Onte 83: Agustín en Guadalajara

30 Novembro, 2011 (13:28) | Autores, Beizóns, Eventos, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Onte

Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín. Foi memorable o acto de entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil que onte recibíu apupado por centos de lectores e lectoras. A moi fermosa laudatio de María Jesús Gil emocionounos moito, moito, tanto pola calidez do retrato humano e literario presentado como por subliñar neste foro mundial o compromiso do autor de Contos por palabras coa lingua e literatura galegas. O discurso de Agustín foi o dun auténtico mestre.  Extraordinario! Dirixíndose aos habitantes da república dos soños e, sen dúbida, imbuído polo entusiasmo da mobilización lectora desta FIL sorprendente, Agustín defendeu a lectura como un pracer que se contaxia e como unha competencia imprescindible para construír unha sociedade máis xusta. O chamamento final, rotundo, emotivo, citando ao seu mestre Rodari, foi un broche de ouro para unhas palabras que pasarán a historia literaria. A ducia de membros da delegación galega nesta FIL apapachámolo coma tolos, expresando unha fachenda que saía do peito. Ao inicio do acto, Patsi Aldana, presidenta da Fundación IBBY, sinalou que “neste tempo tan díficil de crise, o mundo necesita de grandes libros e de moitos lectores que queiran ler e imaxinar novos mundos alternativos ao que vivimos. Para facer estes lectores son indispensables grandes autores de literatura de calidade como Agustín Fernández Paz”. Sei que o de onte foi un dos fitos máis senlleiros da literatura de noso. Beizóns, mestre Agustín!

Á volta a Galicia, que iniciamos nunhas horas, subiremos os discursos de María Jesús Gil e do propio Agustín. Ademais, contaremos coa gravación do acto realizado por  Xulio Abollo e coas fotografías de Rosa Aneiros. Uns documentos que moito pagan a pena.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from A crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz | Xerais
Date: 30 Novembro 2011, 2:09 p.m.

[...] Bragado, director de Xerais, publica en Brétemas unha crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín [...]

Pingback from Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano de LIteratura Infantil e Xuvenil | ::Axenda cultural AELG::
Date: 1 Decembro 2011, 1:11 p.m.

[...] o Caribe a da UNESCO, IBBY e a OEI.” Vía Asociación Galega de Editores. Crónica no blog de Manuel Bragado. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); [...]

Pingback from Brétemas » Onte 208: Día Internacional do Libro Infantil
Date: 3 Abril 2012, 8:23 a.m.

[...] fito a engadir ás edicións internacionais dos ilustradores galegos e ás numerosas traducións e premios internacionais obtidos polos nosos autores e autoras. O sector do libro e da lectura infantil e xuvenil en Galicia é un dos nosos potenciais, unha [...]

Comment from كوكتيل
Date: 20 Outubro 2012, 6:21 p.m.

THANX GOOD

Comment from Rabito Iphone 5 Case
Date: 15 Novembro 2012, 8:03 a.m.

A good iPhone case looks stylish and suits your personality and also does its job to protect your case from getting damaged. The value of your iPhone goes down if it has scratches, dents and dings on the back of the phone. It’s worse if your screen gets scratched because, since the Rabito Iphone 5 Case is controlled completely through the touchscreen, you may have inaccuracies when navigating or cause the phone to stop operating altogether.

Comment from easy payday loans no teletrack
Date: 7 Febreiro 2013, 9:50 p.m.

Yep, article marketing still works wonders. It contains a live presentation, your face, and voice.

Write a comment