Category: Cidades

Onte 258: Bilbao

24 Maio, 2012 (07:19) | Bibliotecas, Cidades, Editores, Onte |

Convidado polo Goberno Vasco viaxei a Bilbao para participar nun grupo de debate sobre o futuro do sector editorial e libreiro en Euskadi. Gosto moito desta cidade capaz de darse a volta coma un carpín en menos de dúas décadas, reconvertindo o seu tecido industrial e urbano ao servizo da cidadanía. Quedei abraiado da intervención […]

Onte 251: Cultura ou barbarie!

17 Maio, 2012 (09:26) | 17_de_maio, Cidades, Cultura, Efemérides, Galeguismo, Iniciativas, Onte |

Abeizoo «Bares e letras», a iniciativa promovida por Xabier DoCampo e outros artistas para festexar na cidade da Coruña o Día das Letras Galegas sen institucións de por medio. A partir das oito do serán máis de cincuenta «actores, músicos, escritores, poetas, paiasos e artistas en xeral» percorrerán 44 bares e restaurantes da cidade onde lerán, contarán, […]

Onte 246: Estranxeiros na súa terra

12 Maio, 2012 (10:44) | Autores, Cidades, Dicionarios, Librarías, Lingua, Onte, Poesía, Xerais |

Ten moita razón Xabier DoCampo cando di que non damos abandonada a situación aquela da Penélope do chairego Xosé Díaz Castro: «Un paso adiante i outro atrás, Galiza, / i a tea ds teus soños non se move». O día no que o concello de Lugo aprobou por unanimidade unha magnífica ordenanza de uso do […]

Vigo-A Coruña

6 Febreiro, 2012 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades, Nacionalismo, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da noticia da campaña «Vigo ama A Coruña. A Coruña ama Vigo», organizada polas asociacións de hoteleiros de ambas as dúas cidades, reflexiono sobre un novo modelo de relación estratéxica entre elas. Gustei da iniciativa de colaboración entre os empresarios hoteleiros de Vigo e A […]

Compostela branca

9 Xaneiro, 2010 (17:50) | Cidades, Imaxes |

Non tiven a fortuna de vivir a grande nevarada que caíu onte sobre Compostela. Nas fotos presenta a súa faciana menos coñecida, que, con seguridade, alguén acuñará na historia desta cidade de letras e signos fascinante para os escritores: «cidade onde vagan os homes e as horas» (Salvador García Bodaño); «cidade que parece construída o […]

«Samparkour», São Paulo

5 Xullo, 2009 (14:22) | Brasil, Cidades, Cine, Vídeos |

SAMPARKOUR from Wiland Pinsdorf on Vimeo. Das grandes cidades do mundo (esas megametrópoles imposibles) que teño visitado ningunha me interrogou máis sobre as posibilidades de chegar ao colapso do desenvolvemento urbano ca São Paulo. Quedei coa impresión de que esta é unha cidade esaxerada en case todo, mesmo na beleza extraordinaria que podes atopar de […]

Camiñar por Compostela da man de «Festina lente»

24 Xuño, 2009 (18:26) | Cidades, Eventos, Historia, Narrativa, Xerais |

As xornadas que o Club de Lectura de Gálix Tendendo Redes dedicada a Festina lente, a grande novela de Marcos Calveiro, parécenme unha marabilla. Esta iniciativa amosan as enormes posibilidades dinamizadoras que atesouran os Clubes de Lectura (un concepto que debemos ampliar ao de «Voluntariado da lectura») e a potencia sedutora da novela de Calveiro, […]

Homenaxe á cidade da liberdade

20 Maio, 2009 (08:56) | Cidades, Narrativa, Presentacións |

O sábado 23, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro celebrarase a “Homenaxe á Cidade da Liberdade”, un acto literario arredor da novela de Manuel Rivas, Os libros arden mal. A entrada é de balde. A boca da literatura e a da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan […]

Vivir é compartir

9 Maio, 2009 (08:23) | Cidades, Música, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/orukqxeWmM0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Publicidade de T-Mobile. Vía: Estrelas e limóns (grazas).

