Category: Cómic

Onte 205: Novela sen palabras

31 Marzo, 2012 (13:28) | Book_trailer, Cómic, Ilustración, Narrativa, Novela gráfica, Novidades, Onte, Recurso_didáctico, Vídeos |

Un bo amigo agasalloume un libro marabilloso, La ciudad de Frans Masereel. Esta novela sen palabras do xilógrafo belga, publicada por vez primeira en 1925, realizada con gravados en madeira, constitúe un extraordinario precedente do que hoxe cualificamos como novela gráfica. O contraste entre a escuridade das escenas cotiáns dos barrios obreiros da cidade e […]

Onte 107: Tretzevents

24 Decembro, 2011 (11:19) | Cómic, Ilustración, Lingua, Literatura infantil e xuvenil, Medios, Onte, Recurso_didáctico, Xerais |

Esta publicación infantil en catalán naceu en 1951 co título L’infantil, promovida polo Seminario de Solsona, para mudar ao nome de Tretzevents, cando en 1973 comezou a depender das Publicacions de L’ Abadia de Montserrat. Coincidindo co seu sexaxésimo aniversario pecha debido, segundo os seus editores, á falta de apoio institucional no marco da crise […]

«Lois Pereiro. Breve encontro», adianto da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

16 Maio, 2011 (15:16) | 17_de_maio, Cómic, Efemérides, Novela gráfica, Recurso_didáctico, Xerais |

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre […]

O neno nuclear

3 Abril, 2011 (20:23) | Cómic, Medio_Ambiente, Vídeos |

Así explican aos nenos en Xapón o desastre de Fukushima. Unha peza que achega moita información sobre o que está sucedendo e sobre a forma de entender a catástrofe por parte das autoridades niponas. Quedei moi desacougado, xa que o nivel de ocultación dalgúns dos efectos máis evidentes da radiación é asombroso. Vía Ramón Lobo.

A anotación de "Tio Vivo"

5 Setembro, 2008 (19:31) | Blogs, Cómic, Imaxes, Lingua |

A experiencia desta semana arredor da anotación do pasado martes sobre a plana de “Pepe el hincha”, publicada na revista Tio Vivo, foi das máis bonitas destas brétemas. Aos primeiros comentarios de Arume dos piñeiros e de Césare sobre o ano de publicación, sucedéronse diversas achegas ata chegar ás dúas de Gonzalo Vilas na que […]

TioVivo

2 Setembro, 2008 (12:17) | Cómic, Fútbol, Imaxes |

O amigo Fausto Isorna envíame esta páxina recuperada de TioVivo. Non ten desperdicio. Pode lerse máis comodamente premendo sobre a imaxe. Actualización (16:00 horas): Arume dos piñeiros e Cesare preguntan sobre a data de publicación desta portada de TioVivo, sen dúbida, unha cuestión moi importante para sacarlle ao texto e ao contexto (sociolingüístico e identitario) […]

Fallado o VIº Premio Lecturas de Galix

10 Xullo, 2006 (21:03) | Cómic, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe coñecimos o fallo do VIº Premio Lecturas de Galix, outorgado por xurados de lectores e lectoras de diversas bibliotecas aos mellores libros de literatura infantil e xuvenil en galego do ano 2004. Foron os gañadores Raquel ten medo de Agustín Fernández Paz e Marina Seoane (na categoría de 7 anos e na de mellor […]

Suso Peña

7 Febreiro, 2005 (19:23) | Autores, Cómic |

Cleopatra, Suso Peña Jaureguizar todas as mañás xa é un vicio. Hoxe, grazas a esa dependencia, souben do pasamento do comiqueiro ribadense Suso Peña. Apenas engadir ao seu magnífico post que ilustrou tamén a autores galegos. Velaí o seu Celso Emilio para nenos, que preparou hai anos Antonio. Como xa sucedeu noutras ocasións, semella que […]