Month: Marzo, 2012

Onte 205: Novela sen palabras

31 Marzo, 2012 (13:28) | Book_trailer, Cómic, Ilustración, Narrativa, Novela gráfica, Novidades, Onte, Recurso_didáctico, Vídeos |

Un bo amigo agasalloume un libro marabilloso, La ciudad de Frans Masereel. Esta novela sen palabras do xilógrafo belga, publicada por vez primeira en 1925, realizada con gravados en madeira, constitúe un extraordinario precedente do que hoxe cualificamos como novela gráfica. O contraste entre a escuridade das escenas cotiáns dos barrios obreiros da cidade e […]

Onte 204: Folga Xeral

30 Marzo, 2012 (06:52) | Economía, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A Folga Xeral foi desigual, pola contra, as manifestacións en todas as cidades galegas foron impresionantes. Apenas a existencia de varias convocatorias sindicais, confundiu un chisco a unha cidadanía inconformista disposta a expresar de forma pacífica o seu desacordo con esta reforma laboral que abarata o despido. Tras o fracaso do domingo e co éxito das protestas de […]

Onte 203: A reconquista de Oubiña

29 Marzo, 2012 (06:07) | Efemérides, Fútbol, Onte, Sociedade, Vigo |

Excelente o bando de Borja Oubiña con motivo do Día da Reconquista. Hai dúas cousas que merecen ser destacadas do discurso do capitán do Celta. A primeira, que o escribise e pronunciase en galego, un xesto moi bonito e responsable que merece os maiores parabéns. A segunda, que á definición tradicional de Vigo como «cidade industrial […]

A golpe de tacón

28 Marzo, 2012 (22:20) | Cine, Historia, Vídeos |

A golpe de tacón, unha curtametraxe Amanda Castro sobre as folgas de Asturias nos anos sesenta. Ven ao caso.

Onte 202: Día Mundial do Teatro

28 Marzo, 2012 (10:24) | Cultura, Goberno Feijoo, Iniciativas, Onte, Política, Teatro |

No Día Mundial do Teatro de 2012 non presentamos os libros premiados co Álvaro Cunqueiro e co Manuel María, que non sabemos se poderán ser editados, nin se anunciou programación ningunha para os vindeiros meses nin se realizaron estreas de espectáculos. Houbo un manifestación en Compostela de todo o sector profesional das artes escénicas reclamando […]

A poesía abre o apetito

27 Marzo, 2012 (09:16) | Poesía, Recurso_didáctico, Xerais |

A Poesía abre o apetito para comer from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Onte 201: A lección andaluza

27 Marzo, 2012 (06:45) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Os resultados das andaluzas supoñen o primeiro fracaso electoral do goberno Rajoy. Un baño de realidade para os que as consideraron un mero trámite. Pois non, Andalucía resistíuse. A propaganda non abondou para avalar as «reformas» fiscais de Montoro nin as políticas de austeridade selectiva de Guindos nin a reforma laboral de Báñez que, mentres […]

Onte 200: Afirma Tabucchi

26 Marzo, 2012 (06:53) | Autores, In memoriam, Narrativa, Traducións |

Souben da morte de Antonio Tabucchi xantando con bos amigos no Nuevo Derby de Urzaiz, o noso particular Café da Orquídea. Na casa procurei na biblioteca os seus libros. Unha ducia, a maior parte deles moi anotados. Mantívenlle lei a Tabucchi dende Dama de Porto Pim, unha viaxe aos Azores que lin no oitenta e sete, deica […]

De cadeiras, libros e cultura

26 Marzo, 2012 (06:50) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Cultura, Goberno Feijoo, Lectura, Teatro |

No artigo da semana en Faro de Vigo, no marco dos gastos elevadísimos do desenvolvemento do proxecto da Cidade da Cultura, volvo amosar preocupación sobre o futuro das industrias culturais en Galicia. A Consellaría de Cultura e Educación gastará medio millón de euros en amoblar os dous novos edificios do Gaiás. Un gasto imprescindible e, probablemente […]

B*tches in Bookshops (based on Jay Z and Kanye West’s “N*ggas in Paris”)

25 Marzo, 2012 (20:29) | Autores, Lectura, Música, Narrativa, Recurso_didáctico, Vídeos |

Encántame este vídeo. Cales son as túas lecturas preferidas?

