Category: Educación_para_a_Paz
Vida para Palestina
No artigo da semana sintetizo a información que vimos publicando no blog dende hai dúas semanas sobre a o bloqueo e a invasión de Gaza.No serán de onte participamos na manifestación de Vigo. Había máis de 5.000 persoas, o que constitúe unha cifra notable (aínda que non tanto como a de Londres). Moitos comentabamos que percibiamos unha certa desimplicación na mani dos dirixentes dos partidos institucionais de esquerda que só pensan na campaña.
Actualización (21:00): A manifestación de Madrid foi un grande éxito, un cuarto de millón de persoas.
Tempo de virtuosos, Gideon Levy
TEMPO DE VIRTUOSOS
Essa guerra, talvez mais que as anteriores, está expondo as veias profundas da sociedade de Israel. Racismo e ódio erguem a cabeça, a sede de vingança e de sangue. A “tendência do comando” no exército de Israel hoje é matar, “matar o mais possível”, nas palavras dos porta-vozes militares na televisão. E ainda que falassem dos combatentes do Hamas, ainda assim essa disposição seria sempre horrenda.
A fúria sem rédeas, a brutalidade é chamada de “exercitar a cautela”: o apavorante balanço do sangue derramado – 100 palestinos mortos para cada israelense morto é um fato que não está levantando qualquer discussão, como se Israel tivesse decidido que o sangue dos palestinenses valesse 100 vezes menos que o sangue dos israelenses, o que manifesta o inerente racismo da sociedade de Israel.
Direitistas, nacionalistas, chauvinistas e militaristas são o bom-tom da hora. Ninguém fale de humanidade e compaixão. Só na periferia ouvem-se vozes de protesto – desautorizadas, descartadas, em ostracismo e ignoradas pela imprensa -, vozes de um pequeno e bravo grupo de judeus e árabes.
Além disso tudo, soa também outra voz, a pior de todas. A voz dos cínicos e dos hipócritas. Meu colega Ari Shavit parece ser o seu mais eloquente porta-voz. Essa semana, Shavit escreveu neste jornal (“Israel deve dobrar, triplicar, quadruplicar a assistência médica em Gaza”- Haaretz, 7/1): “A ofensiva israelense em Gaza é justa (…). Só uma iniciativa imediata e generosa de socorro humanitário provará que, apesar da guerra brutal que nos foi imposta, nos lembramos de que há seres humanos do outro lado.”
Para Shavit, que defendeu a justeza dessa guerra e insistiu que Israel não poderia deixar-se derrotar, o custo moral não conta, como não conta o fato de que não há vitória possível em guerras injustas como essa. E, na mesma frase, atreve-se a falar dos “seres humanos do outro lado”.
Shavit pretende que Israel mate e mate e, depois, construa hospitais de campanha e mande remédios para os feridos? Ele sabe que uma guerra contra civis desarmados, talvez os seres mais desamparados do mundo, que não têm para onde fugir, é e sempre será vergonhosa. Mas essa gente sempre quer aparecer bem. Israel bombardeará prédios residenciais e depois tratará os feridos e mutilados em Ichilov; Israel meterá uns poucos refugiados nas escolas da ONU e depois tratará os aleijados em Beit Lewinstein. Israel assassinará e depois chorará no funeral. Israel cortará ao meio mulheres e crianças, como máquinas automáticas de matar e, ao mesmo, tempo falará de dignidade.
O problema é que nada disso jamais dará certo. Tudo isso é hipocrisia ultrajante, vergonhoso cinismo. Os que convocam em tom inflamado para mais e mais violência, sem considerar as consequências, são, de fato, os que mais se auto-enganam e os que mais traem Israel.
Não se pode ser bom e mau ao mesmo tempo. A única “pureza” de que cogitam é “matar terroristas para purificar Israel”, o que significa, apenas, semear tragédias cada vez maiores. O que está sendo feito em Gaza não é desastre natural, terremoto, inundação, calamidades em que Israel teria o dever e o direito de estender a mão aos flagelados, mandar equipes de resgate, como tanto gostamos de fazer. Toda a desgraça, todo o horror que há hoje em Gaza foi feito por mãos humanas – as mãos de Israel. Quem tem mãos sujas de sangue não pode oferecer ajuda. Nenhuma compaixão nasce da brutalidade.
Pois ainda há quem pretenda enganar todos todo o tempo. Matar e destruir indiscriminadamente e, ao mesmo tempo, fazer-se de bom, de justo, de homem de consciência limpa. Prosseguir na prática de crimes de guerra, sem a culpa que os acompanha sempre. É preciso ter sangue frio.
