Month: Novembro, 2011

Onte 83: Agustín en Guadalajara

30 Novembro, 2011 (13:28) | Autores, Beizóns, Eventos, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Onte |

Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín. Foi memorable o acto de entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil que onte recibíu apupado por centos de lectores e lectoras. A moi fermosa laudatio de María Jesús Gil emocionounos moito, moito, tanto pola calidez do retrato humano e literario presentado […]

Onte 82: Espazo para a lectura

29 Novembro, 2011 (06:18) | Eventos, Lectura, Promoción do libro, Recurso_didáctico |

O desenvolvemento da segunda xornada superou as mellores expectativas sobre esta FIL 2011. A de Guadalajara é tanto unha feira internacional do libro do perímetro iberoamericano como un festival literario dirixido cara todos os públicos, razóns pola que o sintagma que semella mellor lle acae é o de tratarse dun auténtico espazo para a lectura. […]

Onte 81: Somos lectores

28 Novembro, 2011 (04:40) | Eventos, Onte, Promoción do libro |

Intensa primeira xornada da FIL de Guadalajara, ateigada de milleiros de persoas, que aquí de forma respectuosa son chamadas “lectores” e “lectoras”. Esta feira é capaz de contaxiar entusiasmo pola crenza das súas organizadoras (case todas son mulleres)  nas posibilidades da lectura e do libro (aquí, impreso, de forma abrumadora) para desenvolver civilidade e mellorar […]

Onte 80: Viaxe

27 Novembro, 2011 (14:24) | Eventos, Narrativa, Onte, Promoción do libro, Xerais |

Tras case vinte horas chegamos a Guadalajara, onde participaremos nas actividades da FIL e acompañaremos a Agustín Fernández Paz na recollida do premio Iberoamericano de LIX. A pesar de que os avións trasatlánticos non son os mellores espazos para a lectura, aínda fun capaz de debullar as primeiras setentas páxinas (dunha extraordinaria CALIDADE) da nova […]

Onte 79: Día das librarías

26 Novembro, 2011 (08:09) | Comercio do libro, Igualdade, Iniciativas, Librarías, Onte |

A pesar de estar sometidas aos azoutes da crise económica e da ventoleira da concentración comercial, a pesar de vivir ameazadas pola mudanza irreversible do paradigma da comunicación cultural e da súa revolución dixital, as librarías, como primeiros espazos comerciais especializados en lectura, amosan a súa vontade de RESISTIR. A pesar destas mudanzas e das […]

Onte 78: Crise

25 Novembro, 2011 (10:07) | Goberno Feijoo, Medios, Onte, Política |

Nas conversas do Premio Fernández Latorre non se falou doutra cousa: “a crise”. O pesimismo, mesmo o fatalismo sobre a situación económica e social, é hoxe o único discurso da clase empresarial, financeira e política en Galicia. Coa excepción do premiado, Angel Carracedo, que solicitou apoio para a investigación como garantía de futuro, nin na […]

Onte 77: Vigo a 80 rpm

24 Novembro, 2011 (09:14) | Música, Novidades, Onte, Presentacións, Radio, Vigo, Xerais |

A memoria da movida viguesa dos 80, aquela axitación cultural que coincidiu coa reconversión naval, protagoniza dous dos nosos libros desta campaña de nadal. Un relato documental en voz dos protagonistas, preparado polo xornalista cultural Emilio Alonso, e unha grande reportaxe fotográfica de Víctor de las Heras. Dúas achegas que contribúen ao proceso colectivo de […]

Onte 76: Tobaruela, fomentador

23 Novembro, 2011 (10:01) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Presentacións, Xerais |

Na presentación de Poñente díxoo Tito Fernández Prieto: “Pere Tobaruela é un fomentador, xa que descubre axiña as nosas posibilidades. É un holandés do mediodía”. Escritor catalán, afincando dende hai poucos anos en Galicia, narrador nato que escribe para todos os públicos, o compromiso de Pere coa lingua e coa literatura galega, co país de […]

Onte 75: Libro do Nadal

22 Novembro, 2011 (06:51) | Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Onte, Presentacións |

No primeiro día da era Rajoy viaxei a Lugo, tras previo xantar cun equipo de autores no Barco de Valdeorras, para presentar Trece noites, trece lúas, o moi fermoso libro sobre os mitos, ritos e tradicións do nadal galego escrito por Antonio Reigosa e ilustrado por Noemí López. Non houbo queixa! Suso Regueiro, un mestre deste […]

Onte 74: «Mellorserá»

21 Novembro, 2011 (08:16) | Onte, Política |

A vitoria esmagadora do Partido Popular, a pesar de que estaba cantada, entristeceunos. En Galicia foron moi raquíticas as ledicias para a esquerda: o mantemento dos escanos do BNG, mesmo a pesar da súa lixeira perda de apoios; e a notable subida de Esquerda Unida, que triplica o seu número de votos e que na […]

