Moi útil e esta anotación do Observatorio da Cultura Galega na que recupera os datos das estatísticas publicadas (de 2002 a 2008) polo INE sobre a produción de libros en Galicia. No entanto, creo que os datos proporcionados pola Oficina do ISBN son os máis fiables para seguir a tendencia de produción por número de títulos e os do estudo do comercio interior do libro no referido ao volume de produción en número de exemplares e de vendas por tipoloxía de edición e de canais (en definitiva, o que interesa ao sector para tomar decisións).
A prensa faise eco hoxe da noticia do crecemento da produción editorial en Galicia e en galego en 2008 segundo os datos do INE. O crecemento dun 60% na produción en número de exemplares, como no de títulos publicados en Galicia que pasaría de 2.364 a 3.747, déixanos un pouco incrédulos. A pesar de que agardabamos un crecemento no volume por exemplares, debido á renovación de oito cursos no sistema educativo (os tres da infantil do segundo ciclo, 3º e 4º de primaria, 2º e 4º de ESO e 1º de bacharelato) nos que se fan tiradas, na maior parte dos casos, para catro anos.
Porén, se acudimos aos datos proporcionados pola oficina do ISBN, a que vimos utilizando dende 1972 para facer o seguimento da produción editorial en Galicia e en galego, comprobamos que na edición en galego produciuse unha nova diminución no número de títulos, pasando dos 1.780 publicados en 2007 a 1.750 en 2008 (unha diminución do 1,68%, que consolida a tendencia iniciada en 2004, na que o libro galego superou acadou as 1.849 referencias, a maior marca da súa historia). Outrosí sucede cos datos do ISBN referidos á edición en Galicia que amosan a mesma tendencia a diminución, xa que dos 3.376 títulos editados en Galicia en 2007 pasamos aos 3.033 en 2008 (rompendo a tendencia de crecemento dos últimos cinco anos),
A diferenza (cando non clara contradición) entre estes datos preesentados polo INE e os do ISBN amosan a importancia de contar cun estudo de referencia sobre o estado da edición en Galicia. Nese sentido será moi boa noticia a próxima presentación por parte da Asociación Galega de Editores do seu estudo sobre o comercio interior do libro en Galicia no ano 2007. Un bo momento para clarificar as tendencias tanto na produción editorial como no mercado.
Teresa Cuíña fíxome esta entrevista que aparece publicada hoxe nas páxinas de «Luzes» de El País Galicia. A fotografía é de Lalo Villar. Grazas aos dous polo seu agarimo e magnífico traballo.
Carlos Callón publica unha anotación no seu blog e un artigo en Galicia hoxe sobre a situación do sector editorial en galego moi ben documentadas e atinadas. Agradécese o rigor. Beizóns.
A edición de Vieiros dá conta hoxe dos datos, referidos ao ano 2007, extraídos do Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura. Os datos amosan un crecemento da edición en Galicia (previsiblemente, a maior parte en castelán) e unha diminución da edición en galego, como xa adiantáramos no blog nesta anotación de comezos do pasado mes de outubro. Os datos (tan teimudos) amosan un retraemento da actividade do sector editorial privado, máis notable, aínda, no eido do libro literario (que enfeblece as súas posicións). Os datos do barómetro de hábitos lectores en Galicia tampouco son mellores. Nin se avanza nunha solución corresponsable sobre o futuro do libro escolar (sobre o que pivota case a metade do noso mercado), unha cuestión que quedou aparentemente esquecida e sobre a que ninguén agora quere pronunciarse. Nin se desenvolven coa premura precisa os compromisos asumidos pola Lei do Libro e polo seu plan de lectura. Nin se concretan as medidas da declaración do libro como «sector estratéxico»… Como non podemos permitirnos caer nin na desolación nin no conformismo, nin a cultura do país pode asumir o devalo melancólico do seu primeiro sector cultural, os profesionais (autores, editores, bibliotecarios, libreiros e distribuidores) debemos ser capaces de consensuar un novo programa para os futuros do libro e da lectura en galego coa intención de proporcionarlles un pulo renovado nos vindeiros anos. A lectura en galego (por riba de formatos e soportes) debe volver ocupar a centralidade no debate sobre o futuro da nosa industria cultural, primacía que perdeu ao longo desta lexislatura.
Deuse a coñecer, como é adoito con motivo da inauguración de Líber, o estudo do Comercio Interior do Libro preparado pola Federación de Gremios de Editores de España. Debullando a faramallada de datos de 2007 (pódese baixar en pdf), adianto algúns dos máis significativos referidos ao mercado interior do libro en galego (no que observamos algunhas importantes incoherencias, o que, adianto, pode facelos pouco fiables): –No pasado ano publicáronse en Galicia 3.376 títulos (un importante crecemento) e 1.780 en galego (un decrecemento do 1,33%). A edición en galego decrece, a edición en Galicia aumenta. –O sector privado d0 libro galego fabricou en 2007 case tres millóns de exemplares e facturou 31,89 millóns de euros (o 19,22% da totalidade do mercado do libro en Galicia: 165 millóns). O catálogo histórico supera os 26.000 títulos editados, dos cales, afortunadamente, once mil están vivos no mercado. –As tipoloxías de edición educativa e infantil e xuvenil continúan sendo as principais da edición en galego. En 2007, o libro de texto supuxo o 33, 3% dos títulos editados, o 30,7% dos exemplares fabricados e o 44,1% da facturación do sector. Outrosí sucede co libro infantil e xuvenil: o 28,8% dos títulos editados, o 37,5% dos exemplares fabricados e o 14,7% dos libros vendidos. Deste xeito, no pasado ano, acentuouse o imparable proceso de paraescolarización do sector editorial en galego, xa que os produtos comercializados ao abeiro do sistema educativo non universitario (sen engadir os dicionarios, outra trabe da edición en galega, o 17% das vendas) supoñen o 62,1% dos títulos editados, o 68,2% dos exemplares fabricados e o 58,8% da facturación do sector. –Os editores privados galegos publicamos 266 títulos literarios (entre novidades e reedicións, dos xéneros narrativo, poético, dramático e ensaístico), cifra que supón o 16,38% da nosa oferta, imprimimos 432.000 exemplares (o 14,55% do total) e, segundo a nosas estimacións (corrixindo os datos, claramente trabucados do estudo) unha facturación de 3,45 millóns de € (o 10,89% do total en galego e apenas pouco máis do 2% do mercado do libro en Galicia). Estes datos supoñen un pequeno retroceso do libro literario en galego con respecto ao ano 2006, xa que se publicaron menos títulos (pasouse de 314 a 266) e, a pesar de manter o número de exemplares fabricados (aumentou a tirada media), a facturación reduciuse previsiblemente en catrocentos mil de euros (pasando de 3,80 millóns de euros a 3,45). Sen dúdiba, un certo paso atrás! –O catálogo literario vivo en galego dos editores privados acadou no ano 2007 os 3.364 títulos (o 29,43%), dato moi significativo, xa que supón que un de cada catro libros dos fondos das librarías ou existentes nos seus almacéns é deste carácter. –Dentro da oferta literaria, a narrativa en galego é o xénero sobranceiro. En 2007 publicáronse 136 títulos narrativos (o 8,3% da oferta), fabricáronse 248.472 exemplares (o 8,3% da produción) e facturáronse 3,0 millóns de €, achegándose ao 10% de todo o mercado en galego. A tirada media dos títulos de narrativa en galego foi de 1.827 (fronte a 1.829 do conxunto do sector galego, 1.627 do libro literario, 1.176 de poesía, mais moi lonxe da media da edición española de narrativa, 7.630, aínda que superior á da narrativa en euscaro, 1.193). –O mercado da narrativa en galego, sendo a dimensión principal do mercado literario de noso, con máis de douscentos cincuenta mil exemplares vendidos, supón apenas o 1,8% do mercado do libro en Galicia (non esquezamos, 165 millóns de euros). Esta é a dimensión real do mercado da narrativa en galego (inclúe obra orixinal e traducida) que debe competir co xigante dunha edición en castelán que factura 573 millóns de €, vende máis de 56 millóns de exemplares e supón o 18,4% do mercado do libro en España. Unha batalla moi desigual entre David e Goliat. –O mercado do libro en Galicia é o 5,3% do mercado español, o que supón un crecemento do 0,3% con respecto ao ano anterior. Un dato positivo para as nosas políticas de lectura. No entanto, se consideramos que a poboación galega supón o 6,6% da poboación española, continúa existindo un déficit de 1,3%. Noutras palabras, consumimos en Galicia vinte e un millóns de euros menos en libros do que nos correspondería. –As librarías continúan sendo a canle privilexiada de comercialización para o libro galego (o 40,4%), aínda que perden moito terrreo con respecto ao ano anterior (máis de dez puntos). Nas próximas semanas coñeceremos datos máis desagregados do estudo encargado pola Asociación Galega de Editores. Daquela poderemos tirar conclusións máis definitivas.
