contidos e a orientación política da chamada «lei de convivencia e participación da comunidade educativa« (cuxo texto completo pode baixarse en pdf aquí). Aproveitando o acougo das vacacións de Nadal o conselleiro de Educación presentou o borrador do anteproxecto de Lei de convivencia e participación […]

2011, o ano de Pereiro, dos Bosques, da Química, do Alzheimer…

9 Xaneiro, 2011 (20:17) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Eventos, Hai..., Historia, Iniciativas, Recurso_didáctico |

A celebración de efemérides («Ano de tal ou de cal») constitúe, ademais dun útil recurso didáctico, a posibilidade de orientar ao longo dun ano as políticas sociais, culturais e educativas públicas e privadas (sobre todo no eido da edición e da comunicación) cara a un tema, problema, personalidade, obra ou manifestación artística. A experiencia internacional […]

Só pensamos nunha cousa

5 Xaneiro, 2011 (20:31) | Celta de Vigo, Fútbol, Publicidade, Vídeos |

Campaña de Abonados RC CELTA de VIGO 2010-2011 (Galego HD) from Boogaloo Films on Vimeo.

O sentido da «Lei de Convivencia e Participación»

5 Xaneiro, 2011 (19:56) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

Non é ningún segredo que o equipo actual da Consellaría de Educación gosta de anunciar as súas máis importantes medidas nas vacacións de nadal. Xa o fixo o pasado ano, cando presentou uns días antes do anovello o borrador do decreto de Plurilingüismo; faino este curso, aproveitando as xornadas de descanso do profesorado, para presentar […]

Escritores

5 Xaneiro, 2011 (16:24) | Autores, Humor, Imaxes |

De Manel Fontdevila.

Sexto aniversario

3 Xaneiro, 2011 (20:46) | Artigos Faro de Vigo, Beizóns, Blogs, Campo de Granada, Campo do Fragoso, facebook, Fútbol, Goberno Feijoo, Lectura, Lingua, Persoal, Twitter |

A Manuel Rivas, compañeiro de Brétema Hoxe estas brétemas chegan ao seu sexto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.945 (332 neste sexto ano) e 7.933 comentarios (625 en 2010), o que consolida a tendencia apuntada xa o pasado ano dunha ralentización do ritmo de publicación no blog, ao tempo que un claro incremento […]

Enredados co baixo custo

3 Xaneiro, 2011 (08:08) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Infraestruturas, Política |

No artigo da semana de Faro de Vigo abordo a actual polémica aeroportuaria. Entendo que a esta altura as subvencións ás liñas aéreas non son defendibles e o que cómpre é un reordenamento dos tráficos entre as tres terminais interconectadas por ferrocarril. Poucos temas amosan mellor a ausencia dunha política de vertebración do territorio en […]

Fumar

2 Xaneiro, 2011 (19:38) | Persoal, Sociedade |

Hai dous anos que deixei de fumar. Tras ese período sen botar calada ningunha e tras trinta e cinco anos como fumador escasamente moderado –son dos que comecei a fumar celtas na adolescencia, cando nos iniciabamos tamén na política galeguista– a miña humildísima experiencia indica que fumar é un pracer (unha adicción, tamén) que se […]