Category: Cultura

Onte 285: Antón Sobral

20 Xuño, 2012 (06:57) | Artes Visuais, Beizóns, Cultura, Onte, Poesía |

Gustoume moito acompañar a Antón Sobral no serán no que recibiu o «Premio de Pontevedreses do ano 2011» no eido da cultura outorgado por Diario de Pontevedra. Antón, felizmente xubilado, tras máis de tres décadas como profesor de arte, é un mestre na difícil arte da vida lenta, do exercicio peripatético que nos fai cidadáns. […]

Onte 282: Martín Codax

17 Xuño, 2012 (09:20) | Cultura, Economía, Gastronomía, Onte, Premios |

A visita á Bodega Martín Codax, que nos agasallou cun moi sabedeiro xantar para celebrar os 35 anos dos Premios da Critica Galicia, demostroume o excelente papel social e cultural desta empresa cooperativa dedicada á produción e comercial de viños. A diversificación e calidade dos seus produtos, a inequívoca modernización dos seus procesos, como a […]

Onte 268: Premios da Crítica Galicia

3 Xuño, 2012 (10:04) | Asociacionismo, Cultura, Galeguismo, Internet, Onte |

Abrimos a web dos Premios da Crítica Galicia, outro dos proxectos en man común nos que me sinto orgulloso de participar. A renovada Fundación  –da que turra con enorme xenerosidade, dende hai trinta e cinco anos, o editor Bieito Ledo– é un espazo plural, independente e interxeracional que pretende acrisolar a tradición dende o diálogo […]

Onte 264: puntoGAL

30 Maio, 2012 (06:08) | Cultura, Iniciativas, Internet, Lingua, Onte, Presentacións |

Magnífico acto de presentación da candidatura puntoGAL, que procura un dominio propio para a lingua e cultura galegas en Internet. Brillante foi a defensa que fixo Manuel González, o presidente da Asociación, salientando que a consecución do dominio supoñería «un fito decisivo na historia de Galicia. Lembraría día a día que existe unha comunidade que se […]

Onte 261: En Muxía con López Abente

27 Maio, 2012 (09:27) | Cultura, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais |

Viaxei a Muxía con Ramón Nicolás para participarmos na presentación d’ A narrativa mariña de Gonzalo López Abente que preparou Suso Sambade. O acto celebrouse nas instalacións da magnífica Biblioteca Municipal, un edificio cedido por Santiago Rey Fernández Latorre. É modélico o traballo dos membros da Fundación Gonzalo López Abente para poñer en valor e redimensionar […]

Onte 259: Estatísticas culturais

25 Maio, 2012 (06:51) | Cultura, Goberno Feijoo, Onte |

Entre as cousas interesantes a emular do Goberno Vasco está o Observatorio Vasco da Cultura. Creado hai dúas lexislaturas, a súa finalidade é xerar información e coñecemento sobre a realidade cultural. Ademais, presta especial atención á elaboración de índices estatísticos sobre os diversos sectores e sobre aspectos transversais, como os relacionados con hábitos e prácticas […]

Onte 251: Cultura ou barbarie!

17 Maio, 2012 (09:26) | 17_de_maio, Cidades, Cultura, Efemérides, Galeguismo, Iniciativas, Onte |

Abeizoo «Bares e letras», a iniciativa promovida por Xabier DoCampo e outros artistas para festexar na cidade da Coruña o Día das Letras Galegas sen institucións de por medio. A partir das oito do serán máis de cincuenta «actores, músicos, escritores, poetas, paiasos e artistas en xeral» percorrerán 44 bares e restaurantes da cidade onde lerán, contarán, […]

Onte 249: Obra social das caixas

15 Maio, 2012 (08:28) | Cultura, Economía, Goberno Feijoo, Onte, Socioloxía |

O rebumbio da reforma financeira e a incerteza política sobre o horizonte de NGB non pode agochar a preocupación sobre o que está sucedendo na obra social e cultural das antigas caixas, agora denominada Fundación Novacaixagalicia. A pesar de contar con moitos menos recursos protexer o seu patrimonio artístico (do que descoñecemos aínda a súa […]

Onte 243: Reixa, ghicho distinto

9 Maio, 2012 (06:45) | Artes Visuais, Autores, Cine, Cultura, Música, Onte, Poesía |

Coñecín a Antón Reixa no mes de agosto de 1975. Ambos os dous eramos alumnos nos cursos de galego do ILG que naquelas calorosas tardes impartía Carme Panero nas instalacións do actual Instituto Politécnico de Vigo. Pareceume xa daquela un ghicho distinto, non só pola súa importante estatura e voz poderosa, nin sequera polas súas […]

