Category: Editores

«A forza do libro galego será a dos lectores»

10 Setembro, 2010 (18:40) | Age, Edición, Editores, Entrevistas, Lingua, Persoal, Xerais |

Moito debe agradecer a Teresa Cuíñas a entrevista que me fixo para as páxinas da edición de Galicia de El País na que se abordan algunhas das nosas análises sobre a actual situación da edición en Galicia.

Tempos de crise e mudanza

10 Agosto, 2010 (11:17) | Comercio do libro, Edición, Editores, Librarías |

Ao fío dos nosos comentarios que onte publicaba Rodri García en La Voz de Galicia, non hai dúbida que reorganizar o calendario da aparición de títulos e reducir as súas tiradas son as dúas primeiras medidas de prudencia que os editores estamos tomando para facer fronte á crise que está sufrindo o sector, especialmente dura […]

«A lectura é unha axuda para entender o mundo»

29 Xullo, 2010 (19:53) | Age, Editores, Educación, Lectura, Vídeos |

Velaí a entrevista que me fixeron o pasado luns no programa Bos días da TVG. A conversa (máis de dez minutos) xirou arredor do concepto de lectura e das oportunidades e retos do sector editorial nun proceso de tránsito.

Lectura e autoestima gremial

16 Xullo, 2010 (19:11) | Age, Editores, Lectura |

Tras a elección de onte, que tanto agradezo aos meus colegas, os medios tiveron a deferencia de entrevistarme. En todos os relatos que fixen sobre as prioridades do novo equipo de editores galegos sempre intentei reiterar dúas: primeira, a fenda de lectura debe formar parte da axenda política; e segunda, o consenso e a cooperación […]

desconxeLE

23 Xuño, 2010 (07:07) | Editores, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Magnífica iniciativa a dos amigos de Editora 2.0. Aproveito o enlace do blog As Gabarras para recomendar o vídeo. Unha campaña de lectura para o verán: desconxeLE.

Unha curiosidade interminable

1 Marzo, 2010 (21:38) | Editores, Solidariedade |

«A única ferramenta indispensable do editor é a súa cabeza, mais cómpre que estea ben disposta, e iso non se consegue só con literatura, senón cunha curiosidade interminable.» Estas palabras corresponden a un traballo («Breves apuntes para editores») da nosa admirada Andrea Palet, a xove editora chilena responsable de Edicións B no país austral, azoutado […]

Edición e actividade editorial

17 Febreiro, 2010 (08:24) | Blogs_e_libros, Comercio do libro, Edición, Editores, Libro, Recurso_didáctico |

Hoxe comezamos a nosa docencia do módulo «Edición e actividade editorial» no Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago. Velaí a bibliografía básica que propoñemos manexe o alumnado durante estas catro semanas: Fontes impresas libros: Blanco Valdes, Juan (2009): Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, Xerais Cassany, Daniel (2006): Tras las […]

Os editores galegos rexeitan as «Bases do decreto do pluriliguismo»

23 Xaneiro, 2010 (19:57) | Editores, Educación, Goberno Feijoo, Libro de texto, Lingua |

Membros da Xunta Directiva da AGE foron recibidos onte por autoridades da Consellaría de Educación (excusaron a súa ausencia tanto o conselleiro como o secretario xeral de Política Lingüística). No transcurso da reunión, os editores presentaron a súa valoración das «Bases para a elaboración dun decreto de plurilingüismo» que subscribe como punto de partida a […]

«2010. Ano do Libro e da lectura»

27 Decembro, 2009 (11:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Clubs_lectura, Edición, Editores, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lectura, Libro |

No artigo da semana de Faro de Vigo expreso a miña perplexidade por este ano bonsai do libro e da lectura que anuncia a Consellaría de Cultura e Deporte. Se non se modifica o enfoque decontado, proporcionándolle un carácter transversal que abranga a todas as consellarías e administracións e dispoñendo de máis medios, estamos diante […]

A Noite da Edicion 2009

20 Decembro, 2009 (13:14) | Descargas, Editores, Premios, Xerais |

Os editores galegos celebramos onte no Liceo de Ourense a quinta Noite da Edición, na que se entregaron os premios ás mellores producións de 2009 e rendimos homenaxe á Nova Galicia Edicións pola súa brillante traxectoria nos seus primeiros vinte e cinco anos de vida. Tras as catro edicións anteriores nas que os premios se […]

