Category: Autonómicas_09

Unha Galicia esgazada

18 Abril, 2009 (13:36) | Autonómicas_09, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Ao longo desta semana non tiven oportunidade de publicar anotación ningunha sobre o debate de investidura. Sobre a cuestión, remito ás publicadas por Perfecto Conde, Ian e Antón Baamonde, todas as tres moi interesantes. Porén, hoxe seguín os actos de investidura de Alberto Núñez Feijoo pola Radio Galega e pola transmisión que María Yáñez realizou en […]

A responsabilidade dos bipartios municipais

15 Marzo, 2009 (10:39) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a responsabilidade decisiva dos bipartitos municipais para visualizar a existencia dunha alternativa ao poder conservador. Creo que ineludible abandonar o seu modelo bipolar, apostando polo transversalismo e o consenso.  Ilustración: Vigoblog.

A realidade explicada a nenos e nenas

12 Marzo, 2009 (19:58) | Autonómicas_09, Blogs |

Esta anotación de Lándoas é absolutamente recomendable. Unha análise potente sobre o novo escenario político tras as elección do primeiro de marzo. Outrosí sucede coas análises demoscópicas de Fermín Bouza, dende o seu Voto con botas, e da completísima e modélica de Calidonia. Parabéns para estes tres amigos blogueiros que amosan a madurez e o […]

A lingua e as présas de Feijoo

8 Marzo, 2009 (10:26) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Lingua |

No artigo da semana de Campo de Granada abordo o dilema que debe resolver Feijoo arredor da promoción do galego. Reproduzo o texto xa que non aparece na web de Faro de Vigo. A lingua e as présas de Feijoo As declaracións recentes de Alberto Núñez Feijoo sobre a súa intención de recuar dende a […]

Programa sobre o libro e a lectura do PPdeG

7 Marzo, 2009 (15:17) | Autonómicas_09, Cultura, Libro |

Bo é coñecer o programa sobre o libro e a lectura elaborado polo Partido Popular de Galicia. Un texto que pode orientar aos profesionais do sector do libro galego sobre os compromisos asumidos polos gañadores das eleccións. Entre estes compromisos programáticos non podemos deixar de salientar: a mudanza da modalidade de grauidade do libro de […]

Derrota para unha xeración

2 Marzo, 2009 (19:25) | Artigos_Xornal.com, Autonómicas_09, Política |

Se repasamos as liñas dos resultados do ciclo electoral iniciado en 1989, cando Fraga gañou as súas primeiras galegas, non é moi difícil agoirar que estatisticamente deberemos agardar máis dunha década (2021 ou 2025) para contar en Galicia cun goberno que devolva as boas expectativas e o alento de esperanza co que, hai case catro […]

Eleccións Galegas 2009

1 Marzo, 2009 (11:28) | Autonómicas_09 |

Interferencias, novo anuncio do BNG

25 Febreiro, 2009 (23:08) | Autonómicas_09, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KAGsOq1ORkY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Co novo anuncio electoral do BNG pásame o mesmo que co primeiro (o famoso “Eu son Anxo Quintana” leva 50.000  visionados, un exitazo!). En ambos os dous casos o relato visual é eficaz, mesmo impactante, porén, dende un punto de vista semántico é horroso, cando non politicamente reaccionario. Esa […]

A campaña da FPG

22 Febreiro, 2009 (12:17) | Autonómicas_09, Política, Vídeos |

object height=”344″ width=”425″> A FPG está promovendo unha campaña ben xeitosa. Merece o noso interese o anuncio e a cuña, pasando polos textos do blog do candidato (X.L. Méndez Ferrín), ao completo programa. Sería magnífico que a esquerda independentista que defende a República Galega entrase no Hórreo.

Quintana en Oia

20 Febreiro, 2009 (20:36) | Autonómicas_09 |

Se foi tal como o contan hoxe diversos medios, trátase dun erro lamentable, e non abonda para desculpalo co argumento de que non foi un acto organizado polo BNG nin pola Vicepresidencia ou que a súa denuncia forma parte da «campaña contra o nacionalismo». Por moito agarimo e simpatía que teñamos a Quintana, non podemos […]

Os partidos e o libro

19 Febreiro, 2009 (21:25) | Autonómicas_09, Libro |

Interesante esta información de culturagalega.org na que se recollen as propostas programáticas dos tres partidos arredor do libro e da edición. Todas as tres fan referencia na lei de bibliotecas e no apoio á industria editorial. O Partido Popular propón dedicar o 2010 como «Ano da Lectura», unha proposta que temos feito repetidamente nestas brétemas.

Un erro gravísimo de Feijoo

18 Febreiro, 2009 (21:04) | Autonómicas_09, Política |

A cancelación do debate a tres por parte da CRTVG, obrigada pola estratexia de Feijoo, creo que liquida as posibilidades (escasas) do PP-G de obter a maioría absoluta. Sei que estes días a moitos nos entrou o medo no corpo diante da decepcionante campaña de Touriño, que moi pouco pode mobilizar aos indecisos progresistas a […]

«Se resides, decides»

16 Febreiro, 2009 (20:58) | Autonómicas_09, Política |

Adherinme á plataforma «Se resides, decides». Velaí a declaración fundacional: O pasado 12 de Febreiro foi constituída en Compostela unha plataforma cidadá que baixo o lema «Se resides, decides» traballará por conseguir a reforma en profundidade da actual Lei Orgánica de Rexime Electoral Xeral (LOREG, 5/1985) que regula o dereito de sufraxio e o seu […]

Transversalidade

15 Febreiro, 2009 (10:42) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana analizo algúns dos datos da enquisa máis recente do CIS (pode baixars en pdf) e propoño unha reflexión para que na previsible segunda lexislatura do bipartito algunhas cuestións pendentes, temas de país, sexan abordados dende unha perspectiva transversal.

Enamorada de Feijoo

29 Xaneiro, 2009 (20:24) | Autonómicas_09, Blogs, Política |

«El busca mi voto, yo le busco a él» Ten vinte e tres anos e vive en Lugo. Vía Galicia Confidencial

Voto acreditado

27 Xaneiro, 2009 (01:39) | Autonómicas_09, Política |

A reclamación presentada polo PSOE diante da Xunta Electoral Central (XEC) sobre a necesidade que os inscritos no censo de residentes ausentes que voten nas eleccións galegas do primeiro de marzo incorporen a súa papeleta o DNI ou pasaporte é unha lamentable (por non dicir vergonzosa) torpeza política. Con esta reclamación os responsables socialistas, encabezados […]

Autonómicas: ollo con Pontevedra!

21 Xaneiro, 2009 (21:57) | Autonómicas_09, Política |

A entrada de Corina Porro na lista do PPG de Pontevedra é unha noticia que non debe pasar desapercibida. Razóns de moito peso debeu valorar a ex-alcaldesa de Vigo para abandonar o seu escano no Senado e a poderosa vicepresidencia da Deputación. Motivo que albisco debe residir nese segredo que circula sotto voce sobre os […]

Eu son Anxo Quintana

16 Xaneiro, 2009 (23:53) | Autonómicas_09, Humor, Política, Televisión |

Idus de marzo

4 Xaneiro, 2009 (10:07) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana reflexiono sobre a coincidencia elecoral provocada polo lehendakari.Ao texto acáelle coma anel a magnífica viñeta do amigo Kiko Dasilva publicada onte en La Voz de Galicia. Grazas.