Category: Beizóns

Onte 285: Antón Sobral

20 Xuño, 2012 (06:57) | Artes Visuais, Beizóns, Cultura, Onte, Poesía |

Gustoume moito acompañar a Antón Sobral no serán no que recibiu o «Premio de Pontevedreses do ano 2011» no eido da cultura outorgado por Diario de Pontevedra. Antón, felizmente xubilado, tras máis de tres décadas como profesor de arte, é un mestre na difícil arte da vida lenta, do exercicio peripatético que nos fai cidadáns. […]

Novo vídeo de Karpinha

16 Xuño, 2012 (22:28) | Beizóns, Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Vídeos |

Karpinha volve recoller toda a emoción do celtismo na xornada do ascenso. A vindeira tempada, xa en primeira, máis.

Onte 273: Homenaxe Nacional a Agustín Fernández Paz

8 Xuño, 2012 (06:46) | Autores, Beizóns, Educación, Homenaxes, Onte, Vigo |

Marcos Pérez Pena pediume que en apenas trinta segundos expresase as razóns polas que Agustín Fernández Paz merece unha Homenaxe Nacional. Non hai dúbida que aos membros da Cerna de Prolingua –a promotora desta iniciativa civil aberta a todos os amigos e amigas, admiradores e admiradoras do escritor– moveunos o afecto e o desexo de expresar […]

Onte 267 Carteis para celebrar o cincuentenario

2 Xuño, 2012 (10:16) | 17_de_maio, Artes Visuais, Autores, Beizóns, Efemérides, Ilustración, Iniciativas, Onte, Promoción do libro |

As primeiras xuntanzas dos xurados dos Premios Xerais 2012, impedíronme participar no fermoso acto organizado pola RAG nos coruñeses xardíns de san Carlos para presentar «A volta ás Letras en cincuenta días». 50 deseñadores e 50 autores crearon 50 carteis nos que se homenaxea a cada un dos escritores que protagonizaron o 17 de maio, […]

Onte 232: Dark butterfly

28 Abril, 2012 (10:15) | Autores, Beizóns, Narrativa, Onte, Presentacións, Vigo, Xerais |

Librouro quedou moi pequena para acoller a performance de presentación de Dark butterfly, a novela de Rexina Vega. Unha intervención artística magnífica de seis mulleres (Begoña Outeiro, Paz Raña, Lucía Riveiros Vázquez, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez e a propia narradora), que conforman comunidade no Facebook galego, para visibilizar unha obra tan pavorosa como heroica. O […]

Onte 206: Nova Escola Galega, Pedrón de Ouro 2012

1 Abril, 2012 (16:26) | Beizóns, Educación, Educación_para_a_Paz, Galeguismo, Lingua, Premios |

Nos días difíciles é cando máis se agradecen as boas noticias. Nova Escola Galega recibirá o domingo 20 de maio o premio Pedrón de Ouro. Recoñécese así o seu labor de tres décadas a prol da galeguización educativa e da renovación pedagóxica en todas as etapas e eidos do sistema educativo. Expreso a miña gratitude […]

Onte 127: Tourilandia

13 Xaneiro, 2012 (09:33) | Beizóns, Humor, Onte, Televisión, Vídeos |

Excelente primeiro programa de Tourilandia. Nalgúns momentos rin a cachón, sobre todo no derradeiro treito, durante a entrevista co profesor de fútbol David Vidal na que se matizaron as diferenzas entre os verbos ‘saber’ e ‘entender’, un auténtico combate retranqueiro. Memorable foi, tamén, a versión de “Ai si me opero”, explorando as fronteiras desta TVG […]

Bo ano Ferreiro!

