Month: Decembro, 2011

Bo ano Ferreiro!

31 Decembro, 2011 (19:54) | Autores, Beizóns, Efemérides, Música, Poesía, Vídeos |

Bo ano Celso Emilio Ferreiro! Saúde, traballo e lectura galega para todas! Agardo que o ano novo sexa sereno e ventureiro. Con todos os abrazos e beizóns. [Todos os anos adoito este noite de fin de ano facer unha homenaxe aos meus admirados Oasis. O pasado ano fixen unha excepción con Lois Pereiro, que repetirei […]

Onte 114: Montorazo

31 Decembro, 2011 (13:18) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Inxenuo que son, imaxinaba que Mariano Rajoy tería mellor preparada a posta en escea do seu primeiro retallazo, ese que a súa vicepresidenta cualificou como «o inicio do inicio». Trabuqueime. Estes recurtes para o primeiro trimestre de 2012, a pesar do seu importe elevado,  foron un trámite que non mereceu que o noso presidente se […]

Onte 113: Allariz

30 Decembro, 2011 (08:40) | Onte, Presentacións |

Antes da presentación dos libros de Ramón Caride na Fundación Vicente Risco, ruamos un bo pedazo por Allariz. Visitamos as tendas do Oulet, tomamos café na Baiuca escoitando a Franco Battiato, mercamos manteigadas e amendoados e mesmo saudamos a Anxo Quintana cando entraba na d’ O Pepiño. Tras case dúas décadas de traballo teimoso, o […]

Onte 112: SMI

29 Decembro, 2011 (08:59) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

O anuncio da conxelación do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) adianta parte da doutrina económica do Goberno Rajoy. Serán os traballadores, coa perda de poder adquisitivo dos seus salarios, os que pagarán unha boa parte da factura do déficit. En definitiva, unha perda de renda, un empobrecemento, un xeito encuberto de devaluar a moeda, diante da […]

Onte 111: «Cama e conto» con Babaluva

28 Decembro, 2011 (09:03) | Literatura infantil e xuvenil, Onte, Recurso_didáctico, Teatro, Vídeos |

Foi un acerto achegarse ao Auditorio Luís Tobío de Gondomar para asistir á función de «Cama e conto» que ofreceu Teatro Babaluva. Baseada no texto homónimo de Gonzalo Moure, que publicamos na colección Sopa de Libros, esta versión para marionetas de Larraitz Urruzola e Mirari Urruzola explora con grande orixinalidade o mundo dos contos como […]

Onte 110: Repesca

27 Decembro, 2011 (11:36) | Economía, Goberno Feijoo, Lingua, Onte, Política |

A convocatoria de axudas para a edición de recursos didácticos en galego, por medio do procedemento dunha tramitación anticipada dos expedientes de gasto e por unha contía máxima de 300.000 euros, constitúe outro capítulo dese devalo, até agora imparable, da política de apoio ao libro educativo en galego do Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Tras […]

Onte 109: Treme

26 Decembro, 2011 (09:36) | Música, Onte, Televisión, Vídeos |

Aproveitamos estes días ao ralentí para meterlle o dente á primeira tempada de Treme. Outra marabilla de David Simon e a HBO. Desta volta o tema é o desarraigo nun barrio (Treme) de Nova Orleáns tras ser destruído en 2005 polo furacán Katrina. A música é o líquido que flúe polas veas duns personaxes que […]

Figuras viguesas da memoria

26 Decembro, 2011 (08:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da colocación da escultura de Manuel Castro na rúa do Príncipe e da publicación dos novos libros de Gerardo González Martín por Ediciones Cardeñoso, reflexiono sobre a identidade viguesa: Moitos vigueses quedamos gratamente sorprendidos cando atopamos o pasado venres, ao comezo da rúa do Príncipe, […]

Onte 108: Discurso real

25 Decembro, 2011 (10:50) | Onte, Política, Televisión, Vídeos |

Lembro sempre o discurso de nadal como unha imaxe fixa presente na casa dalgunha das avoas antes da cea de Noiteboa. Anunciaba a efeméride, mais ninguén reparaba no que Franco ou Juan Carlos dicían na televisión. Onte foi diferente, xa que compría escoitar o que El-Rei contaba dos negocios do seu xenro deportista. Decontado percibín […]

Bo Nadal!