Onte 235: Eufemismos

1 Maio, 2012 (10:46) | Cultura, Economía, Goberno Rajoy, Música, Onte, Política |

Os debates d’ A Crónica da Radio Galega, a tertulia na que adoito participar nas noites dos luns, co mellor talante e maior serenidade, axudan a manterme atento á axenda informativa. A de onte foi unha oportunidade magnífica para xogar coa sutileza dos eufemismos que decote utilizan os membros do Goberno. Luis de Guindos e […]

Onte 222: Ofensa á Academia Galega

18 Abril, 2012 (08:26) | Cultura, Goberno Rajoy, Lingua, Onte |

A Academia Galega será vítima dunha tesourada brutal da asignación que recibe do Ministerio de Cultura para o seu funcionamento. Retallazo dun 62% que deixa a achega do Goberno en 380.000 euros, recurte máis lamentable se o comparamos co 22% que sofren a Academia Vasca e o Institut d’ Estudis Cataláns, entidades homólogas que reciben […]

Onte 212: ENFO, concerto memorable

8 Abril, 2012 (13:05) | Cultura, Música, Onte, Vigo |

O longo concerto do serán foi memorable, inesquecible. A TradAlp piamontesa, a Sibelius Folk Big Band finesa e a nosa Sondeseu ofreceron no escenario do Auditorio de Beiramar un espectáculo extraordinario, que nos fixo vibrar, aplaudir, cantar e emocionar. Promovido de forma exemplar polo profesorado da E-Trad, a fundación Sondeseu e polo concello de Vigo […]

Onte 209: Oficina da Literatura Galega

4 Abril, 2012 (08:19) | Cultura, Eventos, Goberno Feijoo, Lingua, Onte, Promoción do libro, Traducións |

Na mesa redonda sobre «A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional» do Encontro Festlatino 2012 do Consello da Cultura Galega, na que participei xunto a Suso de Toro e Margarita Ledo, volvín defender a creación dunha Oficina da Literatura Galega. Experiencias exitosas como a catalá ensinan que para desenvolver unha extratexia internacional […]

Onte 202: Día Mundial do Teatro

28 Marzo, 2012 (10:24) | Cultura, Goberno Feijoo, Iniciativas, Onte, Política, Teatro |

No Día Mundial do Teatro de 2012 non presentamos os libros premiados co Álvaro Cunqueiro e co Manuel María, que non sabemos se poderán ser editados, nin se anunciou programación ningunha para os vindeiros meses nin se realizaron estreas de espectáculos. Houbo un manifestación en Compostela de todo o sector profesional das artes escénicas reclamando […]

De cadeiras, libros e cultura

26 Marzo, 2012 (06:50) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Cultura, Goberno Feijoo, Lectura, Teatro |

No artigo da semana en Faro de Vigo, no marco dos gastos elevadísimos do desenvolvemento do proxecto da Cidade da Cultura, volvo amosar preocupación sobre o futuro das industrias culturais en Galicia. A Consellaría de Cultura e Educación gastará medio millón de euros en amoblar os dous novos edificios do Gaiás. Un gasto imprescindible e, probablemente […]

De Are More a Sinsal

20 Febreiro, 2012 (07:56) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Cultura, Eventos, Música, Teatro, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo volvo sobre a involución das políticas culturais no concello de Vigo, desta volta sobre os festivais musicais e teatrais en perigo de desaparición. A crise ameaza as políticas culturais públicas tecidas en Vigo ao longo das tres últimas décadas. Ao peche do Arquivo Pacheco e do Museo […]

Consello Municipal de Cultura

30 Xaneiro, 2012 (07:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Museos, Política, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do peche do arquivo fotográfico Pacheco e do Museo Liste, propoño a creación do Consello Municipal de Cultura no concello de Vigo. Vigo comeza a identificar síntomas dunha desfeita da súa política cultural. A importante redución das cantidades que as administracións públicas destinan á cultura, […]

Onte 141: Desfeita cultural en Vigo

27 Xaneiro, 2012 (09:52) | Cultura, Museos, Onte, Política, Vigo |

A crise económica e a falta de políticas estratéxicas públicas no eido da cultura está provocando unha auténtica desfeita en Vigo. O formidable arquivo fotográfico Pacheco, tesouro da memoria viguesa de boa parte do século XX, pechou coa fin do ano. O Marco, o museo de arte contemporánea co maior número de visitantes do país, […]

Sempre Celso

4 Xaneiro, 2012 (14:14) | Autores, Cultura, Efemérides, Memoria, Poesía, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