31 Decembro, 2011 (19:54) | Autores, Beizóns, Efemérides, Música, Poesía, Vídeos |

Bo ano Celso Emilio Ferreiro! Saúde, traballo e lectura galega para todas! Agardo que o ano novo sexa sereno e ventureiro. Con todos os abrazos e beizóns. [Todos os anos adoito este noite de fin de ano facer unha homenaxe aos meus admirados Oasis. O pasado ano fixen unha excepción con Lois Pereiro, que repetirei […]

Bo Nadal!

24 Decembro, 2011 (11:35) | Beizóns, Ilustración, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Ilustración de Noemí López para Trece noites, trece lúas.

Onte 105: Sermos Galiza

22 Decembro, 2011 (09:50) | Beizóns, Iniciativas, Lectura, Lingua, Medios, Onte, Vídeos |

A iniciativa social Sermos Galiza consolídase. A piques de rematar a primeira fase de capitalización prevista, as persoas promotoras confesan que apenas falta un 10% dos 300.000 euros previstos como capital social fundacional para crear este grupo de comunicación en galego. Unha moi boa noticia para pechar un ano difícil para o sector da comunicación […]

A utopía como vieiro. Beizóns para Xosé Manuel Beiras

17 Decembro, 2011 (16:06) | Autores, Beizóns, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

Non puiden acompañar ao grande Xosé Manuel Beiras na súa grande e merecídisima homenaxe nacional. Esta intervención de Eduardo Galeano, reivindicando a utopía como vieiro, solicitando o dereito a soñar, reclamando o dereito ao delirio de soñar outro mundo (Galicia) posible, sei que lle gusta moito a Xosé Manuel. Agradézolle a localización do vídeo a […]

Onte 91: Anfiteatro GZ radio

8 Decembro, 2011 (12:50) | Beizóns, Blogs, Lingua, Música, Novidades, Onte, Radio |

Conectei o blog de xeito permanente con Anfiteatro GZ radio, unha emisora libre que emite en Internet en galego as vinte e catro horas coa intención de fomentar a música e a literatura de noso. Polo momento, emite só música, cunha importante presenza da galega, aínda que pretende completar a programación con novas de actualidade […]

Onte 88: As conversas de Culturgal

5 Decembro, 2011 (11:11) | Age, Autores, Beizóns, Cultura, Eventos, Onte, Promoción do libro |

O soño de Culturgal é un proxecto consolidado. Na derradeira xornada o público familiar volveu encher as instalacións do Pazo da Cultura pontevedrés confirmando a tendencia exitosa de xornadas anteriores. Especialmente seguidas polo público foron as conversas de Salón, un modelo atractivo e alternativo ás presentacións convencionais de libros e discos. A este interese non […]

Onte 83: Agustín en Guadalajara

30 Novembro, 2011 (13:28) | Autores, Beizóns, Eventos, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Onte |

Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín. Foi memorable o acto de entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil que onte recibíu apupado por centos de lectores e lectoras. A moi fermosa laudatio de María Jesús Gil emocionounos moito, moito, tanto pola calidez do retrato humano e literario presentado […]

Onte 51: An Alfaya

29 Outubro, 2011 (08:20) | Autores, Beizóns, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais |

A viguesa libraría Librouro encheuse na presentación de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2010. A magnífica e clarificadora intervención de Ramón Nicolás salientou a importancia dunha obra na que se formulan algunhas preguntas esenciais sobre os problemas do ser humano no […]

Onte 12: a illa do pensamento

20 Setembro, 2011 (06:50) | Beizóns, Cultura, Eventos, Goberno Feijoo, Onte |

Foi a terceira vez que participo nestes meses de verán nunha das actividades que se realizan na Illa de san Simón. Tras o ditame dos Premios Xerais en xuño e o Galeuscat de editores de xullo, desta volta a cita foi para intervir no interesantísimo foro que sobre o futuro das industrias culturais, no marco […]