Recollo un moi clarificador parágrafo dunha anotación do noso amigo Leroy Gutiérrez. Os editores ben coñecemos as diferenzas entre «publicar» e «editar». Asumir que non son termos sinónimos evitaría tantas confusións e debates bizantinos aos que estamos tan afeitos.
PUBLICAR NON É EDITAR
La diferencia entre publicar y editar ya era percibida en la antigüedad cuando se encargaba a estudiosos la revisión (edición) de papiros que el proceso de copiado (publicación) había contaminado con erratas. En cualquier caso, ya desde el siglo XX, la calidad de un texto se establece según el interés que alguien, distinto al autor y sus amigos, demuestra por la obra. Este alguien es un editor que llega para sustituir al librero-impresor de otros tiempos, erigiéndose como lector profesional que con cierto criterio reconoce la calidad de un texto. El prestigio del editor (el valor de su marca) se construye, entonces, sobre un pilar, su buen juicio. Esto lo lleva a comprometerse a publicar el texto de un autor si considera que éste es lo suficientemente bueno como para que el público esté dispuesto a pagar por leerlo. Pero su compromiso con la calidad del texto va más allá, el editor siente la obligación de involucrarse en la creación o mejora de éste. La edición involucra lecturas y relecturas del texto, discusiones con el autor, observaciones y sugerencias, correcciones, numerosas actividades que contribuyen a que el texto alcance su mejor nivel. Al final, de haber sido atinado su juicio y óptimo el trabajo de edición, el editor obtiene como recompensa el aumento de su prestigio y la recuperación del dinero invertido con cierta ganancia. El prestigio del editor con el tiempo se convierte en una garantía para los lectores quienes pueden estar seguros que un libro editado y publicado por este profesional es un producto que satisfará sus necesidades. En el caso de las empresas que se dedican a la publicación electrónica, que no editan los textos que publican, éstas basan su oferta y el valor de su marca en la percepción que tienen los autores y lectores de la labor de un editor. El problema está en que estas empresas obvian la parte fundamental de esta labor: la lectura crítica del texto. Tras lo ocurrido con BookSurge las demás empresas tendrán que cambiar su estrategia de comunicación y los autores tendrán que reconsiderar la importancia de la edición.
“Editar es una forma de intervenir en el presente. El catálogo de una editorial (además de ser su principal activo, dato que cada vez más parece olvidarse en busca de la ganancia a corto plazo) es ante todo una opinión. Editar un libro, insertarlo en un catálogo, implica formular una opinión sobre el estado de la literatura contemporánea, del ensayo de ideas, de la reflexión actual.” Damián Tabarovsky, Director Editorial de Interzona Tirado de Leroy Guitérrez.
Do manifesto de Sara Lloyd, do que falamos na anotación anterior, interesáronme, sobre todo, as respostas que proporciona á pregunta: que papel terán neste contexto, se lle queda algún, os editores do futuro? Para a editora de Pan Macmillan a saída (difícil) está en que os editores recuperemos o noso papel de intermediación (algo que cos medios dixitais xa non é imprescindible) centrándonos “en desenvolver un coñecemento especializado en nichos verticiais, aproveitando o ‘nicho profundo’ que se atopa na longa cola de Internet”. [...] Neste contexto, os editores centrarían o valor en torno a súa pericia técnica no tema ou o xénero e o seu coñecemento íntimo e directo do mercado, proporcionando funcións editoriais e de comercialización máis alá das meramente ‘técnicas’”. Lloyd propón, en definitiva, que os editores recuperemos azos nas actividades de promoción e mercadotecnia: “se queren convertirse nunha ponte eficaz entre autores e lectores, os editores terán que introducirse máis no espazo do vendedor final e desenvolver relacións directas cos consumidores do seu contido”. Ou noutras palabras, aínda máis clarificadoras: “calquera que sexa a forma que adopte o futuro, semella que os editores non van sobrevivir a menos que recuperen algunhas das funcións que cos anos foron cedendo a outrso elos da cadea de distribución”. Outra posibilidade de supervivencia dos editores atópaa Sara Lloyd na posibilidade de dixitalización dos nosos arquivos impresos e na posibilidade de acceder a eles (un labor que quizais poidan facer en mellores condicións que megacorporacións como Google books), sexa por medio da venda e promoción de libros impresos (baixo demanda) como en formato dixital. Coincido de cheo coa Lloyd que nun contexto deste tipo, hoxe xa é imprescindible que os editores utilicemos a fondo as posibilidades da comunicación editorial dixital: sementando na rede sistematicamente capítulos de mostra, entrevistas en audio e vídeo ao autores, novas das súas aparicións públicas, enlaces a artigos… Traduzoo derradeiro parágrafo do manifesto, no que Sara Lloyd condensa boa parte da súa achega prospectiva:
“Sexa como for, para que os editores superen os seus límites tradicionais e se convertan nas empresas editoras do mañá, cómpre unha mudanza de paso na súa forma, a súa cultura e o seu enfoque. As estratexias de publicación dixital terán que pasar de defensivas e protectoras a creativas e liberais, cunha atención especial en permitir que os lectores compartan e modifiquen o que len. Un afastamento do texto como centro exclusivo da súa actividade en dirección aos formatos multimedia ,sen dúbid,a será clave, e isto terá repercusións no tipo de dereitos que editores deberán negociar, así como nas habilidades que requirirán os seus empregados. Os editores terán que verse como configuradores e facilitadores en vez de como produtores e distribuidores, adoptando un enfoque baseado no proxecto máis que no produto e aceptando que a súa posición é meramente a dun elemento compoñente dunha circularidade entre lector, escritor e editor. Os editores deberán adoptar novos modelos de negocio, e quizais deban mesmo trasnformarse en empresas multimedia en vez de empresas editorais. Terán que comprender aos seus lectores, coñecelos e conectar con eles dun xeito moito, moito mellor, e deberán cultivar marcas que confiran maior prestixio aos autores e que impliquen uns valores que atraian aos lectores en torno a nichos identificables. En último termo, quizais deban prepararse, máis cedo ca tarde, para unha loita a morte non só cos actuais partners da cadea de distribución do libro senón tamén co competidores non tradicionais que xa están devorando a toda velocidade o espazo que ata hai pouco estaba reservado aos editores.”
