Category: Dereitos_humanos

Onte 194: Xenofobia

20 Marzo, 2012 (09:42) | Dereitos_humanos, Onte, Política, Sociedade |

O atentado terrorista de Toulouse, que acabou coa vida dun profesor e tres alumnos xudeus, amosa que a xenofobia é unha das maiores doenzas sociais da Europa en crise. Tras o asasinato a semana pasada de tres militares franceses de orixe magrebí, probablemente coa mesma arma, estes novos crimes racistas enfrontan á sociedade gala cos […]

Onte 183: U-la unidade de acción feminista?

9 Marzo, 2012 (00:37) | Dereitos_humanos, Efemérides, Eventos, Feminismo, Onte |

Magoume que no Día Internacional das Mulleres houbese dúas manifestacións en Vigo, unha convocada polo Consello Municipal da Muller e a Concellaría de Igualdade e apoiada por 23 organizacións de mulleres, na que se exhibiron só reclamos lilas, e outra da Marcha Mundial das Mulleres, apoiada por militantes do BNG e de EU, na que ondearon […]

Fenda laboral e igualdade real

5 Marzo, 2012 (07:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Economía, Efemérides, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Sociedade |

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do 8 de marzo, Día das Mulleres, reflexiono sobre a profunda fenda laboral existente entre homes e mulleres. Ás portas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Gabinete Económico de CC.OO presentou un informe moi clarificador sobre a situación das mulleres […]

Onte 172: Outro paso

27 Febreiro, 2012 (07:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Goberno Rajoy, Onte, Política |

A declaración do Kursaal é outro paso da esquerda abertzale para asumir a súa incorporación ao proceso democrático. O feito de «amosar o profundo pesar pola dor causada por ETA» e de recoñecer que aos seus membros faltoulles «cara unhas vítimas a sensibilidade amosada con outras» son afirmacións que deben ser acollidas e valoradas de […]

Onte 157: Crónicas de Homs

12 Febreiro, 2012 (10:22) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Onte, Palestina, Vídeos |

Mónica G. Prieto, unha xornalista de guerra, fundadora de Cuarto Poder, publica en Periodismo Humano unhas crónicas estremecedoras sobre o que está sucedendo en Siria dende hai máis de dous meses. O castigo que está recibindo a cidade rebelde de Homs é tremendo. Monica G. Prieto relata que, tras mes e medio de conflito armado, […]

Onte 143: #twitterblackout

29 Xaneiro, 2012 (10:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Iniciativas, Internet, Medios, Onte, Twitter |

Fomos moitos os que onte non demos nin chío para así expresar a nosa queixa sobre a posibilidade que Twitter introduza unha censura selectiva sobre determinados contidos nalgúns países. A censura non pode ser aceptable en ningún país do mundo nin xustificable por tratarse dun servizo (até agora de publicación e acceso gratuíto, a pesar de […]

Día dos Dereitos Humanos

10 Decembro, 2011 (12:04) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Igualdade, Recurso_didáctico, Xustiza |

Open publication – Free publishing – More infancia Magnífico traballo de Francesco Tonucci sobre os dereitos dos nenos e nenas. Un clásico. Vía Ronseis.

Onte 57: Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

4 Novembro, 2011 (04:34) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Onte, Política |

O programa electoral educativo do PP anuncia a intención de eliminar a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, a materia de sexto de Primaria, segundo e cuarto de ESO que algúns sectores ultraconservadores e católicos levan intentando dinamitar dende hai seis anos. Hostilidade que non foi refrendada polos tribunais (tanto polo Supremo, como […]

Enlaza Vigo

17 Outubro, 2011 (07:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo propoño, ao fío do asasinato de Cristina González, a participación na marcha Enlaza Vigo que se celebrará o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Cristina González Sacau, unha muller de 39 anos con dous fillos xemelgos de oito, foi asasinada na súa casa […]

«Mon amour. Historia de muros»

1 Outubro, 2011 (10:31) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

Video de MAYSUN CHEIKH ALI MEDIAVILLA, galardonado co primeiro premio P LÚMEN_EX 2010 Premios de Arte Digital da Universidade de Extremadura. Outra lectura dos Valados de Agustín Fernández Paz. Moi recomendable. Vía Trafegando ronseis. Moitas grazas.

