Category: Campo do Fragoso

Campo de Granada CXXV

4 Xuño, 2012 (06:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vigo |

ARRIBA, CORAZÓNS CELESTES! O serán de onte quedará na memoria, outro engrama celeste nas nosas vidas, o segundo ascenso do século XXI. É certo que o fútbol non compareceu na lameira, a pesar que o Celta foi o equipo con mellor xogo e máis goleiro de toda a categoría durante a maior parte da tempada, […]

Campo do Fragoso CXXIV

20 Maio, 2012 (08:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DETERMINACIÓN É unha beizón para o celtismo a determinación coa que o equipo está encarando cada unha das finais que lle restan na súa pelexa durísima co Valladolid por unha praza de ascenso directo. Asumida e expresada por Paco Herrera, esta convicción de que son necesarias tantas vitorias coma partidos funciona coma unha motivación eficacísima […]

Campo do Fragoso CXXIII

13 Maio, 2012 (09:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

PROBA DE SOLVENCIA O Celta superou con aparente facilidade unha difícil proba de solvencia. Fronte ao perigoso Alcorcón, un dos mellores cadros da segunda volta, demostrou que ten cadro de xogadores e capacidade goleira abondas para, a pesar do paso atrás de Cartaxena, manter as súas aspiracións de ascenso directo. O partido comezou con mala […]

Campo do Fragoso CXXII

29 Abril, 2012 (08:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CREBACABEZAS Os celtistas que acudimos decote a Balaídos –tras o derbi volvimos ser, máis ou menos, os dez mil e pico de sempre– sabemos que o noso equipo nunca defrauda emotivamente. Fronte ao Barsiña de Eusebio ofreceunos todos os estados de ánimo posibles, dende o entusiasmo dos vinte minutos iniciais, nos que Orellana puido marcar […]

Campo do Fragoso CXXI

16 Abril, 2012 (06:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

UN CHANZO POR DETRÁS Cumpríronse os peores agoiros e o Celta caíu no desconto dun derbi moi vibrante e emocionante até o seu remate. Un resultado xusto xa que os celestes estiveron case sempre por detrás dun líder sólido, moi eficiente e experimentado, que con esta vitoria decisiva xa bica o ceo do ascenso. Magoadamente […]

Campo do Fragoso CXX

2 Abril, 2012 (07:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CELTA GALEGO Nove xogadores da Terra, a maioría formados na canteira da Madroa, formaron o equipo inicial dun Celta que confirmou con claridade a súa candidatura ao ascenso directo. A aliñación máis galega que lembramos en décadas, que nin sequera mellorou aqueloutra do ascenso da tempada 68/69, na que xogaban Costas, Manolo, Luis Villar, Lito […]

Campo de Granada CXVIII

12 Febreiro, 2012 (09:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BOA REMONTADA O Celta demostrou fronte ao decano do fútbol español que tamén sabe remontar. Estragou toda a primeira parte, onde estivo tan frío coma a noitiña de sexta feira, sen expresar sobre a lameira algunha mínima idea de xogo. Foi a primeira parte decepcionante e ninguén aventuraba a goleada que finalmente se producíu. Comezou […]

Campo do Fragoso CXVII

5 Febreiro, 2012 (10:13) | Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

FIABLE As estatísticas do Celta nos dous últimos meses amosan que é un equipo fiable. Tras oito partidos sen coñecer a derrota e sete sen encaixar gol ningún, tras acadar vinte puntos sobre vinte e catro posibles, tras converterse nun dos equipo máis goleiros e menos goleados da categoría, ocupa posición de ascenso directo, aínda […]

Campo do Fragoso CXV

18 Decembro, 2011 (09:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

COMPARTIR A cómoda vitoria do Celta fronte ao Guadalajara produciuse debido a que os pupilos de Paco Herrera souberon compartir. Na polisemia de calquera das tres acepcións principais dese verbo transitivo de orixe latina atopamos as mudanzas dun equipo que vemos cada xornada máis sólido e competitivo. Esta semana en senllos bos encontros de copa […]

Campo do Fragoso CXIV

20 Novembro, 2011 (09:27) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SÍNDROME DE FILIAL Creo que ten razón meu irmán Eduardo cando di que este Celta padece a síndrome de filial, eses equipos tan simpáticos para os rivais, gabados por tratar ben a pelota, por ter vontade combinatoria, mesmo por chegar a golear, mais que tamén, finalmente, son doados de superar para os equipos máis feitos […]

