Month: Xaneiro, 2012

Onte 145: Coa pomba dona Paz na Pastora

31 Xaneiro, 2012 (07:55) | Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Literatura infantil e xuvenil, Onte, Presentacións, Xerais |

Había tempo que non celebraba nun centro educativo o Día Escolar da non Violencia e a Paz, unha efeméride para min moi querida. O claustro de profesoras do CEI A Pastora de Cambados convidoume a que acompañase a Ramón Caride e Pepe Carreiro na presentación d’ A pomba dona Paz que se celebraría diante de máis […]

Onte 144: BNG

30 Xaneiro, 2012 (07:53) | Nacionalismo, Onte, Política |

Seguín con enorme interese por Twitter a derradeira e decisiva xornada da asemblea do BNG. Non hai dúbida que o traballo disciplinado e eficaz da UPG permitiu que, outra vez máis, o partido de Francisco Rodríguez continuase acaparando o liderado do BNG, tanto nas responsabilidades do voceiro como nas da candidatura á presidencia da Xunta. […]

Consello Municipal de Cultura

30 Xaneiro, 2012 (07:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Museos, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do peche do arquivo fotográfico Pacheco e do Museo Liste, propoño a creación do Consello Municipal de Cultura no concello de Vigo. Vigo comeza a identificar síntomas dunha desfeita da súa política cultural. A importante redución das cantidades que as administracións públicas destinan á cultura, […]

Onte 143: #twitterblackout

29 Xaneiro, 2012 (10:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Iniciativas, Internet, Medios, Onte, Twitter |

Fomos moitos os que onte non demos nin chío para así expresar a nosa queixa sobre a posibilidade que Twitter introduza unha censura selectiva sobre determinados contidos nalgúns países. A censura non pode ser aceptable en ningún país do mundo nin xustificable por tratarse dun servizo (até agora de publicación e acceso gratuíto, a pesar de […]

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

28 Xaneiro, 2012 (18:06) | Animación, Cine, Ilustración, Lectura, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo. The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore, unha historia de fantasía sobre libros e lectura,é unha das curtametraxes de animación nomeadas para esta edición dos Oscars. O eBook para Ipad é, tamén, outra marabilla. Vía Henrique Torreiro. Grazas.

Onte 142: Serán en Rianxo

28 Xaneiro, 2012 (17:09) | Autores, Galeguismo, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais |

Da man de Barbantia presentamos en Rianxo o Poñente de Pere Tobaruela. Foi bonito escoitar alí a Pere falar na lingua de Castelao –un exercicio de galeguidade co que o escritor catalán salientou o carácter do galego como lingua universal– para facer súa a doutrina de  Josep Plá: «Quero explicar ao mundo o que sucede […]

Onte 141: Desfeita cultural en Vigo

27 Xaneiro, 2012 (09:52) | Cultura, Museos, Onte, Política, Vigo |

A crise económica e a falta de políticas estratéxicas públicas no eido da cultura está provocando unha auténtica desfeita en Vigo. O formidable arquivo fotográfico Pacheco, tesouro da memoria viguesa de boa parte do século XX, pechou coa fin do ano. O Marco, o museo de arte contemporánea co maior número de visitantes do país, […]

Onte 140: Luís Soto e o xantar da Rocha

26 Xaneiro, 2012 (12:14) | Historia, Memoria, Nacionalismo, Onte, Presentacións, Xerais |

Na presentación de Compostela, Xurxo Martínez salientou o papel de Luís Soto na conformación do nacionalismo galego de ideoloxía marxista. Soto foi un dos participantes no xantar da taberna da Rocha Vella daquel 25 de xullo de 1964 no que se fundou a UPG. Na quenda de intervencións do público, Luís González Blasco “Foz”, un […]

Onte 139: Baltar vaise

25 Xaneiro, 2012 (07:48) | Goberno Feijoo, Onte, Política |

Coñecín persoalmente a Xosé Luís Baltar hai uns quince anos. Na editorial pedíramoslle unha entrevista coa intención de vender á Deputación exemplares dun libro de homenaxe a un escritor ourensán. Despois de agardarmos nunha sala de reunións durante un bo pedazo, apareceu de súpeto Baltar preguntando con enerxía quen era o editor. Cando me identifiquei […]

Onte 138: Con Celso Emilio no Club Faro

24 Xaneiro, 2012 (08:05) | Música, Onte, Poesía, Vigo |

Celso Emilio Ferreiro continúa tendo moito tirón. O auditorio do Areal encheuse no acto de lembranza organizado polo Club Faro de Vigo con motivo do centenario do seu nacemento. Luís Ferreiro dedicou a súa intervención a deitar luz, moita luz, sobre o tan controvertido episodio da estancia do poeta de Celanova en Venezuela, do que […]