Cultura do derbi

21 Novembro, 2011 (08:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a cultura do derbi futboleiro galego. O segundo libro de Vigo por Magar ábrese cunha fotografía da viguesa “Peña Xaburú” en Riazor. Datada o 9 de setembro de 1960, un grupo moi numeroso de celtistas, entre os que aparece o propio Magar, amosa a súa […]

Onte 73: Derrota

20 Novembro, 2011 (17:17) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras a enésima derrota en Balaídos é doado comprobar o elevado umbral de resistencia do celtismo diante da adversidade. Un índice que sei medir, dende hai tempo, polo nivel de ruído provocado polas conversas dos serareiros no ouruga de Urzaiz ao regreso de Balaídos: canto máis balbordo, maior satisfacción pola goleira; canto máis silencio, maior […]

Campo do Fragoso CXIV

20 Novembro, 2011 (09:27) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SÍNDROME DE FILIAL Creo que ten razón meu irmán Eduardo cando di que este Celta padece a síndrome de filial, eses equipos tan simpáticos para os rivais, gabados por tratar ben a pelota, por ter vontade combinatoria, mesmo por chegar a golear, mais que tamén, finalmente, son doados de superar para os equipos máis feitos […]

Onte 72: Somos noroeste

19 Novembro, 2011 (10:44) | Goberno Feijoo, Onte, Política |

No derradeiro día da campaña electoral Feijóo asegurou, nun acto celebrado en Luarca, que Rajoy fará do noroeste español unha prioridade. O presidente de Galicia, que iniciou a súa intervención cun entusiasta «Puxa Asturies» (sic), abandonou a estudada ambigüidade de Mariano Rajoy, para expresar con claridade a súa idea do que somos: apenas un espazo […]

Onte 71: Que facer?

18 Novembro, 2011 (08:59) | Filosofía, Onte, Política, Sociedade |

O artigo de Slavoj Zizek sobre os indignados de Wall Street amosa que vivimos unha crise moi profunda do capitalismo. Lin con moito interesese o suxestivo artigo do filósofo esloveno a partir do que achego tres reflexións. Primeira: a esquerda occidental ten o deber de pensar alternativas para un sistema que non pode funcionar sen […]

Onte 70: «Nada» de Janne Teller

17 Novembro, 2011 (09:48) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

Tras a intervención dental, na que me colocaron tres implantes, aproveitei o serán e a noite para relaxar a tensión coa lectura de Nada de Janne Teller. Unha novela que levaba agardando na mesa das miñas novidades unhas cantas semanas. As máis de catro horas de lectura renderon de seu e fixeron que case esquecese […]

Onte 69: NGB e a obra social

16 Novembro, 2011 (07:46) | Artes Visuais, Cultura, Economía, Goberno Feijoo, Onte |

A noticia non está no titular, aparece agochadiña no antederradeiro parágrafo: “Novacaixagalicia compra accións de Nova Galicia Banco cos fondos destinados para a Obra Social”. Deste xeito cumpriríase o desexo de Feijóo de aumentar a raquítica participación de NCG no novo banco, mais a custa de detraer unha cantidade, non precisada na información, deses 96 […]

Man de Camelle

15 Novembro, 2011 (18:46) | Artes Visuais, Cultura, Museos, Vídeos |

Agradecémoslle a Orestes Pérez que compartise este interesantísimo documento sobre Man de Camelle, coincidindo case co aniversario do seu pasamento. Boa parte destas imaxes foron gravadas en 1986. A partir do minuto 7:30 incursiona no mundo do alemán de Camelle.

Onte 68: Cegal en rede

15 Novembro, 2011 (09:15) | Comercio do libro, Edición, Editores, Librarías, Onte |

Acompañei aos responsables de Cegal e da Federación de Libreiros de Galicia na presentación de Cegal en rede. Trátase dunha utilísima ferramenta informática concibida para axudar a visibilizar os libros editados  e destinada tanto a profesionais do sector do libro (librarías, distribuidoras e editoras) como ao público lector. Como xa sinalamos outro día, esta ferramenta […]

A propiedade intelectual na sociedade dixital: conclusións

14 Novembro, 2011 (16:37) | Age, Edición, Editores |

Reproducimos o interesantísimo texto de conclusións do Simposio O Libro e a Lectura celebrada arredor do tema «A propiedade intelectual e a sociedade dixital»: “Ao remate do VIII Simposio do Libro e a Lectura, centrado este ano no tema “A propiedade intelectual na sociedade dixital”, a Asociación Galega de Editores (AGE) quere facer públicas as […]