Quem justifica essa guerra justifica todos os crimes. Quem prega mais guerra e crê que haja justiça em assassinatos em massa perde o direito de falar de moralidade e humanidade. Não existe qualquer possibilidade de, ao mesmo tempo, assassinar e reabilitar aleijados. Esse tipo de atitude é a perfeita representação das duas caras de Israel, sempre alertas, ao mesmo tempo: praticar qualquer crime, mas, ao mesmo tempo, auto-absolver-se, sentir-se imaculado aos próprios olhos. Matar, demolir, espalhar fome e sangue, aprisionar, humilhar – e sentir-se bom, sentir-se justo (sem falar em não se sentir cínico). Dessa vez, os senhores da guerra não conseguirão dar-se esses luxos.
Quem justifique essa guerra justifica todos os crimes. Quem diz que se trata de guerra de defesa, prepare-se para suportar toda a responsabilidade moral pelas consequências do que faz e diz. Quem empurra os políticos e os militares para ainda mais guerra, saiba que carregará a marca de Cain estampada na testa, para sempre. Os que apóiam essa guerra, apóiam o horror.
* tradução: Caia Fittipaldi
Recomendo outros artigos de Amálgama, como este anticipatorio (publicado en 1978) de Gilles Deleuze sobre Palestina.
Gaza, resume da situación
Hoxe non entramos en interpretacións. Recollemos este seguimento infográfico que Moiz actualiza, a partir dos datos que proporciona a cobertura da BBC. Un estremecedor resume da situación.
As mentiras de Israel
Robert Fisk, o lendario correspondente en Oriente Medio de The Independent, radicado no Líbano dende hai vinte e cinco anos, acusa hoxe o goberno israelita de mentir para xustificar as súas atrocidades na invasión de Gaza. Anacos deste texto demoledor están traducidos aquí. Fisk recorda que a tregua, a pesar do que diga a propaganda sionista, «foi rota por Israel o pasado 4 de novembro, cando bombardeou e matou a seis palestinos e logo, outra vez, o 17 de novembro, cando outra vez bombardeou e matou a catro palestinos». Risk escribe no texto que «reportei as desculpas que o exército de Israel ten ofrecido ao mundo, xa varias veces, despois de cada chacina. Dado que probablemente serán requentadas nas próximas horas, adianto algunhas delas: que os palestinos mataron refuxiados palestinos; que os palestinos desenterran cadáveres para pólos nas ruínas e ser fotografados; que a culpa é dos palestinos, por teren apoiado un grupo terrorista; ou porque os palestinos usan refuxiados inocentes como escudos humanos». Seguir as crónicas e os artigos de Fisk é moi clarificador. A paz nunca pode pasar polo masacre nin pola mentira.
Isto é Israel
«Penso que mellor que ollar as magoantes imaxes de Gaza é mirar do outro lado, Israel, como é, como sente e se expresa. Decote tédesme preguntado os amigos como son os israelís. Hai de todo, mais o que predomina é isto (como ben se ve nos resultados electorais). Isto é tamén unha pequena mostra da clase de vida que leva un xornalista estranxeiro cobrindo o conflito e a psyque israelí na súa versión habitual (non necesariamente extremista) cando se pon nerviosa.
O que se ve nesta imaxe é un equipo da televisión británica tentando de gravar unhas oliveiras propiedade de palestinos que foron esnaquizadas polos colonos xudeus que viven a carón. Os colonos ven os xornalistas e van aló ameazalos. Atentos ó diálogo subtitulado.»
Grazas, Miguel!