Moaña na memoria

23 Xaneiro, 2012 (07:40) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Memoria, Novidades |

No artigo da semana en Faro de Vigo comento a aparición dos dos volumes de Moaña. Historia fotográfica, publicados pola Asociación Cultural Nós. No formidable anfiteatro da ría, para os vigueses a península do Morrrazo é moi importante xa que é o primeiro horizonte que enxergamos. O perfil montañoso atlántico da ribeira dereita, o que […]

Onte 137: Ano do dragón de auga

23 Xaneiro, 2012 (07:39) | Efemérides, Festas |

Leo que o 23 de xaneiro comeza o ano novo chinés, o ano do dragón de auga, o animal que vence o mal, o responsable dos corpos de auga en movemento, como as fervenzas, os ríos e os mares. Entre outras tradicións que se debe respectar ao longo da xornada, ademais de celebrar a cea […]

Onte 136: Despois de Megaupload

22 Xaneiro, 2012 (14:05) | Autores, Editores, Internet, Onte |

As leccións de Megaupload explicounas mellor ca ninguén Juan Varela. Tras a retirada da SOPA e da PIPA, despois desta intervención do FBI sobre unha empresa que supostamente se lucraba de contidos protexidos con copyright, precísase un discurso con máis matices que o baseado na simplificación de asistirmos a unha guerra entre «usuarios da rede» e […]

Onte 135: Vitaminas para o galego en Redondela

21 Xaneiro, 2012 (11:30) | Iniciativas, Internet, Lingua, Medios, Música, Onte, Presentacións, Radio, Televisión |

Magnífica foi a presentación do proxecto Vitaminas para o galego en Redondela, na que tiven a honra de participar en representación de Prolingua. Alleos ao serán festeiro do día de San Sebastián e a súa estrondosa foguetería, medio cento persoas encheron o salón da Casa da Cultura para apoiar esta iniciativa cívica destinada a fortalecer […]

Onte 134: «Ven» de Janne Teller

20 Xaneiro, 2012 (17:43) | Editores, Narrativa, Novidades, Onte |

Hai tres meses recomendei Nada, unha noveliña xuvenil na que Janne Teller propoñía unha reflexión sobre a existencia de límites para o fanatismo. Onte, aproveitando as horas de espera en Barajas, merquei Ven, a súa recentísima novidade na que a narradora dinamarquesa volve a propoñer unha reflexión moral, desta volta sobre os límites existentes entre […]

Onte 133: Madrid le

19 Xaneiro, 2012 (07:30) | Lectura, Onte, Promoción do libro, Publicidade |

No Metro, dende Barajas ao centro, comprobo que viaxa moita xente lendo. Sorpréndeme, ademais, que algunhas lectoras o fagan sobre os seus e-books, o que constitúe unha tendencia a ter en conta. No entanto, o que continúa chamando máis a miña atención é a exitosa campaña publicitaria de fomento da lectura –«Libros a la calle»– que, […]

Onte 132: Fervenzas Literarias

18 Xaneiro, 2012 (05:39) | Blogs, Críticas, Internet, Lectura, Onte, Premios, Xerais |

Dende hai cinco anos Fervenzas Literarias é un espazo de referencia na rede para a literatura galega. O seu seguimento diario da actualidade editorial, as conversas con autores e editores e, sobre todo, o repositorio de recensións merecen o noso maior interese. No entanto, son os seus premios anuais, outorgados por votación entre os seus […]

Onte 131: Fraga

17 Xaneiro, 2012 (08:13) | Historia, In memoriam, Onte, Política |

A maior parte dos obituarios sobre Manuel Fraga Iribarne, tan coidadosamente preparados na última semana e algúns mellor escritos, sinalan con todo detalle os fitos principais da súa traxectoria política ao longo de seis décadas. Un longuísimo período no que, coa excepción da década dos oitenta, Fraga detentou o poder e o exerceu de forma […]

Vigo, innovación e marca

16 Xaneiro, 2012 (07:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Política, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da celebración do foro Vigo Innovación, propoño unha reflexión sobre a necesidade dun proxecto de planificación estratéxica como saída á crise actual: O domingo 8 de xaneiro, Antón Costas Comesaña, catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona, publicou un magnífico artigo nas páxinas de […]

Onte 130: The Corner

16 Xaneiro, 2012 (07:44) | Onte, Sociedade, Televisión |

Xa teño expresado en varias ocasións a miña admiración polo traballo de David Simon, o xornalista do Baltimore Sun e xenial guionista dalgunhas series de HBO. Esta fin de semana comezamos a ver The Corner, unha miniserie de seis capítulos que constituíu o auténtico limiar de The Wire. Como xa fixera con The Homicide, Simon […]

