Category: Book_trailer

Booktrailer de Miguel Abad da triloxía «Dragal» de Elena Gallego

18 Xuño, 2012 (19:49) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos, Xerais |

Miguel Abad preparou para a triloxía «Dragal« de Elena Gallego, o que entendo é o mellor booktrailer da edición en galego.

Book People Unite

2 Xuño, 2012 (19:04) | Book_trailer, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos |

Interesante canción de promoción da lectura preparada por Reading is Fundamental. Via Booktailors.

Dark butterfly

1 Maio, 2012 (18:59) | Book_trailer, Narrativa, Novidades, Xerais |

Magnífico o booktrailer que Manuel Forcadela preparou para Dark butterfly, a novela de Rexina Vega. O mércores, 2 de maio, ás 20:00 horas acompañaremos á autora, Rosa Enríquez e Armando Requeixo na nova presentación da novela que terá lugar na Feira do Libro de Santiago.

Books Shape You

29 Abril, 2012 (20:36) | Book_trailer, Lectura, Libro, Promoción do libro, Vídeos |

Interesante peza do NZ Book Council de promoción da cultura do libro. Vía Ronseis.

Libros e lectura

7 Abril, 2012 (10:50) | Book_trailer, Lectura, Libro, Vídeos |

Showtime Beyond Promo and Feature Presentation Intro 2008.

Onte 205: Novela sen palabras

31 Marzo, 2012 (13:28) | Book_trailer, Cómic, Ilustración, Narrativa, Novela gráfica, Novidades, Onte, Recurso_didáctico, Vídeos |

Un bo amigo agasalloume un libro marabilloso, La ciudad de Frans Masereel. Esta novela sen palabras do xilógrafo belga, publicada por vez primeira en 1925, realizada con gravados en madeira, constitúe un extraordinario precedente do que hoxe cualificamos como novela gráfica. O contraste entre a escuridade das escenas cotiáns dos barrios obreiros da cidade e […]

Onte 56: «Tinta»

3 Novembro, 2011 (08:55) | Book_trailer, Edición, Librarías, Libro, Narrativa, Novidades, Onte, Vídeos |

A miña curiosidade leva a interesarme por aqueles libros sobre o mundo libro. Así chegou ás miñas mans Tinta, a novela de Fernando Trías de Bes, que onte rematei durante a ventada viaxe a Madrid. Enguedelleime decontado nunha intriga de libros, ambientada nun entorno da edición clásica (a Maguncia de comezos do século XX), construída […]

Poesía un Santo Remedio

24 Outubro, 2011 (17:25) | Book_trailer, Poesía, Promoción do libro, Vídeos |

Vía Livros só mudam pessoas.

Tintimán, o booktrailer

11 Abril, 2011 (19:15) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Vigo, Xerais |

O libro

17 Marzo, 2011 (22:26) | Book_trailer, Libro, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

Entre as pezas arredor do libro, esta é unha das máis logradas. Moitas grazas a Trafegando ronseis.

É un libro

7 Febreiro, 2011 (17:32) | Book_trailer, Lectura, Libro, Vídeos |

Fermoso booktrailer dun libro sobre libros de Lane Smith. Vía Librosfera.

«Periferia», booktrailer non oficial

26 Xaneiro, 2011 (08:11) | Autores, Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yZqL38C8A4c” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Magnífico e impactante booktrailer non oficial arredor da novela Periferia de Iolanda Zúñiga.

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

18 Xaneiro, 2011 (20:49) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

«Periferia» de Iolanda Zúñiga, o booktrailer

16 Decembro, 2010 (22:18) | Book_trailer, Narrativa, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/6aoTiBbM4iQ” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de Periferia de Iolanda Zúñiga, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. O guión e a realización, como as anteriores pezas deste tipo promovidas por Xerais, é de David Rodríguez.

«Asasinato no Consello Nacional», booktrailer

23 Novembro, 2010 (19:25) | Book_trailer, Narrativa, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ZGHPUxRISnQ” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de promoción da novela Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras, editada orixinalmente ne lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez.

