Month: Maio, 2011

Salma: “A miña vida”, un interesante texto autobiográfico para descargar

31 Maio, 2011 (17:19) | Adiantos, Autores, Igualdade, Narrativa, Presentacións, Recurso_didáctico, Solidariedade, Traducións, Xerais |

Hoxe no blog de Xerais ofrecemos dous textos para descargar en pdf sobre a novela Despois da medianoite, da escritora tamil Salma: un adianto do primeiro capítulo e outro texto no que relata a súa propia vida. Eis o comezo deste interesantísimo texto autobiográfico (un documento extraordinario sobre a pulsión da escritura e o valor […]

Salma, escritora e política tamil, visita Galicia esta semana

30 Maio, 2011 (06:59) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Solidariedade, Xerais |

Esta semana que comeza visitará Galicia Salma, a escritora e política tamil. Convidada por Implicadas/os no desenvolvemento, a autora de Despois da medianoite, longa novela traducida por María Reimóndez, que acabamos publicar en Xerais Narrativa, viaxou dende Támil Nadu (un estado índio que conta con 65 millóns de habitantes) até Galicia para falarnos de primeira […]

Escritora María Xosé Queizán

29 Maio, 2011 (10:05) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Homenaxes, Recurso_didáctico, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da presentación o pasado venres do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, reivindico o papel fulcral da escritora viguesa nas letras galegas contemporáneas. Queizán merece un recoñecemento institucional e cidadá que aínda non recibíu. Debe entrar a formar parte da […]

Da burbulla inmobiliaria á Crise

28 Maio, 2011 (11:16) | Economía, Política, Recurso_didáctico, Vídeos |

Instruír deleitando: unha peciña didáctica de Aleix Saló que explica o que está pasando e as súas orixes.

Dylan 70

24 Maio, 2011 (21:50) | Dereitos_humanos, Música, Vídeos |

Hoxe o mundo celebra o setenta aniversario do gran Bob Dylan, unha das figuras cimeiras da cultura do noso tempo. Hoxe é bo día para desvelar que Vicente Araguas anda a traducir para o galego unha escolma das súas cancións que pretendemos publicar nos vindeiros meses. Agardo que sexa outro fito para a lingua e […]

«Valados» de Agustín Fernández Paz, adaptación teatral

24 Maio, 2011 (18:30) | Literatura infantil e xuvenil, Teatro, Vídeos, Xerais |

Eis o vídeo de Valados, unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz. Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amistade e da súa vila, chea de vida ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas […]

Os adeuses

23 Maio, 2011 (08:47) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo fago unha glosa da exposición Os adeuses do fotografo Alberto Martí Villardefrancos. “Galicia é terra de adeuses” dixo Ramón Otero Pedrayo no discurso que pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago con motivo da inauguración do curso 1954-55. Esta frase rotunda, case un manifesto en cinco palabras […]

Campo do Fragoso CVIII

22 Maio, 2011 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SAPOCONCHO O Celta achégase á primeira eliminatoria de ascenso á velocidade do sapoconcho, puntiño a puntiño. Unha estratexia satisfactoria para os que prefiren valorar todo o camiño percorrido e comproban o acerto de ter aproveitado no inicio as vacilacións dos seus rivais. Porén, unha fórmula moi desacougante, deprimente, para a maior parte dos que non […]

Lois Pereiro no programa «Corazonada»

19 Maio, 2011 (18:21) | 17_de_maio, Autores, Poesía, Televisión, Vídeos |

Parabéns á CRTVG por recuperar este formidable documento: a entrevista que Xosé Ramón Gayoso fixo a Lois Pereiro para o programa Corazonada. Tamén é de grande interese a páxina onde se recollen outras gravacións de ou sobre Lois.

Bando do Día das Letras Galegas, Vigo

17 Maio, 2011 (06:42) | 17_de_maio, Editores, Internet, Lingua, Vigo |

O alcalde de Vigo tivo a deferencia de encargarme a redacción do texto do Bando do Día das Letras Galegas. Vigueses e viguesas: A nosa cidade bicentenaria foi en 1963 berce do 17 de maio, o Día das Letras Galegas, unha efeméride creada pola Real Academia Galega a instancias de don Francisco Fernández del Riego, […]

«Lois Pereiro. Breve encontro», adianto da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

16 Maio, 2011 (15:16) | 17_de_maio, Cómic, Efemérides, Novela gráfica, Recurso_didáctico, Xerais |

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre […]

Memoria de Cabral

16 Maio, 2011 (10:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Recurso_didáctico, Vigo |

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar o libro Cabral. Olladas do pasado de Xosé Manuel Álvarez Estévez. En numerosas ocasións temos salientado libros que contribúen ao proceso de construción da memoria histórica viguesa. Desta volta celebramos a publicación de Cabral. Olladas do pasado, un coidado volume de Xosé Manuel Álvarez […]

Campo do Fragoso CVII

16 Maio, 2011 (10:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CINCO EN LIÑA Paco Herrera encomendouse á “solución Lotina”, dispoñer a cinco defensas en liña, tres centrais e dous laterais con vontade atacante, para atallar a hemorraxia de derrotas que padece o Celta en Balaídos dende comezos do mes de marzo. Unha solución ensaiada con certo éxito en Salamanca no partido de entre semana e […]

Escoita o 1º capítulo de “Non hai noite tan longa” lido por Agustín Fernández Paz

9 Maio, 2011 (08:53) | Adiantos, Narrativa, Xerais |

Podes escoitar aquí a lectura que Agustín Fernández Paz fai do primeiro capítulo de Non hai noite tan longa, a súa novela máis recente que chega hoxe ás librarías. Ademais, se é a túa preferencia lelo, podes baixar o texto en pdf. A duración da gravación é de seis minutos.

O futuro do Castro

9 Maio, 2011 (06:55) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación do libro de Jaime Garrido, El origen de Vigo. El monte de O Castro y su castillo (Deputación Provincial de Pontevedra 2011), propoño a redacción dun plan director do monte do Castro que preserve o seu patrimoio arquitectónico e natural. Cando queremos fachendear […]

Campo do Fragoso CVI

8 Maio, 2011 (09:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

GROGGY Abondaron apenas vinte e cinco minutos para que o Celta quedase groggy fronte un Girona que viña a Balaídos coa intención de achegarse aos cincuentas puntos que lle asegurasen a continuidade na categoría a vindeira tempada. Un campo que os cataláns sabían moi asequible para acadar este obxectivo xa que o equipo de Paco […]

Modesta proposición

2 Maio, 2011 (07:05) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Ensaio, Política, Xerais |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío do primeiro de maio e do día das letras galegas, reflexiono sobre as características da crise actual e da prosa vindicativa que lle fai fronte, poñendo como exemplo anticipatorio os textos da Modesta proposición de Lois Pereiro. A última Enquisa de Poboación Activa amosa que […]