Juan Farias, in memoriam

14 Xuño, 2011 (18:12) | Autores, Beizóns, Ilustración, In memoriam, Literatura infantil e xuvenil |

David Pintor enviounos este fermoso retrato de Juan Farias, que preparou para a homenaxe que lle fixeran ao ferrolán o pasado ano en Villaviciosa de Odón. Farias foi un grande de literatura infantil e xuvenil, un rebelde permanente, que rompeu tantas barreiras de temas e de enfoques para  un xénero que el axudou moito a […]

#Xerais11

12 Xuño, 2011 (19:25) | Beizóns, Premios, Xerais |

Esta foi a fin de semana dos Premios Xerais. No blog da editorial fixemos xa anotacións abondas sobre un serán que resultou intenso, interesante e festeiro. A grande novidade deste ano foi, sen dúbida, a irrupción de Twitter. No hastag #xerais11 pode seguirse todo o que se dixo e a conversa que se mantén aberta. […]

José Luís Gómez sae de «Xornal»

2 Abril, 2011 (11:15) | Beizóns, Goberno Feijoo, Medios |

Segundo Xurxo Salgado, responsable de Galicia Confidencial, foi a raíz da publicación o pasado luns desta fotografía, na que Rajoy aparece a bordo do buque Moropa en 2009, propiedade de Manuel Baúlo, a causa que provocou a saída de José Luís Gómez da dirección de Xornal de Galicia. Semellaría que Jacinto Rey, o propietario do […]

Agustín Fernández Paz candidato ao premio Andersen

25 Febreiro, 2011 (13:37) | Autores, Beizóns, Premios |

Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen. Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras. O fallo […]

Bravo por Raül Agné, adestrador do Girona

13 Febreiro, 2011 (13:45) | Beizóns, Fútbol, Lingua, Vídeos |

Bravo por Raül Agné. O comportamento do adestrador do Girona merece toda a nosa admiración. Beizóns!

Sexto aniversario

3 Xaneiro, 2011 (20:46) | Artigos Faro de Vigo, Beizóns, Blogs, Campo de Granada, Campo do Fragoso, facebook, Fútbol, Goberno Feijoo, Lectura, Lingua, Persoal, Twitter |

A Manuel Rivas, compañeiro de Brétema Hoxe estas brétemas chegan ao seu sexto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.945 (332 neste sexto ano) e 7.933 comentarios (625 en 2010), o que consolida a tendencia apuntada xa o pasado ano dunha ralentización do ritmo de publicación no blog, ao tempo que un claro incremento […]

Bo ano Lois Pereiro!

31 Decembro, 2010 (19:06) | 17_de_maio, Beizóns, Efemérides, Música, Poesía, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0FnflOFfusM” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Bo ano Lois Pereiro! Procuremos a enerxía necesaria! Saúde, traballo e lectura galega para todos e todas. Con todos os abrazos e beizóns. [Únome á iniciativa de Marcos Calveiro, recuperando o tema «Narcisismo» de Radio Océano sobre un texto do poeta Lois Pereiro. Os meus queridos Oasis saberanmo perdoar.]

Balance 2010/2: a coherencia de Agustín Fernández Paz

29 Decembro, 2010 (10:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua |

Sei que para moitos  non son a persoa máis axeitada para considerar a Agustín Fernández Paz como a figura literaria do ano. Ademais de ser o seu editor, úneme con el unha fonda amizade e un seguimento da súa traxectoria autoral e profesional dende hai case trinta anos, razóns polas que dificilmente podo ofrecer obxectividade. […]

Balance 2010/1: «Todos vós sodes capitáns» de Oliver Laxe

28 Decembro, 2010 (16:03) | Balance_2010, Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

Coñecín a Oliver Laxe o pasado ano no xurado do Premio Cinema e Ciencia que promove ese infatigable e xeneroso amigo que é Martin Pawley. Naqueles dous días quedei deslumbrado polo discurso de Oliver, pola súa poética cinematográfica, literaria ou pictórica e, sobre todo, pola súa ansia teimosa en perseguir na conversa a beleza nos […]