No país das vacas, booktrailer

18 Novembro, 2010 (22:29) | Artes Visuais, Book_trailer, Economía, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

Novo booktrailer, desta volta No país das vacas de Xurxo Lobato.

«Todo é silencio», o booktrailer

9 Novembro, 2010 (21:22) | Book_trailer, Narrativa, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/hza4zvhKPz4″ width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de promoción da novela Todo é silencio de Manuel Rivas, editada orixinalmente en lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez. A música e a interpretación é de Lara Domínguez.

Os booktrailers, anuncios e bolsas da Librería Gandhi

7 Agosto, 2010 (11:53) | Book_trailer, Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Trafegando ronseis recupera hoxe algúns dos anuncios da mexicana Librería Gandhi. A verdade é que sempre me gustaron (uns máis ca outros) pola súa simplicidade e o seu carácter provocador. Particular interese ten a súa liña de bolsas, unha idea que podiamos emular os editores galegos. Velaí unha versión de «El dinosaurio« de Augusto Monterroso, […]

«O pracer de aprender» (1992)

14 Xullo, 2010 (07:03) | Book_trailer, Educación, Hai..., Libro de texto, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo. A historia da edición en Galicia aínda está por facer. Velaí esta peza publicitaria (hoxe chamaríamola «book-trailer», como estoutra a primeira da historia da edición en galego) que preparamos en Xerais hai dezaoito anos para presentar nos centros de Primaria e […]

Móvete pola lectura

3 Xullo, 2010 (08:46) | Animación, Bibliotecas, Book_trailer, Iniciativas, Lectura, Música, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

O profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro […]

A Coruña, a cidade que le, convoca un concurso de biblioclips

2 Xuño, 2010 (14:43) | Bibliotecas, Book_trailer, Lectura, Premios, Promoción do libro, Publicidade |

Onte na presentación de Níxer na Casa Museo Casares Quiroga tiven oportunidade de comprobalo unha vez máis: o concello da Coruña en cuestión de lectura é un modelo a seguir. Xa non é só o funcionamento modélico da rede de Bibliotecas Municipais, agora tamén o é a súa campaña transversal de animación lectora que baixo […]

A promoción editorial en Internet

3 Marzo, 2010 (09:01) | Blogs_e_libros, Book_trailer, Edición, facebook, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Twitter |

Esta tarde retomamos as sesións do «Mestrado en Edición», unha experiencia docente que nos está axudando a sistematizar a reflexión sobre o noso traballo. Dedicaremos á promoción editorial en Internet a primeira sesión. Aquí deixamos en pdf os apuntes que elaboramos e utilizaremos en clase. Ademais, recomendaremos o traballo sobre o magnífico documento de Anatomía […]

A arte do book trailer

30 Xullo, 2009 (17:39) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ZS9rltzpgzw” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hai tempo que non recolliamos novos book trailer, esas pezas publicitarias audiovisuais de promoción do libro. O noso bo amigo Leroy Gutiérrez recolle nesta anotación algúns moi bonitos da editora portuguesa Livros de Areia. Leroy considera que estas pezas portuguesas posúen as catro características principais que eu traduzo debe […]

Book trailer XII: «O livro inclinado»

16 Maio, 2009 (09:34) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Portugal, Promoción do libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0EzJWtf9LbI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Vía Blogtailors (grazas).

Pó dos livros

9 Xullo, 2008 (16:44) | Book_trailer, Librarías, Portugal, Publicidade, Vídeos |

Eis como se anuncia na rede a libraría Pó dos livros. Un novo tipo de booktrailer. O blog desta libraría independente é magnífico, sobre todo a utilización dos vídeos e da música.Tirado de Blogtailors.

Book trailer XI: "O carteiro de Bagdad"

28 Marzo, 2008 (10:54) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos |

Magnífico o book trailer d’ O carteiro de Bagdad, o precioso libro de Marcos S. Calveiro. Parabéns a Edelvives pola iniciativa.