Campo do Fragoso CXIII

6 Novembro, 2011 (08:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

YOEL SALVADOR O Celta completou a súa xeira máxica cunha cuarta vitoria, manténdose, ademais, imbatido en Balaídos por terceira xornada consecutiva. Tras un resultado moi axustado e un período de prolongación de nove minutos, no que Yoel salvou a vitoria cunha intervención extraordinaria, o equipo de Herrera emproa o derbi con todo o seu velame […]

Campo do Fragoso CXII

26 Setembro, 2011 (05:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ORELLANAZO O Celta non é capaz de collerlle o fío a esta tempada que, polo visto estes dous primeiros partidos en Balaídos, se agoira será aínda máis difícil ca pasada. O de onte foi un partido maliño que rematou, afortunadamente para os nosos, no derradeiro minuto do desconto cunha extraordinario «orellanazo». Un empate in extremis, […]

Campo do Fragoso CXI

12 Setembro, 2011 (07:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESTRUTURA Non coñezo ningún equipo de fútbol capaz de obter bos resultados que non contase cun porteiro e dous defensas centrais solventes. Sobre esa trepia, non fai falta que sexan tres figuras, dispóñense o resto dos elementos que sosteñen a estratexia dun equipo gañador; xa que da fiabilidade desa estrutura depende, en moi boa medida, […]

Campo do Fragoso CVIII

22 Maio, 2011 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SAPOCONCHO O Celta achégase á primeira eliminatoria de ascenso á velocidade do sapoconcho, puntiño a puntiño. Unha estratexia satisfactoria para os que prefiren valorar todo o camiño percorrido e comproban o acerto de ter aproveitado no inicio as vacilacións dos seus rivais. Porén, unha fórmula moi desacougante, deprimente, para a maior parte dos que non […]

Campo do Fragoso CVII

16 Maio, 2011 (10:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CINCO EN LIÑA Paco Herrera encomendouse á “solución Lotina”, dispoñer a cinco defensas en liña, tres centrais e dous laterais con vontade atacante, para atallar a hemorraxia de derrotas que padece o Celta en Balaídos dende comezos do mes de marzo. Unha solución ensaiada con certo éxito en Salamanca no partido de entre semana e […]

Campo do Fragoso CVI

8 Maio, 2011 (09:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

GROGGY Abondaron apenas vinte e cinco minutos para que o Celta quedase groggy fronte un Girona que viña a Balaídos coa intención de achegarse aos cincuentas puntos que lle asegurasen a continuidade na categoría a vindeira tempada. Un campo que os cataláns sabían moi asequible para acadar este obxectivo xa que o equipo de Paco […]

Campo do Fragoso CV

10 Abril, 2011 (09:33) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

FOCHANCA Non é doado explicar as razóns desta cuarta derrota consecutiva do Celta en Balaídos, nin a xeira tan negativa que arrastra nos dous últimos meses no que apenas obtivo dous puntos de vinte un posibles. Comprendo que diante da impotencia que provoca comprobar como se derruba o noso equipo, coa mesma facilidade dun castelo […]

Campo do Fragoso CIV

28 Marzo, 2011 (09:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EVITAR A DESOLACIÓN O pasado sábado o Celta sofriu baixo un continuo ballón unha das derrotas máis contundentes que lembramos en Balaídos. Un cero a tres fronte a un magnífico Recreativo de Huelva que durante os noventa minutos de xogo mallou sen piedade nos nosos en todas as liñas e puxo en evidencia a profundidade […]

Campo do Fragoso CII

20 Febreiro, 2011 (10:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

LÍDER Agardamos na bancada catro tempadas para que chegase este momento de gloria (que sabemos efémera): o noso Celta é líder na vixésimo quinta xornada. Un éxito, no que moi poucos acreditabamos no pasado mes de setembro. A partir de agora xa ninguén pode dubidar que o seu obxectivo é o ascenso directo. Un liderato, […]

Campo do Fragoso C

16 Xaneiro, 2011 (10:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

HAI MOITA LIGA O empate conseguido fronte ao Xerez, case no derradeiro salaio do encontro de onte, na única ocasión clara de gol que tiveron os andaluces en noventa minutos, evidencia que o Celta para acadar o seu obxectivo, unha das dúas prazas de ascenso directo, non pode renunciar en momento ningún a calidade do […]

Sexto aniversario

3 Xaneiro, 2011 (20:46) | Artigos Faro de Vigo, Beizóns, Blogs, Campo de Granada, Campo do Fragoso, facebook, Fútbol, Goberno Feijoo, Lectura, Lingua, Persoal, Twitter |