Prontos a ler, visita lisboeta

4 Xullo, 2008 (16:55) | Cidades, Persoal, Portugal |

Dous días en Lisboa (nos que abandonei completamente o blog) deron para moito: camiñar unha das nosas cidades máis queridas, falar devagariño cos editores amigos, participar na inauguración dunha exposición de libros españois e nun encontro con editores lisboetas sobre o deseño editorial, coñecer as últimas novas sobre a reconversión editorial portuguesa e, sobre todo, […]

London 2012

10 Decembro, 2007 (17:59) | Cidades, Fútbol, Imaxes |

Ás portas da celebración da cita olímpica de 2012, Londres xa comezou os preparativos para un evento co que as autoridades pretenden mudar completamente a súa fasquía urbana. A renovación do espazo de Wembley realizada por Sir Norman Foster xa é unha impresionante realidade que nos deixou moi ben impresionados, non tanto polo seu carécter […]

Unha tarde en Lugo

24 Novembro, 2007 (18:38) | Autores, Beizóns, Blogs, Cidades, Narrativa, Presentacións |

Onte pasamos unha tarde magnífica en Lugo con motivo da presentación do libro de Miranda. Marcos realiza unha hoxe unha completísima crónica, tanto do desenvolvemento acto (onde realizou unha intervención moi atinada) como da paseata á noitiña que fixemos pola Muralla, dirixidos polos comentarios de Pepe, Xoán Cuba, Isidro Novo e outros amigos e amigas […]

Gremio Literario

21 Agosto, 2007 (16:12) | Cidades, Imaxes |

Xenial, Lisboa! Vía Txetxu. Etiquetas: Lisboa

Caderno de Bretaña III

16 Agosto, 2007 (09:43) | Cidades, Música, Persoal |

INTERCÉLTICOBrest e An Oriant son dúas cidades de arquitectura aparentemente insípida. Bombardeadas e case totalmente destruídas por ingleses e norteamericanos, por ser bases dos submariños alemáns na IIª Guerra Mundial, estas dúas cidades obreiras foron reconstruídas empregando os criterios da planificación urbanística dos anos cincuenta e sesenta. Cuadrículas de edificios de formigón de seis andares […]

Caderno de Bretaña II

15 Agosto, 2007 (09:22) | Cidades, Persoal |

ENTRE FISTERRASViaxando por Breizh non fai falta ser un cunqueiro para que un galego atope semellanzas e identidades comúns co país noso. Non é preciso camiñar pola fraga marabillosa de Brocelianda, onde Sidoine namorou de Ponthus e onde aínda goberna Merlín, para atopar situacións, lugares e manifestacións culturais que nos fan sentir a terra bretoa […]

Caderno de Bretaña I

14 Agosto, 2007 (09:57) | Cidades, Persoal |

BREIZH. UNHA NACIÓN ESGAZADAViaxamos en coche, durante unha semana por Breizh, esoutra Fisterra do norte que todo galego leva dentro (Cunqueiro dixit!). A recente relectura de L’ affiche rouge e o traballo de edición hai catro anos do libro de conversas con Carlos Núñez aviveceron a nosa curiosidade por percorrer os vellos camiños da península […]

Sao Paulo, cidade sen publicidade

24 Xuño, 2007 (07:56) | Cidades, Imaxes, Publicidade |

Para evitar a contaminación visual, a cámara municipal de Sao Paulo decidiu impedir a presenza de valados publicitarios nas rúas da cidade. O fotógrafo Tony Marco está documentando este proceso inédito de limpeza visual. Un modelo a imitar? Témome que sería moi difícil implantalo nas nosas cidades, abonda con lembrar a recente campaña das eleccións […]

Caderno de Damasco (e III)

22 Maio, 2007 (20:51) | Cidades, Persoal |

NA BIBLIOTECA CUNQUEIROA razón da nosa viaxe foi participar nun debate sobre a “Edición e a tradución en Galicia”. Despois de visitar a Biblioteca Cunqueiro (cuns fondos galegos aínda escasos) e visionar unha presentación multimedia sobre Galicia e a literatura galega (moi xeitoso), a nosa primeira sorpresa foi o interese dos medios de comunicación sirios […]

Caderno de Damasco II

21 Maio, 2007 (19:38) | Cidades, Persoal |

NOVIDADES NO BAZARHussam propúxonos comezar a visita á Damasco polo Museo Nacional, un magnífico centro arqueolóxico (un chisco descoidado) onde se pode contemplar unha síntese das culturas milenarias deste espazo mediterráneo. A entrada principal do edificio está presidida por unha reconstrución do pórtico do pazo do deserto de Qasr Al Heir Al Gharbi, un bo […]