Onte 67: Derbi igualado, sorte diversa

14 Novembro, 2011 (07:05) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

O noso derbi foi moi igualado e emocionante. O Celta atacou máis, moito máis, pero tamén amosou maior febleza defensiva, carencia que pagou co partido. O pobre de Jonathan Vila volveu gafala, agasallando un gol en propia meta nos minutos iniciais, que condicionou todo o desenvolvemento táctico do partido. Oubiña traballou arreo en solitario no […]

«Polaroid 25», artigo en «Faro de Vigo»

14 Novembro, 2011 (07:03) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Narrativa, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o que supón para a literatura galega a celebración do vinte e cinco aniversario da publicación de Polaroid de Suso de Toro. Hai algúns libros e autores marcantes, capaces de permanecer e de representar as preocupacións ou o imaxinario colectivo dun tempo. Esa capacidade referencial […]

Onte 66: Magar

13 Novembro, 2011 (17:44) | Artes Visuais, Cultura, Onte, Vigo, Xerais |

Non faltamos á cea benéfica organizada pola Fundación Magar que promove a investigación para a cura da acondroplasia. Unha oportunidade para apoiar o traballo solidiario e xeneroso do veterano fotógrafo, que traballou en Faro de Vigo dende os anos nos que o dirixía Álvaro Cunqueiro. Tras compartir con Manolo Magar a edición de tres libros antolóxicos, […]

Onte 65: Anxo Fariña

12 Novembro, 2011 (12:22) | Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Premios, Presentacións, Xerais |

Saín moi satisfeito da presentación do premio Merlín deste ano, un acto que evidencia a madurez adquirida por Anxo Fariña, un dos nosos autores hoxe con maior proxección. Como sucedera hai vinte e cinco anos, cando unha nova e ampla xeración de autores iniciou o proxecto dunha literatura infantil e xuvenil en galego normalizada, identifico nestes […]

Onte 64: educación líquida

11 Novembro, 2011 (11:14) | Educación, Eventos, Onte, Sociedade |

Manuel Area, catedrático galego de Didáctica da Universidade de La Laguna, pronunciou unha brillantísima conferencia inaugural do Simposio O Libro e a Lectura. Utilizando como punto de partida o concepto de Bauman de realidade líquida, abordou o tránsito que vivimos no mundo da cultura e da educación, como o paso dos modelos sólidos aos líquidos. […]

Onte 63: Xabarís

10 Novembro, 2011 (07:08) | Goberno Feijoo, Onte |

Dous xabarís, unha nai e a súa cría, resultaron atropelados na AG-53, á altura do concello de Dozón, polo coche oficial (do Partido Popular de Galicia) no que viaxaba Alberto Núñez Feijóo acompañado dun condutor, un escolta e unha colaboradora de comunicación. A pesar de que o coche quedou desfeito, non houbo danos persoais de […]

Onte 62: Berlusconi

9 Novembro, 2011 (07:57) | Onte, Política |

Foi a prima de risco quen deitou por fin a Berlusconi. O que non foron capaces os xuíces cos indicios de nepotismo nin coas denuncias de corrupción e prostitución de menores, conseguiuno en dous meses a crise da débeda soberana. O que non puideron as institucións democráticas en anos, impuxérono agora os mercados que celebraron […]

A propiedade intelectual na sociedade dixital

8 Novembro, 2011 (09:23) | Age, Edición, Eventos |

O xoves e venres desta semana celebrarase o tradicional Simposio sobre o libro e a lectura da Asociación Galega de Editores que nesta edición xirará sobre A propiedade intelectual na sociedade dixital. Eis o interesante programa, preparado por Fran Alonso, que se desenvolverá no salón de actos do Consello da Cultura Galega, na Praza do […]

Onte 61: Universidades Lectoras

8 Novembro, 2011 (07:56) | Educación, Eventos, Lectura, Onte |

Foi unha fachenda participar no acto inaugural do Tour de Lecturas do Oeste organizado pola Universidade da Coruña. Unhas xornadas que forman parte da cadea promovida pola Rede de Universidades Lectoras, experiencia de fomento da da lectura na que participan trinta e sete universidades de España, Portugal, Italia e México. A reivindicación do valor transversal […]

Polaroid 25

7 Novembro, 2011 (06:41) | Autores, Eventos, Narrativa, Xerais |

Edicións Xerais de Galicia e o IES Rosalía de Castro de Santiago organizan o vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Rosalía de Castro , rúa San Clemente, s/nº de Santiago, o acto literario “25 aniversario da publicación de Polaroid de Suso de Toro” que contará coa participación […]