Tal día como hoxe, hai cen anos, nacía en Celanova Celso Emilio Ferreiro. Sumámonoso con esta lembranza a esta celebración que abre, tamén, o Ano Ferreiro. Hoxe por hoxe, a súa figura sobrepasa o peso da súa propia obra literaria para se converter nun emblema vivo e vital da cultura galega. Este documento sonoro, publicado […]

Onte 118: Goberno bonsai

4 Xaneiro, 2012 (08:33) | Cultura, Goberno Feijoo, Onte, Política |

Feijóo quere para Galicia un goberno bonsai. Cun perfil político moi baixo e cun número moi reducido de consellarías, con esta remodelación o presidente envía á sociedade galega unha mensaxe inequívoca de rebaixa do nivel do seu autogoberno. A supresión de dúas consellarías fulcrais, a de Medio Rural e a de Cultura, clonando en Galicia […]

Onte 102: Vitaminas para o galego

19 Decembro, 2011 (08:23) | Cultura, Lingua, Medios, Onte |

O galego precisa moitas vitaminas. O país necesita como auga de maio volver contar con medios de comunicación que empreguen o idioma noso, sobre todo en contextos urbanos. Galicia precisa información de proximidade en galego. Ese é o obxectivo da campaña Vitaminas para o galego promovida por dez medios de comunicación en lingua galega, a […]

Onte 99: Acción Urbano

16 Decembro, 2011 (09:26) | Artes Visuais, Cultura, Onte, Vigo |

Esta iniciativa para homenaxear ao pintor Urbano Lugrís, promovida ao tempo en Vigo e na Coruña, é unha desas inxeccións de esperanza que tanto precisamos para combater o conformismo e a inercia na cultura de noso. Gosto moito do proxecto polo seu carácter transversal, pola súa intención explícita de romper con xéneros e fronteiras localistas […]

Antón Reixa: Quen somos os galegos?

7 Decembro, 2011 (19:11) | Autores, Cultura, Lingua, Vídeos |

Bravo, Reixa! Magnífico discurso en Durango 2011, sendo Galicia a cultura convidada nesta Semana do Libro e Disco en éuscaro.

Onte 88: As conversas de Culturgal

5 Decembro, 2011 (11:11) | Age, Autores, Beizóns, Cultura, Eventos, Onte, Promoción do libro |

O soño de Culturgal é un proxecto consolidado. Na derradeira xornada o público familiar volveu encher as instalacións do Pazo da Cultura pontevedrés confirmando a tendencia exitosa de xornadas anteriores. Especialmente seguidas polo público foron as conversas de Salón, un modelo atractivo e alternativo ás presentacións convencionais de libros e discos. A este interese non […]

Onte 87: Euforia en Culturgal

4 Decembro, 2011 (07:21) | Autores, Cine, Cultura, Eventos, Lingua, Onte, Promoción do libro, Xerais |

Foi un día de euforia en Culturgal. Un río de xente encheu o grande corredor durante toda a tarde; un público familiar desbordou as actividades do cuarto dos nenos e do garaxe. Outrosí sucedeu cos varios centos de persoas que seguiron no salón a conversa memorable entre Manuel Jabois e Manuel Rivas, na que ambos […]

Onte 86: Culturgal 2011

3 Decembro, 2011 (11:03) | Age, Autores, Cultura, Eventos, Lingua, Onte, Presentacións, Vídeos |

Spot Culturgal 2011 from Culturgal on Vimeo. Moi prometedora foi a primeira das xornadas do Culturgal 2011. O proxecto consolídase e mellora con respecto a edicións anteriores. A feira é cada vez máis atractiva. Os espazos reorganizáronse tematicamente, concibidos cada un deles como cuartos da casa común da cultura galega, ao tempo que se facilitou […]

Onte 69: NGB e a obra social

16 Novembro, 2011 (07:46) | Artes Visuais, Cultura, Economía, Goberno Feijoo, Onte |

A noticia non está no titular, aparece agochadiña no antederradeiro parágrafo: “Novacaixagalicia compra accións de Nova Galicia Banco cos fondos destinados para a Obra Social”. Deste xeito cumpriríase o desexo de Feijóo de aumentar a raquítica participación de NCG no novo banco, mais a custa de detraer unha cantidade, non precisada na información, deses 96 […]

Man de Camelle

15 Novembro, 2011 (18:46) | Artes Visuais, Cultura, Museos, Vídeos |

Agradecémoslle a Orestes Pérez que compartise este interesantísimo documento sobre Man de Camelle, coincidindo case co aniversario do seu pasamento. Boa parte destas imaxes foron gravadas en 1986. A partir do minuto 7:30 incursiona no mundo do alemán de Camelle.