24 Decembro, 2011 (11:35) | Beizóns, Ilustración, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Ilustración de Noemí López para Trece noites, trece lúas.

Onte 107: Tretzevents

24 Decembro, 2011 (11:19) | Cómic, Ilustración, Lingua, Literatura infantil e xuvenil, Medios, Onte, Recurso_didáctico, Xerais |

Esta publicación infantil en catalán naceu en 1951 co título L’infantil, promovida polo Seminario de Solsona, para mudar ao nome de Tretzevents, cando en 1973 comezou a depender das Publicacions de L’ Abadia de Montserrat. Coincidindo co seu sexaxésimo aniversario pecha debido, segundo os seus editores, á falta de apoio institucional no marco da crise […]

Onte 106: Mocidade emigrante

23 Decembro, 2011 (08:35) | Economía, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Sabemos que os membros dos gobernos adoitan ser máis optimistas co resto dos cidadáns. Porén, o caso de Beatriz Mato é xa dun optimismo doente. A Conselleira de Traballo na resposta no Parlamento a unha interpelación do BNG rexeitou que os mozos e mozas emigren en Galicia por falta de oportunidades, xa que, segundo o […]

Onte 105: Sermos Galiza

22 Decembro, 2011 (09:50) | Beizóns, Iniciativas, Lectura, Lingua, Medios, Onte, Vídeos |

A iniciativa social Sermos Galiza consolídase. A piques de rematar a primeira fase de capitalización prevista, as persoas promotoras confesan que apenas falta un 10% dos 300.000 euros previstos como capital social fundacional para crear este grupo de comunicación en galego. Unha moi boa noticia para pechar un ano difícil para o sector da comunicación […]

Onte 104: Luís Soto

21 Decembro, 2011 (07:55) | Autores, Ensaio, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Sinalárono tanto Xosé González como Xurxo Martínez no acto de presentación de Librouro: «Luís Soto traballou por construír unha arquitectura plural, unha polifonía política que permitise a autoorganización da sociedade en diversos partidos nacionalistas.» Sei que esta primeira e interesantísima biografía sobre Luís Soto, un dos creadores do sindicalismo galego do ensino, unha das figuras […]

Onte 103: «Fantasmas de luz»

20 Decembro, 2011 (09:31) | Autores, Cine, Economía, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Na presentación de Fantasmas de luz Agustín Fernández Paz confesou que quixo escribir dende a ficción a desfeita que está producindo o capitalismo dende a caída do Muro de Berlín. Un proceso de degradación, mesmo de perda dalgunhas conquistas e dereitos sociais, que uniu a unha das súas paixóns, a do cinema, esoutra  fonte creada […]

Agustín Fernández Paz fala de «Fantasmas de Luz»

20 Decembro, 2011 (08:15) | Autores, Cine, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Presentacións, Vídeos, Xerais |

Grazas, Pawley.

Onte 102: Vitaminas para o galego

19 Decembro, 2011 (08:23) | Cultura, Lingua, Medios, Onte |

O galego precisa moitas vitaminas. O país necesita como auga de maio volver contar con medios de comunicación que empreguen o idioma noso, sobre todo en contextos urbanos. Galicia precisa información de proximidade en galego. Ese é o obxectivo da campaña Vitaminas para o galego promovida por dez medios de comunicación en lingua galega, a […]

5.1. Lingua propia

19 Decembro, 2011 (07:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Edición, Editores, Educación, Lingua |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a resolución do Valedor do Pobo sobre un libro de texto de Coñcemento do Medio. A resolución do Valedor do Pobo relativa a un expediente de queixa sobre o contido dun libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria, presentada por un […]

Manifesto: «Só a leitura salva»

18 Decembro, 2011 (13:32) | Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

Manifesto – Só a leitura salva from Marcos Felipe on Vimeo. Vía Booktailors.