Onte 199: Lutherapia

25 Marzo, 2012 (19:33) | Humor, Música, Onte, Teatro, Vigo |

Despois de varias décadas sen velos actuar en directo, agardaba moito máis de Les Luthiers. Lutherapia semelloume un espectáculo previsible, pouco arriscado, concibido para chegar a un público disposto a aplaudir coa mera presenza do quinteto no escenario e a escachar de gargalladas coas numerosas referencias escatolóxicas e gags de inequívoco cheiro machista dos arxentinos. […]

Onte 198: No meu país danse as grazas

24 Marzo, 2012 (11:19) | Autores, Educación, Eventos, Galeguismo, Lingua, Onte, Recurso_didáctico |

Inesquecible foi a sesión académica da investidura de Manuel Rivas e John Rutherford como Doutores Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Cinco discursos memorables –dúas laudatios formidables, senllas respostas para a nosa historia cultural e un peche do reitor de grande altura– que salientaron de forma unánime o compromiso dos doutores e da UDC co futuro da […]

Onte 197: Vindicación da noveliña

23 Marzo, 2012 (07:50) | Narrativa, Novidades, Onte, Xerais |

No serán viaxamos a Ribeira para presentar Orlando pendurado, a novela curta de Goretti Fariña gañadora do Premio Cidade Centenaria. Unha obra de apenas oitenta páxinas que aborda cuestión tan complexa para os seres humanos como é a do fracaso axudándose da piedade proporcionada polo humor e da beleza achegada por unha escrita culta e […]

Onte 196: Día Mundial da Poesía

22 Marzo, 2012 (08:20) | Efemérides, Lectura, Onte, Poesía |

Coa chegada da primavera, celebrouse o Día Mundial da Poesía. Este ano coincidiu en Galicia coa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, promovida en Ourense polo PEN Clube Galicia, con motivo do centenario do nacemento do poeta que amou ao seu pobo. Hai menos dun mes celebramos o Día de Rosalía, dentro de apenas dúas semanas […]

Onte 195: Teito de gasto na liga

21 Marzo, 2012 (09:35) | Deporte, Fútbol, Iniciativas, Onte, Política |

Foi o BNG quen presentou no Congreso unha proposta para impoñer teito de gasto aos clubes profesionais de fútbol mentres manteñan débedas con Facenda ou a Seguridade Social. Unha proposta oportunísima xa que os clubes de fútbol profesional deben só a Facenda 750 millóns de euros, unha cifra brutal e vergonzosa, cando a sociedade toda […]

Onte 194: Xenofobia

20 Marzo, 2012 (09:42) | Dereitos_humanos, Onte, Política, Sociedade |

O atentado terrorista de Toulouse, que acabou coa vida dun profesor e tres alumnos xudeus, amosa que a xenofobia é unha das maiores doenzas sociais da Europa en crise. Tras o asasinato a semana pasada de tres militares franceses de orixe magrebí, probablemente coa mesma arma, estes novos crimes racistas enfrontan á sociedade gala cos […]

Vigo, cidade de novela

19 Marzo, 2012 (07:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Narrativa, Recurso_didáctico, Vigo, Xerais |

No artigo da semana en Faro de Vigo comento as razóns polas que entendo que Vigo é unha cidade de novela, ao tempo que aproveito para relacionar algunhas das miñas novelas viguesas preferidas. Decote definimos a Vigo como cidade industrial e marítima atlántica, coa intención de salientar o que foron os seus eidos singulares de desenvolvemento […]

Onte 193: Literapia

19 Marzo, 2012 (07:55) | Lectura, Onte |

Cheguei con moito atraso a unha noticia fascinante de Letralia de 2006 que anunciaba que un grupo de médicos e profesores da USC, dirixidos por Darío Villanueva, comezaban a experimentar coa «literapia», unha forma de terapia para aliviar ou axudar na curación de determinadas doenzas mediante o emprego da lectura e da escritura. Supoño que estes […]

Onte 192: Mala tarde

18 Marzo, 2012 (09:56) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

Tras catro meses no corno da lúa, o Celta tivo unha mala tarde no estadio Gran Canaria. A pésima arbitraxe non xustifica unha derrota sen paliativos fronte a un rival superior. Os de Herrera agasallaron aos locais unha hora de partido, desenvolvendo un xogo inane, desestruturado e sen alma ningunha, sentindo a ausencia de Oubiña […]

Onte 191: The Artist

17 Marzo, 2012 (16:55) | Cine, Vídeos |

Aproveitando o serán da sexta feira fomos ao cinema a ver á multipremiada e máis ca gabada The Artist. Chamáronme a atención, sobre todo, dúas cousas. A primeira, a actualidade de abordar os conflitos persoais provocados por un tránsito tecnolóxico, neste caso polas mudanzas inevitables da primeira industria hollywodiense cara ao cine sonoro. A segunda, […]

Celso Emilio Ferreiro, selo de correos

17 Marzo, 2012 (16:37) | Autores, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico, Xerais |

Modelo de selo no ano Celso Emilio Ferreiro.