Sara Lloyd, editora de Pan Macmillan, ven publicando no blog da súa editorial diversas anotacións baixo o título de “Manifesto dunha editora para o século XXI”. Por polémicos que algúns lles poidan parecer estes textos prospectivos (poden baixarse no blog Soybits), merecen a maior atención de todos os que nos ocupamos no noble oficio da edición, xa que sinalan algunhas tendencias sobre a evolución do sector internacional. Citamos algunhas das tendencias que sinala Lloyd, tratando de responder ás pregunta: quen necesita hoxe os libros, quen necesita aos editores?, como terán que evolucionar os editores se queren manter algún papel na cultura da lectura e a escritura do futuro?
As vendas en papel impreso descenden. Nos Estados Unidos a competencia lectora e o grao de lectura voluntaria dos mozos de materiais impresos amosan unha tendencia decrecente.
O tempo de lecer dedícase cada vez menos á lectura de libros e á televisión e máis á rede.
Internet está mudando a estrutura liñal da cadea do libro [na que o editor sentíase seguro, producindo, almacenando e distribuíndo o seu produto] e comezando a introducir a circularidade da rede. Comézase a propoñer a desintermediación dos editores e o seu papel na distribución.
Os editores deben pensar menos en produtos e máis en contidos. Os libros terán cada vez bordes máis porosos.
Os lectores van ter un papel máis protagonista no futuro.
Os editores terán que convertirse en posibilitadores de lectura e dos procesos relacionados con ela.
Cómpre atender ao fenómeno da conectividade da lectura dixital.
A lectura é unha actividade menos pasiva e solitaria do que xeralmente se afirma.
Os editores terán que proporcionar as ferramentas de interacción e comunicación entorno ao contido dos libros e amosarse activos nos espazos dixitais (blogs, foros dixitais, redes sociais, wikis…) onde os lectores discuten e interactúan co contido. Ese é o fenómeno que podemos denominar “libro en rede” ou o “libro como software social”.
A cadea de valor desprázase dende o modelo “contido/distribución” a outro que valora só o “contido”
Aos consumidores de libros impórtalles cada vez menos a marca do editor. Algúns autores son marcas, mais os editores son completamente invisibles para os lectores.
Os editores terán que abandonar a súa torre de marfil e traballar conxuntamente en plataformas multieditoriais, sobre todo no eido educativo.
A xeración de nativos dixitais están pasando moi rapidamente da “cultura download” á “cultura upload”. Isto ten importantes efectos sobre a súa concepción da lectura.
A búsqueda e o acceso á rede serán as claves da nova lectura dixital, as descargas terán un papel irrelevante.
A pregunta clave é: como lerán en pantalla os lectores do futuro? que papel terán neste contexto, se lle queda algún, os editores do futuro?
O texto de Lloyd é fulcral no debate sobre o futuro da edición. Volveremos sobre el en novas anotacións, nas ue abordaremos a resposta que a editora estadounidense proporciona a última destas preguntas. Recoméndoo moi vivamente a lectura demorada destes dezasete folios que teñen moito contido.
Hai días que tiña interese en recoller a reflexión de Juan Varela sobre a lectura en Internet. “En Internet non se le, escanéase”, ou noutras palabras, a lectura da maior parte dos internautas sobre as pantallas é fragmentaria, rápida, fráxil, rota, incompleta, desordenada ou “zapeada”. Os datos proporcionados polo informe de usabilidade de Jakob Nielsen amosan que os internautas só len o 20% do texto das páxinas, aínda que, tamén, despois das duascentas palabras, a lectura descende menos. Ao que habería que engadir que en boa parte dos casos, o lector en pantalla atende sobre todo aos hiperenlaces que contén o texto. Estamos diante dunha nova lectura que moi pouco ten que ver coa tradicional sobre soportes impresos á que se atende nos sistemas educativos. Que consecuencias pode ter esta nova realidade? Esta constatación, ademais das súas consecuencias sobre a necesaria alfabetización informacional, non debe levar só aos habituais “consellos de blogueiros” sobre a necesidade de publicar na rede textos breves (ese famoso pantallazo de 200 palabras), xa que o internauta non lería máis, senón á reflexión fulcral que sobre a mesma cuestión propón Txetxu: “non tería máis sentido pensar e investir en novos contidos máis adaptados ao medio y ver logo qué alianzas de significado poden chegar a existir con outras canles e soportes? Se toda a lectura sobre pantallas vai ser zapeada e fráxil, pode adaptarse esta textualidade a calquera tipo de contido ou aqueles que precisan de maior vagar e reflexión? Aí poden estar algunhas das maiores limitacións da literacidade electrónica. A lectura e a edición (tanto a analóxica como a dixital) requiren acougo, tempo e tranquilidade; requisitos imprescindibles para unha abordaxe tanto crítica como gozosa, como cognitiva (habería que engadir, como ben sinala a anotación de Joaquin Rodríguez) da textualidade. Nun momento de cambio de paradigma e de evolución do sector do libro (na coexistencia ou integración de textualidades e soportes), a clave, como temos sinalado tantas veces, está nas políticas de lectura e na necesidade de formación do criterio lector en ambas as dúas textualidades, a impresa e a electrónica (que requiren estratexias diferentes). Nesta intervención de Txetxu (oito minutos) nas xornadas sobre “Ler en pantallas” poden estar outras claves prospectivas sobre o futuro dunha edición racional e sostible (sobre todo o novo proceso multimodal de creación e lectura sobre os contidos).
Esta intervención de Juan Varela (case nove minutos) profundiza na reflexión sobre a procura dun novo modelo de dereitos para os autores no entorno dixital. Semella imprescindible reformular o papel do autor (que terá máis posibilidades de xestionar directamente o seus dereitos), o dos editores (como o están facendo os medios de comunicación e as discográficas, para poñer en valor o papel da edición nun entorno de saturación e redundacia de contidos) e o das propias redes. Juan insiste no fenómeno da inflacción da edición actual (tanto a impresa polos editores como a existente en Internet), como punto de inflexión para que que os editores reinventemos o noso negocio e o noso traballo. Na segunda parte do vídeo insiste na importancia da presenza en Internet como medio de promoción e visibilidade dos mellores contidos.
Interesantísima esta anotación de Joaquín Rodríguez sobre as dificultades de viabilidade do libro electrónico. Semella cada vez máis certo que fóra dun debate entre apocalípticos e integrados, son reais as dificultades para atopar un lector electrónico portable máis amigable que os actuais libros analóxicos. Isto non quere dicir, porén, que o proceso de dixitalización de determinados contidos sexa tan irreversible como necesario. Vexo cada vez máis claro que o futuro dunha edición viable e racional (que poña couto á inflacción editorial e ao mesmo tempo permita unha edición cultural de calidade) pode vir da edición dixital baixo demanda. Aí quizais estea un dos futuros do libro neste período de coexistencia de formatos e soportes.
Esta anotación de Joaquín Rodríguez, con motivo da inauguración da feira do libro de Londres (onde anda estes días Fran Alonso, representando aos editores galegos), non ten desperdicio. A verdade é que ten razón a ministra de cultura británica, os editores, aínda que constituímos xeralmente a primeira industria cultural dun país (como sucede, tamén no caso galego), temos escaso poder de sedución sobre a sociedade e unha imaxe escasamente atractiva para a maior parte da cidadanía (só había que visitar a pasada semana a lánguida Feira do Libro de Compostela). Recuperar a capacidade de sedución que tivo a edición (mellor sería dicir, agora, a lectura) semella un reto que debemos afrontar.