Onte 101: Beiras, mestre!

18 Decembro, 2011 (10:00) | Autores, Homenaxes, Onte, Vídeos |

Cónstame que a emocionante homenaxe nacional a Beiras deixou unha forte pegada no milleiro de galeguistas que o arrouparon co seu agarimo. Porén, as palabras e, sobre todo, as categorías utilizadas por Xosé Manuel no seu discurso de agradecemento sobardaron con moito os límites do Pazo de Congresos compostelán para transformarse en tempos de desorientación […]

Campo do Fragoso CXV

18 Decembro, 2011 (09:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

COMPARTIR A cómoda vitoria do Celta fronte ao Guadalajara produciuse debido a que os pupilos de Paco Herrera souberon compartir. Na polisemia de calquera das tres acepcións principais dese verbo transitivo de orixe latina atopamos as mudanzas dun equipo que vemos cada xornada máis sólido e competitivo. Esta semana en senllos bos encontros de copa […]

A utopía como vieiro. Beizóns para Xosé Manuel Beiras

17 Decembro, 2011 (16:06) | Autores, Beizóns, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

Non puiden acompañar ao grande Xosé Manuel Beiras na súa grande e merecídisima homenaxe nacional. Esta intervención de Eduardo Galeano, reivindicando a utopía como vieiro, solicitando o dereito a soñar, reclamando o dereito ao delirio de soñar outro mundo (Galicia) posible, sei que lle gusta moito a Xosé Manuel. Agradézolle a localización do vídeo a […]

Onte 100: NGB, 2,59%

17 Decembro, 2011 (15:42) | Economía, Goberno Feijoo, Onte, Política |

A recapitalización de Novagalicia Banco completou a súa primeira fase. Quince empresarios galegos achegaron 70,4 millóns de euros, o que reduce a participación do FROB nun 2,59%. Nin Amancio Ortega nin Rosalía Mera, as dúas maiores fortunas galegas, nin practicamente ningún empresario vigués achegaron cantidade ningunha. Tampouco o fixeron, nesta quenda, os empresarios galegos do […]

Onte 99: Acción Urbano

16 Decembro, 2011 (09:26) | Artes Visuais, Cultura, Onte, Vigo |

Esta iniciativa para homenaxear ao pintor Urbano Lugrís, promovida ao tempo en Vigo e na Coruña, é unha desas inxeccións de esperanza que tanto precisamos para combater o conformismo e a inercia na cultura de noso. Gosto moito do proxecto polo seu carácter transversal, pola súa intención explícita de romper con xéneros e fronteiras localistas […]

Onte 98: Coa Queizán

15 Decembro, 2011 (06:38) | Autores, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais |

No acto de presentación de Meu pai vaite matar, Marga Romero reivindicou a figura de María Xosé Queizán escollendo unha das metáforas da escritora viguesa: «Teño raíces nesta terra, pero son aéreas». Romero, nunha intervención magnífica, tras afirmar que «a literatura galega de muller viaxaba directamente de Rosalía até María Xosé Queizán, cando en 1965 […]

Onte 97: Empate de Copa

14 Decembro, 2011 (08:04) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras unha mañá de reunións e moito traballo pola tarde na oficina foi unha marabilla poder ir á noitiña ao estadio a gozar da emoción dun partido de Copa. Ao Celta non lle abondou a súa solidez defensiva nin a magnífica noite atacante de Dani Abalo (até que, meu pobre!, rompeu por mor dunhas cambras) […]