Onte 129: O Bacharelato do PP

15 Xaneiro, 2012 (14:40) | Educación, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Coñecín un interesante artigo de Magisterio Español no que se presenta o probable modelo de reforma do Bacharelato do goberno do Partido Popular. Semella que entre os dous modelos a debate (3+3 ou 4+3), Rajoy decantarase polo primeiro, máis económico e auspiciado pola Asociación de Catedráticos de Bacharelato (Ancaba), transformando o actual 4º de ESO no […]

Onte 128: Música en galego

14 Xaneiro, 2012 (09:14) | Lingua, Música, Radio, Recurso_didáctico |

Xa son moitas as persoas coas que amiguei nestes últimos sete anos grazas aos blogs, unha das cousas polas que estou máis agradecido de participar no blogomillo. Foi onte cando me atopei por vez primeira con Xosé das Patas, o promotor dese magnífico blog que é Música en Galego. Xosé púxome ao día dos seus […]

Campo do Fragoso CXVI

14 Xaneiro, 2012 (08:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

VITORIA FRÍA O partido da noitiña de onte demostrou que o fútbol é un estado de ánimo no que inflúe, entre outras circunstancias, a temperatura. O Celta saíu moi frío neste primeiro encontro do ano, tanto como o que sofrimos os sete mil e pico celtistas que acudimos a Balaídos. Os de Herrera, sometidos aos […]

Onte 127: Tourilandia

13 Xaneiro, 2012 (09:33) | Beizóns, Humor, Onte, Televisión, Vídeos |

Excelente primeiro programa de Tourilandia. Nalgúns momentos rin a cachón, sobre todo no derradeiro treito, durante a entrevista co profesor de fútbol David Vidal na que se matizaron as diferenzas entre os verbos ‘saber’ e ‘entender’, un auténtico combate retranqueiro. Memorable foi, tamén, a versión de “Ai si me opero”, explorando as fronteiras desta TVG […]

Onte 126: O galeguismo, o nacionalismo político do século XXI

12 Xaneiro, 2012 (07:52) | Galeguismo, Nacionalismo, Onte, Política |

Gustoume a exploración do espazo dos matices que realiza o chamamento de 19 das alcaldías do BNG. Un exercicio de sutileza, afouteza e realismo politico moi de agradecer. Lonxe de calquera dogmatismo e sen renunciar tampouco a conquistar a hexemonía política por medio de desenvolvemento de proxectos de goberno, estas alcaldías do BNG propoñen unha importante […]

Onte 125: Nacín un luns

11 Xaneiro, 2012 (09:54) | Medios, Memoria, Música, Onte, Persoal |

Teño escrito nalgunhas ocasións que nacín no Pirulí. O que non sabía, até onte, foi que aquel día despois da santa Lucía, patroa das costureiras, caera en luns. Averigüeino de forma fortuíta, grazas a un correo dun amigo que me recomendaba consultar “o periódico do día que naciches”. Enlaceino e din coa formidable edición dixital […]

Onte 124: Letra a letra

10 Xaneiro, 2012 (08:18) | Educación, Libro de texto, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

Comecei a semana cun agasallo inesperado. O meu mestre Antón Costa dedicoume un exemplar de Letra a letra, unha edición facsímil do libro que os alumnos de Simeón Omella, mestre da escola de Plasencia del Monte, compuxeron no curso 1934-1935 servíndose da imprenta escolar. Antón, prologuista desta obra publicada polo Museo Pedagógico de Aragón en […]

Onte 123: Vigo, innovar ou esmorecer?

9 Xaneiro, 2012 (07:40) | Economía, Onte, Política, Vigo |

Entre os textos da edición dominical de Faro de Vigo destacaba este magnífico artigo de Antón Costas, o catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona, vicepresidente do Cercle d’ Economía e unha das personalidades máis achegadas a Pascual Maragall, cando foi president da Generalitat. Este egrexio veciño de Matamá propón que se Vigo quere evitar […]

Onte 122: A Caixa á La Caixa

8 Xaneiro, 2012 (13:46) | Economía, Goberno Feijoo, Onte |

No día que lembrabamos a Castelao, tras a tregua do Nadal, volvemos á crúa realidade dun país que vive unha situación de auténtica emerxencia. Leo no blog de Félix Soria un ruxerruxe sobre o interese de CaixaBank, o Banco creado por La Caixa, por adquirir Novagalicia Banco (NGB). Cando o proceso de capitalización de Castellanos […]

