Month: Abril, 2011

«Non hai noite tan longa», a nova novela de Agustín

30 Abril, 2011 (11:45) | Autores, Narrativa, Xerais |

Onte anunciamos no blog de Xerais a publicación de Non hai noite tan longa, a nova novela de Agustín Fernández Paz, ao tempo que recomendabamos baixar en pdf o seu primeiro capítulo. Non debe extrañar a ninguén que esta obra sexa publicada na colección Xerais Narrativa, unha iniciativa que como editor lle propuxen a Agustín, […]

Contaxiar optimismo para a lingua

29 Abril, 2011 (16:04) | Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

A serie de catro vídeos preparados por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, membros do Servizo de Normalización Lingüística da USC,  constitúe un recurso moi valioso para contaxiar o optimismo que precisa a nosa lingua. Máis alá da súa indubidable utilidade didáctica, estas pezas son unha ferramenta cívica para desmontar prexuízos e falacias que tanto […]

Galiza co galego. Acto en Vigo

28 Abril, 2011 (21:41) | Eventos, Iniciativas, Lingua |

A Comisión Promotora Galiza co Galego, en colaboración coa plataforma Prolingua, organiza un acto público a prol da educación en galego que terá lugar o venres 29 de abril, en horario de 20:00 a 21:30 horas, na Casa Galega da Cultura situada na Praza da Princesa de Vigo. No acto, que será presentado por Iolanda […]

A historia de sempre

27 Abril, 2011 (22:00) | Cine, Recurso_didáctico, Teatro |

La historia de siempre (2009) from Roger Batalla on Vimeo. Recomendo esta curtametraxe de J.L. Montesinos, o xove director catalán. A interpretación de Miguel Ángel Jenner é magnífica e a peza recibiu varios premios desque foi estreada en 2009. Pagan a pena eses case doce minutos. A marabilla da narración, a crueza da vida.

«Vento Lois», recital expansivo o 12 de maio

26 Abril, 2011 (07:06) | 17_de_maio, Efemérides, Eventos, Iniciativas, Poesía |

Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas convocan Vento Lois, un recital expansivo que se celebrará en todo o mundo 0 vindeiro 12 de maio ás 8 da tarde. Eis a súa carta, que pregamos difundir: Despois do Vento Lois que soprou na Coruña o pasado 20 de marzo, queremos que o aire da súa furia […]

Recurtes nas bibliotecas públicas

25 Abril, 2011 (16:49) | Bibliotecas, Goberno Feijoo, Lectura |

A contundente denuncia dos responsables de ANABAD Galicia sobre os recurtes na rede de bibliotecas públicas é outra mostra máis da falta de política de lectura do Goberno Galego. Os datos achegados polos bibliotecarios non ofrecen dúbidas: o incremento de usuarios nas bibliotecas públicas galegas-tanto de visitantes, socios como de préstamos-, como do número das […]

«Maxicamente vello»

18 Abril, 2011 (19:34) | Lingua, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

Máxicamente vello from PAI Música on Vimeo. Acabo de mercar Maxicamente vello, o segundo disco de Roi Casal. Unha marabilla! Xa coñeciamos dende hai case dous anos a canción que dá título ao disco, un fermoso tema sobre o idioma galego, baseada nun texto de Manuel María. A pesar do comezo vacilante da versión do […]

Máis lectura

18 Abril, 2011 (08:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Comercio do libro, Efemérides, Lectura, Librarías, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, propoño a entrada da lectura na axenda pública. Achegámonos ao 23 de abril, Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, a efeméride creada polos editores e libreiros cataláns recoñecida pola UNESCO, que se […]

«El día de mañana», un clásico de Ignacio Martínez de Pisón

17 Abril, 2011 (21:21) | Autores, Narrativa, Persoal |

Non teño moitas posibilidades para seguir a todos os autores interesantes da narrativa contemporánea española. Con todo mantéñolle fidelidade a tres persoas: ao encantador Luis Landero, ao firme Isaac Rosa e ao engaiolante Ignacio Martínez de Pisón. Tres novelistas que trato de seguir e que, até agora, poucas veces me decepcionaron rotundamente. Esta foi a […]

Bibliotecas

16 Abril, 2011 (18:41) | Bibliotecas, Cine, Recurso_didáctico, Vídeos |

bibliotecas from SonCine on Vimeo. Únome a adhesión ao traballo dos 300 docentes que pulan polas bibliotecas escolares galegas. Creo que esta é un peza emocionante. Sen palabras. SonCine continúa a súa vizosa andaina (conta xa con 44 vídeos).