Onte 15: Todos somos Troy Davis

23 Setembro, 2011 (06:53) | Dereitos_humanos, Onte |

Troy Davis foi executado no estado de Xeorxia tras padecer durante VINTE ANOS a tortura de permanecer no corredor da morte. Desta volta non houbo aprazamento, a pesar da existencia de fundadas dúbidas sobre a súa culpabilidade, tras a negativa do Tribunal Supremo de paralizar a execución. De nada servíu que os seus defensores presentasen […]

Dylan 70

24 Maio, 2011 (21:50) | Dereitos_humanos, Música, Vídeos |

Hoxe o mundo celebra o setenta aniversario do gran Bob Dylan, unha das figuras cimeiras da cultura do noso tempo. Hoxe é bo día para desvelar que Vicente Araguas anda a traducir para o galego unha escolma das súas cancións que pretendemos publicar nos vindeiros meses. Agardo que sexa outro fito para a lingua e […]

Paz en 83 linguas

26 Xaneiro, 2011 (23:55) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo. Un recurso didáctico magnífico para utilizar na xornada do 30 de xaneiro, Día Escolar da non Violencia e pola Paz.

A chamada «lei de convivencia»

10 Xaneiro, 2011 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Goberno Feijoo, Recurso_didáctico |

No artigo da semana de Faro de Vigo analizo os contidos e a orientación política da chamada «lei de convivencia e participación da comunidade educativa« (cuxo texto completo pode baixarse en pdf aquí). Aproveitando o acougo das vacacións de Nadal o conselleiro de Educación presentou o borrador do anteproxecto de Lei de convivencia e participación […]

WikiRebels

18 Decembro, 2010 (11:38) | Dereitos_humanos, Internet, Vídeos |

Un moi interesante documental da televisión sueca sobre o fenómeno de WikiLeaks. Está subtitulado en castelán e dura case unha hora (para activar os subtítulos, preme sobre CC). Paga a pena. Moitas grazas a La Huella Digital.

«WikiLeaks e a transparencia pública»

13 Decembro, 2010 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Internet, Sociedade, Xustiza |

No artigo da semana de Faro de Vigo abordo a cuestión de WikiLeaks e as implicacións que lle vexo no que atinxe á neutralidade da rede e os ciberdereitos dos cibercidadáns.

WikiLeaks e os dereitos dos cibercidadáns

8 Decembro, 2010 (20:12) | Blogs, Dereitos_humanos, Internet, Sociedade |

A verdade é que non seguín con moita atención as primeiras filtracións de WikiLeaks referidas ás guerras de Irak e Afganistán. Porén, tras o Cablegate do Departamento de Estado e tras a detención preventiva de Julian Assange, o asunto tenme conmocionado. Máis alá do contido dalgúns cables que ispen a figuras como Zapatero, que pasou […]

«Stairs» e outras pezas contra a violencia machista

5 Decembro, 2010 (10:38) | Dereitos_humanos, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/l7HqwAleUQg" width="740" height="448" wmode="transparent" /] «Milleiros de mulleres caen polas escaleiras todos os días. Acreditas? Detén a violencia doméstica. Fala con nós.» Impresionante vídeo alemán que reflite a violencia contra as mulleres. Estoutra peza e estoutra e tantas máis son igualmente interesantes nesta loita. Vía Trafegando ronseis (gran traballo o que neste eido, como […]

Cidades amigas da infancia

22 Novembro, 2010 (07:43) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico |

No artigo da semana, ao fío da celebración do Día Mundial da Infancia, reflexiono sobre a situación da Infancia e sobre o modelo de Cidades amigas da infancia que propón UNICEF. O sábado conmemorouse a data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a “Declaración Universal dos Dereitos do Neno” en 1959 e […]

Boneca branca, boneca preta

21 Novembro, 2010 (12:51) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/XyilexcWbSE" width="740" height="448" wmode="transparent" /] Preparando o artigo de mañá sobre «As cidades amigas da infancia» e o «Día Mundial da Infancia», non podo deixar de subir este impresionante documento sobre os prexuízos raciais que arrastran os picariños pretos. Dá moito que pensar. Atopeino no Fb, grazas Iolanda.

Día Mundial da Infancia

20 Novembro, 2010 (17:32) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Dhl49BITiOk" width="740" height="448" wmode="transparent" /] Moi recomendables son os recursos que Trafegando ronseis recompilou para este 20-N, Día Mundial da Infancia.

