Category: Críticas

Onte 132: Fervenzas Literarias

18 Xaneiro, 2012 (05:39) | Blogs, Críticas, Internet, Lectura, Onte, Premios, Xerais |

Dende hai cinco anos Fervenzas Literarias é un espazo de referencia na rede para a literatura galega. O seu seguimento diario da actualidade editorial, as conversas con autores e editores e, sobre todo, o repositorio de recensións merecen o noso maior interese. No entanto, son os seus premios anuais, outorgados por votación entre os seus […]

As miñas tardes con Margueritte

25 Agosto, 2010 (21:59) | Cine, Críticas, Lectura, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/tupzxVT1ItQ” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] A pesar de que cada vez que vexo unha película de Gerard Depardieu saio do cine coa sensación de que xa a vira (seguramente polo afán do mangallón de defender os valores da república, á hora de escoller os seus guións), animeime a ir ver  As miñas tardes con […]

«Protexta 09»

13 Febreiro, 2009 (19:19) | Críticas, Medios |

Mañá distribúese cos periódicos do grupo La Capital o novo número de Protexta, o magnífico trimestral literario de Tempos novos. Por agora, xa se pode descargar un adianto, a entrevista de Bieito Iglesias a Gao Xingjian. Coordinado, agora, por Ana Salgado, o número promete: entrevista nas páxinas centrais a Manuel Rivas, e críticas dos seus […]

«O libro das viaxes imaxinarias»

10 Novembro, 2008 (20:19) | Críticas, Ilustración, Narrativa, Presentacións, Xerais |

A verdade é que poucas veces tivera a fortuna de quedar tan satisfeito da edición dun libro coma deste. En realidade o noso maior temor era malograr un texto literario e un traballo de ilustración valiosísimos, concibido coma unha síntese de lectura e relectura. Afortunadamente, xa imos coñecendo as primeiras lecturas, como esta marabilla de […]

Protexta de verán

25 Agosto, 2008 (19:16) | Críticas, Medios |

Paso estes primeiros días de regreso á actividade cotiá debullando o magnífico e completísimo número do Protexta de verán. As longas entrevistas con Chus Pato e Bieito Iglesias teñen moita miga. Non podo agachar a miña satisfacción pola excelente acollida das nosas últimas novidades narrativas (Festina lente, O profesor de vegliota e Atracción total). Un […]

"A Nosa Terra Diario"

15 Xullo, 2008 (18:50) | Críticas, Medios |

A Nosa Terra Diario acaba de abrir un novo espazo de crítica de produtos culturais (libros, discos, películas de cine e dvds). Un espazo de crítica que, indubidablemente, mellora os contidos deste diario dixital. Beizóns aos responsables d’ ANT.

Protexta primavera

11 Xuño, 2008 (21:46) | Críticas, Medios |

Xa está dispoñible en pdf o Protexta 6. Imprescindible!

"Protexta" co "Ideal Gallego"

5 Marzo, 2008 (20:48) | Críticas, Medios |

Unha moi boa noticia para a visibilidade do libro galego: o vindeiro sábado, Protexta, o suplemento trimestral de libros de Tempos Novos, aparecerá inserido xunto aos catro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Con esta iniciativa, Protexta adquire unha difusión de 50.000 exemplares […]

Blog da sección de Crítica da AELG

25 Xaneiro, 2008 (20:40) | Blogs, Blogs_e_libros, Críticas, Polémicas |

A sección de Crítica da AELG animouse a abrir un blog. A súa primeira anotación sae ao paso das manifestacións do académico Franco Grande. Recollo un parágrafo ben significativo do seu contido: “Na súa opinión a crítica literaria galega debería contar cos atributos de ser orientativa e non pedante, no caso de que ela existise, […]

"Il club della calzetta"