Este artigo de Chris Anderson –editor de Wired e un dos gurús de Internet (creador da teoría da longa cola), preludio do libro que publicará en 2009 (Free)– é dos que vai dar moito que falar. A tese de Anderson pode resumirse no seguinte: nunha economía como a de Internet na que os custes tenden a cero, o futuro dos negocios alí xenerados será a de ofrecer produtos gratuítos. O Internet actual representa para Anderson a extensión do modelo de negocio gratuíto dos medios de comunicación (fundamentalmente da televisión e da radio) ás industrias de todo tipo. Anderson propón seis versións de gratuidade: freemium, publicidade, subsidios cruzados, custe marxinal cero, intercambio de man de obra e economía do agasallo. Para Anderson que algo sexa gratis en Internet non quere dicir que non vai a xerar negocio. Con todo, a súa insistencia de que no momento no que unha actividade aborda o dixital ou se insire en Internet, o gratuíto non é xa unha opción, é a única opción. Aí temos outro reto para analizar cál pode ser a cadea de valor do libro no espazo dixital. Non está de máis repasar este importante artigo de tendencia, ao que prometemos volver con máis vagar.
Sigo dende ha moito tempo Nómada o blog do profesor da Universidade da Coruña Juan Freire, para min un dos máis rigorosos e interesantes da blogosfera española. Recomendo esta súa anotación de hoxe na que reflexiona sobre o futuro da cultura escrita, do libro (e da industria editorial). Para Freire o novo escenario, no que están aparecendo modelos alternativos que permiten á xenteinformarse e participar na vida pública, está reconfigurando o mundo da edición. Isto suporá unha redefinición, máis complexa e adaptada á realidade, da propiedade intelectual: un novo papel para os editores (“que poderían configurarse como novos intermediarios entre autores e lectores sempre que logren manter a súa autoridade e actúen como brockers de coñecemento“) e un difícil papel para a crítica. Insisto en que a anotación é moi completa (como todas as de Freire e merece unha lectura devagariño). Non me resisto a reproducir un par de parágrafos, dun cuestionario respondido para a súa participación no ciclo de debates Gutenberg tras la rede:
–¿Cómo afectan los nuevos soportes y canales de circulación digitales de la letra impresa (desde el libro electrónico y las bibliotecas virtuales a la impresión a demanda, el móvil y los blogs)?
–Amplían las opciones para los lectores y para autores. Por tanto se reducirá el mercado de libros impresos y se abrirán nuevas oportunidades de distribución y de negocio editorial (que pueden ocupar distintos actores). Pero el cambio más radical afecta a la creación y a la interacción con el lector más que a la distribución. Surgen nuevas formas narrativas, muchas basadas en la hibridación con el audiovisual. La relación autor-lector se hará más bidireccional y más continua en el tiempo.
–¿En que medida la red altera la noción de autoría y qué problemas legales trae aparajada? –La red no altera la noción de autoría, que es previa al modelo legal de propiedad intelectual aún mayoritario. Este modelo de propiedad intelectual, basado en la protección absoluta y en el concepto de creación individual, se ha quedado obsoleto ante el proceso de digitalización de la cultura. Pero es este modelo el que representa una anomalía (que ha durado unas décadas o unos pocos siglos) y no el impacto de lo digital. Internet, por el contrario, reduce barreras y permite la recuperación de la creación como actividad social y colaborativa.
–¿Cómo crees que modifican la red y los nuevos soportes tanto a la producción (escritura) como la recepción (lectura) de la letra impresa? –La red modifica el proceso de investigación y documentación en que se basa la producción. Por otra parte, permite desarrollar nuevos lenguajes narrativos y nuevos formatos, en buena medida aún por explorar. Por otra parte, existe una tendencia a la atomización de los mensajes o las obras por que reducen su extensión o se dividen en fragmentos. El lector modifica su relación con la obra, pero, sobre todo, puede alterar su relación con el autor y con el resto de la comunidad (por ejemplo, realizando críticas o reapropiándose de la obra original para nuevas creaciones). El número de autores aumentará y la distinción autor-lector se diluirá en parte. Surgirán múltiples modelos intermedios entre el autor amateur y el profesional, y, en todo caso y como ya sucede en la música, se diversificarán los modelos de remuneración.
–¿Cuál es el futuro del libro? Pros y contras de la revolución digital en el mundo editorial –El libro impreso, tal como lo conocemos, se especializará en ciertos nichos (posiblemente aquellos de mayor valor y/o precio). De hecho, algo así ha sucedido, en negativo, ya con la progresiva desaparición de las enciclopedias en papel. La obra escrita, en sentido amplio (incluyendo todas las formas digitales), ha experimentado un crecimiento importante con Internet y especialmente la web 2.0. Este aumento de la producción ha provocado, por supuesto, la aparición de un número muy elevado de obras que en opinión de la mayoría tienen una calidad ínfima, pero al tiempo surgen autores y obras de gran calidad, pequeños porcentualmente pero muy importantes en términos absolutos. El desarrollo de herramientas para la búsqueda, filtrado y agregación de información digital (en especial tecnologías como RSS, buscadores especializados, agregadores y los sistemas de etiquetado) equipan al lector para poder hacer frente a esta exuberancia creativa sin necesidad de los filtros y autoridades tradicionales. Esto no significa que asuman ese nuevo rol; por el contrario puede que prefieran ceder ese esfuerzo a editores y/o críticos, pero los seleccionarán con criterios muy diferentes a los del “mundo del papel”.
Vía Martín Gómez coñezo as tendencias que para un gurú como Mike Shatzkin, previsiblemente, se desenvolverán na industria editorial internacional para 2008. Coincido con Martín Gómez que non se propoñe cousas moi diferentes das que non vimos ocupando nos blogs de libros e edición nos últimos tempos. Con todo, nunca está demais recollelas para botar man delas nalgún apuro. Aí vai o resumo que fixo Martín Gómez:
“Las previsiones de Shatzkin tienen que ver con aspectos tan diversos como la penetración del e-book, las cartas que jugarán los grandes desarrolladores de tecnología y proveedores de contenido implicados en este negocio, la relevancia que cobrará públicamente la figura del autor, la compra por parte de las editoriales de sitios Web especializados para obtener contenidos y alcanzar ciertos nichos de la audiencia, el auge de la venta de libros hechos a la medida del comprador gracias a la impresión bajo demanda, la evolución de la competencia entre las grandes cadenas de librerías, el replanteamiento de la estrategia de publicación de ediciones rústicas y de bolsillo, la consolidación del sector de los agentes literarios y el crecimiento de la utilización de Internet como canal promocional por parte de las editoriales.”
Estes días sorprendeunos ler que Google pretende crear a súa enciclopedia web (bautizada como “Knol“, contración de “unidade de coñecemento”) coa intención de desbancar á Wikipedia. O mestre Juan Varela clarifica a estratexia do Google futuro: “Knol, el nuevo proyecto de enciclopedia en internet, es el último paso de Google para dejar de ser el Gran Buscador y convertirse en el gran medio con la receta mágica de esta era: tecnología, publicidad y contenidos.” Recomendo ler completa as dúas anotacións de Juan, son fulcrais para identificar as tendencias polas que pode transitar a web e a edición de contidos nos vindeiros anos. Un tema importante a seguir.
Tanto se ten falado das dimensións do mercado literario galego que propoño reparar nos datos proporcionados polo último estudo do Comercio interior do libro 2006 para desfacer algúns tópicos que andan enredando. Axiña comprobaremos que estamos diante de cifras modestas, aínda que nunca desprezables. Vexamos.