O máis destacado no eido da lectura en Galicia (2010)

26 Decembro, 2010 (18:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Bibliotecas, Cine, Clubs_lectura, Cultura, Narrativa, Xerais |

Propóñome ao longo desta derradeira semana do ano escribir varias anotacións de balance sobre o que entendo foron as noticias máis destacadas no eido da lectura neste 2010 que remata: O premio Fipresci que en Cannes recibiu Todos vós sodes capitáns, a película de Oliver Laxe [a pesar de tratarse de cinema, é unha noticia […]

Recordando a Ana Kiro

25 Setembro, 2010 (12:26) | Beizóns, In memoriam, Música, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TMoTfPdeOhI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Son sincero, no meu Itunes teño máis de catro mil cancións, das cales case novecentas son de música galega, e entre elas non hai ningunha de Ana Kiro. Porén, que musicalmente non me interesara nunca non quere dicir que esta muller afouta na defensa da cultura de noso, insignia […]

Vieiros, beizóns!

24 Xullo, 2010 (10:26) | Beizóns, Internet, Libro_electrónico, Lingua |

Vieiros acompañoume, día a día, durante quince anos. Con Vieiros aprendín a navegar por Internet e da súa man soñei cun país normal na rede. En día tan triste no que se despide, a miña humilde e agradecida homenaxe e reproducir un anaquiño do traballo que publicarei no vindeiro Grial sobre o nacemento do libro […]

«Todos sodes capitáns», beizóns para Oliver e Martin Pawley

23 Maio, 2010 (19:09) | Beizóns, Cine, Premios, Vídeos |

O éxito extraordinario da película de Oliver Laxe merece as nosas beizóns. Como tamén o apoio que lle leva proporcionando tan discretamente o noso admirado Martin Pawley. Para eles dous as miñas maiores beizóns.

Emoción e correspondencia

9 Maio, 2010 (19:25) | Beizóns, Blogs |

Recibida esta beizón por parte de tres blogs amigos (Ferradura en tránsito, Desvelando as mentiras de Feijóo e Por un BNG de futuro e con futuro), a pesar de que non son moi amigo de participar nestas cadeas, procedo a cumprir senllas encomendas que en nós se delega. – Os elixidos teñen que incrustar a […]

Grazas, moitas grazas

18 Abril, 2010 (19:20) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios |

Foi a de onte para min unha noite memorable. Catro obras de Xerais premiadas e, se isto xa non abondase, o premio para Brétemas (bautizado pola COPE como Nieblas) como Blog literario. Máis non se pode pedir. En todo caso, é de xustiza agradecer de corazón aos membros da AELG este recoñecemento, que sei desmesurado, […]

Un síntoma preocupante

18 Marzo, 2010 (23:17) | Beizóns, Clubs_lectura, Cultura, Goberno Feijoo |

Esta noticia podería ser un síntoma dunha doenza preocupante. É incomprensible que se valore con apenas 83,53 euros o proxecto presentado na maís recente convocatoria de axudas pola Lonxa Literaria de Moaña, un dos primeiros Clubs de Lectura do país, tanto pola súa antigüidade, traballo ininterrompido dende hai sete anos, como polo calidade, diversidade e […]

Agustín e Xabier no canon

14 Febreiro, 2010 (12:33) | Autores, Beizóns, Homenaxes, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Xerais |

Deixei pasar uns días para comentar a que será unha das noticias culturais máis importante dos últimos anos: dous libros infantís galegos son considerados polos maiores especialistas iberoamericanos entre os dez mellores do seculo XX. O feito de que Contos por palabras de Agustín Fernández Paz e Cando petan na porta pola noite de Xabier […]