«A lingua», episodio de «Non saímos do lixo 2.0»

16 Abril, 2011 (18:01) | Goberno Feijoo, Internet, Lingua, Recurso_didáctico, Televisión, Vídeos |

NON SAÍMOS DO LIXO/2.0 cap. 7 “A lingua” from komunikando tv on Vimeo. Non todo vai ser zunia, estes vinte minutos de Komunikando.tv cos seus altibaixos son para botar unhas boas risas. Aquí o resto dos episodios de Non saímos do lixo 2.0, unha serie moi recomendable. Beizóns para o equipo de Denís, Leo, Marcos, […]

Golpe á lingua

15 Abril, 2011 (22:36) | Goberno Feijoo, Lingua, Vídeos |

Golpe á lingua from cig-ensino on Vimeo. Un vídeo interesante da CIG-Ensino que ordena e visualiza o proceso de retroceso institucional da lingua promovido polo PPdeG dende 2007. Mágoa dalgunhas incorreccións nos títulos iniciais e do xenio necesario para aguantar as barbaridades negacionistas que pretenden xustificar a derrogación da Lei de Normalización Lingüística,

Tintimán, o booktrailer

11 Abril, 2011 (19:15) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Vigo, Xerais |

En defensa da LNL

11 Abril, 2011 (07:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

No artigo da semana en Faro de Vigo volvo sobre a iniciativa de Prolingua en defensa da Lei de Normalización Lingüística. “A secular e florecente vella lingua dos galegos está sometida desde hai séculos, e especialmente hoxe en día, a un proceso de progresiva degradación e esmorecemento que ameaza a súa propia supervivencia precisamente na […]

«O refuxio da memoria», prosa autobiográfica de Tony Judt

10 Abril, 2011 (18:53) | Autores, Ensaio, Narrativa, Novidades, Persoal |

Foi Manolo Candelas quen me fixo reparar en El refugio de la memoria, o libro autobiográfico de Tony Judt. Foi unha recomendación certeira, que moito agradezo, xa que é deses libros memorables que comezan conmovendo e logo te devoran pola potencia da súa voz. Conmove coñecer as circunstancias dramáticas, brutais, nas que o narrador realiza […]

Campo do Fragoso CV

10 Abril, 2011 (09:33) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

FOCHANCA Non é doado explicar as razóns desta cuarta derrota consecutiva do Celta en Balaídos, nin a xeira tan negativa que arrastra nos dous últimos meses no que apenas obtivo dous puntos de vinte un posibles. Comprendo que diante da impotencia que provoca comprobar como se derruba o noso equipo, coa mesma facilidade dun castelo […]

Prolingua en defensa da Lei de Normalización Lingüística

9 Abril, 2011 (20:18) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

Hoxe os membros da Cerna de Prolingua entregamos no rexistro xeral da Xunta de Galicia unha carta para o presidente Alberte Núñez Feijóo. No texto expoñémoslle a nosa preocupación sobre unha hipotética, mais non descartada, reforma da actual Lei de Normalización Lingüística, solicitándolle se comprometa publicamente a non promover nin acometer ningunha reforma desta lei […]

Oficio galego

4 Abril, 2011 (06:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

No artigo da semana de Faro de Vigo volvo sobre os prexuízos acuñados pola cultura españolista sobre o oficio galego. Cando xa esquecéramos as meteduras de zoca de Rosa Díez (“Zapatero é galego, no sentido máis pexorativo do termo”) e de José Montilla (“vostedes fan de galegos en Madrid, móllanse pouco”), foi esta semana o […]

O neno nuclear

3 Abril, 2011 (20:23) | Cómic, Medio_Ambiente, Vídeos |

Así explican aos nenos en Xapón o desastre de Fukushima. Unha peza que achega moita información sobre o que está sucedendo e sobre a forma de entender a catástrofe por parte das autoridades niponas. Quedei moi desacougado, xa que o nivel de ocultación dalgúns dos efectos máis evidentes da radiación é asombroso. Vía Ramón Lobo.

The Fairytale

3 Abril, 2011 (20:03) | Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

Precioso! Unha publicidade de libros moi ben conseguida dunha tenda de libros on line india. Vía Trafegando ronseis.

José Luís Gómez sae de «Xornal»

2 Abril, 2011 (11:15) | Beizóns, Goberno Feijoo, Medios |

Segundo Xurxo Salgado, responsable de Galicia Confidencial, foi a raíz da publicación o pasado luns desta fotografía, na que Rajoy aparece a bordo do buque Moropa en 2009, propiedade de Manuel Baúlo, a causa que provocou a saída de José Luís Gómez da dirección de Xornal de Galicia. Semellaría que Jacinto Rey, o propietario do […]