21 Xaneiro, 2008 (18:10) | Autores, Críticas, Traducións |

Prodúcenos moita satisfacción coñecer estas dúas reseñas gabanciosas, suscitadas pola aparición da edición en italiano d’ O club da calceta, a novela de María Reimóndez da que se está preparando, ademais, unha tradución en castelán, unha adaptación teatral por parte de Teatro do Morcego (será estreada no Teatro Caixanova de Vigo, o día 12 de […]

Nova entrevista a Ramiro Fonte

16 Decembro, 2007 (10:29) | Autores, Críticas, Entrevistas, Presentacións, Xerais |

Nova entrevista a Ramiro Fonte, desta volta na Voz de Galicia. Afortunadamente a publicación da terceira e derradeira entrega das Vidas de Infancia, non está pasando para os medios de comunicación desapercibida (este esforzo afouto de ofrecer case mil catro centas páxinas de prosa galega miniada ben o merece). Na entrevista realizada polo tamén escritor […]

"Ao pé do abismo" de Rosa Aneiros

15 Decembro, 2007 (19:58) | Autores, Críticas, Narrativa, Xerais |

A de Eyré é a primeira anotación que leo sobre o precioso libro de textos xornalísticos e crónicas literarias de Rosa Aneiros. Un título ao que volveremos nos vindeiros días. Recoméndoo vivamente. Etiquetas: Rosa_Aneiros

"O único que queda é o amor": a primeira crítica

21 Novembro, 2007 (19:04) | Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Hoxe saíu a primeira crítica do libro recente de Agustín (grazas, Tati). Aquí pode baixarse o pdf do adianto de “Amor de gosto”, un dos dez contos do volume. A primeira presentación realizarase o mércores 28 de novembro, ás 20:30 na Biblioteca González Garcés da Coruña.Teño moi boas vibracións sobre a acollida deste conxunto de […]

"Cardume", primeira crítica

6 Novembro, 2007 (20:34) | Autores, Críticas, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Xerais |

A primeira crítica dunha obra sempre crea expectación a editores e autores. Esta é a que sobre Cardume, a novela de Rexina Vega, Premio Xerais 2007, publicou onte Manuel Rodríguez Alonso, o incansable crítico do Cartafol de libros. Nestes últimos vinte días, o mesmo crítico, publicou os seus traballos sobre Limpeza de sangue (o Nacional […]

"Terrorista", unha literatura atrevida

4 Agosto, 2007 (11:30) | Autores, Críticas, Narrativa, Traducións, Xerais |

Agradécense moito críticas como as que Mar Pichel publica en Galicia hoxe sobre Terrorista, a novela que traducimos de John Updike. Sempre crin que a novela é importante e a tradución de Lara Domínguez para o galego excelente. Agardo que comece a ir desvelándose devagariño entre o público que procura textos de altura. Etiquetas: John_Updike

Case perfecto: a primeira crítica

31 Maio, 2007 (20:22) | Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Xerais |

Montse Pena publica a primeira crítica de Case perfecto a última novela de Marina Mayoral. Eis un parágrafo do texto: “Case perfecto é tamén unha desas novelas que é complicado deixar de ler, que se devoran nunha ou dúas tardes. Os motivos non son outros que unha intriga ben dosificada (derivada de que ata as […]

"Os paxaros tamén migran ao sur", primeira crítica

1 Maio, 2007 (11:15) | Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Xerais |

A aparición da primeira crítica, sobre todo cando se trata dunha ópera prima, é un dos momentos máis agardados e relevantes da edición dunha novela. Nalgunhas ocasións este acontecemento pode chegar a determinar o futuro da visibilidade da obra.Onte coñecimos a primeira valoración d ‘ Os paxaros tamén migran ao sur. O Silverio ten razóns […]

As literatas

27 Abril, 2007 (19:27) | Críticas, Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Mario Regueira publica en Cartafol dúas interesantes críticas sobre A voda e Ancho mar de argazo, as máis recentes entregas da colección “As literatas”. Agradécense. Etiquetas: Jean_Rhys, Carson_McCullers

