Category: Age

Onte 170: Debate sobre os libros de texto dixitais

25 Febreiro, 2012 (12:34) | Age, Editores, Libro de texto, Libro_electrónico, Literacidade, Onte, Tecnoloxías |

Tras a intensa tarde e serán de debate arredor do futuro do libro de texto dixital e do programa Abalar, organizado por Nova Escola Galega, convencinme máis, se me quedaba algunha dúbida, do carácter disrutivo que introduce, tamén na educación, o paradigma da comunicación dixital, ao tempo que da necesidade de acompañar a innovación tecnolóxica […]

Onte 88: As conversas de Culturgal

5 Decembro, 2011 (11:11) | Age, Autores, Beizóns, Cultura, Eventos, Onte, Promoción do libro |

O soño de Culturgal é un proxecto consolidado. Na derradeira xornada o público familiar volveu encher as instalacións do Pazo da Cultura pontevedrés confirmando a tendencia exitosa de xornadas anteriores. Especialmente seguidas polo público foron as conversas de Salón, un modelo atractivo e alternativo ás presentacións convencionais de libros e discos. A este interese non […]

Onte 86: Culturgal 2011

3 Decembro, 2011 (11:03) | Age, Autores, Cultura, Eventos, Lingua, Onte, Presentacións, Vídeos |

Spot Culturgal 2011 from Culturgal on Vimeo. Moi prometedora foi a primeira das xornadas do Culturgal 2011. O proxecto consolídase e mellora con respecto a edicións anteriores. A feira é cada vez máis atractiva. Os espazos reorganizáronse tematicamente, concibidos cada un deles como cuartos da casa común da cultura galega, ao tempo que se facilitou […]

A propiedade intelectual na sociedade dixital: conclusións

14 Novembro, 2011 (16:37) | Age, Edición, Editores |

Reproducimos o interesantísimo texto de conclusións do Simposio O Libro e a Lectura celebrada arredor do tema «A propiedade intelectual e a sociedade dixital»: “Ao remate do VIII Simposio do Libro e a Lectura, centrado este ano no tema “A propiedade intelectual na sociedade dixital”, a Asociación Galega de Editores (AGE) quere facer públicas as […]

A propiedade intelectual na sociedade dixital

8 Novembro, 2011 (09:23) | Age, Edición, Eventos |

O xoves e venres desta semana celebrarase o tradicional Simposio sobre o libro e a lectura da Asociación Galega de Editores que nesta edición xirará sobre A propiedade intelectual na sociedade dixital. Eis o interesante programa, preparado por Fran Alonso, que se desenvolverá no salón de actos do Consello da Cultura Galega, na Praza do […]

Entrevista en «El Ideal Gallego»

21 Setembro, 2011 (07:04) | Age, Editores, Entrevistas, Xerais |

Creo que é interesante recoller a entrevista (pdf) que me fixo Carmen Alonso publicada o pasado domingo nos xornais El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Creo que dá algunhas das claves das nosas preocupacións profesionais deste tempo.

Fomento da lectura, unha nova fronteira para o libro

20 Novembro, 2010 (09:29) | Age, Bibliotecas, Editores, Eventos, Lectura, Librarías, Libro, Recurso_didáctico |

Rematou onte con grande éxito o intensísimo e emocionante simposio arredor do Fomento da Lectura organizado pola Asociación Galega de Editores. Polo seu indubidable interese recollemos o documento de conclusións. Un texto importante que pregamos sexa divulgado. O FOMENTO DA LECTURA: UNHA NOVA FRONTEIRA PARA O LIBRO 1/ A lectura é unha actividade imprescindible para […]

Simposio da AGE sobre o fomento da lectura

20 Outubro, 2010 (20:10) | Age, Eventos, Lectura |

Os días 18 e 19 de novembro celebrarase en Compostela (no centro sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes) o VII Simposio O Libro e a Lectura que organiza a Asociación Galega de Editores. «Fomento da lectura. Unha nova fronteira para o libro» é o tema que artella un programa de conferencias, mesas redondas e […]

Culturgal volve a Pontevedra

20 Outubro, 2010 (19:46) | Age, Eventos, Música, Teatro |

Hoxe presentamos a edición do Culturgal 2010. A Feira das Industrias Culturais Galegas do 26 ao 28 de novembro volve ao Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, o berce onde recibiu os seus primeiros aloumiños en 2007. Un Culturgal moi renovado organizativamente, máis sólido ca noutrora xa que está alicerzado no traballo de seis […]

«Unha literatura infantil e xuvenil sen temas vetados»

11 Setembro, 2010 (12:29) | Age, Edición, Editores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Xerais |

Estes días do Congreso do IBBY no que andamos provocaron que me fixeran varias entrevistas sobre a Literatura Infantil e Xuvenil. Sabrina Rodríguez preparou esta para a axencia EFE baixo este chamativo título: «Manuel Bragado defiende una literatura infantil y juvenil “sin temas vetados”». Agradezo á xornalista o seu esforzo por resumir unha conversa na […]

«A forza do libro galego será a dos lectores»

10 Setembro, 2010 (18:40) | Age, Edición, Editores, Entrevistas, Lingua, Persoal, Xerais |

Moito debe agradecer a Teresa Cuíñas a entrevista que me fixo para as páxinas da edición de Galicia de El País na que se abordan algunhas das nosas análises sobre a actual situación da edición en Galicia.

«A lectura é unha axuda para entender o mundo»

29 Xullo, 2010 (19:53) | Age, Editores, Educación, Lectura, Vídeos |

Velaí a entrevista que me fixeron o pasado luns no programa Bos días da TVG. A conversa (máis de dez minutos) xirou arredor do concepto de lectura e das oportunidades e retos do sector editorial nun proceso de tránsito.

Constituída a asociación «Culturgal»

23 Xullo, 2010 (15:54) | Age, Cultura, Eventos |

Esta noticia non debe pasar desapercibida: o pasado mércores catro asociacións profesionais da industria cultural galega (AGE, AGAPHONO, AGEM e ESCENA GALEGA) asinaron a acta da constitución da Asociación Culturgal e nomearon a súa primeira xunta directiva. A nova entidade, que ten como primeiro presidente ao editor Xulio Amigo e na que está previsto se […]

Lectura e autoestima gremial

16 Xullo, 2010 (19:11) | Age, Editores, Lectura |

Tras a elección de onte, que tanto agradezo aos meus colegas, os medios tiveron a deferencia de entrevistarme. En todos os relatos que fixen sobre as prioridades do novo equipo de editores galegos sempre intentei reiterar dúas: primeira, a fenda de lectura debe formar parte da axenda política; e segunda, o consenso e a cooperación […]