Os editores privados publicamos 314 títulos literarios (entre novidades e reedicións, dos xéneros narrativo, poético, dramático e ensaístico), cifra que supón o 19,7% de toda a súa oferta, imprimimos 440.000 exemplares (o 14,5% do total) e facturamos 3,80 milóns de € (o 13,8% do total en galego e apenas 0 2,52 % do mercado en Galicia). O noso catálogo literario vivo en galego acada os 2.704 títulos (o 25,9%), dato moi significativo, xa que supón que un de cada catro libros nos fondos das librarías debería ser estritamente literario. Dentro da oferta literaria en galego, a narrativa é, sen dúbida, o xénero primeiro. Así, en 2006 publicáronse 197 títulos narrativos (o 12,4% da oferta do libro galego), fabricáronse cerca de 300.000 exemplares (o 10% da produción) e facturáronse 3,35 millóns de €, o 12,2% de todo o mercado en galego. A tirada media dos títulos de narrativa en galego é de 1.523 (fronte a 1.891 do conxunto do sector galego, 1.401 do libro literario, 900 de poesía, máis moi lonxe do 6.696 da edición española, aínda que superior a da narrativa en éuscaro, 1.096). O mercado da narrativa en galego sendo a dimensión sobranceira do eido literario en galego, con case trescentos mil exemplares vendidos, supón apenas o 2% do mercado do libro en Galicia. Esta é a dimensión real da narrativa en galego que ten que competir co xigante dunha edición en castelán que factura 558 millóns de €, vende máis de 56 millóns de exemplares e supón o 18,5% do mercado do libro en España. A batalla entre David e Goliat.
Tras a celebración do IV Simposio “O Libro e a lectura”, que amosou a madurez da AGE para consolidar esta cita anual de reflexión profesional, propoño algunhas reflexións persoais sobre o tema debatido: “Libro e mercado”. Os editores galegos non podemos ser complacientes co noso traballo e debemos ser capaces de integrar moitas das ideas e experiencias que xenerosamente ofreceron os ponentes; ademais, e isto me parece importante, de dar a coñecer á sociedade a situación real do noso sector (sobre a que, como puidemos comprobar por algunhas intervencións, se manexan escasos datos fiables e moitos tópicos escasamente fundamentados).
A falsidade do dilema entre o libro e o mercado. A maioría dos ponentes coincidiron na idea de que tanto os editores como os libreiros deben defender o seu proxecto empresarial no mercado.
O dilema debe establecerse entre editores e libreiros culturais (ou independentes) que procuran a excelencia do seu catálogo de lecturas (a estratexia do “long seller”) e editores e distribuidores (especialmente cadeas de librarías e grandes superficies) de produtos editoriais que priorizan a estratexia do “best seller”.
A falsidade do dilema entre libro e mercadotecnia. A mercadotecnica concibida como “comunicación editorial” é imprescindible para facer visible o libro dentro da comunidade de lectores.
O proceso de concentración (tanto editorial como libreira) ameaza a estratexia dos editores e libreiros culturais. As experiencias máis interesantes de lecturas de calidade están chegando dende pequenos selos editoriais especializados ou dende librarías independentes renovadas e acolledoras.
É un reducionismo identificar “libro” co “libro literario”. O libro literario é o corazón da edición cultural, mais só unha parte, por decisiva que sexa. Non podemos esquecer a educación educativa (vital para a supervivencia das librarías independentes), nin a infantil (fundamental para a conformación dos hábitos lectores) nin a de referencia nin sequera a destinada ao lecer (xeralmente a de maior importancia económica no mercado do libro).
Especificamente, o mercado do libro en Galicia ten posibilidades obxectivas de crecemento. O mercado do libro en Galicia (150 millóns de €, a prezo de capa) supón só o 5% do total do mercado estatal, aínda por baixo do que nos correspondería polo noso peso demográfico (6,6%).
O mercado do libro galego é pequeno, mais non por isto irrelevante ou desprezable. O libro en galego achega unha facturación de 27,5 millóns de € (dous millóns e medio de exemplares vendidos no ano 2006, un por cada cidadán maior de cinco anos), o que supón o 18,25% do total do mercado en Galicia; sendo, ademais, no 57,8% dependente das vendas realizadas nas librarías culturais galegas.
O mercado do libro literario en galego é moi reducido. O noso libro literario achega apenas 3,80 millóns de € de facturación, que supón o 2,52% do total do mercado do libro en Galicia; sendo conscientes, ademais, da hexemonía da narrativa como xénero que supón o 85 % destas vendas.
O dilema real do futuro do sector do libro en Galicia sitúase entre “lectura ou barbarie”. A pesar dos baixos índices de lectura en Galicia (o 59% dos galegos maiores de cinco anos confesan que non len nunca o libro), porén existe no país unha importante sociedade de lectores e lectoras habituais (o 7% dos galegos, unhas 144.000 persoas, le máis de seis libros cada ano). Este gran club de lectores anónimos en Galicia ten moitos máis socios que todos os abonados do Deportivo, Celta e Rácing xuntos. E isto debería ser considerado polos políticos e responsables dos medios. O libro galego non precisa subvencións directas (coa excepción das destinadas á edición do libro de texto, xa non conta con elas) e si, pola contra, unha acción máis decidida de todas as administracións públicas para conseguir unha mobilización lectora. Aumentar os índices de lectura é o único xeito de ampliar o mercado obxectivo e a oferta editorial e libreira en Galicia.
O futuro do libro literario en galego dependerá, en boa medida, da presenza do galego na sociedade e da capacidade dos editores e libreiros en ofrecer produtos excelentes. A proxección e maior visibilidade do libro e da literatura galegas no exterior pode axudar neste proceso (sobre todo polos azos e posibilidades de profesionalización que proporcionará aos nosos autores), mais o futuro da nosa literatura está vencellada a un futuro multilingüe onde o galego sexa a lingua de instalación lectora.
A visibilidade do libro en Galicia, e especialmente o libro en galego, é inferior ao seu mercado obxectivo. A súa presenza nas mesas de novidades e nos escaparates das librarías, como nas seccións de Cultura dos medios de comunicación está por baixo da porcentaxe do 18,25%. Doutro xeito, non é un disparate reclamar que un de cada cinco libros no escaparate deberían ser en galego, como tampouco que esta porcentaxe fose o espazo dedicado diariamente a informar sobre eles (ou sobre os seus autores) nos xornais editados en Galicia.
O futuro do libro galego está vencellado ao futuro das librarías independentes (ou culturais) e das bibliotecas públicas en Galicia. A libraría é o ecosistema do libro, sendo unha entidade tanto comercial como unha institución cultural de proximidade. A biblioteca é a primeira insitutción cultural de cada comunidade local, punto especializado de acceso á lectura e á información.
O papel das administracións públicas (especialmente da Consellaría de Cultura) é promover con convicción a lectura na sociedade. Dotar ao país dunha rede bibliotecaria de calidade (da que carece), profundizar na formación dun criterio lector no sistema educativo non universitario e contribuír a renovación e supervivencia do sector libreiro de proximidade son hoxe as mellores “axudas” que os editores privados galegos podemos agardar do Goberno bipartito.