Caderno de Damasco I

20 Maio, 2007 (19:15) | Cidades, Persoal |

CAMIÑO DE DAMASCOCustounos vinte e seis horas chegar a Damasco. RJ decidiu, sen explicación ningunha, cancelar o seu voo da tarde entre Amman e a capital siria. A compañía xordana trasladounos ao Hotel Queen Alia, un grande complexo de trescentos cuartos ao pé do aeroporto, para os viaxeiros en tránsito, algo que alí parece moi […]

Voces de basalto negro

20 Maio, 2007 (11:19) | Artes Visuais, Cidades, Eventos, Exposicións |

Sen dúbida, a actividade de maior proxección da Semana Cultural de Galicia en Damasco é a intervención de Xosé Freixanes no Jan Asaad Basha, unha impresionante hospedería para comerciantes construída durante a época otomana e situada no corazón do famoso zoco de Damasco.A instalación de Freixanes (repite as experiencia de Casabalanca e Amman), titulada “Voces […]

Seguindo a Cunqueiro en Damasco

20 Maio, 2007 (11:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades, Eventos |

No artigo da semana relato a nosa experiencia na primeira Semana da Cultura Galega en Damasco. Etiquetas: Damasco, Artigos

Cando se fodeu Galicia?

16 Marzo, 2007 (21:03) | Autores, Cidades |

Gran artigo de Manolo. Viva a sostibilidade! Etiquetas: Rivas, A_Coruña

Montolieu, vila do libro

20 Febreiro, 2007 (21:53) | Cidades, Edición, Iniciativas, Librarías, Libro |

Xa oíra falar algunha vez de Montolieu, a pequena vila francesa do libro e das artes gráficas, situado pretiño de Carcassone. Conta apenas 800 habitantes e porén posúe catorce librarías e un fondo dispoñible de 250.000 exemplares, ademais dun museo sobre as artes gráficas, dun muíño de papel e de diversos artesáns dedicados á impresión. […]

Xavier Queipo

28 Xaneiro, 2007 (10:24) | Cidades, Iniciativas, Poesía, Presentacións, Xerais |

La Voz de Galicia anuncia hoxe que Xavier Queipo formará parte dun grupo de nove poetas de todo o mundo co que Bruxelas, a cidade sede das institucións europeas, “quere lucir, fomentar e fachendear da súa multiculturalidade e da súa condición de urbe internacional, multirracial e multilingüística. Os versos de Queipo, inéditos e escritos expresamente […]

Gaiás

7 Xaneiro, 2007 (10:28) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades, Cultura |

No artigo da semana reflexiono sobre a redefinición do complexo de Gaiás. Entendo que a decisión do Goberno Galego de continuar as obras era inevitable. Porén, o dilema que hai por diante agora é facer compatible as expectativas altas cos recursos cos que conta o país. Sen dúbida, as claves para solucionalo serán acertar no […]

Un "L" con moita miga

22 Outubro, 2006 (08:59) | Cidades, Lingua |

Hai dous días publiquei un post sobre A Coruña coa intención de dinamitar os moitos prexuízos que existen sobre a cidade de cristal na que estudei o bacharelato e á que tanto quero. Porén, ese comentario emotivo non impide que agora propoña unha reflexión máis racional sobre o que se agacha tras a estratexia dos […]

Gústame A Coruña

19 Outubro, 2006 (16:54) | Cidades |

Non hai volta de folla: gústame A CORUÑA. Gústame esa cidade dona-peixe que naceu da auga e do sal do mar. Gústame “a cidade que ergue a cabeza altiva sobre os mares” de Curros Enríquez. Gústame “a baía feita de azul, luz e cristal” do poeta Manuel María. Gústame sentir como rabuña alí o mar […]

Pecha a libraría Colón da Coruña

10 Outubro, 2006 (21:33) | Cidades, Librarías |

Colón, a libraría máis antiga da Coruña, tan presente na novela de Rivas, pechará antes de finais deste ano. A ruína do edificio (ninguén fixo nada para impedila, esa vella treta!) é a causa aducida polos propietarios do inmoble para levantar alí unha construción de nova planta. O día 14 de decembro está previsto que […]

