Category: Balance_2010

Balance 4/2010: o Ano do Libro e da Lectura que non o foi

31 Decembro, 2010 (14:43) | Balance_2010, Bibliotecas, Cultura, Goberno Feijoo, Lectura |

Magoadamente cumpríronse os peores agoiros e o chamado «Ano do Libro e da Lectura», declarado pola Xunta de Galicia, non o foi, nin sequera foi unha sombra daquel ano bonsai que previamos hai un ano. Magoadamente e moi ao noso pesar, nin houbo un programa específico de fomento da lectura, nin houbo un desenvolvemento do […]

Balance 3/2010: «Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares», Espazo Lectura e Trafegando Ronseis

31 Decembro, 2010 (11:29) | Balance_2010, Bibliotecas, Educación, Lectura, Promoción do libro, Recurso_didáctico |

A pesar do fraquísimo «Ano do Libro da Lectura» promovido pola Consellaría de Cultura, as experiencias de fomento da lectura en Galicia colleron en 2010 un importante pulo en Galicia. Entre todas elas destaca pola súa dimensión e enorme transcedencia o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), promovido dende o curso 2005/2006 pola Consellería […]

Balance 2010/2: a coherencia de Agustín Fernández Paz

29 Decembro, 2010 (10:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua |

Sei que para moitos  non son a persoa máis axeitada para considerar a Agustín Fernández Paz como a figura literaria do ano. Ademais de ser o seu editor, úneme con el unha fonda amizade e un seguimento da súa traxectoria autoral e profesional dende hai case trinta anos, razóns polas que dificilmente podo ofrecer obxectividade. […]

Balance 2010/1: «Todos vós sodes capitáns» de Oliver Laxe

28 Decembro, 2010 (16:03) | Balance_2010, Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

Coñecín a Oliver Laxe o pasado ano no xurado do Premio Cinema e Ciencia que promove ese infatigable e xeneroso amigo que é Martin Pawley. Naqueles dous días quedei deslumbrado polo discurso de Oliver, pola súa poética cinematográfica, literaria ou pictórica e, sobre todo, pola súa ansia teimosa en perseguir na conversa a beleza nos […]

O máis destacado no eido da lectura en Galicia (2010)

26 Decembro, 2010 (18:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Bibliotecas, Cine, Clubs_lectura, Cultura, Narrativa, Xerais |

Propóñome ao longo desta derradeira semana do ano escribir varias anotacións de balance sobre o que entendo foron as noticias máis destacadas no eido da lectura neste 2010 que remata: O premio Fipresci que en Cannes recibiu Todos vós sodes capitáns, a película de Oliver Laxe [a pesar de tratarse de cinema, é unha noticia […]