O libro dixital en Galicia

12 Novembro, 2009 (23:27) | Editores, Eventos, Libro_electrónico |

Mañá intervirei no VI Simposio «O libro e a lectura» dedicado ao presente e futuro do libro dixital. Os organizadores pedíronme unha achega sobre «O libro dixital en Galicia». Na miña intervención (o texto completo pódese baixar aquí en pdf, nove folios) pretendo tratar catro grandes cuestións que no meu entender permitirán achegarnos á situación […]

«O libro dixital: presente e futuro»

9 Novembro, 2009 (20:12) | Editores, Eventos, Libro_electrónico |

Este ano o tradicional Simposio sobre o libro e a lectura, que se celebrará os xoves e venres vindeiros,  xirará sobre o presente e futuro do libro dixital. Énchenos de fachenda que este encontro profesional, organizado pola Asociación Galega de Editores,  iniciado hai cinco anos, se consolidase como unha cita de referencia para tomarlle cada […]

Entrevista n’ «A Nosa Terra»

27 Outubro, 2009 (09:05) | Editores, Entrevistas, Persoal |

César Lorenzo entrevistoume n´A Nosa Terra con motivo do trinta aniversario da editorial e da aparición dos nosos primeiros e-books. Desculpas polo que poida supoñer de autobombo. Grazas a Paco Vilabarros pola fotografía.

«Non somos un sector subvencionado»

20 Setembro, 2009 (10:59) | Edición, Editores, Entrevistas, Persoal, Promoción do libro, Xerais |

Hoxe aparece publicada en La Voz de Galicia parte da conversa que mantivemos, o pasado venres, Xosé Ballesteros e mais eu arredor da situación da edición en Galicia. Como é adoito nestes encontros, falamos devagariño de moitas máis cousas ca do diagnóstico inicial do noso sector, dende o sentido da presenza nas feiras internacionais, pasando […]

O futuro do Culturgal

18 Setembro, 2009 (16:31) | Cultura, Editores, Eventos, Iniciativas, Presentacións, Promoción do libro |

Este 2009 non haberá Culturgal. A desvinculación total do proxecto por parte da Consellaría de Cultura, organizadora da pasada edición, impide celebrar esta feira das diversas manifestacións das industrias culturais en Galicia. Toda unha mágoa! A pesar da mobilización en Facebook e do ofrecemento de axuda por parte da Concellaría de Cultura da Coruña, non […]

Blog Day 2009

31 Agosto, 2009 (17:45) | Blogs, Blogs_e_libros, Editores, Efemérides |

Como xa fixemos noutras edicións, hoxe como é o Día do Blog, aproveitamos para felicitar a todos os blogueiras e blogueiras e para recomendar a lectura de 5 blogs doutras comunidades e linguas irmás da nosa que eu leo adoito co maior interese: Amálgama, blog colectivo brasileiro, que descubrín durante a crise de Gaza. e […]

Entrevista en «Galicia hoxe»

27 Xullo, 2009 (07:48) | Editores, Entrevistas, Goberno Feijoo, Persoal, Poesía, Política, Xerais |

Manuel Vidal Villaverde tivo a deferencia de incluírme nas súas «Conversas contemporáneas» que publica cada luns en Galicia hoxe.

A Deputación de Pontevedra abandona o libro galego

2 Xuño, 2009 (15:28) | Bibliotecas, Edición, Editores, Política, Promoción do libro |

Os editores galegos somos profesionais pacientes e discretos. Porén, nalgunha ocasión temos  que petar na mesa. Iso foi o que fixemos hoxe cando, despois de cinco meses de intentar evitalo por todos os medios ao noso alcance, dimos a coñecer aos medios de comunicación a negativa do presidente e do deputado de Cultura da Deputación […]

A discreción do editor

28 Abril, 2009 (20:33) | Edición, Editores |

Gustei moito do que di Juan Blanco Valdés na conversa que mantivo con Camilo Franco e que publica hoxe  La Voz de Galicia. Estou de acordo co gran editor do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago que a mellor virtude que pode posuír un editor é a da discreción. É un bo sinal que […]

Día internacional do libro e dos dereitos de autor

23 Abril, 2009 (06:35) | Beizóns, Bibliotecas, Edición, Editores, Efemérides, Librarías, Libro, Presentacións, Tipografía, Xerais |

Con motivo do Día internacional do libro e dos dereitos de autor, hoxe ao mediodía presentaremos no Consello da Cultura Galega Do orixinal ao libro, o primeiro manual de edición técnica en galego que preparou o editor Juan L. Blanco Valdés. Jacobo Bermejo, presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego acompañaranos nesta […]

Gústame ler

5 Abril, 2009 (10:20) | Editores, Lectura, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/oX1LM9HIk_s” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Gran vídeo de promoción da lectura de Random House Mondadori. Moi recomendable. Vía Trafegando Ronseis.