Gaza: unha lección exemplar
Onte na tertulia d’ A Crónica da Radio Galega, o condutor do programa, Luís Ojea, entrevistou ao escritor Miguel Anxo Murado arredor da invasión de Gaza polo exército israelita. Murado, moi bo coñecedor do conflito, axudounos a comprender os termos reais nos que se está desenvolvendo esta traxedia. “Chamarlle guerra a este conflito é moi esaxerado. É a batalla máis desigual do século XXI. A diferencia do conflito do Libano de 2006, en Gaza non hai retagarda.” Para o autor de Fin de século en Palestina “o goberno israelita, en plena campaña electoral, aspira a dar unha lección exemplar, un castigo colectivo ao pobo palestino. Cando consideren que xa está dada, se retirarán como sucedeu noutras ocasións”. Murado lembrou que o 70% da poboación israelita apoia esta invasión. “O 40% votou a partidos de extrema dereita e o 22% á dereita, a Kadima.” Con respecto aos palestinos, “a diferenza entre Hamás e a OLP é moi pequena. É xeracional e xeográfica. Non esquezamos que Hamás foi apoiada inicialmente por Ariel Sharon que consideraba que polo seu carácter relixioso sería máis conservadora ca OLP”. Rematou a súa intervención Miguel Anxo lembrando as orixes do conflito no 48, cando se produciu a deportación do 80% da poboación palestina, e “o inevitable cambio de posición que adoptará Obama, aínda que non será radical”.A matanza de hoxe nunha escola da ONU, onde se refuxiaban civís palestinos, demostra, outra vez máis, o cinismo do goberno israelita que unha e outra vez xustifica o seu castigo baixo o peregrino argumento de que “os membros de Hamás se agachan entre os civís”. En todo caso, semella que o pretenden con esta invasión (despois de dez días de durísimos bombardeos), tanto a ministra de Exteriores como o ministro de Defensa, é consolidar o seu castigo antes da toma de posesión de Obama. Así demostrarían firmeza diante do seu electorado. Despois das eleccións de febreiro, abrirase unha nova etapa. Mentres, un millón e medio de palestinos non teñen sequera por onde fuxir. Os interrogantes quedan abertos.
Dor sobre Gaza
Recomendo moi vivamente a lectura desta extraordinaria anotación recompilatoria de Eifonso Lagares sobre os desastres de Gaza. Proporciona varios vieiros alternativos na rede. Este é o caso da noticia sobre o blog conxunto que publican dous blogueiros, «Peace Man» dende Gaza e «Hope Man» dende Sderot. Publícase, tamén, un enlace cun estremecedor vídeo dunha explosión nun mercado que en todo caso, como nos informa Carlos Callón, non corresponde con este conflito. Outra anotación interesante é esta dos Futuros do libro sobre o seguimento do conflito na rede por parte de blogs palestinos e israelitas.Diante de todas estas informacións sobre a invasión, semella que para o exército israelita –que, por certo, ao mesmo tempo que continúa pechando a entrada a Gaza aos xornalistas occidentais, abriu unha canle en you tube e un espazo en Facebook e outro en Myspace para difundir a súa visión da súa durísima invasión, como informa Juan Varela– a súa estratexia é infrinxir a maior dose de dor sobre a poboación de Gaza. Non hai dúbida que o poderoso exército israelita controlará a Faixa de Gaza (non sabemos en cantos días,) máis co seu proceder sementa as raíces do odio na poboación palestina durante moito tempo. Para romper esta espiral de dor insuperable (e dunha impresionante traxedia humanitaria), só vexo a posibilidade de que a Comunidade Internacional (os EE.UU., a Unión Europea, o Consello de Segueridade das Nacións Unidas) impoña decontado a súa autoridade sobre o goberno de Israel. Desgraciadamente, non vemos por ningures esta determinación para coutar este desastre.
Anel solidario contra o masacre de Gaza
Afortunadamente son múltiples as iniciativas que dende a rede se están promovendo para denunciar o masacre de Gaza que continúa realizando o goberno de Israel e expresar a solidariedade co pobo palestino. Adherímonos ao manifesto do anel solidario de blogs, ao de AVAAZ, ás iniciativas Ilumina Gaza e a de Amnistía Internacional. Recomendamos visitar espazos como as «Crónicas desde o corazón do levantamento palestino», a entrevista de Galiciae con Alberto Arce (o cooperante asturiano de Free Gaza), o blog solidario «Lápices para la paz», onde se poden ler e ver documentos moi interesantes. Fronte á propaganda do goberno de Israel, podemos dende a rede promover esta solidariedade informativa co pobo palestino.
Carta dende Gaza
Gaza, abrir camiños para a paz
Antes dos brutais bombardeos desta pasada fin de semana, a estratexia do goberno israelita diante da vitoria de Hamás en 2006, baseárase na chamada «desconexión de Gaza», un bloqueo militar dos seis puntos fronteirizos existentes na Faixa de Gaza con Israel e Exipto, que impedía tanto o movemento de mercadorías básicas como o de persoas. Xustificado como resposta aos ataques palestinos con foguetes ‘qassam’ sobre a cidade israelita de Sderot, este bloqueo por terra, mar e aire –destinado, tamén, a afondar no conflito civil palestino entre Hamás (o partido islamista, claro gañador das últimas eleccións) e Al Fatah (o partido laico, que ostenta de forma moi precaria a presidencia da Autoridade Palestina, co apoio estadounidense e da Unión Europea)– provocou unha auténtica emerxencia humanitaria na Faixa, diante do silencio dunha comunidade internacional que, coa excepción do traballo dalgunhas organizacións de cooperación e dereitos humanos, permaneceu totalmente allea a este inxusto castigo colectivo que o estado de Israel infrinxe sobre toda unha poboación civil.
