Month: Febreiro, 2011

Sons de Vigo

28 Febreiro, 2011 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da apertura da páxina Sons de Vigo, reflexiono sobre a importancia da conservación do Patrimonio Sonoro medioambiental. Cada tempo ten os seus sons característicos. Cada lugar, aldea, barrio ou cidade posúe, tamén, unha identidade acústica, a creada polos sons do entorno, tanto os naturais como […]

«Resurrección» de Lea Tobery, tamén en galego

27 Febreiro, 2011 (20:45) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Vídeos, Xerais |

O mes de marzo nas librarías galegas, Resurrección de Lea Tobery.

Agustín Fernández Paz candidato ao premio Andersen

25 Febreiro, 2011 (13:37) | Autores, Beizóns, Premios |

Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen. Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras. O fallo […]

«Flores en la carretera»

22 Febreiro, 2011 (08:51) | Goberno Feijoo, Lingua, Música |

Non imos criticar a iniciativa da Consellaría de Traballo e da Confederación de Empresarios de Galicia de que «Flores en la carretera» do grupo ribeirense Jabon Blue sexa a canción coa que pechen bares e discotecas de Galicia. Promover hábitos saudables entre a mocidade, como o da condución responsable, e loitar contra a sinistrabilidade do […]

Mar de Vigo

21 Febreiro, 2011 (07:37) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Poesía, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo abordo as razóns do acaído nome que levará o auditorio deseñado polo arquitecto César Portela en Beiramar. «Mar de Vigo» será o nome do Auditorio deseñado polo arquitecto César Portela en Beiramar. Un gran acerto do xurado de personalidades viguesas, constituído como efémero “comité de expertos” para […]

Campo do Fragoso CII

20 Febreiro, 2011 (10:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

LÍDER Agardamos na bancada catro tempadas para que chegase este momento de gloria (que sabemos efémera): o noso Celta é líder na vixésimo quinta xornada. Un éxito, no que moi poucos acreditabamos no pasado mes de setembro. A partir de agora xa ninguén pode dubidar que o seu obxectivo é o ascenso directo. Un liderato, […]

Que é un Vook?

19 Febreiro, 2011 (23:04) | Libro, Libro_electrónico, Literacidade, Vídeos |

What is a Vook? from Matthew Cavnar on Vimeo. É un libro ou unha aplicación multimedia? Vía Blogtailors e El País.

10 consellos para deseñar unha cuberta

18 Febreiro, 2011 (23:11) | Edición, Recurso_didáctico |

Non me resisto a deixar de enlazar os 10 consellos de Jane Friedman para deseñar boas cubertas de libros, recollidos por Arantxa Mellado nunha anotación en Ediciona. Sei que este decálogo (moi discutible como son todo este tipo de listas) pode darnos moito xogo para o debate nunha das sesións do máster de edición que […]

A volta co papel do editor

17 Febreiro, 2011 (22:51) | Edición, Editores, Recurso_didáctico |

Na primeira sesión de docencia da materia «Edición e actividade editorial» do Máster de Edicion abordamos o que entendemos como a poética do editor, a sombra prudente do autor, comprometida cos seus lectores. Co traballo arredor do artigo de Andrea Palet, «Brevísimo manual para jóvenes editores», pretendemos reflexionar sobre cal é a responsabilidade para o […]

Sabes que é un libro?

16 Febreiro, 2011 (22:14) | Edición, Libro, Libro_electrónico, Recurso_didáctico, Vídeos |

Procurando recursos actualizados para utilizar na docencia da materia «Edición e actividade editorial» do Máster universitario en edición da USC e UDV que comezamos mañá atopei está peza didáctica sobre a definición do libro. Utilizarémola xunto a estoutra convertida xa en clásico. Hai algunhas outras pezas audiovisuais moi sinxelas que pretenden responder á preguntas básicas […]

A mata

15 Febreiro, 2011 (21:16) | Artes Visuais, Cine, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

a mata from SonCine on Vimeo. Son fan do proxecto «SonCine» promovido polo IES do Porto do Son. Esta peza, «A mata», preparada polo alumnado de 3º de ESO cunha cámara fotográfica LUMIX é magnífica. Forma parte do proxecto «O meu Son», como «A praia do Dique» e «Noal». Traballos escolares que nos deixan pampos. […]

O mapa da Galicia futura

14 Febreiro, 2011 (07:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da polémica das áreas metropolitanas, propoño unha reflexión sobre a desaparición das deputacións e reestruturación do mapa territorial e institucional de Galicia. A proximidade da convocatoria electoral municipal e as dificultades para poñer en marcha o proxecto de áreas metropolitanas ou rexións urbanas de Galicia […]

Bravo por Raül Agné, adestrador do Girona

13 Febreiro, 2011 (13:45) | Beizóns, Fútbol, Lingua, Vídeos |

Bravo por Raül Agné. O comportamento do adestrador do Girona merece toda a nosa admiración. Beizóns!