“Do orixinal ao libro”

30 Marzo, 2009 (18:51) | Edición, Editores, Libro, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais |

Chegaron hoxe os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. Unha obra importante para o sector profesional do libro en Galicia xa que constitúe o primeiro manual de edición en galego. Presentaremola con motivo do 23 de abril, día internacional do libro e dos dereitos de autor. Beizóns para o autor, o […]

«El arte de rechazar una novela»

21 Marzo, 2009 (19:40) | Editores, Narrativa, Novidades |

Na visita a Salamanca pasei, inevitablemente, pola completísima sección de Humanidades da Librería Cervantes, onde atopei algunhas cousas que nunca vira nas miñas librarías viguesas. Chamou a miña atención unha novidade de fin de ano da renovada editorial Bruguera, El arte de rechazar una novela, libro do canadiano Camilien Roy que recolle noventa e nove cartas […]

Que é un «scout» editorial?

11 Marzo, 2009 (21:10) | Cultura, Editores |

Na estratexia da proxección internacional da literatura galega, ademais desa Oficina do Libro Galego no exterior (indispensable, mentres non funcione o Instituto Rosalía de Castro, previsto na aprobada Lei do Libro e a lectura), sería magnífico contar coa figura dos «scouts» editoriais especializados na literatura galega. Na edición internacional, sobre todo a da tradición anglosaxona, […]

Santillana

23 Xaneiro, 2009 (18:57) | Editores, Libro de texto |

Quen pode estar interesado na compra do Grupo Santillana? Moi interesante a resposta que proporciona Paradigma del libro.

This Is Where We Live

3 Xaneiro, 2009 (18:20) | Editores, Libro, Promoción do libro, Vídeos |

This Is Where We Live from 4th Estate on Vimeo. Unha cidade de libros. Precioso vídeo promocional con motivo do 25 aniversario de 4th Estate Publishers. Grazas, Dorfun.

Premios da edición 2008, finalistas

12 Decembro, 2008 (02:23) | Editores |

Déronse a coñecer os finalistas dos Premios da Edición 2008 que serán fallados o 19 de decembro no Verbum de Vigo.

Os editores aprendemos de Internet

28 Agosto, 2008 (18:36) | Editores, Internet, Promoción do libro |

Esta anotación de ediciona sobre as cinco cousas que os editores deberiamos aprender do actual modelo de negocio de internet parécenme moi interesantes: 1. Convertir la lectura en un acto social: aprovechar las herramientas que ofrece la Web 2.0 para conectar a las personas a través de lo que leen, haciendo que la lectura deje […]

"Canto máis crise hai, máis libros se venden"

4 Agosto, 2008 (07:47) | Editores |

Francisco Rodríguez Iglesias, un dos editores máis veteranos e importantes do país,afírmao de xeito contundente: “Canto máis crise hai, máis libros se venden“. Confiemos no prognóstico de tan experimentado editor.

A AGE consolídase

24 Xullo, 2008 (07:52) | Editores |

A continuidade do equipo directivo da Asociación Galega de Editores é a mellor proba do grande traballo que vén desenvolvendo a directiva presidida por Alfonso García Sanmartín e da consolidación do sector editorial en Galicia. Só nos últimos dous anos, a AGE aumentou notablemente o seu número de asociados (ata superar os corenta), representando así […]

Editar é intervir no presente

11 Xullo, 2008 (21:42) | Edición, Editores |

“Editar es una forma de intervenir en el presente. El catálogo de una editorial (además de ser su principal activo, dato que cada vez más parece olvidarse en busca de la ganancia a corto plazo) es ante todo una opinión. Editar un libro, insertarlo en un catálogo, implica formular una opinión sobre el estado de […]