Onte 66: Magar

13 Novembro, 2011 (17:44) | Artes Visuais, Cultura, Onte, Vigo, Xerais |

Non faltamos á cea benéfica organizada pola Fundación Magar que promove a investigación para a cura da acondroplasia. Unha oportunidade para apoiar o traballo solidiario e xeneroso do veterano fotógrafo, que traballou en Faro de Vigo dende os anos nos que o dirixía Álvaro Cunqueiro. Tras compartir con Manolo Magar a edición de tres libros antolóxicos, […]

Días de Samaín

31 Outubro, 2011 (09:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Festas, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a orixe destes días de Samaín. Vivimos días de santos e defuntos, días consagrados á memoria dos mortos queridos. Tempo de castañas e magostos outonizos, ás portas do san Martiño, que anuncia a chegada dos rigores do inverno. Mais tamén, no eido festivo, estes son días […]

O caso islandés

24 Outubro, 2011 (06:58) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Cultura, Edición, Goberno Feijoo, Lectura |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación da literatura e a ectura en Islandia, país convidado na edición da Feirado Libro de Frankfurt 2011. Advertiuno o escritor islandés Arnaldur Indridason horas antes de pronunciar o discurso de inauguración da recente Feira do Libro de Frankfurt dedicada ao seu país: “estes […]

Onte 45: Galeguismo integrador

23 Outubro, 2011 (08:54) | Cultura, Onte, Premios, Vigo |

Non o puido dicir mellor Bieito Ledo nas súas breves palabras de benvida da cea na que se deu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011: «durante tres décadas estes premios baseáronse no galeguismo integrador que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como fortiter in re suabiter in […]

Islandia, instalación en Frankfurt 2011

15 Outubro, 2011 (13:45) | Cultura, Eventos, Presentacións, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

Onte 37: Galician Classics

15 Outubro, 2011 (13:28) | Cultura, Eventos, Onte, Poesía, Traducións |

Na derradeira hora deste Frankfurt 2011, xa a piques de coller o avión,  participamos no acto da presentación da colección «Galician Classics», que promove a editorial Small Stations Press e a Consellaría de Cultura e Turismo. Creo que este proxecto, promovido polo tradutor e editor Jonathan Dunne, é un das máis eficaces achegas para facer […]

Obra Social

10 Outubro, 2011 (06:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Economía, Goberno Feijoo |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da absorción do Banco Pastor e da desfeita das caixas, denuncio a situación na que queda a Obra Social da que foron as entidades financeiras galegas. Unha semana abondou para liquidar o poder financeiro galego. Tras a nacionalización de Novacaixagalicia polo FROB, coa inevitable absorción […]

Onte 30: Quedamos sen país

8 Outubro, 2011 (10:08) | Cultura, Economía, Goberno Feijoo, Onte |

Mentres traballaba no envío dos convites da Cea das Letras do vindeiro 22 de outubro, na que se coñecerá o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011, souben da absorción do Pastor polo Banco Popular. Quedamos, así, sen o primeiro banco fundado en Galicia e sen a derredeira peza de política financeira coa que contaba […]

Onte 25: Paralízase a CDC

3 Outubro, 2011 (07:04) | Arquitectura, Cultura, Goberno Feijoo, Onte |

Roberto Varela recoñece que é necesario adiar sine die a finalización da Cidade da Cultura. De forma moi sensata o conselleiro asume que a prioridade do seu departamento é o mantemento das industrias culturais galegas (identificado coa conservacións dos seus empregos) e non rematar o faraónico proxecto iniciado polos gobernos de Fraga. Roberto Varela paraliza […]

Onte 24: A Derrota de Galicia

2 Outubro, 2011 (15:59) | Autores, Cultura, Economía, Ensaio, Goberno Feijoo, Onte, Política, Xerais |

Á mañá recibín un novo limiar para o que será A Derrota de Galicia, o libro de ensaio político, que publicaremos a comezos da vindeira primavera, no que Antón Baamonde reflexiona sobre a inexistencia na Galicia actual dun proxecto propio de modernización. Lin decontado o texto lúcido e duro de Baamonde, despois de ter revisado […]

Onte 12: a illa do pensamento

20 Setembro, 2011 (06:50) | Beizóns, Cultura, Eventos, Goberno Feijoo, Onte |

Foi a terceira vez que participo nestes meses de verán nunha das actividades que se realizan na Illa de san Simón. Tras o ditame dos Premios Xerais en xuño e o Galeuscat de editores de xullo, desta volta a cita foi para intervir no interesantísimo foro que sobre o futuro das industrias culturais, no marco […]