Sen coches

24 Setembro, 2006 (10:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades |

No artigo da semana comento o que entendo é o sentido da celebración da xornada “Día europeo sen coches” (22 de setembro). Etiquetas: Artigos, Sostibilidade, Bruxelas

Cartaces de Bruxelas

20 Setembro, 2006 (20:48) | Cidades |

A viaxe coas peñas celtistas desta fin de semana pasada foi para nós toda unha experiencia (como pode comprobarse na extensa reportaxe de “Celta“, o peñista máis sonado da Guarda) de como funcionan estas cousas do corazón futbolístico máis apaixonado.Das trescentas fotos que tirei, escollín para non caer nos tópicos belgas (Tintin, Magritte, gaufres e […]

Zagat

21 Agosto, 2006 (15:42) | Cidades |

(Greenwich Village) NY é todo un bazar, onde se pode mercar case calquera cousa. O maior perigo do turista (non renego desa denominación) é transformar o seu paseo nunha interminable xornada de visitas a todo tipo de tendas. Dende as máis exclusivas da Quinta e da Madison (preto de Central Park) ás elegantísimas do Soho […]

Sobre os museos

20 Agosto, 2006 (09:44) | Cidades |

A oferta museística de Nova York é apabullante e dunha gran calidade. É un dos encantos maiores da cidade. O turista máis curioso, so pena de non facer outra cousa, debe escoller o que quere ver e o tempo que lle quere dedicar a cada un destes espazos culturais. A nosa escolla foi bastante medida: […]

Sobre as librarías

19 Agosto, 2006 (20:51) | Cidades, Librarías |

A cadea Barnes and Noble lidera o mercado das librarías novaiorquinas, deixando un espazo estreito para Borders e para algunhas outras cadeas especializadas en libro rebaixado. En todos os casos o modelo é semellante: integración da venda de libros, revistas, cedés de música, devedés de películas (unha oferta asombrosa comparada coa existente aquí), artigos de […]

Cara Times Square

19 Agosto, 2006 (20:41) | Cidades |

Camilo Gonsar ben sabía que Times Square é a encrucillada de todos os vieiros de Manhattan. Hoxe o máis impresionante da praza é a substitución dos neons polas pantallas. Unha auténtica golosina para os ollos. Etiquetas: NY

Sobre as bibliotecas

19 Agosto, 2006 (20:12) | Bibliotecas, Cidades |

Bryant Park é outra illa de frescura no Midtown. Detrás da 42nd Stret Library, onde había unha interesante exposición sobre a edición francesa, ábrese un parque para o lecer e a lectura. Mesas, cadeiras e libros dispostos para a lectura e o manexo dos ordenadores (é todo un espazo wifi). O esforzo da impresionante rede […]

Nacións Unidas

19 Agosto, 2006 (19:50) | Cidades |

A sede das Nacións Unidas é unha burbulla extraña á beira de Midtown. O péndulo de Foucault, doazón de Holanda, preside o hall onde están instaladas unha gran exposición de fotografía, “Tales from a globalized world”, e unha mostra de traballos sobre a paz realizada por escolares de todo o mundo. Saímos melancólicos coa impresión […]

JFK

19 Agosto, 2006 (19:08) | Cidades, Persoal |

Despois de oito horas de voo, aterramos en JFK. Nin sequera as grandes bandeiras e os retratos do presidente nos mostradores chegaron a sorprendernos; nin tampouco as longas colas para completar os trámites de entrada, pegadas dixitais e fotografías incluídas. O que sinceramente non agardabamos é que o funcionario de inmigración, despois de esculcar devagariño […]

Lisboa camiñada

17 Maio, 2006 (14:54) | Cidades |

Cando chegamos, agardábanos unha cidade luminosa e baleira. Arrecendía a cidade barco de ocre pombalino coa cor alilada das árboriñas flor que expresan a nostalxia durmida que chamara a atención de John dos Passos. Nunha longa camiñada, o director levounos a percorrer os espazos portuarios, dende o Pelourinho do Municipio as renovadas docas de Alcántara. […]

Viaxe a Lisboa

14 Maio, 2006 (14:08) | Cidades |

Marchamos a Lisboa para participar mañá nun coloquio sobre a literatura galega de hoxe. Etiquetas: Lisboa, Literatura

A Coruña

24 Marzo, 2006 (08:15) | Cidades, Lingua |

Outra boa noticia.

