Category: Asociacionismo

Onte 268: Premios da Crítica Galicia

3 Xuño, 2012 (10:04) | Asociacionismo, Cultura, Galeguismo, Internet, Onte |

Abrimos a web dos Premios da Crítica Galicia, outro dos proxectos en man común nos que me sinto orgulloso de participar. A renovada Fundación  –da que turra con enorme xenerosidade, dende hai trinta e cinco anos, o editor Bieito Ledo– é un espazo plural, independente e interxeracional que pretende acrisolar a tradición dende o diálogo […]

«A forza das minorías» Congreso IBBY, Compostela 2010

2 Maio, 2009 (11:22) | Asociacionismo, Eventos, Exposicións, Literatura infantil e xuvenil |

Gustoume o o proxecto gráfico deseñado por Xan López Domínguez para o espazo web do Congreso do IBBY 2010 en Compostela. Xa se coñecen algúns dos primeiros nomes de conferenciantes, seminarios ou de actividades dunha cita extraordinaria e decisiva para o sector editorial galego. [Poden colocarse banners no blog e descargarse folletos co avance do programa]

Un Náutico para o século XXI

27 Maio, 2007 (10:25) | Artigos Faro de Vigo, Asociacionismo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a polémica na que está inmerso o Club Náutico de Vigo. Etiquetas: Artigos, Náutico_Vigo

Ameixeiras en Ribeira

11 Xaneiro, 2007 (07:25) | Asociacionismo, Autores, Efemérides, Narrativa, Xerais |

Barbantia

3 Novembro, 2006 (18:27) | Asociacionismo |

O traballo do editor permíteme viaxar moito polo país sexa para presentar as nosas novidades ou sexa para contactar con autores ou colectivos que nos poidan achegar novos contidos. Unha experiencia que me permite ir coñecendo o tecido asociativo do eido cultural e literario, moito máis dinámico do que, xeralmente, se reflicte nos medios impresos […]

Nova directiva para a AGE

19 Xuño, 2006 (19:27) | Asociacionismo, Cultura, Editores |

Hoxe eliximos unha nova xunta directiva da asociación de editores. Producíuse unha profunda renovación de persoas e unha continuidade do proxecto de profesionalización do gremio, iniciada polo equipo presidido por Fernán Vello. Ábrese, pois, unha etapa moi esperanzadora –encabezada por un dos editores máis veteranos e comprometidos co libro galego, Alfonso García Sanmartín– para a […]

Cambios na AGE

29 Maio, 2006 (19:45) | Asociacionismo, Editores |

Hoxe na asemblea da AGE decidiuse que as eleccións para elixir nova Xunta Directiva serán o luns 19 de xuño. Miguel Anxo Fernán Vello, o noso presidente, amosou o desexo de entregar a testemuña a un novo equipo. Os que colaboramos estreitamente con el, durante estes dous anos de intenso traballo, non podemos máis que […]

Mesa de Traballo de Editores e Libreiros

15 Novembro, 2005 (19:30) | Asociacionismo |

Información sobre a reunión que mantivemos editores e libreiros o luns pasado.É inexplicable que o presidente da Xunta non nos recibira despois de dous meses de telo solicitado e que a Mesa Técnica, constituída o 15 de setembro, para analizar as consecuencias da implantación da modalidade de préstamo para o libro escolar, dende entón non […]

Directiva de editores

29 Abril, 2005 (08:03) | Asociacionismo |

Onte tivemos reunión da Xunta Directiva da AGE. Dedicamos a maior parte do tempo ao debate sobre os contidos do convenio que pretendemos asinar coa CRTVG para a promoción do libro galego na televisión (faremos á compañía unha proposta a vindeira semana). Quedamos moi apesarados coa baixa de Positivas, da que carecemos de explicacións e […]

Reunión de editores

3 Marzo, 2005 (21:42) | Asociacionismo |

Hoxe directiva e asemblea de editores. Oito horas, con xantar na raxaría incluído, deron para moito. Para saber do rumor (máis que fundado) de que Planeta pretende comezar a editar proximamente en galego, iniciándose no xénero infantil e xuvenil; para confirmar o inicio da emisión da segunda canle da TVG (como a chamarán TVG2?) antes […]