A editora Silvia Querini abriu esta mañá o IV Simposio “O Libro e a Lectura” no que se reflexiona sobre as relacións entre o libro e o mercado. A directora literaria de Lumen comezou a súa magnífica e clarificadora conferencia abordando o significado de dúas palabras “malditas” que, xeralmente, no mundo da edición (sobre todo da literaria) son moi mal vistas: “mercado” e “mercadotecnia”. Para Querini detrás do termo “mercado” está a sociedade de lectores e lectoras. Sendo a “mercadotecnia” toda comunicación que aplicamos a un libro ou, por extensión, á obra dun autor para que o noso público (sexan os comerciais da editora, os libreiros ou os lectores) coñezan o que teñen enriba da mesa. A mercadotecnia no mundo editorial require que existe un bo matrimonio entre o contido e a comunicación. “Non é extraño que esta estratexia fracase –e o editor vai sabelo de antemán– cando o contido textual non está á altura da cantidade e tipo de comunicación que estamos aplicando; en definitiva, cando o texto per se non aguanta a comunicación que se propón”. Querini propuxo, logo, unha provocadora reflexión sobre o éxito do editor no mercado: “Cando temos un contido que nos deixa durmir tranquilos e lle proporcionamos a comunicación axeitada podemos estar satisfeitos”. Despois debullou o significado doutros dous termos que non se deben confundir –”best seller” e “long seller“–, apostando, sen dubidalo, polo segundo, “aqueles libros que grazas a ese matrimonio entre contido e comunicación se manteñen nun réxime de vendas sostido ao longo de moitos anos; eses valores seguros que permiten que os nosos presupostos cadren ao remate de cada ano”. O traballo do editor é crear un catálogo, que serva de caldo de cultivo para cada un dos títulos que editamos, sempre coa intención “de ampliar a mancha dos nosos lectores”. Silvia continuou a súa intervención propoñéndonos a todos os asistentes “ver a vida con ollos de editor”, tentando identificar as tendencias do gran público que debemos buscar, sabendo que non é o mesmo a literatura que a edición. Rematou o seu parlamento enumerando algúns dos ítems de maior preocupación do sector internacional nestes momentos: – “A vida efémera dos libros que editamos no mercado.” “Hoxe un libro pode durar na libraría menos ca unha revista mensual. Ou mesmo pode haber títulos que morren nas mans do propio editor. O libro que cae, que non se ve, é un libro que non existe”. Fronte a esta doenza dos nosos tempos, propuxo que os editores nos acheguemos ao noso público (que debemos saber segmentar), mantendo unha comunicación moi fluída e simpática cos libreiros. “Cada varios meses, collo a miña axenda e fago unha ronda de chamadas aos libreiros para saber qué está pasando na súa libraría. Non coñezo mellor procedemento”. – Loitar contra a idea de “libro=obriga”, substituíndoa pola de “libro=pracer”. “É unha mágoa que a idea da lectura non estea asociada, aínda, coa do pracer. Cantas veces, editores e lectores estamos presos da antilíbido do libro: as lecturas obrigatorias”. – “Os lectores non son marcianos, son os nosos veciños, os nosos concidadáns.” Razón pola que os editores non podemos darlles nunca gato por lebre; pola contra é a nosa obriga “intentar que comprendan que pasar unha tarde lendo un libro poden ser escandalosamente felices”. Na quenda de intervencións do público, Querini apostou por traballar a información como o mellor soporte promocional que pode ofrecer un editor; calculou que a taxa de devolucións do seu fondo estaba entre o 25% e o 30% (aínda que os exemplares devoltos perviven logo como “goteo” e permiten que o título non se descatalogue decontado); e defendeu de forma apaixonada o prezo fixo (“se se liberaliza, morrerán ás librarías independentes”). En definitiva, unha intervención moi clarificadora dunha das máis importantes editoras literarias en lingua castelá.
“De uma forma crua, um editor é um industrial, alguém que adquire uma matéria-prima, uma fonte ou conteúdo, e transforma-a tendo em conta um público consumidor. A sua arte é valorizar a matéria inicial face a um suporte específico e as necessidades/ motivações de um target determinado. Age de acordo com os objectivos determinados pela sua empresa, procurando, numa primeira fase – denominada «editorial» – criar um protótipo, ou seja, uma versão final de um produto para o mercado – antes posteriormente e hoje simultaneamente – que é adaptado a um processo industrial de reprodução e emulado em cópias sucessivas, idênticas, para ser comercializado. Esta é a arte de editar.”
Tirado de Extratexto (Nuno Seabra Lopes). Obrigado.
Víctor Freixanes adianta hoxe un atinadísimo comentario sobre os datos ofrecidos polo estudo sobre Comercio Interior do libro 2006 referidos á edición galega. Ten razón que hai razóns para o optimismo, sobre todo por ese importante crecemento na facturación (acadamos os 27,5 millóns de ruos no conxunto do sector). Magnífico dato que amosa un crecemento do noso sector (moi superior ao do resto do Estado), porén, que eu matizaría no decrecemento do número de títulos editados (pasamos de 1626 en 2005 a 1592 en 2006, dos 1323 o foron en galego), así como volume de edición por número de exemplares (imprimimos 400.000 exemplares menos en 2006, un 12% menos ca no ano anterior), o que supón, tamén, unha baixada da tirada media até os 1.891 exemplares (2104 en 2005). Atopo a explicación do crecemento de facturación no importante crecemento das vendas a empresas e institucións (aumentan en catro millóns de euros, o que supón un 22,4% do total), debido, en boa parte ao cambio de sistema de apoio ao libro galego da Consellaría de Cultura por medio dun sistema de compra e non de subvención. Outra boa noticia é que o libro galego continúa alicerzado na libraría (o 57,8% das súas vendas, aínda que porcentualmente baixa sete puntos con respecto ao peso desta canle en 2005, con todo un dato moi superior ao do conxunto do sector español, no que a libraría supón xa só o 33,3% ) e que as vendas nos hipermercados non arrancan en Galicia (supoñen un 3,5%, inferior á de 2005, e moi lonxe do 9,5% que supoñen no conxunto do Estado), Entre a faramallada de datos estatísticos, hai algúns outros que convén rescatar. Os editores galegos pagaron o pasado 2006 1,9 millóns de euros en concepto de dereitos de autor (400.000 euros máis ca no ano anterior), aínda que só percibimos por explotación de dereitos noutras linguas 170.000 euros (cantidade inferior á de 2005). Con respecto ao emprego, o sector editorial galego privado ocupou en 2006 a 224 persoas, das cales 78 realizaban labores de creación e produción editorial. Por último, quizais como retrato acaído da edición galega en 2006, non podemos esquecer os seguintes datos referidos á edición por ámbitos temáticos:
A literatura supuxo o 19,7% dos títulos editados (15,5% en 2005), o 14,5% dos exemplares producidos (10,6% en 2005) e o 13,8% das vendas (12,8% en 2005). En definitiva, mellorou con respecto ao ano anterior.
A literatura infantil supuxo o 32,8% dos títulos (30,6% en 2005), o 32,5% dos exemplares (25,6% en 2005) e o 23,9% das vendas (19,9% en 2005). O que supón que tamén mellora a súa participación.
O libro de texto supuxo o 34,6% dos títulos (30,6% en 2005), o 42,2 % dos exemplares (35,3% en 2005) e o 48,5% das vendas (48,8% en 2005), o que supón, tamén un incremento.
O resto da edición (libro de referencia e divulgación) supuxo un 12,9% dos títulos (23,3% en 2005), o 10,8% dos exemplares (15% en 2005) e o 13,8% das vendas (18,5% en 2005), o que supón un importante decrecemento desta tipoloxía de edición.
Tras estes datos, poderiamos sinalar que no ano 2006 o libro editado en Galicia polos editores privados incrementou a súa dependencia do sistema escolar (o 72,4% das súas vendas, fronte ao 68,7% do ano anterior), ao tempo que conseguiu incrementar lixeiramente o peso do seu mercado literario que, ademais, aumenta moi significativamente o volume da súa produción. A crise semella estar na edición de referencia (quizais pola competencia dos medios electrónicos) que continúa o seu devalo. Un panorama, pois, coas súas zonas de sombra (semellantes ás dos outros gremios do estado), mais, tamén, con maior pulo do que se adoita expresar. Quedémonos (ás portas de coñecer os datos que proporcione o estudo do ISBN sobre a panorámica da edición en 2006, aínda non apareceu) co debuxo dunha liña esperanzadora.