Onte 121: A despedida de Isaac

7 Xaneiro, 2012 (11:08) | Autores, Editores, Eventos, In memoriam, Onte |

Estivemos nas exequias de Isaac, que se desenvolveron cun protocolo estritamente civil como correspondía ás conviccións laicas do finado, a pesar de que botei en falta nalgún dos momentos a presenza da bandeira republicana, unha das insignias da súa vida. Entre os varios centos de persoas que asistimos ao enterro foi moi gabado que os responsables […]

Onte 120: Isaac

6 Xaneiro, 2012 (09:53) | Artes Visuais, Autores, Editores, Ilustración, In memoriam, Onte |

Isaac foi unha das persoas marabillosas que tiven a fortuna de coñecer grazas ao meu oficio de editor. Unha beizón. Admíroo como o noso Leonardo do século XX, como o forxador da Galicia moderna, o soño de varias xeracións de galeguistas de onte e de hoxe. A acollida que nos proporcionou, durante as dúas edicións […]

Apretas tensas

6 Xaneiro, 2012 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Editores, In memoriam |

Magoadamente o artigo da semana en Faro de Vigo é a nosa humilde homenaxe ao benquerido Isaac Díaz Pardo “Eu non fixen nada” era a frase preferida por Isaac Díaz Pardo para expresar a súa gratitude en tantas das homenaxes que recibíu no derradeiro treito da súa vida. Esa humildade, lonxe de calquera figura retórica, formaba […]

Onte 119: A suite sinfónica de Siniestro Total

5 Xaneiro, 2012 (08:50) | Eventos, Música, Onte, Vigo |

Siniestro Total é a Vigo o que The Beatles a Liverpool. Era, pois, inevitable a nosa presenza no concerto sinfónico co que celebraba o seu trinta aniversario. Durante pouco máis dunha hora asistimos ao diálogo do grupo vigues de rock and roll  coa quincena de compoñentes do Taller Atlántico Contemporáneo, unha experiencia moi audaz na […]

Sempre Celso

4 Xaneiro, 2012 (14:14) | Autores, Cultura, Efemérides, Memoria, Poesía, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

Tal día como hoxe, hai cen anos, nacía en Celanova Celso Emilio Ferreiro. Sumámonoso con esta lembranza a esta celebración que abre, tamén, o Ano Ferreiro. Hoxe por hoxe, a súa figura sobrepasa o peso da súa propia obra literaria para se converter nun emblema vivo e vital da cultura galega. Este documento sonoro, publicado […]

Onte 118: Goberno bonsai

4 Xaneiro, 2012 (08:33) | Cultura, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Feijóo quere para Galicia un goberno bonsai. Cun perfil político moi baixo e cun número moi reducido de consellarías, con esta remodelación o presidente envía á sociedade galega unha mensaxe inequívoca de rebaixa do nivel do seu autogoberno. A supresión de dúas consellarías fulcrais, a de Medio Rural e a de Cultura, clonando en Galicia […]

Onte 117: Licenza de caza

3 Xaneiro, 2012 (08:18) | Educación, Goberno Feijoo, Onte, Política |

O Goberno de Feijóo non acouga na súa batalla contra o xabaril. O anteproxecto da nova Lei de caza de Galicia, ademais de permitir as «batidas preventivas» fóra de tempada, baixa aos 14 anos a idade para obter unha licenza de caza. O conselleiro de Medio Rural xustifícao para «asegurar o relevo xeracional» no eido […]

Onte 116: Concerto

2 Xaneiro, 2012 (08:44) | Música, Onte, Recurso_didáctico, Televisión, Vídeos |

Xabier Docampo avisoume hai dous anos. Repetiumo onte: «Vinte tocando como primeiro violín da orquestra Filharmónica de Viena». A verdade é que non vou discutir se imito ao virtuoso, tanto ten, aínda que non vou desaproveitar a posibilidade que isto me permite de soñar, ao comezo de cada ano, que vivo durante unhas horas co […]

Ano Ferreiro

2 Xaneiro, 2012 (08:27) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Efemérides, Poesía, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo comento o inicio do ano dedicado ao centenario de Celso Emilio Ferreiro e o cincuentenario da publicación de Longa noite de pedra. Este ano 2012, que agardamos sexa ventureiro e sereno, será o do poeta Celso Emilio Ferreiro. Celebraremos o centenario do seu nacemento, o 4 de […]

Onte 115: Contraaparede

1 Xaneiro, 2012 (12:08) | Gastronomía, Lingua, Onte |

Despedimos o ano ruín gozando dunhas botellas de Contraaparede 2007, a alfaia da coroa dos nosos amigos da Adega Eidos de Padriñán. Procedente dunha plantación familiar serodia, o eido granítico chamado de «Vento», o segredo deste viño marabilloso é permanecer durante máis de tres anos envellecendo en aceiro inoxidable. Contraaparede é un albariño singular, inédito […]