Onte 190: Repagamento

16 Marzo, 2012 (09:17) | Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política |

Tras a iniciativa da Generalitat de obrigar a pagar un euro por receita e a posibilidade aberta en Madrid por Feijoo de aumentar o copagamento farmacéutico en función de niveis de renda, é moi probable ca despois das eleccións andaluzas e asturianas se introduza algún sistema de repagamento no sistema público de saúde. Con esta fórmula […]

Onte 189: Coreander

15 Marzo, 2012 (09:23) | Editores, Educación, Eventos, Onte, Vídeos |

Viaxei á Coruña para participar nas xornadas sobre Edición e Cultura organizadas polo Grupo  Coreander, un grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Filoloxía. Falamos de como afectan ao papel dos editores as mudanzas do paradigma da comunicación cultural e doutros tránsitos nos que estamos inmersos, sobre todo, da crise da libraría cultural e […]

Onte 188: Os fillos do mar

14 Marzo, 2012 (09:22) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Premios, Vigo, Xerais |

Pasei boa parte da tarde lendo na novela coa que Pedro Feijoo debuta na narrativa galega. Tras o seu magnífico estudo sobre o xornal Galicia de Valentín Paz Andrade e Viva o Fu Remol!, o escritor e músico de Los Feliz e Lamatumbá ofrece unha novela trepidante sobre as pegadas da memoria na cidade de […]

Isaac, o editor da memoria

13 Marzo, 2012 (09:34) | Autores, Editores, Galeguismo, In memoriam, Recurso_didáctico, Vídeos |

Isaac, o editor da memoria. from Illa Bufarda on Vimeo. Magnífico traballo de Illa bufarda en homenaxe a Carlos Casares, presentado o 9 de marzo, na Noite da Edición da Asociación Galega de Editores.

No tren de Casares

13 Marzo, 2012 (09:31) | Autores, Editores, Galeguismo, In memoriam, Recurso_didáctico, Vídeos |

No tren de Carlos Casares from Illa Bufarda on Vimeo.   Magnífico traballo de Illa bufarda en homenaxe a Carlos Casares, presentado o 9 de marzo, na Noite da Edición da Asociación Galega de Editores.

Onte 187: El repte de publicar en catalá

13 Marzo, 2012 (09:19) | Edición, Editores, Eventos, Lectura, Lingua, Onte, Promoción do libro |

O meu amigo Jordi Ferré, o presidente da Associació d´Editors en Llengua Catalana, envioume «El repte de publicar en catalá», un documento moi interesante froito dunha xornada de reflexión sobre a edición en lingua catalá na que participaron máis de medio cento de editores. Entre as conclusións acadadas anotei unhas cantas: «a eclosión dixital é […]

Dez anos sen Carlos Casares

12 Marzo, 2012 (08:09) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Narrativa, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo lembro a figura de Carlos Casares nos eu décimo cabodano. O pasado día 9 cumpríronse dez anos do pasamento do escritor Carlos Casares. É dificil esquecer o impacto emotivo que a súa perda, tan prematura como inagardada, supuxo para moitos do seus amigos, moito máis cando moi […]

Onte 186: Tras o Congreso de + Galiza

12 Marzo, 2012 (08:07) | Galeguismo, Nacionalismo, Onte, Política |

Tras a decisión unánime do Encontro Irmandiño, tras o acordo de + Galicia de constituírse en partido fóra do BNG, mesmo a pesar do feito (comprensible até o remate dos mandatos) da oposición de once dos seus alcaldes, varios voceiros e do propio Carlos Aymerich, é xa moi difícil defender que o BNG continúa sendo […]

Onte 185: A vitoria de Pachi

11 Marzo, 2012 (14:34) | Galeguismo, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Non agardaba a vitoria de Pachi Vázquez no 12 congreso do PSdeG-PSOE, xa que é a primeira vez que a maioría da militancia socialista se opón aos desexos de Ferraz representados pola candidatura de Espinosa, apoiada de forma explícita por Blanco e Caballero. Aí vexo a clave máis positiva dun resultado continuista que nin resolve […]

Onte 184: Día de premios

10 Marzo, 2012 (17:22) | Eventos, Onte, Premios, Xerais |

Gosto dos premios literarios á obra editada xa que, máis alá da recepción da crítica e das cifras de vendas, expresan a opinión do lectorado cualificado que os outorga, ademais de estimular e recoñecer o traballo do equipo editorial e dos autores. Onte foi un día para ese tipo de premios. Pola mañá soubemos das […]

Onte 183: U-la unidade de acción feminista?

