Category: Adiantos

Salma: “A miña vida”, un interesante texto autobiográfico para descargar

31 Maio, 2011 (17:19) | Adiantos, Autores, Igualdade, Narrativa, Presentacións, Recurso_didáctico, Solidariedade, Traducións, Xerais |

Hoxe no blog de Xerais ofrecemos dous textos para descargar en pdf sobre a novela Despois da medianoite, da escritora tamil Salma: un adianto do primeiro capítulo e outro texto no que relata a súa propia vida. Eis o comezo deste interesantísimo texto autobiográfico (un documento extraordinario sobre a pulsión da escritura e o valor […]

Escoita o 1º capítulo de “Non hai noite tan longa” lido por Agustín Fernández Paz

9 Maio, 2011 (08:53) | Adiantos, Narrativa, Xerais |

Podes escoitar aquí a lectura que Agustín Fernández Paz fai do primeiro capítulo de Non hai noite tan longa, a súa novela máis recente que chega hoxe ás librarías. Ademais, se é a túa preferencia lelo, podes baixar o texto en pdf. A duración da gravación é de seis minutos.

«O meu nome é Luís Ferreiro»

11 Decembro, 2010 (20:28) | Adiantos, Cine, Historia, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/RykYWkYcsiI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/zkUe5__NFIE” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/xTVQchEA9Rk” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Moito lamentamos o pasado xoves o profesor Xesús Alonso Montero e mais eu, durante a viaxe que fixemos a Monforte para presentar a segunda edición das Cartas de republicanos galegos condenados a morte, non poder acompañar a […]

«Todo é silencio» de Manuel Rivas, o segundo capítulo

19 Setembro, 2010 (09:15) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais |

Faro de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Estou convencido que estamos diante dunha novela profundamente fermosa chamada a ampliar a base de lectoras e lectores da novela galega. Dará moito […]

Fidel Castro e Galicia

21 Outubro, 2007 (08:44) | Adiantos, Ensaio, Novidades, Xerais |

No suplemento Estela de Faro de Vigo publícanse hoxe tres páxinas de adianto sobre as relacións de Fidel castro con Galicia extraídas do libro de Ignacio Ramonet (Fidel Castro. A miña vida) que publicaremos a comezos do mes de decembro. Etiquetas: Fidel_Castro._Conversas_con_Ignacio_Ramonet

Entrevista a Agustín Fernández Paz

18 Outubro, 2007 (07:58) | Adiantos, Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

O levantador de minas publica unha entrevista audiovisual con Agustín Fernández Paz e un adianto lido dun dos contos (“Amor do agosto”) que forma parte do seu vindeiro libro (no prelo) O único que queda é o amor. Moi recomendables os dous documentos audiovisuais. Beizóns para Alfredo e Tati!

"To" un conto de Suso de Toro

12 Outubro, 2007 (10:43) | Adiantos, Autores, Narrativa, Recurso_didáctico |

Recomendo moi vivamente a lectura de “To“, un conto (inédito), a penas catro páxinas, de Suso de Toro, aparecido onte nun dos monográficos de verán da Revista das Letras de Galicia hoxe. Un relato sobre o transo do infarto, no que Suso de Toro volve a reflexionar sobre a identidade, neste caso a través da […]

"O señor Lugrís e a negra sombra"

14 Setembro, 2007 (22:39) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Dende hoxe pode baixarse un adianto de cinco páxinas da nova novela de Luís Rei Núñez, que se presentará o xoves 27 de setembro na Libraría Arenas da Coruña (por parte de Manuel Álvarez Torneiro e Laura González Garcés) e o venres 28 en Librouro de Vigo (por Ramiro Fonte). Etiquetas: Luís_Rei_Núñez

Pablo Auladell

5 Setembro, 2007 (11:34) | Adiantos, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

O ilustrador Pablo Auladell emprega o seu blog para adiantar os traballos que vai finalizando. Eis catro ilustracións das que preparou para o novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz (O único que queda e amor), que publicaremos nunha nova colección no vindeiro mes de outubro. Das características da colección e das súas dúas […]

"Illa Soidade", adianto do primeiro capítulo

18 Xuño, 2007 (20:29) | Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Illa soidade, a novela de An Alfaya gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil. Boa lectura! Etiquetas: Premios_Xerais_2007

"Minimaladas", adianto de cinco historias

13 Xuño, 2007 (10:33) | Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF de cinco (das oitenta e catro) minihistorias que conforman Minimaladas, a obra de Carlos López gañadora do Premio Merlín 2007. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

"Cardume", adianto do primeiro capítulo

12 Xuño, 2007 (18:46) | Adiantos, Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. Boa lectura! Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Updike, o adianto de "Terrorista"

7 Xuño, 2007 (10:49) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Terrorista, a primeira obra en galego de John Updike, é a historia de Ahmad Ashmawy Mulloy, un mozo de dezaoito anos que vive en New Prospect, unha antiga vila industrial do estado de Nova Jersey. Fillo de nai irlandesa-americana e de pai exipcio, que os abandona cando non tiña mais que tres anos, Ahmad non […]

Adiantos das novidades de Moure e Regueira

3 Maio, 2007 (15:03) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Dende hoxe poden baixarse os PDF de senllos primeiros capítulos das novelas de Teresa Moure e Mario Regueira que se poñerán á venda no Culturgal. Boa lectura! Etiquetas: Teresa_Moure, Mario_Regueira