Category: Animación

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

28 Xaneiro, 2012 (18:06) | Animación, Cine, Ilustración, Lectura, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo. The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore, unha historia de fantasía sobre libros e lectura,é unha das curtametraxes de animación nomeadas para esta edición dos Oscars. O eBook para Ipad é, tamén, outra marabilla. Vía Henrique Torreiro. Grazas.

Mound

30 Outubro, 2011 (13:23) | Animación, Cine, Vídeos |

Mound by Allison Schulnik from garaco taco on Vimeo. Para celebrar estes días de Samaín. Vía Trafegando Ronseis.

The Alphabet 2

9 Outubro, 2011 (17:42) | Animación, Artes Visuais, Ilustración, Recurso_didáctico, Tipografía, Vídeos |

The Alphabet 2 from n9ve on Vimeo. Un alfabeto de Alessandro Novelli (en helvética) animado, precioso. Pagan a pena eses dous minutos e medio. Do mesmo autor, eis a primeira versión. tamén magnífica. Vía Librosfera.

O outro libro dinámico

13 Marzo, 2011 (20:51) | Animación, Cine, Libro, Vídeos |

Unha boliña de papel soña con ser un libro. Esta peza de animación de Pablo Delfini obtivo unha Mención Especial no 15 FLVR, Festival Latinoamericano de vídeo Rosario, Arxentina. Se che prestou aquí enlazas con máis pezas de Delfini nas que os libros adoitan estar presentes. A música de Jorge Retamoza é excelente. Grazas Paula.

«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer)

6 Xullo, 2010 (21:50) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Novela gráfica, Vídeos |

A partir de agora cómpre seguir esta páxina con moita atención:Fendas no muro.

Móvete pola lectura

3 Xullo, 2010 (08:46) | Animación, Bibliotecas, Book_trailer, Iniciativas, Lectura, Música, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

O profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro […]

«As palabras máxicas», fermosa experiencia educativa no Porto do Son

2 Xullo, 2010 (15:34) | Animación, Cine, Educación, Gravacións, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

as palabras máxicas from SonCine on Vimeo. O luns 21 e martes 22 de xuño os mozos e mozas do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do noso instituto achegáronse aos colexios de Sobrado-Nebra, Campanario, Xuño e Caamaño para contarlles historias aos nenos e nenas de infantil e, no caso de Nebra, de […]

«Makinaria» de Carlos Negro, unha extraordinaria guía de lectura

29 Maio, 2010 (12:53) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Poesía, Recurso_didáctico, Xerais |

Recomendamos moi vivamente esta extraordinaria guía de lectura en formato web de Makinaria, o poemario de Carlos Negro publicado en Fóra de Xogo. A guía preséntase como un recurso dixital interactivo e multimedia, dirixido a cada un dos lectores do poemario. Como sinalan no blog Trafegando ronseis esta proposta foi elaborada en formato LIM e […]

Tarde feliz na Casa da Lectura

27 Maio, 2010 (22:49) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Persoal |

A de onte foi unha tarde feliz na Casa da Lectura. Moitas grazas.

«Dona Carme», novas versións

26 Maio, 2010 (21:49) | Animación, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Recurso_didáctico, Slideshare |

Dona Carme View more presentations from ryusak10. Dona carme2 View more presentations from carmina4. Procuraba unha versión na rede de Dona Carme para utilizar como apoio visual hoxe na Casa da Lectura, cando atopei estas dúas, a que ilustrou Carreiro en 1990, e a segunda, versionada e protagonizada polos nenos e nenas do Primeiro Ciclo […]

Con «Dona Carme« e «Brancos e negros» na Casa da Lectura

25 Maio, 2010 (08:28) | Animación, Literatura infantil e xuvenil, Persoal |

Mañá á tarde irei contar á Casa da Lectura. É un privilexio que me produce ledicia e, ao tempo, un atrevemento xa que, nestes anos, non hai dúbida ningunha que adestrei pouco. Sei que compartir as palabras e os silencios cos lectores primeiros é unha experiencia irrepetible. Nestas sesións cos picariños o único que me […]

«Pedro e o lobo», sempre unha marabilla

10 Abril, 2010 (10:00) | Animación, Cine, Ilustración, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

Pedro y el lobo from silvinacampos on Vimeo. Como sucede tantas veces, Trafegando ronseis descubriume esta maravillosa peza de animación en stop-motion, gañadora do Óscar no 2008, dirixida por Suzie Templeton e producida conxuntamente entre Inglaterra, TV UNAM- Mexico, Polonia e Republica Checa. Baseáse no conto musical de Sergei Prokofiev Pedro e o lobo, escrito […]

The Incredible Book Eating Boy

26 Novembro, 2009 (23:07) | Animación, Lectura, Libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/gY34G-utxs8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Esta animación que ten como protagonista o libro é unha marabilla. Grazas a Fran por recomendala.