A Manuel Rivas, compañeiro de Brétema Hoxe estas brétemas chegan ao seu sexto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.945 (332 neste sexto ano) e 7.933 comentarios (625 en 2010), o que consolida a tendencia apuntada xa o pasado ano dunha ralentización do ritmo de publicación no blog, ao tempo que un claro incremento […]

Campo do Fragoso XCIX

19 Decembro, 2010 (10:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

GOL MOI DOCE Daba gloria ver as facianas de ledicia dos seareiros celestes tras o remate do derradeiro encontro deste ano. Tras case catro meses de competición, este Celta cada semana dálle máis folgos as nosas esperanzas e fainos vibrar con maior intensidade na bancada. Non foi doada nin moito menos esta vitoria fronte ao […]

Campo do Fragoso XCVIII

6 Decembro, 2010 (13:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

VITORIA BAIXO O BALLÓN Os seareiros que decote acudimos a Balaídos temos razóns abondas esta tempada para estar satisfeitos. A primeira, tras varias tempadas confusas podemos enunciar case sen trabucarnos un once ideal: Falcón, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Catalá, Roberto Lago, Bustos, Garai, Álex López, Trashorras, David Rodríguez e Quique De Lucas. Un once ao […]

Campo do Fragoso XCVI

8 Novembro, 2010 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

O CELTA NON CEDE Unha hora e cuarto de xogo case marabilloso non lle abondou ao Celta para dobregar ao Betis, o actual líder. Os de Paco Herrera realizaron un gran partido, impoñendo un ritmo moi intenso de ataque e unha disciplina nas axudas defensivas que lles proporcionou unha clara superioridade en todos os terreos […]

Campo do Fragoso XCV

24 Outubro, 2010 (09:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

A CRÚA REALIDADE Tras senllos empates consecutivos fronte ao Villarreal B e o Granada, o Celta pechou un magnífico ciclo de seis vitorias que nos deixou aos seareiros un sabor moi dóce e obrigou a un exercicio notable de contención da nosa euforia. Porén, volvemos á crúa realidade de enfrontarnos ás dificultades dunha categoría dificilísima, […]

Campo do Fragoso XCIV

27 Setembro, 2010 (07:17) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

A VONTADE DOS GAÑADORES Foi Jorge Valdano, actual director general do Real Madrid, quen acuñou que “O fútbol é un estado de ánimo”. Unha oración afortunada para expresar que o fútbol é un deporte cuxo resultado depende en boa medida da combinación de dous factores, a enerxía e a tensión. Semella que seguindo este esquema […]

Campo do Fragoso XCIII

29 Agosto, 2010 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

COMEZAN AS DÚBIDAS Non, non foi un amigable de verán onde o que interesan son as sensacións que achegan as novas fichaxes e o resultado fica só para os arquivos do palmarés. Non, esta primeira derrota en competición oficial do Celta de Paco Herrera agoira dificultades para un equipo que, tras varias tempadas no foxo, […]

Campo do Fragoso XCI

21 Marzo, 2010 (09:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

TRASHORRAS DECISIVO O Celta, conducido maxistralmente por Roberto Trashorras, obtivo fronte ao Cartaxena unha das máis convincentes vitorias en Balaídos da presente liga. Tres puntos de ouro que, despois do golpe de autoridade da pasada semana en Huelva, deixan ao equipo de Eusebio nunha zona un chisquiño máis temperada da táboa clasificatoria e aos seareiros […]

Campo do Fragoso XC

22 Febreiro, 2010 (08:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SEMENTEIRA Eusebio debeu quedar ben satisfeito co partido realizado polos seus pupilos fronte ao Córdoba. Tras cincocentos minutos sen marcar, un gol en semifallo do internacional Joselu Sanmartín permitíu poñer cabo a unha serie negativa de dous meses sen gañar en competición de liga e a distanciarse un chisquiño das posicións de descenso. Un alivio! […]

Campo do Fragoso LXXXIX

8 Febreiro, 2010 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SEN PEGADA Este Celta de Eusebio é un estilista sen pegada. Ninguén pode negar que o noso adestrador inculcou con enorme paciencia e honestidade no seu cadro un estilo de xogo moi definido, baseado no bo trato da pelota e nun esquema táctico que constrúe o ataque dende a defensa e o xogo defensivo dende […]