Onte 96: O caso Urdangarín

13 Decembro, 2011 (08:00) | Onte, Política |

A cousa debe ser moi grave cando a Casa real aparta a Urdangarín da Familia real por «mal comportamento». A esta altura a imputación do xenro do rei debe ser xa inevitable. Tras este caso de corrupción económica agóchase o futuro cada vez máis incerto da sucesión. Sabemos que responsabilidades políticas habería que dirimir se, […]

Onte 95: Un Valedor para a lingua

12 Decembro, 2011 (07:51) | Edición, Libro de texto, Lingua, Onte |

A noticia de Atlántico Diario, incluído o seu titular, é moi alarmante. O Valedor do Pobo, un dos responsables de velar polos dereitos dos cidadáns galegos, incluídos os seus dereitos lingüísticos, na resposta á queixa presentada por Pedro Larrauri, responsable en Vigo de UPyD, ignora o apartado primeiro do artigo 5.1. do Estatuto de Autonomía […]

O noso tren

12 Decembro, 2011 (07:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da inauguración da liña Avant entre A Coruña e Ourense, reflexiono sobre o que entendo debera ser un modelo vertebrador do territorio do ferrocarril galego. A apertura da liña de velocidade alta entre A Coruña e Ourense e a solicitude do PP ao Goberno en […]

Onte 94: O Barça, un equipo

11 Decembro, 2011 (09:41) | Fútbol, Onte |

O Madrid de José Mourinho chegou ao clásico mellor ca nunca e perdeu con claridade, como ven sendo adoito dende hai tres tempadas, diante do Barça do señor Guardiola. A pesar do gol temperán de Benzema e da intensidade da súa presión, sobre todo ao inicio de cada período, o conxunto branco continúa aínda un […]

Día dos Dereitos Humanos

10 Decembro, 2011 (12:04) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Igualdade, Recurso_didáctico, Xustiza |

Open publication – Free publishing – More infancia Magnífico traballo de Francesco Tonucci sobre os dereitos dos nenos e nenas. Un clásico. Vía Ronseis.

Onte 93: Tras o pacto do euro

10 Decembro, 2011 (10:09) | Economía, Goberno Rajoy, Medio_Ambiente, Onte, Política |

Tras o pacto do euro, os que saben destas cousas coinciden en que, polo momento, o proxecto europeo saíu fortalecido e que haberá máis e máis duros recurtes dos servizos públicos en cada un dos estados para cumprir a «regra de ouro» de evitar desviacións do déficit superiores ao 0,5%. En definitiva, os politócratas da […]

Onte 92: O discurso dos abrazos de Agustín en Guadalajara

9 Decembro, 2011 (01:14) | Autores, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Recurso_didáctico |

Grazas á paciencia e oportunidade do xornalista Xulio Abollo contamos, por fortuna, con esta gravación realizada o pasado 29 de novembro na FIl de Guadalajara cun teléfono móbil do discurso de recepción de Agustín Fernández Paz do Premio Iberoamericano SM. Un documento excepcional que pasará a historia literaria nosa, probablemente, como o «Discurso dos abrazos« […]

Onte 91: Anfiteatro GZ radio

8 Decembro, 2011 (12:50) | Beizóns, Blogs, Lingua, Música, Novidades, Onte, Radio |

Conectei o blog de xeito permanente con Anfiteatro GZ radio, unha emisora libre que emite en Internet en galego as vinte e catro horas coa intención de fomentar a música e a literatura de noso. Polo momento, emite só música, cunha importante presenza da galega, aínda que pretende completar a programación con novas de actualidade […]

Antón Reixa: Quen somos os galegos?

7 Decembro, 2011 (19:11) | Autores, Cultura, Lingua, Vídeos |

Bravo, Reixa! Magnífico discurso en Durango 2011, sendo Galicia a cultura convidada nesta Semana do Libro e Disco en éuscaro.