Book trailer X: Premios 2008

2 Marzo, 2008 (11:53) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

The Bookseller ten unha páxina dedicada aos mellores book trailers do ano. É moi interesante o modelo de produción destes book-trailers, froito da colaboración da National Film & Television School coa revista Bookseller, con Play.com (unha distribuidora de produtos culturais por internet) e coa editora Random House Group. É doado comprobar que, mesmo no mercado […]

Book trailer IX: "Santa Matriusca"

23 Decembro, 2007 (10:24) | Autores, Book_trailer, Narrativa, Vídeos |

A idea do book trailer vai cundindo tamén no sector editorial galego. Con esta peza anúnciase Santa Matriusca, a próxima novela de Iria López Teijeiro que publicará Biblos. Etiquetas: Iria_López_Teijeiro

Book trailer VIII

25 Novembro, 2007 (16:26) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade |

A nosa teima sobre os book trailer vai estendéndose. No mes de decembro, como fixemos o pasado ano, faremos unha pequena campaña na TVG e na rede cun book trailer sobre O señor Lugrís e a negra sombra, a novela de Luís Rei Núñez. Etiquetas: Book_trailer

Book trailer VII

7 Setembro, 2007 (16:24) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

A primeira experiencia de book trailer dun libro galego foi a d’ O home inédito, a novela de Carlos G. Meixide que publicou en formato electrónico A Rotonda edicións (tamén a primeira en galego en formato Creative Commons) e, logo, en papel, Rinoceronte. Tamén poden considerarse como book trailers os anuncios de televisión que preparamos […]

Book trailer VI

6 Setembro, 2007 (17:19) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Non hai dúbida de que Tökland é o espazo en español máis inquedo e interesado sobre a promoción do libro empregando as ferramentas audiovisuais. Ao fío da nosa revisión sobre o fenómeno dos book trailer (ou video books) recordaban onte un book trailer que realizaron a iniciativa de Javier Celaya sobre La aventura ambigua, publicado […]

Book trailer V

5 Setembro, 2007 (19:24) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Na revisión que vimos facendo das experiencias dos book trailers non podía faltar a dos livroclips que promove o Canal do livro brasileiro e da que xa temos dado noticia. A pesar de que esta é unha experiencia máis modesta cas producións canadianas ou italianas, é moi atractiva, como se pode comprobar nestas pezas sobre […]

Book trailer IV

3 Setembro, 2007 (16:51) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Este book trailer da novela Shadow man de Cody McFadyen (editada por Bantam) recibiu o premio ao mellor book trailer (ou book video) do ano 2006. Repárese en que o editor enlaza con you tube o visionado do book trailer. Etiquetas: Book_trailer

Book trailer III

3 Setembro, 2007 (16:31) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Tan interesantes como os de Harper Collins Canadá son os book trailer italianos. Esta produtora edítaos para Mondadori, Feltrinelli ou Fazi editore. Un dos mellores de todos eles é este de Il totem del lupo, o libro de Jian Rong. Etiquetas: Book_trailer

Book trailer II

2 Setembro, 2007 (09:57) | Book_trailer, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos |

O de Coraline, o libro de terror para nenos de Neil Gaiman, é un dos book trailer máis bonitos que coñezo. Chama a atención que o libro como tal case non apareza, coa excepción das ilustracións de David Mckean. Un caso ben diferente é o dos book trailers que publica Harper Collins Canadá, nunha liña […]

Book trailer I

1 Setembro, 2007 (08:26) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Cada vez estou máis interesado en explorar o fenómeno do book trailer, como unha ferramenta de promoción do libro e a lectura na rede. Hai pezas moi interesantes (auténticas curtametraxes) que convén ir identificando para o arquivo. Aí van os de Matilda do mestre Dahl e o de Hot ice. Etiquetas: Book_trailer