Campo do Fragoso LXXXVIII

17 Xaneiro, 2010 (11:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

YELLOW SUBMARINE A intervención do espíquer de Balaídos onte foi autenticamente xenial. Recibiu aos heroes do Madrigal con «Sementeira», a mítica canción de Fuxan os Ventos que fala de esperanza e compromiso, e despediu ironicamente aos colexiados, tras unha actuación deplorable (pésima, lamentable… escolla cadaquén o adxectivo), ao ritmo de «Yellow submarine», unha das cancións […]

Campo do Fragoso LXXXVII

4 Xaneiro, 2010 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Festas, Fútbol |

NADA NOVO Mágoa que algún dos ranchos de Reis, como foi tradición durante tantos e tanos anos,  non desfilase onte no primeiro partido do ano en Balaídos. Con certeza que os seus ritmos de chascarraschás e as espectaculares evolucións dos seus bandeiras animaría un chisco á cada vez máis minguada bancada celeste que comeza outro […]

Campo do Fragoso LXXXVI

14 Decembro, 2009 (07:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

GOLEAN OS DEFENSAS Dous goles formidables de senllos defensas, Roberto Lago e Catalá, salvaron do cesamento inevitable a Eusebio e, por fin, despois de varios meses, permiten saír ao Celta das posicións de descenso. Despois do triunfo en Girona, esta segunda vitoria consecutiva proporciona un chisquiño de acougo para seareiros e membros do consello de […]

Campo do Fragoso LXXXV

22 Novembro, 2009 (11:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

A PACIENCIA AGÓTASE Ninguén agoiraba a debacle de onte fronte ao Villarreal B, o único filial da categoría. Os de Eusebio amosaron a súa faciana máis fea, tanto na primeira parte cando tiveron algunhas oportunidades e demostraron a súa incapacidade total para marcar, como na segunda cando foron arrollados polos mociños amarelos e quedaron envurullados […]

Campo do Fragoso LXXXIV

8 Novembro, 2009 (13:30) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BENDITA VITORIA! Custou ferro e fariña que tras seis partidos na casa o Celta de Eusebio obtivese onte fronte ao pechacancelas a súa primeira vitoria da tempada. Non abondaba coas boas sensacións amosadas polo equipo en empates obtidos en xornadas anteriores, nin tampouco as dúas claras vitorias de Copa, o Celta precisaba gañarlle hoxe ao […]

Campo do Fragoso LXXXIII

26 Outubro, 2009 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SÓ FALTOU O GOL O mellor Celta da tempada só puido empatar diante do Rayo Vallecano, polo visto onte en Balaídos e a pesar da súa moi boa situación na táboa clasificatoria, un equipo vulgariño que agasallou toda a pelota o Celta e apenas pretendeu defenderse agardando poder estricarse nun par de contragolpes. Ninguén pode […]

Campo do Fragoso LXXXII

11 Outubro, 2009 (18:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESTE CELTA NON VAI Pepe Murcia e a súa panda de veteráns viaxaron a Vigo coa intención moi clara de impedir que este renqueante Celta de Eusebio confirmase unha certa recuperación diante dos seus seareiros. E abofé que debeu saír satisfeito abondo con este empate que funde ao Celta nas posicións de descenso. Tras a […]

Campo do Fragoso LXXXI

27 Setembro, 2009 (12:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CAMIÑO BRETEMOSO A clara derrota fronte ao Hércules profundiza a crise do Celta e agoira que esta será outra tempada na que, como nas dúas anteriores, percorreremos un camiño bretemoso, cheo de dificultades, co perigo constante de perder a categoría diante dos nosos fuciños. Tras quince puntos desputados, os dous empates acadados polos celestes son […]

Campo do Fragoso LXXX

30 Agosto, 2009 (09:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SE NON HAI VENTO, BOGAR O encontro da primeira xornada é sempre decisivo xa que adoito sinala os niveis de expectativa para toda a tempada: loitar polo ascenso ou pola permanencia. Magoadamente onte o Celta non foi capaz de rachar esa tendencia negativa, consolidada nos últimos campionatos de segunda división, que lle impide estrearse cunha […]

Campo do Fragoso LXXIX

24 Maio, 2009 (12:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ARGUMENTO COÑECIDO Para os que imos cada quince días a Balaídos non foi sorpresa ningunha o empate diante do Murcia, que afunde ao equipo noso un pouco máis nese escuro territorio das tebras e fantasmas da perda da categoría. Magoadamente, o encontro desenvolveuse cun argumento ben coñecido: un inicio moi esperanzador, no que o Celta […]