Crónica de Dijon

21 Novembro, 2005 (20:36) | Cidades |

A verdade é que a viaxe destes días atrás pagou a pena. Os voos nun paxariño magníficos, a experiencia do TGV satisfactoria (trescentos quilómetros en hora e media), a cidade xeitosa (encrucillada das Europas do norte e do sur), os viños excelentes, os amigos entrañables, as conversas intelixentes e o frío horroroso (ata -5º). Porén, […]

Produtores de odio

1 Novembro, 2005 (20:03) | Cidades, Política |

Avenida Castellana, 31 de outubro de 2005Os produtores de odio traballan a eito nalgunhas zonas céntricas de Madrid. Afortunadamente estes carteis insidiosos son combatidos por outros madrileños demócratas e solidarios. Cara ónde quere levarnos esta dereita española irresponsable e mentirosa?Fronte estes produtores de odio ofrezo os versos de Manuel Rivas:Madrid de outono, / capital mesterosa […]

Libros á rúa

31 Outubro, 2005 (09:59) | Cidades, Libro, Promoción do libro |

Sabía desta veterana campaña Libros a la calle promovida por editores e libreiros madrileños (dende hai oito anos), e apoiada por empresas de transportes públicos e administracións da Comunidade e Concello de Madrid. A presenza e a calidade da de 2004 é mellor do que agardaba: en cada vagón do metro ou en cada autobús […]

Eloxio da cadeira

31 Outubro, 2005 (08:54) | Cidades, Teatro |

Onte, domingo, inevitablemente, ruamos polo rastro entre milleiros de persoas. Había moitos anos que non o facía e pareceume que perdeu un chisco do seu sabor tradicional, transformándose nun hipermercadiño de roupa, semellante aos nosos de Bouzas ou Sabarís.Despois fomos coñecer a colección de Carmencita e a permanente do seu barón, dúas sínteses (de calidade […]

Madrid bole

29 Outubro, 2005 (22:03) | Cidades |

Estamos en Madrid de fin de semana cultural. Pretendiamos visitar uns cantos museos e exposicións, asistir a un teatro musical e á nova montaxe do Tricicle. O primeiro día xa foi agotador. Dedicamos a mañá ao Prado, un museo no que sempre se descubre algo novo. Desta volta, quedamos moi impresionados coa profética modernidade, anticipatoria, […]

País da esperanza

31 Agosto, 2005 (18:33) | Cidades |

O pasado ano fomos visitar á familia nosa de Brasil. Estivemos onda eles en Cabo Frío, en Río e en San Paulo. Ningunha das viaxes que fixemos bateunos no corazón máis intensamente ca esta. Regresamos convencidos, por se tiñamos algunha dúbida, de que Brasil somos nós. Este é o país da esperanza, o espazo máis […]

Viaxe a Berlanga

23 Agosto, 2005 (17:18) | Cidades |

Acompañei a Antón ata Berlanga de Duero. Fixemos mil trescentos quilómetros en pouco máis de vinte e a catro horas para visitar o Centro da Memoria da Cultura Escolar que están montando o catedrático Agustín Escolano e a súa compañeira a profesora Puri Lahoz.Este vai ser o máis importante museo existente en España sobre manuais […]

Librarías soterradas

17 Agosto, 2005 (20:33) | Cidades, Librarías |

En Roma hai varias librarías de vello e de libro usado ubicadas en antigos pasos soterrados. A peonalización dalgunhas rúas do centro fixo inservibles estes espazos, agora recuperados para este uso comercial. Con todo, Italia é un país onde os libros de novidade son moi baratos, moito máis económicos que aquí. As edicións de peto […]

Silgar

7 Agosto, 2005 (18:35) | Cidades, Presentacións |

Onte ao mediodía presentamos o libro de Alvarellos na praia de Silgar. Foi a primeira vez que organizamos un acto literario nun areal, con boa parte dos asistentes preparados para darse un baño. Aproveitamos para dar un paseo (a 35º) por esta cidade galega de vacacións. Comprobei que é unha mágoa a destrución sistemática e […]