Os datos incluídos nesta presentación serán os que utilizarei mañá na miña intervención no Curso de Tradución Editorial da Universidade de Vigo sobre o panorama da edición e da tradución no sector editorial galego. Sinto que non se poidan ler coa claridade tipográfica que a min me gustaría.
Recomendo a lectura desta entrevista de Martín Gómez a Guillermo Schavelzon, un dos máis importantes axentes literarios que traballan no noso mercado (representa, entre outros, a Paul Auster, Suso de Toro, Domingo Villar, Simone Ortega ou Alberto Manguel). Recollo algunha das súas afirmacións máis interesantes sobre o papel dos axentes literarios e sobre a internacionalización dos autores:
Un agente literario es un representante de escritores que tiene como misión conseguir el mayor número de lectores posible en todos los idiomas y en todo el mundo para los escritores que representa.
La tarea fundamental de un agente literario es internacionalizar a un autor. Desde el punto de vista creativo, literario y económico la internacionalización es lo que le permite a un autor profesionalizarse —es decir, vivir de lo que escribe—.
La internacionalización de los autores se les da mejor a la agencias que a la editorial. Hay excepciones pero no es lo habitual. Y nada peor para el futuro de un escritor que lo publiquen en otros países por ‘compromisos de empresa’. Cuando no hay un editor con entusiasmo, el fracaso es inevitable.
No podría decir cuáles son las características que debería tener un agente literario pero podría hablar de las mías y de las que yo considero importantes. Para citar a Gaston Gallimard, el famoso fundador de esa gran editorial, él decía que el editor de entonces —estamos hablando de los años treinta y cuarenta— era un hombre con la capacidad de tener un ojo puesto en la literatura y el otro en los negocios. Y yo creo que el agente literario siempre debería tener eso: un ojo puesto en ‘el negocio’ y el otro ojo puesto en la literatura. Con que un ojo falle, se pierde la noción de perspectiva. No podría decir cuál es más importante que el otro. Eso es justamente lo que yo trato de hacer desde mi agencia. Luego existen todas las variantes posibles que nos ofrece el mercado.
En mi caso hay una relación muy personal y comprometida, leo todo lo que escriben los escritores que representamos y, en general, hay una interlocución que se profundiza cada vez más. En la medida en que en el mundo editorial avanza el proceso de concentración en grandes grupos económicos, va disminuyendo el número de editores que hay en cada empresa. En este contexto los editores tienen una posibilidad menor de mantener una relación personalizada con los autores, están limitados por la dinámica propia de las grandes empresas y sufren una presión enorme por obtener éxitos de venta. No tienen un minuto libre, por lo cual por las noches y durante los fines de semana leen manuscritos.
Para mí la crítica y el reconocimiento literario son tan importantes como la venta. Considero una cosa tan importante como la otra: reconocimiento, crítica, venta, calidad literaria…
Este vídeo brasileiro recolle unha vella idea, que nos puxemos en marcha en 1994 por medio dun diaporama, de presentar o proceso de creación editorial e fabricación dun libro. Útil a nivel didáctico, a pesar de que está algo retrasado a nivel tecnolóxico (aquí empregamos cada vez menos os fotolitos, substituídos hoxe polo proceso do “directo á prancha”). Recoméndoo, sobre todo, para as aulas.
Vía Txetxu sei deste interesante informe sobre a edición publicado en Francia no pasado mes de abril. Para ler devagariño, inclúe a maior parte dos temas de maior actualidade no noso eido profesional. Unha boa peza para o arquivo.
Ao fío do anuncio do novo Máster de edición, xa o terceiro, Juan dá conta da experiencia de creación dun marcapáxinas que expresase o concepto dinámico do proceso editorial. Para iso ocorréuselle sobrepoñer con diversas tipografías unha serie de verbos relacionados co de editar. A lista non ten desperdicio:
Convidado pola Academia Galega do Audiovisual, o pasado xoves participei nun debate sobre as relacións do sector audiovisual co mundo da cultura. No acto, moderado por Nani García, participaron Quico Cadaval, Antía Otero, Antón Baamonde e Marcial Gondar. Centrei a miña intervención en analizar as posibilidades dunha maior transferencia entre os sectores da edición impresa e da produción audiovisual que en Galicia viven virados de costas. É un feito que a maior parte das producións audiovisuais galegas están realizadas a partir de guións orixinais, o que supón unha certa anormalidade. Nun recente e moi documentado traballo de Camilo Franco debúxase esta realidade: só o 7% das 70 longametraxes galegas fron adaptación de obras literarias en galego (cinco películas); porcentaxe que aumenta nos telefilmes ata o 19% (5 de 22 producións), grazas, sobre todo, ao proxecto Un mundo de historias, dirixido por Antón Dobao, que vai verquendo á televisión textos de narradores contemporáneos (os máis recentes serán A mariñeira de Quilmas, O bosque de levas e O club da calceta). Paradoxicamente, a transferencia no mellora na produción de curtametraxes (onde apenas se acada o 3%), sexan tanto as documentais como as de ficción. As posibilidades que ofrecen a actual edición infantil e educativa en lingua galega, así como os retos que propón a nova literacidade dixital, foron obxecto da miña reflexión. Tras as nosas intervencións o debate foi animadísimo. Falouse moito sobre o uso da lingua galega no audiovisual, os enfoques que podería adoptar a programación da TVG, as posibilidades que para a nosa cultura ofrece Second Life ou a necesidade de contar cun proxecto empresarial multimedia dirixido á cultura urbana. Ao remate do debate coñecimos a noticia da produción en 2008 d’ A casa da luz, unha longametraxe dirixida por Carlos Amil, baseada na novela de Xabier P. Docampo.
Vía Leroy actualizo o meu listado de blogs sobre edición: Editado (un veterano espazo para seguir o mundo editorial arxentino), Introducción al mundo de la edición (unha ferramenta de traballo do módulo de “Introdución ao mundo editorial” do posgrao da UOC de edición dixital), Planos de puentes y túneles (sobre edición e novas tecnoloxías, recomendo as súas anotacións sobre webnovelas, videolectures e teacher tube), La estrella que fa l’ ullet, Los futuros del libro (o completísimo blog de Joaquín Rodríguez). Todos proporcionan información ben interesante. Afortunadamente vaise conformando unha rede de blogs de calidade sobre o mundo do libro e da lectura. Seguirémolos.
Xa aparecen os primeiros informes sobre a produción editorial en 2006. Os datos amosan que en Galicia continúa o aumento do número de títulos editados e diminúe a tirada media, as dúas variables que caracterizan o estado do sector. Se comparamos estes datos cos da semana pasada é doado concluír que vivimos instalados no paradoxo da inflacción editorial na indixencia lectora. Eis a reportaxe de Faro e o informe do Correo sobre a cuestión.
Xa oíra falar algunha vez de Montolieu, a pequena vila francesa do libro e das artes gráficas, situado pretiño de Carcassone. Conta apenas 800 habitantes e porén posúe catorce librarías e un fondo dispoñible de 250.000 exemplares, ademais dun museo sobre as artes gráficas, dun muíño de papel e de diversos artesáns dedicados á impresión. Grazas ao bibliómano sei de que a revista Bibliophile dedica unha reportaxe a este auténtico almeiro do libro francés. Esta é a receita que dan en Montolieu para crear unha vila do libro. Quen podería en Galicia ter a coraxe e a audacia de acometer semellante proxecto, que a este pobiño francés lle está a proporcionar un espazo no turismo experimental? Unha experiencia interesante para mellor coñecer.