Editorial Cíes e Marcial Lafuente Estefanía

25 Maio, 2008 (10:26) | Editores, Vigo |

No suplemento “Estela” (do dominical de Faro de Vigo), J. A. Otero Ricart publica unha interesantísima reportaxe sobre a Editorial Cíes, fundada en Vigo en 1941 por Eugenio Barrientos, o daquela propietario da libraría Tetilla, e destinada a edición de publicacións populares. Barrientos comezou publicando novelas policiais, mais consolidou a súa actividade (durante máis dunha […]

Unha educación política

6 Maio, 2008 (18:59) | Editores |

Acabamos de saber da aparición de Unha educación política, a edición en castelán das memorias do noso admirado o editor André Schiffrin. Lectura obrigada para editores. Daremos noticias.

"Anxel Casal,un editor para un país"

2 Maio, 2008 (09:46) | Beizóns, Editores, Historia, Recurso_didáctico |

O pasado día do libro presentouse Ánxel Casal, un editor para un país (Catálogos de Lar e Nós), un magnífico volume, coordinado por Alfonso Mato e coeditado polo Seminario de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega. A edición desta obra supón, tras o traballo de Ernesto Vázquez Souza, un paso definitivo para fixar […]

Ediçoes Nelson de Matos: ler para crer

22 Marzo, 2008 (11:16) | Beizóns, Editores |

Levaba varias semanas buscando un oco para preparar unha anotación en condicións sobre a posta en marcha das Ediçoes Nelson de Matos, a nova editora literaria promovida polo noso amigo e grande editor Nelson de Matos. Despois de vinte e tres anos á fronte de ediçoes Dom Quixote, converténdoa na editora portuguesa de referencia, logo […]

Voces de liberdade, a homenaxe do PEN Clube

13 Xaneiro, 2008 (10:31) | Beizóns, Editores, Eventos, Premios |

Onte asistín ao xantar de homenaxe a Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, organizado polo PEN Clube de Galicia, con motivo da terceira edición dos seus premios “Voces de liberdade”. A organización e o desenvolvemento desta homenaxe a estes dous grandes editores da nosa memoria histórica, que contou coa xenerosa colaboración da Tenencia […]

Francisco Castro incorpórase a Galaxia

12 Xaneiro, 2008 (11:36) | Editores |

Francisco Castro incorporouse ao cadro de persoal da editorial Galaxia para encargarse dos Novos Proxectos (presupoño que para desenvolver os relacionados, especialmente, co mundo dixital e a edición electrónica). Un profesor e escritor experimentado e un inquedo animador cultural e da lectura como foi até agora Francisco, son un perfil moi prometedor para un convertirse […]

A edición en galego

30 Decembro, 2007 (10:52) | Edición, Editores |

La Voz de Galicia publica hoxe unha interesante entrevista con Alfonso García Sanmartín, presidente da AGE, sobre o estado da edición en Galicia e sobre as tendencias de futuro. Etiquetas: Edición_en_galego

Conversas con Francisco Pillado

29 Decembro, 2007 (12:55) | Autores, Editores, Ensaio, Entrevistas, Teatro |

Rematei a lectura do magnífico libro de conversas co editor Francisco Pillado, preparado polo tamén editor Xosé Luna Sanmartín (quen no vindeiro mes de xaneiro publicará na nosa colección BLG dúas pezas teatrais de Manuel Varela Buxán) e publicado por Espiral Maior. Un libro sincero, descarnado, intimista, valente, indispensable para adentrarse na figura humana, intelectual, […]

Carlos Lema, premio de poesía Johán Carballeira

23 Decembro, 2007 (09:30) | Autores, Editores, Poesía, Premios |

Unha noticia ben bonita: o noso amigo o editor Carlos Lema obtivo o premio de poesía Johán Carballeira convocado en Bueu. O xurado salientou que a obra gañadora por unanimidade, O xeito de Freud. Transferencias da realidade, foi escollida “pola solidez da súa construción”, o que demostra “ser moi complexo na súa elaboración”, así como […]

Premios da Edición 2007

15 Decembro, 2007 (12:27) | Editores, Premios |

Eis o resultado dos Premios da Edición 2007 fallados onte na Coruña. Para min o máis interesante da velada celebrada no Aquarium, ademais da nosa ledicia polo premio recibido polo libro de Agustín Fernández Paz (un recoñecemento alboral a unha obra que presinto vai dar moito que ler), foi a magnífica intervención institucional de Alfonso […]