1 de 200

18 Outubro, 2010 (06:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Recurso_didáctico, Solidariedade |

No artigo da semana de Faro de Vigo presento a iniciativa de Implicadas no Desenvolvemento e reflexiono arredor do Pacto Galego contra a Pobreza, asinado polos tres grupos parlamentarios coa Coordinadora Galega de ONG polo desenvolvemento.

Quererás ser 1 de 200?

6 Outubro, 2010 (02:32) | Dereitos_humanos, Iniciativas, Solidariedade |

Unha iniciativa de Implicadas que merece todo o noso apoio. Quererás ser 1 de 200?

Amnistía Internacional

3 Setembro, 2010 (00:01) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/OMzg4CVa0jE" width="740" height="448" wmode="transparent" /] Vía Trafegando ronseis.

De Amnistía Internacional: Dedicado aos «Ordenados»

14 Maio, 2010 (01:43) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Vídeos |

Velaí o verdadeiro rostro do racismo. Como me ten dito un grande amigo que me recomendou este vídeo impresionante de Amnistía Internacional, se fixeran unha versión galega, terían que engadir: “y a los que hablan gallego, lejos!”. Vía Trafegando ronseis.

Locutorio Khewal

2 Maio, 2010 (18:10) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Solidariedade, Vigo |

O locutorio Khewal estivo na rúa Elduayen, fronte as escaleiras que dan acceso á Ferrería. A comezos do ano 2000 foi o primeiro que se montou en Vigo para inmigrantes. Un local pequeno, apenas vinte metros cadrados, no recanto onde noutrora estiveran ubicadas, nun quiosco modernista, «Mi bebé», «La Rosa de Oro» (unha mercería moi […]

«A pobreza é a inxustiza»

26 Abril, 2010 (07:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Comercio_xusto, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Imaxes, Política, Recurso_didáctico, Solidariedade, Xustiza |

No artigo da semana reflexiono, a raíz da Festa «Un Día para a Esperanza» de Intermón-Oxfam, sobre a necesidade de reaccionar sobre a actual situación de fame, pobreza e inxustiza no planeta. Outra ollada é posible.

«Un Día para a Esperanza 2010»

24 Abril, 2010 (09:12) | Comercio_xusto, Dereitos_humanos, Documentos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Política |

A crise económica  e o cambio climático castigan especialmente as poboacións pobres. Calcúlase que hoxe xa hai máis de 1.400 millóns de persoas  que sobreviven con menos de 1 euro ao día. O 70% son mulleres. Imaxinades cómo é a vida dunha familia que ten que comer, pagar pola educación e a asistencia médica con […]

«As alarmas do caso Garzón»

12 Abril, 2010 (08:55) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Política |

No artigo da semana abordo o caso Garzón e as dúas alarmas que entendo acende: a imposición de límites penais á interpretación xudicial, podería comprometer gravemente o noso Estado de Dereito e a independencia xudicial; a indefensión na que poden quedar os dereitos das familias das vítimas dos crimes de lesa humanidade cometidos polo franquismo […]

Sobre os dereitos humanos

4 Febreiro, 2010 (08:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico |

O meu amigo Celso López Pazos, presidente da Asemblea Republicana de Vigo, publica hoxe en Faro de Vigo un interesantísimo artigo sobre os dereitos humanos no Estado Vaticano. Recomendo a súa lectura vivamente.

«Non dubidaría», reflexión na semana de educación pola paz

24 Xaneiro, 2010 (20:25) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Slideshare, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/sUCq8avx4do" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Para Xesús R.Jares, sempre Esta semana, con motivo da festa do 30 de xaneiro, as nosas escolas volverán encherse de globos pola paz. A celebración deste «Día Escolar da non violencia e pola Paz» remóntase en Galicia a 1984, ano no que comezaron as actividades de educación pola paz […]

Muros do medo

30 Decembro, 2009 (15:49) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/s9UILicl6OA" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Ao fío da publicación de Valados, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz, imos descubrindo máis pezas que denuncian estes valados  ou muros creados para separar e dividir a uns seres humanos doutros. Semella que esta peza, apenas cinco minutos e medio, está concibido para introducirnos nao extraordinario […]

E… ti es o que mira a ese traballador inmigrante coma un extranxeiro?

30 Decembro, 2009 (15:33) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Imaxes, Recurso_didáctico |

Recibido hoxe na caixa de correo entre os parabéns de Nadal.

