Category: Arquitectura

Onte 44: TSQ

22 Outubro, 2011 (07:52) | Arquitectura, Onte |

Coñecín a nova terminal e aparcamento do aeroporto de Santiago, outra mostra da moderna arquitectura aeroportuaria peninsular, ao xeito dunha versión galega da T4 ou da portuense do Sa Carneiro. Gustoume a amplitude dos espazos e lamentei a precariedade da información ou que os elevadores parlantes non falasen galego. Engulido no ventre da enorme balea […]

Onte 25: Paralízase a CDC

3 Outubro, 2011 (07:04) | Arquitectura, Cultura, Goberno Feijoo, Onte |

Roberto Varela recoñece que é necesario adiar sine die a finalización da Cidade da Cultura. De forma moi sensata o conselleiro asume que a prioridade do seu departamento é o mantemento das industrias culturais galegas (identificado coa conservacións dos seus empregos) e non rematar o faraónico proxecto iniciado polos gobernos de Fraga. Roberto Varela paraliza […]

Onte 20: Vigo, arquitectura perdida

28 Setembro, 2011 (07:05) | Arquitectura, Memoria, Onte, Vídeos, Vigo |

Do fío do meu benquerido Ramón Nicolás cheguei a esta magnífica peza sobre a arquitectura do Vigo perdido, aquel que percorreron Couto arriba os nosos avós, que eran, por certo, irmáns da estirpe Beleira. As marabillas da tecnoloxía permiten recuperar a fasquía primixenia daquelas edificacións pétreas derrubadas ou deturpadas pola avarenta teima «desarrollista». Lonxe da […]

O futuro do Castro

9 Maio, 2011 (06:55) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación do libro de Jaime Garrido, El origen de Vigo. El monte de O Castro y su castillo (Deputación Provincial de Pontevedra 2011), propoño a redacción dun plan director do monte do Castro que preserve o seu patrimoio arquitectónico e natural. Cando queremos fachendear […]

Mar de Vigo

21 Febreiro, 2011 (07:37) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Poesía, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo abordo as razóns do acaído nome que levará o auditorio deseñado polo arquitecto César Portela en Beiramar. «Mar de Vigo» será o nome do Auditorio deseñado polo arquitecto César Portela en Beiramar. Un gran acerto do xurado de personalidades viguesas, constituído como efémero “comité de expertos” para […]

Auditorio VPA

6 Decembro, 2010 (12:46) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Economía, In memoriam, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo propoño que o Auditorio de Vigo, que se inaugurará nos vindeiros meses, leve o nome do emprendedor galeguista Valentín Paz Andrade. A piques de finalizar as obras do Auditorio de Vigo, esa formidable caixa de ferro e cristal que César Portela ergueu detrás dos peiraos de Beiramar, […]

Yesterday’s Bookcase

24 Novembro, 2010 (21:20) | Arquitectura, Artes Visuais, Bibliotecas, Libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/K1_Djh-Qsq8″ width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Ad infinitum, vía Librosfera.

Vigo de onte a hoxe

7 Novembro, 2010 (23:44) | Arquitectura, Historia, Memoria, Recurso_didáctico, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Cd1b4N8Sp2s” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Unha curiosa montaxe realizado por dvigo10. Constitúe un interesante recurso didáctico para coñecer as nosas mudanzas urbanas. Vía McShuibhne.

A recuperación da Panificadora

25 Outubro, 2010 (06:28) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o que suporá a recuperación da Panificadora e a instalación alí da Biblioteca Pública de Vigo.

Pola carretera da vía

25 Xullo, 2009 (13:02) | Arquitectura, Vídeos, Vigo |

Panxón, anos 60 from cmnigran on Vimeo. Este fragmento dun minuto supuxo un auténtico lostregazo para a miña memoria. Cantas veces fixemos esta viaxe no tranvía atá a Ramallosa ou a continuabamos ata Gondomar? Impresiona comprobar como foi modificado o perfil do barrio de San Xoán, onde vivimos hai vinte e cinco anos. Da «feraz […]

A Panificadora emite un S.O.S.