Moda violeta

11 Abril, 2007 (06:35) | Críticas, Entrevistas |

Esta interesante entrevista coa profesora Helena González dá moito que pensar sobre as categorías que a crítica académica emprega para analizar o mundo editorial galego. Existe unha “moda violeta” xestionada por quen controla a nosa edición? Etiquetas: Helena_González

Limpeza de sangue: primeira crítica na rede

24 Marzo, 2007 (20:35) | Autores, Críticas, Teatro, Xerais |

Xa advertimos hai máis dun mes do interese de Limpeza de sangue o premio Álvaro Cunqueiro 2005 de textos teatrais. Hoxe, cun pouco de retraso, coñecín a primeira crítica na rede. Inma López Silva valóraa moito, moito. Transcribo o parágrafo de remate da gabanciosa crítica: “Non quero deixar de lembrar que Limpeza de sangue vai […]

A crítica a debate

7 Xaneiro, 2007 (10:56) | Críticas |

Participei no debate sobre a crítica literaria publicado no suplemento Culturas da Voz desta semana. Pedro A. Ramos, autor da reportaxe, arríscase a propoñer unha tipoloxía do xénero: crítica de autor, crítica do que debería ser e crítica temática ou ideolóxica.Enriquece moito a reportaxe o comentario do levantador de minas (un dos críticos –anónimo para […]

Blúmsdei: quitar o corsé

29 Novembro, 2006 (16:55) | Críticas, Narrativa, Premios, Xerais |

Un bo amigo, ao fío da miña anotación de hai dous días, recórdame por correo electrónico a primeira crítica aparecida de Blúmsdei, preparada por Camilo Franco e aparecida no suplemento Culturas de La Voz (é unha mágoa que só se poida consultar en PDF) o 24 de xuño deste ano. Trátase dun texto crítico moi […]

A crítica dos nosos premios

27 Novembro, 2006 (19:21) | Críticas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios |

Non podo negar que estou moi satisfeito da aparición das primeiras críticas que están recibindo as tres obras gañadoras dos nosos premios deste ano: Premio Merlín de literatura infantil: “Un premio Merlín engaiolante“. Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: “Nazis e okupas nas montañas luguesas“, “Hippies e nazis en Galicia“, “A cova das vacas […]

Para ler dúas veces

18 Novembro, 2006 (22:41) | Autores, Beizóns, Críticas, Narrativa, Xerais |

Hoxe apareceu en Babelia unha crítica sobresaliente da edición en castelán da novela de Rivas. Aledámonos desta recepción tan positiva que coincide coa expresada nos blogs galegos por Martin Pawley, Folerpa, Cesare, O levantador de minas, R.R., ou por críticos como Fernán Vello, Sandra Faginas, Xosé Manuel Eyré, Xulio Valcárcel (mágoa que estas tres últimas […]

A procura da verdade

13 Outubro, 2006 (18:12) | Autores, Críticas, Narrativa, Xerais |

Xa falaramos aquí da última novela de Xabier Quiroga. Hoxe aparece outra crítica excelente no Cartafol de libros.Sería unha mágoa que esta obra con tan boa acollida crítica, considerada unanimemente como de gran calidade literaria, pasase desapercibida para os lectores.Unha aclaración: a pesar das dúbidas do crítico, Xabier Quiroga é o nome dun autor (a […]

Viva a memoria

25 Setembro, 2006 (19:52) | Críticas, Narrativa |

Co inicio da tempada literaria van aparecendo as agardadas críticas da novela de Rivas. Despois da moi gabanciosa de Xosé Manuel Eyré (mágoa que o seu semanario non a recolla na edición electrónica), hoxe Manuel Rodríguez Alonso publica a súa en Cartafol de libros. Deste texto, quédome coa derradeira frase: “Estamos ante unha gran novela, […]