En clave galega

19 Setembro, 2011 (06:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Historia, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da nova etapa da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, reflexiono sobre o que entendo é o traballo asociativo en clave galega. A Reforma Política, a chamada popularmente “Transición”, foi un tempo decisivo, no que se valoraron argumentos e posibilidades políticas que agora, neste tempo […]

Carta de María Xosé Queizán ao Consello Municipal da Muller de Vigo

15 Setembro, 2011 (12:03) | Autores, Cultura, Recurso_didáctico |

A escritora María Xosé Queizán enviounos copia da carta que onte dirixiu ao Consello Escolar da Muller de Vigo con motivo da primeira reunión deste mandato. Creo que merece ser difundia pola rede. Queridas amigas e compañeiras feministas: Recibín unha alegría cando souben que no Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo, me propuxerades […]

Onte 7: premios en clave de país

15 Setembro, 2011 (06:42) | Cultura, Onte |

Os membros da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia aprobamos as bases dos premios e a composición dos xurados de cada unha das modalidades. O 22 de outubro, no devir da cea que se celebrará no Hotel Os Escudos de Vigo, coñeceremos o resultado dunhas deliberacións que pretenden recoñecer a excelencia e os mellores […]

Café de redacción en «Xornal de Galicia»

31 Xullo, 2011 (09:14) | Artigos_Xornal.com, Cultura, Edición, Editores, Educación, Entrevistas, Goberno Feijoo, Lectura, Política |

Non sei como debeo agradecer a Xornal de Galicia a deferencia de ter organizado un Café de redacción comigo. Máis aínda cando estiven acompañado por xenerosos amigos de meu como Camilo Nogueira, Xabier DoCampo, Manuel M. Barreiro e Óscar Sánchez e de catro profesionais do xornal como a directora María Val, o subdirector Xabier Blanco, […]

Galicia Hoxe

28 Xuño, 2011 (08:59) | Cultura, Goberno Feijoo, Lingua |

O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos.  Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; […]

Peche dos Premios Xerais 2011

22 Xuño, 2011 (08:25) | Cultura, Vídeos, Xerais |

Fervenzas Literarias, o mellor de 2010

18 Xaneiro, 2011 (07:56) | Blogs, Blogs_e_libros, Cultura, Iniciativas, Internet, Persoal, Premios, Promoción do libro |

Velaí o palmarés do mellor de 2010 de Fervenzas Literarias, outorgado pola votación de máis de cincocentas persoas na rede. A nosa gratitude polo que lle corresponde a Brétemas como o mellor blog do pasado ano.

Gaiás na na procura de sentido

17 Xaneiro, 2011 (07:59) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Cultura, Goberno Feijoo |

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o que foi o proxecto da Cidade da Cultura e do que entendo son os seus retos para atoparlle un sentido. Ningunha persoa sensata pode dubidar hoxe, ao fío dos recurtes dos investimentos públicos en infraestruturas e do gasto en políticas sociais, do despropósito que […]

Inauguración da Cidade da Cultura

11 Xaneiro, 2011 (22:05) | Bibliotecas, Cultura, Goberno Feijoo, Museos |

O acto de inauguración da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, que suporá tamén a apertura ao público  da Cidade da Cultura a partir de mañá, amosou a profunda fenda que nesta lexislatura se abriu na política galega. Resultoume incomprensible a ausencia no acto dos membros do BNG, o partido que tivo a principal responsabilidade […]

Balance 4/2010: o Ano do Libro e da Lectura que non o foi

31 Decembro, 2010 (14:43) | Balance_2010, Bibliotecas, Cultura, Goberno Feijoo, Lectura |

Magoadamente cumpríronse os peores agoiros e o chamado «Ano do Libro e da Lectura», declarado pola Xunta de Galicia, non o foi, nin sequera foi unha sombra daquel ano bonsai que previamos hai un ano. Magoadamente e moi ao noso pesar, nin houbo un programa específico de fomento da lectura, nin houbo un desenvolvemento do […]

Balance 2010/2: a coherencia de Agustín Fernández Paz

29 Decembro, 2010 (10:27) | Autores, Balance_2010, Beizóns, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua |

Sei que para moitos  non son a persoa máis axeitada para considerar a Agustín Fernández Paz como a figura literaria do ano. Ademais de ser o seu editor, úneme con el unha fonda amizade e un seguimento da súa traxectoria autoral e profesional dende hai case trinta anos, razóns polas que dificilmente podo ofrecer obxectividade. […]