O CCG analiza e propón

2 Febreiro, 2010 (17:42) | Beizóns, Goberno Feijoo, Lingua |

Pareceume moi atinado o ditame do Consello da Cultura Galega sobre as «Bases para a elaboración do Decreto de Plurilingüismo». O seu carácter analítico e propositivo, ao mesmo tempo, a súa insistencia sobre os aspectos sociolíngüisticos e educativos (deixando os xurídicos ao criterio do Consello Consultivo), compleméntanse como anel co texto elaborado pola Real Academia […]

«55 mentiras sobre a lingua galega», primeiro libro de ProLingua

26 Xaneiro, 2010 (19:41) | Beizóns, Iniciativas, Lingua, Presentacións, Recurso_didáctico |

Paréceme extraordinaria esta iniciativa de ProLingua de publicar un libro que desmonta aos prexuízos e as mentiras tecidos arredor do idioma noso, ao tempo que a magnífica idea de presentalo de forma simultánea (o serán do 5 DE FEBREIRO) en [polo momento] cincuenta e seis localidades galegas e do mundo enteiro. Esta multipresentación expansiva vai […]

Ferrín presidente

25 Xaneiro, 2010 (08:31) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Beizóns, Campo de Granada, Cultura |

No artigo da semana en Faro de Vigo (desta volta publicado en luns) parabenizo a X.L. Méndez Ferrín con motivo do seu nomeamento como presidente da Real Academia Galega. Entendo que esta é unha noticia feliz para a nación dos galegos, tanto por tratarse da figura cimeira da cultura galega contemporánea, como dunha das personalidades […]

Premio de Fervenzas Literarias

20 Xaneiro, 2010 (19:27) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios |

Recibo con sorpresa a noticia de que os lectores e lectoras de «Fervenzas Literarias» declararon estas Brétemas como o mellor blog de 2009. É este o primeiro recoñecemento que recibe o traballo do blog nestes cinco anos de andaina, razón pola que non podo estar máis que agradecido. Beizóns!

RAG, beizóns!

18 Xaneiro, 2010 (21:51) | Beizóns, Goberno Feijoo, Lingua |

Síntome orgulloso de pertencer a un país que ten institucións propias como a Real Academia Galega. Xa expresamos a nosa opinión sobre os contidos do seu documento de análise das «Bases do decreto de plurilingüismo», un texto que pasará á historia de noso. Abondan poucos adxectivos: firme, rigoroso, delicado, extraordinario! Os membros do plenario da […]

Don Paco, home luz

7 Xaneiro, 2010 (18:08) | 17_de_maio, Autores, Beizóns, Bibliotecas, Cultura, Efemérides, Vigo |

Don Paco, Francisco Fernández del Riego, recibiu esta tarde unha pequena homenaxe con motivo do seu noventa e sete aniversario. Un grupo de amigos e amigas reuniuse na viguesa praza de Compostela, onde vive, para render tributo a quen durante toda unha vida leva laboreando de forma infatigable por un ideal noble: organizar en Galicia […]

Os blogs xa non son o que eran

5 Xaneiro, 2010 (09:27) | Beizóns, Blogs, Entrevistas, Persoal |

Arturo Losada de Xornal de Galicia tivo a amabilidade de facer unha reportaxe con motivo do quinto aniversario destas brétemas e dos blogs do meu amigo Jaureguizar. Os blogs (e, loxicamente, os blogs en galego) mudaron de fasquía e funcionalidade non hai dúbida ningunha, mais non morreron e nunca tantos se actualizan cada día na […]

Quinto aniversario

3 Xaneiro, 2010 (10:10) | Beizóns, Blogs, Persoal |

Hoxe estas brétemas chegan o seu quinto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.623 (383 neste quinto ano)  e recibidos 7.308 comentarios, cifras que amosan unha certa ralentización do ritmo de publicación con respecto a anos anteriores. Un feito ao que sabemos non son alleas nin a nosa intensa participación no blog de Xerais […]

AGARDO QUE NO 2010 NON FALTE VENTO NAS VELAS

31 Decembro, 2009 (18:27) | Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/N9kdHXrJYF8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Agardo que no 2010 non falte vento nas velas, que boa falta nos fai. Saúde, ventura e lectura galega. Con todos os abrazos e beizóns. [Velaí a miña tradicional homenaxe a Oasis na fin de cada ano.]