Onte 90: 80 aniversario do Partido Galeguista

7 Decembro, 2011 (07:52) | Historia, Memoria, Onte, Política |

Nun país desmemoriado coma o noso a poucos pode parecerlles estraño que o oitenta aniversario da fundación en Pontevedra do Partido Galeguista apenas merecese unhas poucas referencias en Internet. A páxina da Galipedia lembra moi oportunamente que na histórica asemblea de constitución se acordou reclamar por vez primeira na historia de Galicia o dereito de autodeterminación e […]

Word as Image

6 Decembro, 2011 (14:07) | Lingua, Tipografía, Vídeos |

Unha marabillada que recomenda Martin Pawley.

Onte 89: Atraso para o AVE

6 Decembro, 2011 (13:21) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A pesar da súa admirable ambigüidade, algo imos sabendo xa das intencións de Mariano Rajoy. Para evitar males maiores poñerase ás ordes do proxecto autoritario do conservadorismo alemán anunciado onte polo directorio Merkozy. As primeiras medidas económicas serán de aúpa. O 30 de decembro dará a coñecer as características dun recurte orzamentario que será, sen […]

Onte 88: As conversas de Culturgal

5 Decembro, 2011 (11:11) | Age, Autores, Beizóns, Cultura, Eventos, Onte, Promoción do libro |

O soño de Culturgal é un proxecto consolidado. Na derradeira xornada o público familiar volveu encher as instalacións do Pazo da Cultura pontevedrés confirmando a tendencia exitosa de xornadas anteriores. Especialmente seguidas polo público foron as conversas de Salón, un modelo atractivo e alternativo ás presentacións convencionais de libros e discos. A este interese non […]

Vigo a explosión dos 80

5 Decembro, 2011 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Memoria, Música, Novidades, Vigo, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación por Xerais de Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso e Vigo, a explosión dos 80 de Víctor de las Heras, reflexiono sobre o carácter dinámico e disruptivo da nosa cidade. O 27 de decembro de 1981 o cine Salesianos, que […]

Onte 87: Euforia en Culturgal

4 Decembro, 2011 (07:21) | Autores, Cine, Cultura, Eventos, Lingua, Onte, Promoción do libro, Xerais |

Foi un día de euforia en Culturgal. Un río de xente encheu o grande corredor durante toda a tarde; un público familiar desbordou as actividades do cuarto dos nenos e do garaxe. Outrosí sucedeu cos varios centos de persoas que seguiron no salón a conversa memorable entre Manuel Jabois e Manuel Rivas, na que ambos […]

Onte 86: Culturgal 2011

3 Decembro, 2011 (11:03) | Age, Autores, Cultura, Eventos, Lingua, Onte, Presentacións, Vídeos |

Spot Culturgal 2011 from Culturgal on Vimeo. Moi prometedora foi a primeira das xornadas do Culturgal 2011. O proxecto consolídase e mellora con respecto a edicións anteriores. A feira é cada vez máis atractiva. Os espazos reorganizáronse tematicamente, concibidos cada un deles como cuartos da casa común da cultura galega, ao tempo que se facilitou […]

Onte 85: Vigo 80

2 Decembro, 2011 (09:55) | Novidades, Onte, Presentacións, Vigo, Xerais |

A pesar do ballón, a presentación do libro de Vitín de las Heras reuníu a máis de duascentas persoas. Non foi un acto de nostalxia, a penas uns intres de saudade lembrando a Toti ou Flechi. Foi un exercicio de memoria, unha ollada a un tempo decisivo no que Vigo pelexou polo seu carácter de […]

Onte 84: Tras a FIL 2011

1 Decembro, 2011 (18:38) | Eventos, Lectura, Onte, Promoción do libro |

Cando inicio o regreso cara Galicia, o equipo galego de autores (Aneiros, Calveiro e Fernández Paz) comezan o programa de encontros con clubes de lectura e alumnado de centros escolares de secundaria e participan por vez primeira nas actividades literarias da FIL até o vindeiro sábado. A atmosfera tan emotiva desta feira, algo que non […]