Onte 60: Na rúa co naval

7 Novembro, 2011 (05:59) | Goberno Feijoo, Onte, Política, Vigo |

En Vigo e Ferrol saímos á rúa para defender a identidade industrial de ambas as dúas cidades obreiras. Parabéns ás centrais sindicais pola convocatoria unitaria, un exercicio moi valioso de madurez e responsabilidade. Esta crise financeira do capitalismo especulativo non pode ser a excusa para liquidar a construción naval en Galicia, unha das actividades na […]

«Vigo é traballo»

7 Novembro, 2011 (05:59) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación de crise económica na área metropolitana ao fío da manifestación sindical unitaria do domingo. A grande manifestación sindical unitaria en defensa do emprego na área metropolitana de Vigo é unha chamada de alerta sobre a gravidade da situación económica e social que vivimos. […]

A nova normativa na parada do Vitrasa

6 Novembro, 2011 (22:17) | Humor, Lingua, Vídeos |

Showbus. A Nova Normativa. from Showbus on Vimeo.

Onte 59: Perigo iniminente

6 Novembro, 2011 (18:20) | Onte, Política |

Esta interpretación do mestre Fermín Bouza resúltame moi convicente para explicar a confusión politica na que vivimos. Uns niveis insoportables de paro, provocados por unha estrutura produtiva e da propiedade envellecida; unha desafección política, motivada polo noxo que produce a corrupción instalada de forma estrutural nos partidos principais e un avance instrumental moi notable na […]

Campo do Fragoso CXIII

6 Novembro, 2011 (08:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

YOEL SALVADOR O Celta completou a súa xeira máxica cunha cuarta vitoria, manténdose, ademais, imbatido en Balaídos por terceira xornada consecutiva. Tras un resultado moi axustado e un período de prolongación de nove minutos, no que Yoel salvou a vitoria cunha intervención extraordinaria, o equipo de Herrera emproa o derbi con todo o seu velame […]

Vigo é traballo

5 Novembro, 2011 (12:50) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Vigo |

A lingua sabe a pan

5 Novembro, 2011 (12:35) | Educación, Lingua, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo. Coñecino o xoves á noite, cando estaba de viaxe. Daquela publiqueino en twitter e agora podo arquivalo no blog. Unha peza memorable que amosa o amor a lingua de toda unha comunidade educativa, alicerzada polo compromiso do seu claustro de profesorado. Versionar o tema de Siniestro […]

Onte 58: Praza Pública

5 Novembro, 2011 (11:52) | Medios, Onte, Presentacións |

A presentación do proxecto de Praza Pública supón unha inxección de entusiasmo e de corresponsabilidade que moito debemos agradecer. Marcos Pérez Pena, Manuel M. Barreiro e Filipe Díaz, tres persoas con identidade dixital sólida, promoven un xornal dixital que pretende estar vencellado coa súa comunidade de lectores e lectoras. Na capacidade de crear ese vínculo […]

Onte 57: Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

4 Novembro, 2011 (04:34) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Onte, Política |

O programa electoral educativo do PP anuncia a intención de eliminar a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, a materia de sexto de Primaria, segundo e cuarto de ESO que algúns sectores ultraconservadores e católicos levan intentando dinamitar dende hai seis anos. Hostilidade que non foi refrendada polos tribunais (tanto polo Supremo, como […]

Onte 56: «Tinta»

3 Novembro, 2011 (08:55) | Book_trailer, Edición, Librarías, Libro, Narrativa, Novidades, Onte, Vídeos |

A miña curiosidade leva a interesarme por aqueles libros sobre o mundo libro. Así chegou ás miñas mans Tinta, a novela de Fernando Trías de Bes, que onte rematei durante a ventada viaxe a Madrid. Enguedelleime decontado nunha intriga de libros, ambientada nun entorno da edición clásica (a Maguncia de comezos do século XX), construída […]

Onte 55: A cidadanía grega

2 Novembro, 2011 (07:27) | Economía, Onte, Política |

Como xa adiantei na tertulia da noite do luns, o anuncio de Papandreu de someter a referendo o segundo «rescate» aprobado no cumio europeo da semana pasada actuou como un auténtico tsunami sobre as bolsas e mercados de débeda soberana, que viviron onte un dos peores días da súa historia recente. Papandreu non tivo outro […]

Onte 54: Nova reforma educativa?

1 Novembro, 2011 (11:15) | Educación, Onte, Política |

Na tertulia da Radio Galega debatemos sobre o avance do programa electoral de Mariano Rajoy, a quen xa todos vemos cun pé na Moncloa. Fóra da premeditada ambigüidade da súa redacción e do modelo de política fiscal que favorece aos que máis teñen e poden, chamoume moito a atención o compromiso de volver reformar a […]

Fiz, o coleccionista de medos

1 Novembro, 2011 (10:46) | Cine, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Vídeos |

Encántame este proxecto de animación de álbums de OQO. Beizóns. Aqui outras pezas moi boas: Os sete cabritos e A pota que trota.