Month: Xullo, 2011

Café de redacción en «Xornal de Galicia»

31 Xullo, 2011 (09:14) | Artigos_Xornal.com, Cultura, Edición, Editores, Educación, Entrevistas, Goberno Feijoo, Lectura, Política |

Non sei como debeo agradecer a Xornal de Galicia a deferencia de ter organizado un Café de redacción comigo. Máis aínda cando estiven acompañado por xenerosos amigos de meu como Camilo Nogueira, Xabier DoCampo, Manuel M. Barreiro e Óscar Sánchez e de catro profesionais do xornal como a directora María Val, o subdirector Xabier Blanco, […]

Bibliolaxe homenaxea a Agustín

30 Xullo, 2011 (09:27) | Bibliotecas, Recurso_didáctico, Vídeos |

Isto é unha marabilla. Beizóns aos membros de Bibliolaxe.

Galicia desacougada

25 Xullo, 2011 (19:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana de Faro de Vigo, coincidente co 25 de xullo, propoño unha reflexión sobre a actual situación política de Galicia. Galicia chega a este 25 de xullo, o seu día nacional, desacougada e cun pulso máis baixo ca noutrora. Coa excepción da luz que provocou durante uns días na conciencia colectiva o […]

As fotografías de Ricard Terré

18 Xullo, 2011 (07:14) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo recomendo moi vivamente a exposición antolóxica do fotógrafo Ricard Terré aberta na sede da Fundación Barrié en Vigo. Tras “Os adeuses” de Alberto Martí, a sede viguesa da Fundación Barrié acolle outra exposición para non perder, “Ricard Terré. Obras maestras”, unha antoloxía de máis dun cento de […]

Lectura cidadá

11 Xullo, 2011 (06:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Editores, Lectura, Literacidade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da celebración do Galeuscat de editores 2011 na illa de san Simón, reflexiono sobre o enfoque do fomento da lectura e o concepto de lectura cidadá. Vinte editores galegos, vascos e cataláns, reunidos nas instalacións da illa de San Simón, debatemos durante a pasada fin […]

Iolanda Zúñiga, o magnífico pregón da Feira do Libro de Vigo

5 Xullo, 2011 (07:43) | Autores, Eventos, Lectura, Librarías, Libro, Narrativa, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos, Vigo |

Pregón de Iolanda Zúñiga from Redelibros on Vimeo. O texto pode lerse en Trafegando ronseis. Vía Redelibros.

AMV, un consenso necesario

4 Xullo, 2011 (07:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a necesidade de acadar un consenso arredor da Lei da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O resultado das municipais do 22-M trasacordou a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O fracaso do Partido Popular en Vigo e dos gobernos de coalición de […]