Onte 232: Dark butterfly
Librouro quedou moi pequena para acoller a performance de presentación de Dark butterfly, a novela de Rexina Vega. Unha intervención artística magnífica de seis mulleres (Begoña Outeiro, Paz Raña, Lucía Riveiros Vázquez, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez e a propia narradora), que conforman comunidade no Facebook galego, para visibilizar unha obra tan pavorosa como heroica. O documental de Manuel Forcadela achegounos a ese territorio da fraxilidade, unha experiencia humana dolorosa, onde as palabras teñen un papel curativo. Dark butterfly mestura fíos de vida con referencias literarias nun exercicio de escrita catártico, case terapéutico. Unha expresión das posibilidades da literatura como forma de coñecemento, mais tamén como denuncia da estigmatización que a sociedade actual realiza desta enfermidade, a esquizofrenia, sexa nas institucións psiquiátricas ou nas terapias farmacolóxicas. Unha novela que supón a confirmación literaria dunha autora afouta capaz de explorar as caras agochdas da condición humana.
Comentarios
Pingback from Presentación de «Dark butterfly», de Rexina Vega: a literatura como coñecemento | Xerais
Date: 2 Maio 2012, 9:46 a.m.
[...] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas o acto de presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega. [...]
Pingback from «transmuta», de Xabier Cordal, e «Iria», de Anxo Angueira, dúas horas de reflexión literaria na Feira do Libro de Santiago | Xerais
Date: 7 Maio 2012, 8:34 a.m.
[...] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas os actos de presentación de transmuta, de Xabier Cordal, e Iria, de Anxo Angueira. [...]
Pingback from A «Poesía completa», un renacemento para Valentín Paz Andrade | Xerais
Date: 11 Maio 2012, 2:36 p.m.
[...] Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a chegada da imprenta da Poesía completa de Valentín Paz Andrade e a importancia que ten a [...]
Pingback from En Lugo con Waldemar. A reivindicación dun mago aventureiro | Xerais
Date: 18 Maio 2012, 8:21 a.m.
[...] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas a presentación en Lugo de O misterioso Dr. Saa, libro que publicou Xerais, subtitulado A historia [...]
Comment from no employment verification
Date: 7 Febreiro 2013, 9:54 p.m.
The blog itself becomes the money source. And oh, they are not just thrown in together. Its easy to sign up to the agencies database.
Comment from technical writing services
Date: 22 Febreiro 2013, 10:19 a.m.
Favorite post having such an fantastic and useful informative content. Describing good blogging concepts as well as basics that are very much useful in skilled content writing as well.



Write a comment