Xa temos expresado no blog a importancia e o sentido das cubertas, unha das claves na primeira comunicación cos lectores e no difícil camiño de abrirse á visibilidade nas librarías.
O máis orixinal que teño descuberto sobre esta cuestión (vía os meus colegas Carlos Lema e Leroy) é a experiencia de Penguin de propoñer aos lectores e lectores personalizar o deseño de cubertas de seis títulos clásicos publicándoas en branco.
Algunhas das propostas realizadas poden verse nesta páxina do fotoblog da editorial. Quen dixo que as cubertas dos clásicos teñen que ser adustas e aburridas? Outro vieiro para explorar.
Vía Txetxu e Extratexto coñezo este interesante artigo de André Schiffrin publicado a pasada semana en Le Mondedes livres. O autor da Edición sen editores analiza, desde o coñecemento do caso francés, os efectos que sobre o sector editorial están tendo as políticas de procura desesperadas de “best sellers” que polarizan a globalidade do mercado editorial. Neste novo contexto modificouse o papel dos axentes literarios, agora máis preocupados en subastar eses posibles “big books” (solicitandoo maior adianto posible, ás veces desorbitados) ca en apoiar a longo prazo a autores e libros de calidade. Desfaise así o modelo da política de autor (apoiado polo seu axente e editor habitual), sendo substituído polos que ofrecen un adianto maior (que moitas veces nunca será recuperado polas vendas).
A nosa escasa experiencia na negociación de dereitos con axentes internacionais (sobre todo os da área anglófona) amosa que esta brutal lóxica do mercado vaise impoñendo tamén na relación que teñen con nós. Moitas veces solicitan adiantos de máis de 6.000 euros (unha cifra pequena na puxa polas súas novidades) que son case astronómicos para a edición galega, pois equivalen a vendas superiores aos tres ou catro mil exemplares (moi dificilmente acadables no noso mercado para case calquera título). Cantidade ao que hai que engadir o custe fixo da tradución que, só nunha minoría dos casos, pode ser subvencionada (ata o 60%) pola Consellaría de Cultura. Razóns pola que é ben meritorio o esforzo que algúns editores están facendo nos últimos anos para editar na nosa lingua títulos do mercado internacional. Equilibrar a necesidade de publicar en galego a literatura internacional de calidade (algo imprescindible) coas posibilidades reais do noso pequeno mercado é un problema difícil de solucionar.
Anúnciase a inminente aparición de Texturas, unha nova revista trimestral sobre o mundo do libro, a lectura e edición. O sumario do primeiro número é moi prometedor. Parabéns anticipados para Txetxu.
Os libros canapé asolagan as mesas de novidades das librarías. Son os reis do novo mercado do libro.
O editor do libro canapé necesita un personaxe “coñecido”: actor, actriz, presentador de televisión, tertuliano, deportista, político en ascenso ou declive, ou simplemente un dos visitantes semanais das páxinas de papel cuché ou das imaxes do Tomate, da Dolce Vita ou do programa da tamén escritora AR. Un personaxe que aborde un tema de “rabiosa” actualidade, polémico ou chamativo (violencia doméstica, corrupción urbanística, anecdotario médico, separación dolorosa, traxedia persoal…); ¡magnífico!, se conta toda a verdade nunhas memorias (escritas por el mesmo) a tumba aberta ou nun libro de conversas autorizadas cun xornalista experto; extraordinario!, se o personaxe se atreve mesmo cunha primeira novela, escrita en apenas quince días de intenso traballo, entre sarao e sarao.
O editor propón unha extensión controlada: menos de duascentas páxinas é a cifra ideal, para conseguir así un volume que se poida vender no mercado a un prezo asequible. O resto queda en mans da maquinaria da editorial: unha corrección impecable de estilo, unha cuberta atractiva, utilizando os novos tratamentos infográficos; unha tipografía e un interliñado xenerosos que faciliten a lectura do novo público lector que se quere gañar; e sobre todo, isto é o máis importante, conseguir unha distribución arrolladora que desprace aos “produtos” da competencia. Velaí a fórmula segura do éxito dos editores do libro canapé.
Con todo, falta aínda un ingrediente decisivo: unha campaña mediática potente, apoiada polos programas de televisión dos comunicadores á moda. Para iso hai que coidar todos os detalles: montar unha presentación nun hotel de campanillas que serva exquisitos canapés; atopar uns presentadores carismáticos que “avalen” o libro e demostren coas súas gabanzas a importancia cultural do novo texto; asegurarse que se vai reunir “toda a profesión” e “todos os moitos amigos” do novo autor ou autora que agardarán estoicamente na cola para que lle asine os primeiros exemplares. As cámaras dos programas de cotilleo, os suplementos dominicais coas súas entrevistas que descubren o rostro descoñecido do autor, as listas dos máis vendidos nos xornais, e, se o libro ten tirón, a “turné agotadora” por provincias. farán o resto.
Leroy publica hoxe unha moi completa anotación sobre a situación da industria editorial en España. A partir do estudo do profesor do ESADE José María Álvarez de Lara e de diversas declaracións de diversos editores apunta algunhas das liñas que caracterizan actualmente ao sector editorial en España:
Un sector maduro e consolidado con dificultades de expansión internacional e de crecemento das súas vendas (apenas un 1% anual na última década).
Un sector inseguro por mor da perda de canles de comercialización debido á crise das “librarías tradicionais”.
Un sector inflaccionario polo descontrol no número de títulos editados (70.000, unha das máis altas de Europa).
Un sector cada vez máis concentrado: un 4% das empresas supoñen o 65 % das vendas.
Un sector que se esforza en diversificarse (sobre todo os grandes grupos) no ámbito das industrias culturais e na comunicación.
Un sector industrial con escasa importancia económica (apenas un 0,7 % do PIB español) mais que achega “glamour”.
Outro diagnóstico que reincide nos vellos problemas coñecidos da síndrome da inflacción editorial para unha sociedade que padece de indixencia lectora.
Facendo espello coa anotación anterior, atopo estoutra de Millán sobre a edición de libros a partir de materiais reciclados que preparan algunhas editoriais latinoamericanas. Libros co miolo fotocopiado e grampado e as cubertas acartonadas e decoradas de forma artesanal. Unha vía ben diferente da electrónica para acceder á lectura impresa.
Via Bibliomano sei da aparición nos Estados Unidos dunha máquina para imprimir e encadernar libros á carta. A impresión baixo demanda levada as súas máximas consecuencias: pode facer dous libros de 500 páxinas cada sete minutos! Chámame a atención o seu aspecto, semellante ao dun caixeiro automático. Con que nome a bautizamos?
Barbol publica unha agudísima anotación sobre a cuestión dos índices como unha parte imprescindible do libro. Recollendo unha cita de Lord John Campbell (“suxerín facer unha proposta de lei ao parlamento, co obxectivo de privar de copyright a calquera autor que publicase un libro desprovisto de índice, e ademais condenalo a una multa por ese delito”), Barbol abre un debate sobre a controvertida cuestión dos índices. Sen asumir ao pé da letra a proposta do lord, son dos editores que cre imprescindible que todos os libros impresos inclúan o índice ou sumario dos seus contidos, preferiblemente, ao seu remate (aínda que sei que outros editores, seguindo as pautas norteamericanas) prefiren situalo diante. Entendo que este requisito pode ser obviado só naquelas obras narrativas divididas por capítulos numerados sen títulación. Outrosí poderiamos dicir da utilidade dos índices analíticos e onomásticos, case imprescindibles nas obras de carácter memorialístico ou histórico. Semellantes sutilezas (que supoñen moito traballo, quen o dubida?) enriquecen a calidade das edicións. Rotinas que non deberíamos deixar de utilizar.