Novelísima

7 Agosto, 2006 (09:18) | Críticas, Xerais |

Velaí a agardada crítica de Martin Pawley: novelísima! Foto de Xurxo Lobato (A Coruña 22 de xullo de 2006) Etiquetas: Rivas

Re-existencia

26 Xullo, 2006 (18:04) | Críticas, Xerais |

A intensa lectura de Folerpa. Etiquetas: Rivas

Poeta de cidades

25 Decembro, 2005 (13:34) | Críticas, Poesía |

Magnífica esta crítica do último libro de poemas de Ramiro que presentaremos o vindeiro mércores.

O heroe frustrado

17 Outubro, 2005 (10:22) | Críticas, Teatro |

Marcos Valcárcel publica, tamén, hoxe outra crítica sobre a estrea d’ O heroe en La Región, que reproduzo na súa totalidade por non poder lerse na rede: O HEROE FRUSTRADO É o momento no que sabemos que Caronte é un heroe frustrado cando entendemos moitas das pezas que se ensarillan no Heroe de Rivas: o […]

Madeira emocional

17 Outubro, 2005 (08:00) | Críticas, Teatro |

Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia a primeira crítica sobre a estrea d’ O heroe. Entre outras consideracións sinala: A obra compórtase con audacia para levar aos espectadores a paisaxes pouco teatrais, asume algúns riscos de aparato ao tempo que tantea algúns elementos simbólicos para acompañar a unha liña que busca, en […]

Máis sobre "Los girasoles ciegos"

15 Outubro, 2005 (15:53) | Críticas, Narrativa |

Teño recomendado en varias ocasións este libro. Hoxe en Babelia o crítico Fernando Valls, director de Quimera, insiste na defensa deste ciclo de contos de Alberto Méndez empregando un argumento tan contundente como, para min, inédito: Éste es, por tanto, uno de esos pocos libros que puede satisfacer a todo tipo de lectores. Por un […]

Crítica infantil no Cartafol

13 Outubro, 2005 (20:43) | Críticas, Literatura infantil e xuvenil |

É unha moi boa noticia que o Cartafol comece a publicar crítica de novidades de literatura infantil e xuvenil. Outro pasiño máis no camiño da visibilidade e dignificación da nosa LIX. Parabéns a Heitor e ao seu equipo.

Críticos e reseñistas

23 Maio, 2005 (19:40) | Críticas |

Alejandro Gándara comenta no seu blo a aparición recente do libro do crítico da polémica. A disquisición entre o papel do reseñista e o do crítico pon sobre a mesa, outravolta, o papel da crítica no sistema literario e na promoción da lectura e dos produtos editoriais.

Elementos de crítica literaria

6 Abril, 2005 (19:29) | Críticas, Ensaio, Xerais |

Acollo con alegría as primeiras opinións do manual de crítica que editamos recentemente. Semella que pagou a pena o esforzo do equipo de Casas. Creo que contribuirá a densificar o noso debate sobre a crítica, ao tempo que a robustecer academicamente o sistema literario de noso.

A crítica que queremos

25 Marzo, 2005 (09:23) | Críticas |

A polémica sobre a crítica deu unha nova volta de torca. O responsable do Cartafol e o seu crítico máis rabudo argumentan en senllos artigos as razóns do seu posicionamento como “crítica libre e desinhibida” (acaso, o resto da escasa crítica que temos sobre a literatura galega non o é?). Chámame a atención a utilización […]

Respecto para a crítica

18 Marzo, 2005 (17:05) | Críticas |

Unha crítica recente aparecida no Cartafol está provocando moita polémica. Desque exerzo a profesión de editor, e xa van aló anos, quizais de máis, nunca quebrei o meu compromiso de non contestar a crítica ningunha por desacertada que fose. Sei que cómpre asumir coa mesma sobriedade os paos cas cenorias. E por moito que me […]