Category: Economía

«Galicia, unha xeración perdida?»

2 Agosto, 2010 (08:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Educación |

No artigo da semana volvo sobre un dos fíos apuntados no artigo anterior, o da crise demográfica e o fenómeno da emigración dos mozos e mozas. Foime moi útil o Informe Mocidade e Emprego do Gabinete Técnico de Economía da CIG (recoméndoo, organiza os datos demográficos, educativos e de emprego). Actualización (10-08-2010): Agradecemos esta carta […]

Educación, Sanidade e Servizos Sociais

1 Agosto, 2010 (19:58) | Cultura, Economía, Educación, Goberno Feijoo, Política |

Irene Bascoy, xornalista de Faro de Vigo, tiroulle da lingua ao presidente Feijóo e conseguiu algunhas importantes concrecións sobre o que serán os vindeiros recurtes do orzamento autonómico. Como é adoito en Feijóo fachendea na entrevista de ser o primeiro defensor da austeridade e dos recortes de políticas públicas, a pesar de que agocha coidadosamente […]

«Galega 100%»?

13 Xullo, 2010 (17:55) | Economía, Goberno Feijoo, Lingua, Publicidade |

«Galega 100%»: Entenderíamolo perfectamente se o sintagma fixese referencia á fusión das caixas de ahorros galegas ou á denominación da tenreira galega, porén resulta absurdo incorrer nun erro de concordancia gramatical para referirse ao leite de noso. O indignante do asunto é que non se trata dunha gralla, froito do desleixo ou do escaso coñecemento […]

As caixas de aforros desaparecerán

11 Xullo, 2010 (15:33) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Tras a aprobación do Decreto que reforma a Lei de Caixas do Goberno Central (LORCA), semella que  as caixas de aforros desparecerán, tal como as coñecimos até agora. Ben sei que o proceso de bancarización afectará antes a unhas entidades ca outras; son consciente, ademais, que no caso das caixas galegas o seu proceso actual […]

Unha nova caixa única?

12 Maio, 2010 (08:27) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Despois de desacordos e trasacordos esterilizantes, onte escenificouse en Monte Pío o acordo de fusión paritaria entre as dúas caixas galegas. Sen dúbida, é unha boa noticia que permite, canto menos por uns anos, contar a Galicia cunha entidade financeira de natureza social que debería servir aos intereses xerais do país. O acordo presentouse como […]

Os números mandan na fusión

9 Abril, 2010 (20:29) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Tras a expectativa creada pola dispoñibilidade das dúas caixas para estudar as posibilidades de fusión, a partir da vindeira semana serán os números os que manden. Semella que por esta análise de Capital Madrid as dificultades para poder cadrar os números van ser importantes, xa que o Banco de España probabelmente só achegará 1.500 millóns […]

Hai fusión? Caixa Atlántica ou Caixa do Atlántico?

23 Marzo, 2010 (19:13) | Confidencial, Economía, Goberno Feijoo |

Como salientan as versións xornalísticas de hoxe,  o escenario da fusión das caixas quedou aberto, mais que ninguén descarte que, finalmente, os triunfadores poidan ser tamén JG e AC. En todo caso, de ser certo isto, beizón para o país que conseguiría un acordo histórico nun momento de enorme incertidume.

Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre as caixas

7 Marzo, 2010 (13:59) | Economía, Goberno Feijoo, Política, Radio |

Aconsello escoitar estes quince minutos da tertulia da Radio Galega do pasado venres á noite. Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre como funciona Caixanova. Algúns treitos das súas palabras son impresionantes, non tanto porque non coñecésemos os datos e os nomes que achega, senón polo que denotan da forza de determinados poderes económicos. Magnífico complemento […]

Dúas SIP para as nosas caixas?

16 Febreiro, 2010 (18:36) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Se finalmente non hai acordo na negociación institucional entre a Xunta e o Goberno, entre o PP e o PSOE, moi dificilmente haberá fusión entre as caixas nosas. Despexada esa incógnita, ábrense dúas posibilidades nas que semella levan traballando os equipos das entidades: Caixanova participaría nunha SIP con outras entidades máis pequenas ca ela (Cantabria, […]

Arcadi Oliveres: quen manda no mundo?

24 Outubro, 2009 (19:35) | Economía, Medios, Política, Televisión, Vídeos |

Club Bilderberg. Entrevista a Arcadi Oliveres from AttacTV on Vimeo. Moi clarificadora entrevista a Arcadi Oliveres sobre os grandes poderes económicos do mundo. A realización é de AttacTV.

O futuro das caixas

5 Outubro, 2009 (06:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía |

No artigo da semana aposto pola fusión de Caixa Galicia e Caixanova como futuro para as caixas de aforros galegas.

Caja Madrid estuda a integración coa CAM e con Caixa Galicia

3 Agosto, 2009 (11:35) | Economía, Goberno Feijoo |

Hai tres semanas adiantabamos aquí as tres posibilidades que se barallaban sobre o futuro das Caixas de Aforros galegas. A pesar de que o presidente Feijoo manifestou cautelosamente que o seu Goberno non tiña unha posición adoptada sobre esta cuestión e que daría a sua opinión dentro duns meses, semella que pola información aparecida hoxe […]

A fusión das caixas

13 Xullo, 2009 (18:55) | Economía, Goberno Feijoo |

A cuestión do financiamento (non pinta ben, xa que non contar con novo Estatuto é un prexuízo grande para a negociación bilateral co Estado) e o da teimosa ofensiva contra o galego non pode adiar na mesa de Feijoo o complexo problema da inevitable fusión das caixas para gañar perímetro na actual crise financeira. A […]

Todos con Xosé Manuel Beiras

28 Xuño, 2009 (09:29) | Autores, Cultura, Economía, Eventos, Lingua, Política, Socioloxía |

Hoxe en Trasalba todos con Beiras.

Instalados na crise

18 Xaneiro, 2009 (10:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Vigo |

No artigo da semana alerto sobre a importante dimensión da crise do sector da automoción en Vigo, con importantes efectos sobre o emprego.

Pedagoxía CAN

24 Novembro, 2008 (09:22) | Economía, Internet |

CAN (Caja Navarra) utiliza You Tube para explicar as razóns polas que acudiu á poxa de activos públicos. Semella realmente innovadora a súa estratexia de Banca Cívica. Un exemplo de utilización dos medios da web 2.0 na mercadotecnia bancaria.

Ramonet, a dimensión da crise

10 Outubro, 2008 (15:21) | Economía |

Vía Microsiervos.Hoxe é un día de auténtico pánico. Ten razón Ramonet, esta crise é das que se producen cada cen anos: «trátase dun fracaso moral e ético do capitalismo neoliberal, onde se privatizan as ganancias e se socializan as perdas. Cando hai perdas, as pagan todos os cidadáns, até os máis modestos». Pódense escoitar as […]

A crise con «humor»

3 Outubro, 2008 (19:08) | Economía, Humor, Vídeos |

The Last Laugh – George Parr – Subprime – subtitulosCargado por erioluk Ficción ou realidade?Vía Escolar.

Para entender a crise

15 Setembro, 2008 (20:23) | Economía |

Este traballo de Joseph Stiglitz, nun día coma o de hoxe no que se desploman os mercados financeiros, axuda a entender as razóns desta crise profunda do capitalismo especulativo. Para o Premio Nobel en Economía de 2001 o problema principal da economía estadounidense é que dedicou pouco esforzo a administrar os riscos reais importantes, mentres […]