23 Novembro, 2008 (11:22) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.

Vigo, a cidade perdida

18 Setembro, 2008 (07:43) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

Opaco montou este formidable álbum de Picassa no que se recollen duascentas fotos dos arquivos dos fotógrafos vigueses da memoria (Prosperi, Pacheco, Llanos, Magar). Unha fonte de memoria para a nosa cidade de sal. Beizóns. Hoxe recuperamos unha foto do bulevar da Gran Vía, a comezos do 70. (Premer na imaxe para vela máis grande […]

Vigo: Mercado do Progreso

10 Setembro, 2008 (18:21) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

Mercado do Progreso (curca 1911). Arquivo Pacheco Ata os ultimos anos do XIX, os mercados de Vigo eran ao aire libre e celebrábanse nas prazas e rúas céntricas do que fora a cidade amurada. Aos das Prazas da Princesa, Pedra e Constitución, engadiínselles os especificos das Prazas da Herba (Argüelles), da Leña (hoxe Calatrava) ou […]

Vigo: Mercado da Laxe

4 Setembro, 2008 (20:21) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

O meu amigo Celso López Pazos envía unha nova foto do arquivo Pacheco. Reproduzo o seu pé de foto: A esquerda da foto, ao fondo, vese a casa dos Irmans Suarez (1920), obra de José Franco Montes), onde no baixo estivo a cafeteria Sol y Mar e a casa de cambios Etchevarria. Ao seu carón, […]

Vigo: A Gran Vía (1942)

31 Agosto, 2008 (11:31) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

Hoxe recibín por correo estas dúas fotos, pertencentes ao Arquivo Pacheco, do comezo da Gran Vía viguesa (1942). A de arriba corresponde ao inicio da construción do edificio da libraría “La Rápida” (hoxe a zapataría “Curva”), un dos primeiros rañaceos vigueses co estrutura de formigón. A de abaixo corresponde á mazá onde se construíu o […]

Bibliotecas fermosas

9 Setembro, 2007 (10:07) | Arquitectura, Bibliotecas, Imaxes |

Desde aquí pode facerse unha impresionante viaxe fotográfica por algunhas das bliliotecas máis fermosas de todo o mundo. Unha auténtica marabilla para quen teña curiosidade por estes espazos para gardar a memoria das palabras. Pódese ampliar a navegación nas páxinas de flickr. Moi recomendable. Vía Valadés (beizóns). Etiquetas: Bibliotecas

Concelleiros de Urbanismo

8 Setembro, 2007 (09:01) | Arquitectura, Televisión, Vídeos |

O programa Vaya semanita da ETB ten algunhas pezas ben simpáticas. Un modelo (ben podería emulalo a TVG) de como é posible dende as televisións públicas facer humor sobre temas políticos. Os que teñan TDT de R poden velo en Galicia na canle internacional da ETB os sábados. Esta peza sobre “o escaso valor das […]

PXOM de Vigo, o informe de Cultura

11 Marzo, 2007 (21:21) | Arquitectura, Vigo |

Outra vez máis, grazas a Vigoblog podemos ler na rede o que se nos pretende ocultar sobre a tramitación do PXOM de Vigo. Desta volta é o texto completo do informe da Dirección Xeral do Patrimonio (12 folios en PDF). Unha lectura atenta amosa que as modificacións solicitadas pola Consellaría de Cultura ao concello de […]

Finca do Conde

18 Febreiro, 2007 (11:05) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana trato de refrescar a memoria sobre o asunto de Finca do Conde. Etiquetas:Artigos, Finca_do_Conde, Vigo

Escenarios doentes

4 Febreiro, 2007 (11:05) | Arquitectura, Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana recomendo a visita ás exposicións fotográficas Casas doentes de Manuel Sendón e Escenarios de Vari Caramés, das que xa temos falado no blog. Etiquetas: Manuel_Sendón, Vari_Caramés, Fotografía, Galicia

Os pendellos

3 Febreiro, 2007 (08:01) | Arquitectura, Vídeos |

Os pendellos d’Agolada son unha mostra do noso patrimonio vencellado á actividade dos feirantes. Xosé Vázquez Pintor reivindicounos no seu último libro da triloxía dos vellos oficios. Este vídeo –vía Falabarato (moitas grazas)– amósanos a necesidade de protección deste conxunto de arquitectura tradicional. Etiquetas: Agolada, Pendellos

As voltas do Plan

28 Xaneiro, 2007 (10:09) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana volvo coa cuestión do PXOM vigués. Tal como se desenvolveron os argumentos desta semana, cómpre unha inflexión da posición de todos os grupos. Neste contexto de emerxencia, propoño a constitución dunha mesa permanente dos catro grupos municipais para realizar un seguimento consensuado dos traballos de subsanación das deficiencias. Difícil (pensarán algúns), […]