9 Marzo, 2012 (00:37) | Dereitos_humanos, Efemérides, Eventos, Feminismo, Onte |

Magoume que no Día Internacional das Mulleres houbese dúas manifestacións en Vigo, unha convocada polo Consello Municipal da Muller e a Concellaría de Igualdade e apoiada por 23 organizacións de mulleres, na que se exhibiron só reclamos lilas, e outra da Marcha Mundial das Mulleres, apoiada por militantes do BNG e de EU, na que ondearon […]

Onte 182: Toda a Queizán

8 Marzo, 2012 (09:16) | Autores, Efemérides, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais |

Montse Dopico, unha das nosas mellores xornalistas culturais, fixo unha magnífica intervención na presentación en Compostela de Meu pai vaite matar. Enfiando a lectura do libro no marco da obra narrativa, ensaística e poética de María Xosé Queizán definiuno como «novela de teses, sendo a principal, a de toda a súa obra: continuar loitando contra […]

Onte 181: «Ler hoxe» por Daniel Cassany

7 Marzo, 2012 (09:30) | Educación, Eventos, Lectura, Literacidade, Onte |

Convocados polo CFR da Coruña e moderados por Javier Pintor e Xavier Seoane, participei con Laura Borrás e Daniel Cassany nunha intensa mesa redonda sobre «A lectura no século XXI». Foi unha honra compartir reflexións con estas persoas que levan traballado moito sobre as textualidades dixitais. Laura Borrás fixo unha presentación audiovisual moi fermosa, apoiándose […]

Onte 180: Operación Campión

6 Marzo, 2012 (08:12) | Narrativa, Onte, Política, Sociedade |

O sumario da Operación Campión, que comezamos a coñecer na noitiña, será unha fonte de bos argumentos para a novela negra galega dos vindeiros anos. Narcotráfico, subvencións fraudulentas, pagamentos de comisións a políticos de cores diversas, actuación de subasteiros ás portas dos xulgados son algúns dos ingredientes que se van desvelando desta trama tóxica tecida […]

Fenda laboral e igualdade real

5 Marzo, 2012 (07:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Economía, Efemérides, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Sociedade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do 8 de marzo, Día das Mulleres, reflexiono sobre a profunda fenda laboral existente entre homes e mulleres. Ás portas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Gabinete Económico de CC.OO presentou un informe moi clarificador sobre a situación das mulleres […]

Onte 179: Kodak deixa de fabricar película de diapositivas

5 Marzo, 2012 (07:46) | Artes Visuais, Música, Onte, Persoal, Tecnoloxías |

Coñezo por Microsiervos a noticia de que Kodak deixa de fabricar as películas de Ektachrome E 100, as súas derradeiras películas de diapositivas. Kodak estima que tardarán seis meses en agotar os stocks dispoñibles. Rematará así a vida comercial dun produto analóxico moi exitoso que hai tres décadas, cando comezamos a tirar as primeiras fotos […]

Onte 178: Idus de marzo

4 Marzo, 2012 (09:44) | Celta de Vigo, Fútbol, Onte |

A pasada tempada o Celta perdeu as súas posibilidades de ascenso directo cando foi vencido polos efectos dos idus de marzo, unha xeira horrible de derrotas que o afastaron, primeiro, do liderado e, despois, o relegaron á crueldade da promoción. Durante o partido do serán de onte en Pucela tivemos moi presente aquela desfeita. Porén, a […]

Onte 177: Tras da Corda

3 Marzo, 2012 (12:12) | Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais |

Presentamos en Couceiro Tras da Corda, o volume no que Carlos G. Reigosa recolle todos os relatos da súa Comala literaria, o berce de Intramundi no que vivían os Homes de Tras da Corda nas Pucharcas da lembranza. Na editorial concibimos, ademais, esta edición para celebrar o trinta aniversario do narrador de Abeleira, un dos […]

Onte 176: Xesús Couceiro

2 Marzo, 2012 (07:54) | Editores, Librarías, Onte, Premios |

Na reunión da Xunta Directiva da Asociación Galega de Editores acordamos por unanimidade outorgar o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 ao libreiro e editor Xesús Couceiro. Este galardón co que os editores pretendemos cada ano recoñecer o labor realizado por unha persoa a prol da […]

Onte 175: Benvido «Dioivo»!

1 Marzo, 2012 (07:43) | Lingua, Medios, Novidades, Onte, Recurso_didáctico |

É outra beizón contar cun novo xornal dixital en galego, Dioivo, «un medio concibido para contar e contrariar». É moi prometedora a súa declaración de intencións de facer «xornalismo para o país da chuvia», un sintagma que interpretamos como unha orballada, que vai enchoupando conciencias, mais tamén con esoutro ballón teimoso, que pode chegar a […]