Premios edición 2007, finalistas

9 Decembro, 2007 (12:27) | Editores, Premios |

Acaban de anunciarse os títulos dos libros finalistas dos Premios da edición 2007 que serán entregados o vindeiro venres na Coruña no transcurso da IIIª Noite da edición. Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado 2007: Guía dos mamíferos de Galicia de Baía Edicións; Minimaladas de Xerais; Titiritesa de OQO Editora. Premio Lois Tobío ao […]

Xohán Ledo: exposición de homenaxe

20 Novembro, 2007 (19:29) | Editores, Eventos |

Inaugurouse hoxe no Museo de Castrelos a exposición de homenaxe ao editor Xohán Ledo. A magnífica exposición, preparada por Galaxia e a Consellaría de Culura, acompáñase cun ciclo de mesas redondas nas que se pretende facer unha completa revisión sobre a historia, estado actual e futuro do libro galego. Beizóns para os organizadores por tan […]

Libro e Mercado: o caso galego

18 Novembro, 2007 (19:48) | Bibliotecas, Comercio do libro, Edición, Editores, Eventos, Lectura, Librarías, Promoción do libro |

Tras a celebración do IV Simposio “O Libro e a lectura”, que amosou a madurez da AGE para consolidar esta cita anual de reflexión profesional, propoño algunhas reflexións persoais sobre o tema debatido: “Libro e mercado”.Os editores galegos non podemos ser complacientes co noso traballo e debemos ser capaces de integrar moitas das ideas e […]

Manuel Valente: editores de cultura ou de mercado

17 Novembro, 2007 (17:22) | Editores, Eventos, Portugal |

Manuel Valente, director literario de Ediçoes ASA, abriu a segunda xornada do IV Simposio cunha conferencia sobre “Editores de cultura fronte editores de mercado“. Comezou a súa intervención describindo o proceso actual de concentración das editoras portuguesas arredor de grandes grupos editoriais, “cambios que necesariamente van afectar ao traballo das editoras e aos seus programas […]

Silvia Querini: libro e mercado

15 Novembro, 2007 (20:28) | Edición, Editores, Eventos |

A editora Silvia Querini abriu esta mañá o IV Simposio “O Libro e a Lectura” no que se reflexiona sobre as relacións entre o libro e o mercado.A directora literaria de Lumen comezou a súa magnífica e clarificadora conferencia abordando o significado de dúas palabras “malditas” que, xeralmente, no mundo da edición (sobre todo da […]

Read Galicia

12 Outubro, 2007 (06:52) | Beizóns, Editores, Promoción do libro, Traducións |

Hoxe preséntase na Feira de Frankfurt Readgalicia o primeiro catálogo de dereitos da edición galega actual. O espazo web (en galego e inglés) permite acceder á información de 169 novidades publicadas por dezanove editoras galegas nos últimos dous anos. De cada título pode consultarse a sinopse, un fragmento do texto e a ficha dos seus […]

Entrevista a Nelson de Matos

10 Setembro, 2007 (18:25) | Editores, Entrevistas |

Recomendo a lectura desta entrevista a Nelson de Matos, o noso benquerido e admirado editor (sen dúbida, o que máis literatura galega publicou alén Minho). Felicitámonos, ademais, pola volta á actividade so seu blogue. Etiquetas: Nelson_de_Matos

Ranking da edición mundial

28 Agosto, 2007 (19:53) | Editores |

No blog de Richard Charkin, un dos responsables de Macmillan, publícase o ranking da edición mundial nos anos 2006 e 2005 en función dos resultados de explotación. Unha mostra moi clara do proceso de concentración na mundialización do sector. Paréceme significativo que o noso xigante, Planeta, ocupe só o posto número doce, Santillana o vinte […]

Xosé María Álvarez Blázquez

8 Xullo, 2007 (10:04) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Editores, Efemérides |

No artigo da semana realizo unha primeira semblanza da figura de don Xosé María Álvarez Blázquez. É a miña intención publicar nas vindeiras semanas novos traballos no Faro sobre o “Xosé María, editor” e o “Xosé María, cronista oficial da cidade de Vigo”. Comecei estes días a versión galega d’ A cidade e os días. […]