O ceo non sabe de fronteiras

24 Decembro, 2009 (12:47) | Beizóns, Efemérides, Ilustración |

Texto e ilustración extraídos de Valados de Agustín Fernández Paz e Xan López Domínguez.

50

14 Decembro, 2009 (07:52) | Beizóns, Persoal |

Hoxe fago cincuenta anos. Agustín Fernández Paz, cando pasou esta liña no tempo, descubriume un poema de Jorge Luis Borges, titulado «Límites», que dende entón tiven moi presente. Permitinme a ousadía de traducilo para recollelo tal día coma hoxe: Hai unha liña de Verlaine que non volverei lembrar, Hai unha rúa próxima que esta vedada […]

Xerais, Herta Müller e o Nobel

8 Outubro, 2009 (19:06) | Autores, Beizóns, Premios, Traducións, Xerais |

Falaba cun xornalista cando souben da concesión do Nobel a Herta Müller, a escritora romanesa de lingua alemá. Pensei que era unha brincadeira e díxenlle tan farruco que non me soaba de nada. A verdade é que axiña me decatei que se trataba da autora d’ O home é un grande faisán no mundo, obra […]

Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro

23 Setembro, 2009 (21:03) | Beizóns, Iniciativas, Promoción do libro, Publicidade, Vigo |

Este serán, agardando polo vitrasa para volver do chollo, sorprendeume a publicidade da traseira do bus dos Caños: «Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro». A bonita iniciativa marqueteira, que tamén de promoción lectora, corresponde a Óptica Studio, unha cadea de ópticas nacida en Cangas hai trinta anos e na que nunca reparara. Esta oferta […]

Textos de Agustín nos vagóns do Metro

15 Setembro, 2009 (22:02) | Autores, Beizóns, Ilustración, Imaxes, Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico |

Vímolos esta fin de semana en Madrid en varios vagóns do Metro. Forman parte da campaña Libros a la Calle, organizada, outro ano máis, polos libreiros e editores madrileños. Non podo agachar a miña enorme alegría pola presenza entre os textos dun de Agustín Fernández Paz (pertence ao seu multipremiado O único que queda é […]

Fútbol, bandeira e lingua

5 Setembro, 2009 (19:24) | Beizóns, Fútbol, Iniciativas, Lingua |

Afeitos como estamos a dar conta de malas noticias, enchémonos de fachenda de abeizoar ao Club Deportivo Lugo ao Pontevedra Club de Fútbol, dous dos clubes de fútbol galego da 2º B, xa que decidiron incorporar a bandeira galega no colo da camiseta os lucenses e no seu escudo os do «hai que roelo».  A […]

«Clandestino» na noite na biblioteca

28 Xuño, 2009 (09:43) | Beizóns, Bibliotecas, Clubs_lectura, Lectura, Música, Portugal, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Mf3tRK1e0RM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Ben sabemos que Deolinda é unha marabilla. Este «Clandestino» (unha das miñas cancións preferidas) é  apenas a miña pequena homenaxe para os lectores e lectoras que pasaron esta noite na biblioteca. Os membros de Espazo Lectura son os clandestinos da esperanza. Beizóns!

Continuará “Libro Aberto”?

12 Xuño, 2009 (11:45) | Beizóns, Libro, Promoción do libro, Televisión |

Acabamos de recibir  a carta de despedida de Luís Rei Núñez, o director do programa “Libro Aberto”. Despois de 127 programas “Libro aberto” consolidouse como o espazo de referencia para a promoción do libro galego en televisión. Magoadamente a nova dirección da TVG, que acaba de suprimir o “Servizo de Cultura”, non asegura a continuidade […]