Month: Xuño, 2011

Librería Vagalume

29 Xuño, 2011 (08:32) | Librarías |

Nestes tempos difíciles é unha fachenda anunciar a apertura dunha nova libraría. Tan fermoso acontecemento producirase o venres, 1 de xullo, ás 20:30 horas na rúa Constenla 37 de Cacheiras, no concello de Teo, momento no que abrirá as súas portas a Librería Vagalume. Os mellores desexos para a libreira Mariña Lema Ruibal, que soubo […]

Galicia Hoxe

28 Xuño, 2011 (08:59) | Cultura, Goberno Feijoo, Lingua |

O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos.  Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; […]

Tempo Futuro (artigo en «Faro de Vigo»)

27 Xuño, 2011 (07:24) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Vídeos, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo comento o segundo disco de Eladio y los Seres Queridos, con especial atención ao tema «Tempo Futuro» e o seu vídeoclip. A pasada semana un dos videoclips máis exitosos de Internet foi «El Tiempo Futuro», unha das cancións de «Están ustedes unidos», o segundo disco de Eladio […]

“El Tiempo Futuro”, un himno vigués de Eladio y los Seres Queridos

23 Xuño, 2011 (17:58) | Música, Vídeos, Vigo |

Este vídeo vigués é marabilloso. Arrecende a salitre e pedramol. Xa sei que será para o ano que ven, xa sei que esa loucura é a que nos mantén. Que grandes verdades para unha cidade permanentemente revolcada. Apostemos polo optimismo da vontade. O tempo do futuro está aquí. Beizón! Parabéns aos equipos de Eladio y […]

Peche dos Premios Xerais 2011

22 Xuño, 2011 (08:25) | Cultura, Vídeos, Xerais |

Recurtes na educacion pública

20 Xuño, 2011 (06:55) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo |

No artigo da semana en Faro de Vigo critico os recurtes que na educación pública promove a Consellaría de Educación. A Consellaría de Educación aproveitou o cansazo da fin de curso para anunciar unha medida moi polémica: a ampliación en catro horas do horario lectivo do profesorado de infantil, primaria e educación especial. O conselleiro […]

Lectura pracenteira

19 Xuño, 2011 (09:30) | Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

Unha peza provocadora (un chisco esquemática) para abrir debate sobre os criterios de fomento da lectura e da formación do criterio literario que se utilizan no marco do ensino obrigatorio. Vía Carta Xeométrica.

Agustín Fernández Paz agradece a homenaxe da CGENDL

17 Xuño, 2011 (19:07) | Autores, Educación, Lingua, Memoria |

O pasado 4 de xuño a CGENDL realizou un acto no que se lembraron os vinte anos dos Equipos de Normalización Lingüística, que serviu, ademais, para homenaxear a Agustín Fernández Paz. Todas as intervencións foron magníficas. No entanto, recomendo moito a intervención de agradecemento de Agustín, unha síntese da historia da galeguización educativa durante tres […]

O Leo i Arremecághona nos Premios Xerais 2011

17 Xuño, 2011 (15:33) | Eventos, Música, Premios, Xerais |

A pelegrinaxe rosaliana de 1951

16 Xuño, 2011 (18:45) | Historia, Memoria, Poesía, Vídeos |

Moi interesante documental sobre a pelegrinaxe rosaliana de 1951. Interveñen Borobó, Antía Cal, Paco del Riego e Pura Vázquez. Os seguintes capítulos poden enlazarse aquí: 2, 3, 4 e 5. Grazas a Xurxo Martínez González que divulgou os enlaces de tan interesante material.

Premios Xerais 2011, as entrevistas

15 Xuño, 2011 (18:17) | Entrevistas, Música, Premios, Xerais |

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante. Eis a relación e os seus enlaces: Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela por Extramunde. Héctor Carré, […]

Juan Farias, in memoriam

14 Xuño, 2011 (18:12) | Autores, Beizóns, Ilustración, In memoriam, Literatura infantil e xuvenil |

David Pintor enviounos este fermoso retrato de Juan Farias, que preparou para a homenaxe que lle fixeran ao ferrolán o pasado ano en Villaviciosa de Odón. Farias foi un grande de literatura infantil e xuvenil, un rebelde permanente, que rompeu tantas barreiras de temas e de enfoques para  un xénero que el axudou moito a […]

#Xerais11

12 Xuño, 2011 (19:25) | Beizóns, Premios, Xerais |

Esta foi a fin de semana dos Premios Xerais. No blog da editorial fixemos xa anotacións abondas sobre un serán que resultou intenso, interesante e festeiro. A grande novidade deste ano foi, sen dúbida, a irrupción de Twitter. No hastag #xerais11 pode seguirse todo o que se dixo e a conversa que se mantén aberta. […]

Campo do Fragoso CX

10 Xuño, 2011 (06:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

UN ÉXITO DA CANTEIRA O valor dos mellores futbolistas, aqueles poucos capaces de marcar diferenza, dirímese nos encontros transcendentais, eses escollidos que se xogan a vida ou morte como son as finais, os «play-off», os derbis ou os clásicos. No primeiro partido da promoción fronte ao fachendoso Granada de Fabri, vinte mil celtistas en Balaídos […]

Bravo, mestre Muti!

8 Xuño, 2011 (13:23) | Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

Hoxe recibín por correo electrónico o enlace con este vídeo. Magnífica arenga cívica do mestre Riccardo Muti previa a interpretación de “Va pensiero”, o coro do terceiro acto do Nabucco de Verdi,  no Teatro dell’Opera di Roma. Antes da representación, Gianni Alemanno, o alcalde de Roma, antigo ministro de Berlusconi, pronunciara un discurso denunciando os […]

VPA: Galicia como tarefa

6 Xuño, 2011 (07:28) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Economía, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico, Viño |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da elección de Valentín Paz Andrade como autor do Día das Letras galegas 2012, fago unha semblanza do poeta e emprendedor vigués. A Real Academia Galega elixiu a Valentín Paz Andrade (VPA) como o persoeiro do Día das Letras Galegas de 2012. O empresario e […]

Campo do Fragoso CIX

5 Xuño, 2011 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

FORZA CELTA A contundente goleada fronte ao Cartaxena abre a xanela das esperanzas de ascenso e coloca ao Celta nunha óptima posición para encarar a primeira eliminatoria de promoción. Case totalmente recuperado da fochanca na que caera durante os tres meses pasados, un equipo inédito, formado de saída por oito xogadores galegos ou da canteira […]