Campo do Fragoso LXXVIII

11 Maio, 2009 (06:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ABISMO No serán do pasado sábado o Celta deu un chimpo de xigante para precipitarse no abismo e enterrar máis de oitenta anos da afouta historia do fútbol atlántico. Unha auténtica temeridade. Un suicidio deportivo. Os seis mil resistentes da bancada –os que non desertamos da causa celeste, a pesar de vivir en Balaídos fracaso […]

Campo do Fragoso LXXVII

27 Abril, 2009 (06:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EQUIPO DE XIZ Foi o mineraloxista alemán Friedrich Mohs quen agrupou aos minerais nunha escala dividida en dez graos de distinta dureza, que vai do grao 1, o dos minerais moi brandos, como o talco e o xeso, que se raian coa uña, até o grao 10, o dos máis duros, como o corindón ou […]

Campo do Fragoso LXXVI

13 Abril, 2009 (07:37) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

QUE ALIVIO? Con enormes dificultades e bastantes doses de fortuna o Celta conseguiu gañar ao Córdoba e romper así esa desastrosa serie dunha ducia de partidos sen coñecer a vitoria. O sufrido e raquítico un a cero supón para os nosos un enorme alivio na clasificación, permitíndolles afastarse das posicións de descenso (quedan xa a […]

Campo do Fragoso LXXV

30 Marzo, 2009 (07:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

UN EQUIPO CONXELADO No frío serán do pasado sábado o Celta volveunos dar outro desgusto tremendo. Fronte a un Albacete inofensivo, que non disparou a portaría nin nunha soa ocasión, o equipo demostrou que hogano é incapaz de gañar un partido e superar a situación de parálise emocional na que entrou de forma súbita hai […]

Campo do Fragoso LXXIV

15 Marzo, 2009 (10:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESPERANZA INCERTA O partido fronte ao Elxe foi dos máis entretidos que recordamos ultimamente. Ao longo do encontro, o Celta de Eusebio Sacristán pasou da euforia inicial á depresión súbita, de amosar durante unha parte do encontro sinais dunha implosión letal que o levaba á desintegración a unha certa recuperación do nivel do seu xogo […]

Campo do Fragoso LXXIII

8 Marzo, 2009 (10:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

NOVA AGONÍA A esperanza dun renacer celeste da man de Eusebio Sacristán durou apenas corenta e cinco minutos. Durante este primeiro período o Celta semellaba un equipo de estrea: novo técnico de gostos refinados na banda, novo debuxo táctico máis ofensivo (4-3-3) cun trivote inédito de mediocampistas (Rosada, Michu, Trashorras), defensa moi adiantada e presionante, […]

Campo do Fragoso LXXII

22 Febreiro, 2009 (10:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

RIDÍCULO O Éibar gañou con todo merecemento e autoridade a un Celta ridículo, sen corazón nin cabeciña ningunha, un equipo o noso que hai un mes perdeu o horizonte do seu soño. Tras seis partidos sen coñecer a vitoria, anotando na táboa clasificatoria só dous puntos de dezaoito posibles, o equipo de Pepe Murcia descartouse […]

Campo do Fragoso LXXI

9 Febreiro, 2009 (02:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DESILUSIÓNNa matinal de onte o Castellón gañou cos maiores merecementos a un Celta que volve dirixir a súa faciana cara o abismo. Nas últimas tres semanas os celestes obtiveron apenas un punto de doce en xogo, malogrando o esforzo da súa difícil remontada outonal e afastándose moito (non sabemos si xa definitivamente) das prazas clasificatorias […]

Campo do Fragoso LXXX

19 Xaneiro, 2009 (07:18) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

TOQUE TRASHORRASO sábado á noite houbo que agardar oitenta longos minutos para que a ledicia do gol comparecese en Balaídos. Foi a entrada de Trashorras no campo, nese momento, a que permitiu que a súa primeira intervención fose botar unha falta, dende a banda dereita, cun toque tan preciso e ben medido que permitiu a […]

Campo do Fragoso LXIX

5 Xaneiro, 2009 (02:24) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BENVIDO OUBIÑATodo o encontro co magnífico Hércules foi moi desputado e igualado. Se ben na primeira, os dous conxuntos acusaron os efectos da paradiña do nadal, a segunda parte foi excepcionalmente competida e emocionante ata o seu derradeiro minuto. Os alacantinos xa avisaron no primeiro cuarto de hora, cun xute perigoso dende fóra da área […]