Onte 215: Con Valentín
A convocatoria da Fundación Penzol, apoiada polas editoriais Galaxia, Xerais, Ir Indo e Biblos, dunha mesa redonda con motivo da aparición das biografías de Valentín Paz Andrade constituíu un éxito rotundo tanto pola calidade das intervencións como polo numeroso público que ateigou a Casa Galega da Cultura. Charo Portela, autora das dúas publicadas por Xerais, e Xan Carballa da de Galaxia, retrataron a figura literaria, empresarial, xornalística e política de Valentín. Foi moi clarificadora a anécdota final que relatou Carballa sobre a intervención decisiva de Paz Andrade, como membro da Comisión dos nove, para bautizar como tal a Xunta de Galicia, unha das súas tantas achegas políticas escasamente coñecida. O vindeiro 4 de maio será o Club Faro de Vigo quen no Auditorio do Areal convoque a Miguel Anxo Seixas, Xosé Luís Axeitos e X.L. Méndez Ferrín para ofrecer novas dimensións deste home da Galicia que suma. Teño a intuición que a figura de Paz Andrade vai dar moito xogo nos vindeiros meses, sobre todo cando apareza a edición do volume da súas poesía galega completa, preparada por Gregorio Ferreiro Fente para Xerais, que desvelará até nove poemarios inéditos.
Comentarios
Pingback from Logo da mesa-redonda Paz-Andrade | Caderno da crítica
Date: 11 Abril 2012, 10:22 a.m.
[...] Das intervencións de onte realizáronse xa algunhas crónicas como a de Manuel Bragado, a do blog de Galaxia, ou nalgúns xornais. Particularmente quixera salientar as palabras de Charo [...]
Comment from flights to bangkok
Date: 10 Maio 2012, 4:36 p.m.
Taller de Niza, a próxima vez vou probar o meu mellor para participar de tales eventos.
Comment from Fake Watches
Date: 27 Novembro 2012, 8:53 a.m.
Which indicates obtaining reproduction watches will enable you to personal various objects befitting your outfits and event.
Comment from buying papers online
Date: 4 Febreiro 2013, 11:12 a.m.
When everything else physical and mental seems to diminish, the appreciation of beauty is on the increase.
Comment from need a payday loan today
Date: 7 Febreiro 2013, 9:58 p.m.
It is not so difficult to make money online. $2000 loaded from 5% so sit back folks thats. its called content, clear and simple.



Write a comment