Category: Blogs_e_libros

3000

12 Marzo, 2011 (12:19) | Blogs, Blogs_e_libros, Internet, Literacidade, Persoal |

Esta semana de intenso traballo, na que puxemos cabo a docencia no Máster de Edición,  non dispuxen até agora de acougo para publicar esta anotación, que fai as 3.000 destas brétemas. Cando hai máis de catro anos publicabamos a número 1000, e dous anos despois a 2000, tamén aproveitabamos para reflexionar sobre o fenómeno blog, […]

Finalistas dos Premios AELG 2011

4 Marzo, 2011 (23:21) | Autores, Blogs, Blogs_e_libros, Narrativa, Poesía, Premios, Traducións |

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán […]

Fervenzas Literarias, o mellor de 2010

18 Xaneiro, 2011 (07:56) | Blogs, Blogs_e_libros, Cultura, Iniciativas, Internet, Persoal, Premios, Promoción do libro |

Velaí o palmarés do mellor de 2010 de Fervenzas Literarias, outorgado pola votación de máis de cincocentas persoas na rede. A nosa gratitude polo que lle corresponde a Brétemas como o mellor blog do pasado ano.

BlogDay 2010

31 Agosto, 2010 (18:18) | Blogs, Blogs_e_libros, Efemérides, Lingua, Recurso_didáctico |

Seguindo a tradición de cada 31 de agosto recomendo cinco novos blogs que descubrín ao longo deste ano: Carta xeométrica: unha referencia diaria de rigor no combate cívico a prol da lingua galega. Planeta dos Equipos de Normalización Lingüística: un agregador dos cada día máis numerosos blogs dos Equipos de Normalización Lingüística. Unha ferramenta imprescindible […]

A promoción editorial en Internet

3 Marzo, 2010 (09:01) | Blogs_e_libros, Book_trailer, Edición, facebook, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Twitter |

Esta tarde retomamos as sesións do «Mestrado en Edición», unha experiencia docente que nos está axudando a sistematizar a reflexión sobre o noso traballo. Dedicaremos á promoción editorial en Internet a primeira sesión. Aquí deixamos en pdf os apuntes que elaboramos e utilizaremos en clase. Ademais, recomendaremos o traballo sobre o magnífico documento de Anatomía […]

Edición e actividade editorial

22 Febreiro, 2010 (19:22) | Blogs_e_libros, Edición, Recurso_didáctico |

Xa está operativo o blog da materia de «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición no que participamos. No blog publicaremos os docentes e o alumnado sobre todas as cuestións referidas aos contidos da materia.

Edición e actividade editorial

17 Febreiro, 2010 (08:24) | Blogs_e_libros, Comercio do libro, Edición, Editores, Libro, Recurso_didáctico |

Hoxe comezamos a nosa docencia do módulo «Edición e actividade editorial» no Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago. Velaí a bibliografía básica que propoñemos manexe o alumnado durante estas catro semanas: Fontes impresas libros: Blanco Valdes, Juan (2009): Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, Xerais Cassany, Daniel (2006): Tras las […]

Blog Day 2009

31 Agosto, 2009 (17:45) | Blogs, Blogs_e_libros, Editores, Efemérides |

Como xa fixemos noutras edicións, hoxe como é o Día do Blog, aproveitamos para felicitar a todos os blogueiras e blogueiras e para recomendar a lectura de 5 blogs doutras comunidades e linguas irmás da nosa que eu leo adoito co maior interese: Amálgama, blog colectivo brasileiro, que descubrín durante a crise de Gaza. e […]

Os blogs nos libros de texto

15 Xaneiro, 2009 (00:53) | Blogs_e_libros, Libro de texto |

Sorpréndeme que Marcus e, logo outros chuceiros, consideren unha anécdota a presenza dos blogs nalgún dos libros de texto de lingua e literatura galegas recentes de Xerais. Máis alá dunha anécdota ou dunha presenza puntual, o interese pola textualidade electrónica está presente en todos os libros das novas series para ESO e de BAC. En […]

Batume, blog de Manuel Lourenzo González

13 Novembro, 2008 (09:43) | Autores, Blogs_e_libros |

Acabamos de coñecer a primeira anotación de Batume, o blog aberto por Manuel Lourenzo González ao fío da publicación d’ O xardín das pedras flotantes, premio Xerais de Novela 2008. Un moi prometedor blog literario. Beizóns e longa travesía!

«Diario Cultural», magnífico blog

6 Novembro, 2008 (20:02) | Blogs, Blogs_e_libros |

Magnífico o blog do Diario Cultural da Radio Galega. Convertirase, como xa o é dende tanto tempo o seu programa diario, nun dos referentes da nosa información cultural. Os cortes das gravacións do arquivo do programa constitúen un recurso textual excelente. Beizóns para Ana Romaní e o seu equipo.

Conspiración de lectores

8 Outubro, 2008 (15:15) | Blogs_e_libros, Promoción do libro |

Coñecín este fermoso traballo realizado polos clubs de lectura do Colexio Helios que traballa a edición en castelán d’ O único que queda é o amor, o libro de relatos de Agustín Fernández Paz. Un traballo escolar coa rede detrás. Para tomar boa nota.

Blog Day 2008

31 Agosto, 2008 (12:45) | Blogs, Blogs_e_libros, Efemérides |

Hoxe é o Blog Day e como é adoito en semellante día corresponde recomendar cinco blogs de diversas comunidades e linguas. Aí vai a miña proposta deste ano para seguir tecendo a rede de blogs e libros: Cadeirão Voltaire (non confundir co blog de Jaureguizar), interesante blog literario en portugués de Sara Figueiredo Costa, unha […]

Blog da sección de Crítica da AELG

25 Xaneiro, 2008 (20:40) | Blogs, Blogs_e_libros, Críticas, Polémicas |

A sección de Crítica da AELG animouse a abrir un blog. A súa primeira anotación sae ao paso das manifestacións do académico Franco Grande. Recollo un parágrafo ben significativo do seu contido: “Na súa opinión a crítica literaria galega debería contar cos atributos de ser orientativa e non pedante, no caso de que ela existise, […]

Os libros de mañá

22 Xaneiro, 2008 (20:28) | Blogs_e_libros, Eventos |

Mañá acompañaremos a un fato de bos amigos e a unha mestra blogueira que debatirán sobre “Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes”. Semella moi interesante.

Rede blogs e libros

30 Setembro, 2007 (18:51) | Blogs_e_libros |

A iniciativa de Txetxu participamos na rede social de Blogs e libros. Consolídase así, tras a iniciativa do censo de Tramas e texturas, un espazo na rede sobre blogs, libros e lectura. Etiquetas: Blogs_libros

Blogs e libros

18 Setembro, 2007 (19:47) | Blogs, Blogs_e_libros |

Txetxu volve á carga propoñendo a realización dun censo de blogs relacionados co libro e a lectura. As referencias serán publicados no blog da revista Trama & texturas (que xa prepara o seu número 3). Actualización (23-09-2007): A referencia de Brétemas. Etiquetas: Blosg_libros