Mundo Lois

12 Febreiro, 2011 (10:14) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Recurso_didáctico, Vídeos |

Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.

«Simsim», libros infantís e xuvenís para asomarse ao mundo árabe

11 Febreiro, 2011 (20:09) | Educación, Educación_para_a_Paz, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Hoxe que é un día de festa para o pobo exipcio que conquistou a súa liberdade, pode ser tamén unha oportunidade para que nos interesemos polo mundo árabe. Recomendo descargar Simsim, un completísimo catálogo de publicacións infantís e xuvenis que nos permiten asomarnos ao mundo árabe. Repasar este catálogo desmonta moitos prexuízos que xustifican a […]

Campo do Fragoso CI

9 Febreiro, 2011 (07:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

NOITE DE FESTA Foi a do luns pasado un noite de festa en Balaídos, tanto polo resultado avultado como polo enorme golpe de autoridade que para os seus rivais directos (sobre todo para ese Betis agora en devalo) supuxo a vitoria do Celta. Tras catro tempadas sobrevivindo entre lusco e fusco, a luz do equipo […]

Ver para ler, unha campaña de escaparatismo moi xeitosa

8 Febreiro, 2011 (21:46) | Iniciativas, Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Slideshare |

Xa o anunciei hai días en Twitter. Esta campaña de escaparatismo de Ópticas Santorum de Lalín é magnífica. O emprego de libros como apoio publicitario da venda de lentes é unha sinerxia que paga a pena divulgar, tanto pola súa capacidade para visibilizar o libro e fomentar a lectura como pola beleza que os álbums […]

É un libro

7 Febreiro, 2011 (17:32) | Book_trailer, Lectura, Libro, Vídeos |

Fermoso booktrailer dun libro sobre libros de Lane Smith. Vía Librosfera.

San Brais

7 Febreiro, 2011 (07:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo pretendo explicar as razóns do pulo renovado da romaxe de San Brais, un dos sinais de identidade do Vigo popular. Coas romaxes de san Mauro en Matamá, da Candeloria en Castrelos e de san Brais en Bembrive quedou aberto o ciclo anual das festas populares viguesas. Tres […]

«Take a seat» ou «Senta a ler»

6 Febreiro, 2011 (17:06) | Bibliotecas, Deseño, Lectura, Publicidade, Vídeos |

Vía Libreros.

«É mentira», XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

6 Febreiro, 2011 (16:49) | Eventos, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Hoxe abriu as portas o XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Os organizadores escolleron como tema do salón o tratamento da mentira na literatura infantil e nas propostas plásticas. Entre as actividades, que se desenvolverán ao longo de mes e medio no Pazo da Cultura de Pontevedra, destaca a intervención de Quico […]

2 de abril, Día internacional do libro infantil

3 Febreiro, 2011 (22:36) | Bibliotecas, Ilustración, Imaxes, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Pareceume moi interesante e oportuna a iniciativa da OEPLI de celebrar o 2 de abril, día internacional do libro infantil e xuvenil en librarías e bibliotecas. Nesta edición o cartel é do ilustrador Jüri Mildeberg e o texto do manifesto da escritora Aino Pervik da sección do IBBY de Estonia.

Probe Cleopatra!

2 Febreiro, 2011 (23:56) | Imaxes, Política |

Mubarak resístese a abandonar o poder ensaiando a vella estratexia do enfrontamento civil. Aquí algúns textos para entender as claves da vella toupeira. A ilustración é de Kolster. Grazas a Carlos Le Vieux.

«Razóns para crer», anuncio de Coca Cola

1 Febreiro, 2011 (22:15) | Música, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Vaia versión de «Whatever» de Oasis! Coca Cola publicitariamente sempre innova e sorprende.