Month: Marzo, 2011

Tradutor e mestre Valentín Arias

28 Marzo, 2011 (09:33) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Educación, Homenaxes, In memoriam, Traducións, Vigo, Xerais |

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á lembranza da figura do noso admirado Valentín Arias. Valentín Arias morreu de socate o venres na súa casa de Vilerma, na parroquia de Maside do concello de Sarria, onde nacera en 1934. Fillo de humilde casa de labregos aprendeu as catro regras nunha escola de […]

Campo do Fragoso CIV

28 Marzo, 2011 (09:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EVITAR A DESOLACIÓN O pasado sábado o Celta sofriu baixo un continuo ballón unha das derrotas máis contundentes que lembramos en Balaídos. Un cero a tres fronte a un magnífico Recreativo de Huelva que durante os noventa minutos de xogo mallou sen piedade nos nosos en todas as liñas e puxo en evidencia a profundidade […]

Por unha educación inclusiva

24 Marzo, 2011 (23:12) | Educación, Recurso_didáctico, Vídeos |

Moitas grazas a Guillermo Meijón por tan interesante descuberta. A existencia dunha voz interna como motor da organización do pensamento e da acción desta rapaza sobrecolleume. Una aposta pola educación inclusiva. Merece a pena, a pesar do ton un chisco grandilocuente da narración e dos titulares sensacionalistas da reportaxe televisiva. Inevitablemente, lembrei a experiencia do […]

Día mundial da poesía

21 Marzo, 2011 (07:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo falo sobre o Día mundial da poesía que coincindo coa entrada da primavera celebramos hoxe. Hoxe é o “Día mundial da poesía”. Proclamada en 1999 pola XXX Conferencia Xeral da UNESCO, esta xornada, que no hemisferio norte coincide co comezo da primavera, constitúe un convite para converter […]

«Someone like you»

18 Marzo, 2011 (22:33) | Música, Vídeos |

A voz, o texto e o piano, abondan. Magnífica, Adele! Se che gustou, estoutro tema «Set fire to the rain», non é menos apaixonante, xenial. Ambos os dous incluídos en 21, un disco memorable desta rapaza de Tottenham.

O libro

17 Marzo, 2011 (22:26) | Book_trailer, Libro, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

Entre as pezas arredor do libro, esta é unha das máis logradas. Moitas grazas a Trafegando ronseis.

Vento Lois

17 Marzo, 2011 (22:17) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Eventos, Iniciativas, Poesía |

O domingo estarei na Coruña para participar en «Vento Lois». Primeiro na manifestación poética que comezará ás doce e media na Praza de María Pita; logo, a partir da unha, no recital cívico do Teatro Rosalía de Castro. Será unha boa oportunidade para intensificar a presenza social da obra de Lois Pereiro e preparar ese […]

25 anos de Ir Indo

14 Marzo, 2011 (07:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Editores, Premios, Vigo |

Esta semana no artigo de Faro de Vigo, ao fío da homenaxe á edición histórica tributada polos membros da AGE na Noite da Edición, gabo o traballo da editorial Ir Indo e do seu editor Bieito Ledo Cabido. O pasado sábado no transcurso da “Noite da Edición”, celebrada en Lugo, os membros da Asociación Galega […]

O outro libro dinámico

13 Marzo, 2011 (20:51) | Animación, Cine, Libro, Vídeos |

Unha boliña de papel soña con ser un libro. Esta peza de animación de Pablo Delfini obtivo unha Mención Especial no 15 FLVR, Festival Latinoamericano de vídeo Rosario, Arxentina. Se che prestou aquí enlazas con máis pezas de Delfini nas que os libros adoitan estar presentes. A música de Jorge Retamoza é excelente. Grazas Paula.

Literalia tv

13 Marzo, 2011 (20:11) | Autores, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Televisión, Vídeos |

Sobre a experiencia de Literalia tv. Consulta a programación. Creo que se pode utilizar, tamén, como recurso didáctico. Paga a pena. Grazas Laura.

3000

12 Marzo, 2011 (12:19) | Blogs, Blogs_e_libros, Internet, Literacidade, Persoal |

Esta semana de intenso traballo, na que puxemos cabo a docencia no Máster de Edición,  non dispuxen até agora de acougo para publicar esta anotación, que fai as 3.000 destas brétemas. Cando hai máis de catro anos publicabamos a número 1000, e dous anos despois a 2000, tamén aproveitabamos para reflexionar sobre o fenómeno blog, […]

Entrevista en «Qué leer»

7 Marzo, 2011 (08:28) | Entrevistas, Persoal |

O sempre xeneroso Ramon Nicolás fíxome unha entrevista para a revista Qué leer da que é correspondente en Galicia.  Falamos da Asociación Galega de Editores, das perspectivas do sector no entorno da crise actual, dos proxectos futuros de Xerais, de Lois Pereiro e do traballo nestas brétemas. Quedo moi agradecido.

En clave de país

7 Marzo, 2011 (08:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo valoro o que entendo supuxeron os dous primeiros anos da lexisltura de Feijóo, ao tempo que reclamo unha acción política en clave de país. É unha mágoa que Alberto Núñez Feijóo durante os dous primeiros anos do seu goberno non fose máis afouto e intentase meterlle o […]

Ala

6 Marzo, 2011 (18:05) | Educación, Publicidade, Vídeos |

Gustoume moito este anuncio.

Semana da Biblioteca en Irlanda

6 Marzo, 2011 (17:45) | Bibliotecas, Vídeos |

«A xente intelixente usa bibliotecas intelixentes» («Smart people use smart libraries») é o lema da Semana da Biblioteca organizada en Irlanda do 7 ao 13 de marzo. Actos, lecturas, exposicións que mobilizan a toda a rede bibliotecaria. Unha boa iniciativa para emular en Galicia. Vía Trafegando ronseis.

Campo do Fragoso CIII

5 Marzo, 2011 (03:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

ATOADO Un Celta atoado perdeu diante do Huesca, un equipo moi barulleiro que aproveitou o despiste que no minuto dous cometeu un desafortunado Falcón, tras un remate de Roberto ao pao. Dende entón, os oscenses defenderon o valioso caroliño pechando os espazos aos nosos con doses elevadas de anticipación, moita paciencia, leña abonda e, cando […]

Finalistas dos Premios AELG 2011

4 Marzo, 2011 (23:21) | Autores, Blogs, Blogs_e_libros, Narrativa, Poesía, Premios, Traducións |

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán […]

Cinco cancións

2 Marzo, 2011 (22:46) | Música, Radio |

Os amigos e amigas de Radiofusión tiveron a xenerosidade de ofrecerme a posibilidade de comentar cinco das cancións que me gustan. Emitirán unha cada día laborable da vindeira semana (a de entroido). Esa foi a miña escolma (tan difícil): «No woman no cry», versión de Jonathan Butler. «Que tinguen sort», Lluis Llach (memorable a versión […]

Autoxenofobia

1 Marzo, 2011 (16:38) | Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

Interesante recurso didáctico.