A casa de Lola de Andrés

26 Xaneiro, 2007 (16:58) | Arquitectura, Cine, Presentacións, Sociedade |

Mañá, sábado 27 de xaneiro, preséntase na Forxa de Sardiñeiro A casa de Lola de Andrés de Olaia Sendón Ogando. A proxección do documental, que conta como pode afectar a un pobo pequeno a chegada do bum inmobiliario que asola a nosa costa, supón, a volta, despois de cincuenta anos, do cine ao Sardiñeiro. As […]

AVE e PXOM

21 Xaneiro, 2007 (10:48) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre as causas e as responsabilidades da crise viguesa arredor da paralización da tramitación do PXOM e do adiamento da variante por Cerdedo do AVE. Ben sería nestes asuntos ir diferenciando o gran da palla. Etiquetas: Vigo

Manuel Sendón: casas doentes

15 Xaneiro, 2007 (22:03) | Arquitectura, Artes Visuais, Blogs, Exposicións, Sociedade |

Absolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das […]

Gaiás

7 Xaneiro, 2007 (10:28) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades, Cultura |

No artigo da semana reflexiono sobre a redefinición do complexo de Gaiás. Entendo que a decisión do Goberno Galego de continuar as obras era inevitable. Porén, o dilema que hai por diante agora é facer compatible as expectativas altas cos recursos cos que conta o país. Sen dúbida, as claves para solucionalo serán acertar no […]

Feismo? Destruír un país

19 Decembro, 2006 (22:38) | Arquitectura, Novidades |

Un dos libros dos que máis gustei este ano é Feismo? Destruír un país de Difusora de Letras, Artes e Ideas. Esta edición soberbia e fermosa (oitocentas fotografías), como é adoito en todas as obras da editora de Xavier Paz, propón unha reflexión sobre o feismo (a destrución do territorio humanizado) como fenómeno multipolar. Este […]

Panificadora

17 Novembro, 2006 (06:45) | Arquitectura, Cine, Vigo |

Se hai unha edificación que quero é a Panificadora. Nacín case ao pé deses formidables dez silos cilíndricos de formigón armado que son o berce da memoria da xeración do Polycomander. Vivín a nenez toda baixo o reloxo vital que marcaban as fornadas da Panificadora, esparexendo o arrecendo penentrante dos cornechos e boliños empaquetados na […]

Arquitectura popular en Galicia

15 Novembro, 2006 (09:26) | Arquitectura, Novidades, Xerais |

As intervencións de Manuel Rivas e Pedro de Llano na presentación de onte do libro de Arquitectura popular en Galicia foron memorables.Rivas iniciou o seu parlamento afirmando que “este é un dos libros esenciais de Galicia” para sinalar a continuación que “nas arcas da casa tradicional galega gardábanse os documentos da casa, as alfaias e […]

A cidade perdida

8 Novembro, 2006 (19:29) | Arquitectura, Cine, Vigo |

O vindeiro 17 de novembro estréase A cidade perdida, un documental que pretende pór en valor a arquitectura industrial destruída da cidade de Vigo. Edificios como a Panificadora, Cerámicas Santa Clara ou La Artística son emblemas industriais que non nos poden ser roubados. Beizóns para este esforzo de recuperación da nosa memoria. Agardamos con expectación […]

Entrevista a Pedro de Llano

5 Novembro, 2006 (19:27) | Arquitectura, Entrevistas |

A aparición das nosas edicións recentes de Arquitectura popular en Galicia (en galego e castelán) suscita unha interesante entrevista con Pedro de Llano. Este volume agora moi ampliado e actualizado, un auténtico clásico (editado por vez primeira polo COAG hai vinte anos), propón unha mirada sobre a integración da nosa arquitectura tradicional na paisaxe. Inevitablemente, […]

Abrir Vigo ao Mar

23 Outubro, 2005 (09:21) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana insisto en ir contracorrente. Creo que a insatisfacción polo resultado actual desta actuación urbanística non está no proxecto de Consuegra, senón na falta de sensibilidade e de entendemento, cando non na irresponsabilidade, das tres administracións implicadas, que non foron capaces de finalizalo. A foto do monumento do semi-polbo xigante corresponde ao […]

Premio para "Abrir Vigo ao mar"

15 Outubro, 2005 (14:19) | Arquitectura, Vigo |

É ben extraño que teñamos que saber por El Pais e por outros medios non galegos (os de aquí non se enteraron?) que a intervención “Abrir Vigo ao mar”, deseñada polo arquitecto Guillermo Vázquez Consuegra, foi recoñecida co Premio Arquitectura Española 2005 que concede o Colegio de Arquitectos de España.A nosa abella da ribeira é […]