Abandonados

13 Decembro, 2009 (12:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Vigo |

No artigo da semana abordo a situación das persoas sen teito que deambulan por Vigo, ao tempo que denuncio a inhibición da Alcaldía e da Xunta de Galicia, tras oito meses de debate retórico, para darlle unha solución á ubicación do asilo de emerxencia.

Aminetu Haidar e o asento de Rosa Parks

2 Decembro, 2009 (21:41) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Política |

Agustín Fernández Paz escribiu un fermosísimo artigo lembrando a proeza de Rosa Parks. Foi o 1 de decembro de 1955 cando Rosa Parks se negou a obedecer en Alabama a un condutor de autobús que lle dixo que cedese o seu asento a un pasaxeiro branco. Hoxe un fermoso artigo dos cineastas Paul Laverty e […]

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

25 Novembro, 2009 (23:31) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SndmKXvB4lk" width="425" height="350" wmode="transparent" /] De todos os vídeos e presentacións didácticas que ven publicando Trafegando ronseis (un dos meus preferidos do blogomillo) de loita contra violencia machista (máis dun centenar) escollo no día de hoxe esta peza, «Vive o muere», primeiro premio de «- es +», un proxecto que trata de concienciar aos […]

Faleceu Jose Paulo Serralheiro

8 Setembro, 2009 (18:28) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam |

Magóanos a noticia do falecemento do José Paulo Serralheiro, o director d’ A Página da Educação, dirixente do Sindicato de Professores do Norte, e moi bo amigo do grupo galego de Educadores pola Paz. Profesor e xornalista especializado no eido educativo, tivemos oportunidade de compartir conversa co portuense a raíz da celebración do vinte e […]

Isabel Allende, gran discurso sobre a muller

14 Xullo, 2009 (16:35) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Dezaoito minutos dun discurso memorable de Isabel Allende sobre a situación da muller no mundo. Vía Trafegando ronseis (moitas grazas)

Un día para esperanza

26 Abril, 2009 (11:56) | Dereitos_humanos, Eventos, Festas, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SDcC5IYJVX0" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Hoxe estaremos na praza da Constitución na «Festa da Solidariedade» que organiza Intermon-Oxfam.

«Los nadies», Eduardo Galeano

21 Marzo, 2009 (18:34) | Autores, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/pEkyblfn6oo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

XXIII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz

20 Marzo, 2009 (18:23) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Eventos |

Recibo con alegría o anunció da convocatoria do XXIII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz que se celebrará na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo do 24 ao 26 de abril. Inevitablemente, este Encontro 2009 terá un carácter especial xa que será o primeiro no que se notará a ausencia de Suso Jares, […]

Palestina V (Nenos/as)

29 Xaneiro, 2009 (20:39) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]

«Yom HaShoah», Día do Holocausto

27 Xaneiro, 2009 (08:24) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz |

Non o esquezamos, hoxe é o «Yom HaShoah«, o «Día da memoria do Holocausto e da prevención dos crimes contra a humanidade», declarado así pola ONU como xornada en recordo das vítimas do exterminio nazi, no que morreron asasinados seis millóns de persoas. Celebramos o sesenta e tres aniversario da liberación por parte do Exército […]

Palestina IV (Destrución)

26 Xaneiro, 2009 (21:35) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes]

Palestina III (Presos)

26 Xaneiro, 2009 (01:51) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes]

Palestina II (Check points)

25 Xaneiro, 2009 (12:33) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]

Palestina I (Muros, edificios e cadeas)

24 Xaneiro, 2009 (20:03) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]

Galicia con Palestina

17 Xaneiro, 2009 (17:10) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Vida para Palestina

10 Xaneiro, 2009 (08:56) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos |

VIDA PARA PALESTINA from POLBOGRAPHIX on Vimeo. Vía Lapices para la Paz.

Tempo de virtuosos, Gideon Levy

9 Xaneiro, 2009 (20:14) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Vía Amálgama, transcribo a tradución do importante artigo de Gideon Levy publicado hoxe no xornal israelita Haaretz de Tel Aviv. Un texto que demostra que hai moitos xudeus nobles coa afouteza de erguer a voz contra os crimes do seu goberno (observar a longa lista de comentarios que recibe o artigo). TEMPO DE VIRTUOSOS Gideon […]