Desgraciadamente, a tregua de apenas seis meses asinada, coa mediación exipcia, por Hamás e Israel, non serviu nin para aliviar este cerco nin para diminuír o nivel de pobreza e desemprego da poboación civil de Gaza. A ninguén pode sorprender que unha vez finalizado o prazo acordado (nin sequera houbo intencións moi convincentes para renovala), volvesen os lanzamentos desesperados de foguetes artesanais por parte das milicias palestinas e que, outra vez, a política da «lexítima defensa» lles servise ás autoridades xudías –xa en aberta competencia preelectoral entre as dúas forzas da súa extrema dereita (Likud e Kalima)– como magnífica escusa para lanzar un ataque feroz e absolutamente desproporcionado sobre os responsables de Hamás e o seus enclaves máis emblemáticos. No entanto, non esquezamos que informacións dispoñibles de Nacións Unidas, a pesar do escandaloso peche informativo ditado por Israel que impide a entrada aos xornalistas occidentais, falan de medio cento de vítimas civís, entre elas algúns nenos e nenas.
Aínda que pareza terrible, a actual situación favorece tanto os intereses de Hamás como os do actual goberno da estrema dereita xudía. Con este masacre sobre Gaza, consolídase o liderado de Hamás sobre o conxunto do pobo palestino e a súa estratexia de resistencia (mesmo de lanzamento dunha terceira intifada) fronte á demostrada ineficacia da estratexia negociadora da Autoridade Nacional Palestina. Outrosí, sucede co actual goberno xudeu que coa súa posición de firmeza consegue vender á Comunidade Internacional (se por isto entendemos aos EE.UU. e aos gobernos máis influíntes da Unión Europea) que estas operacións militares son a súa lexítima contribución á guerra contra o terrorismo internacional (do que Hamás formaría parte), ao tempo que disuadiría a Barack Obama sobre as dificultades que para el supoñería mudar este esquema de interpretación sobre o denominado «conflito de Oriente Medio».
Só será posible abrir os camiños para a paz, cando a Comunidade Internacional teña vontade de romper este esquema tan coidadosamente deseñado polos diversos gobernos israelitas e impoñer unha nova lóxica baseada nos principios da legalidade internacional. Os camiños da paz abriranse só cando os responsables do goberno de Israel acepten que para manter a súa seguridade deberán entregar territorios e recoñecer ao estado palestino soberano e aos representantes dos que este lexitimamente se dote. Hoxe, cos tanques ás portas de Gaza, semella unha utopía.
(Xornal de Galicia, edición electrónica)
Israel continúa os seus ataques
A pesar do chamamento do Consello de Seguridade da ONU, o goberno israelí continuou durante esta noite os seus ataques aéreos indiscriminados sobre a poboación civil da franxa de Gaza. Semella que son intereses electoriais os que están detrás deste ataque brutal que, para algúns analistas, constitúe un erro estratéxico de vulto.O que nunca entenderei é a reacción dese grupo de persoas que apoian en Galicia cegamente as accións militares do goberno israelí e que onte publicaron os seus comentarios ao pé da nosa anotación. É posible xustificar tan friamente o asasinato de case trescentas persoas? Non hai posibilidade de atopar, sequera nalgunhas das súas palabras, algunha esperanza de que isto pode ter unha solución política (baseada na legalidade internacional)? Verdadeiramente desacougante.
Masacre en Gaza. Que noxo!
Dereitos humanos, 60 anos
Literatura Galega pola Paz
A verdade que foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez estudantes de ESO e Bacharelato, foron magníficas as intervencións literarias e institucionais. A guinda foi o extraordinario o concerto da Agrupación de Mestres da Escola de Música Tradicional do concello de Vigo. Grazas a todos polo apoio solidario e pola lembranza saudosa da figura do noso benquerido Suso Jares.
«Declaración dos Dereitos Humanos», sesenta aniversario
Conmémorase, mañá, 10 de decembro, o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Con este motivo, a partir das 20 horas, celebrarase un acto cívico, no Auditorio do centro Cultural Caixanova de Vigo, no que ademais será presentado o volume Literatura Galega pola Paz coa que se pecha a triloxía Educación e Paz, coordinada por Xesús R. Jares.
Durante o acto dez alumnos e alumnas dos IES do Castro e de Teis de Vigo lerán o texto da Declaración e a agrupación dos Mestres da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk do Concello de Vigo (e-Trad), interpretará diversas pezas. Ademais, intervirán algúns dos narradores e poetas participantes no libro (Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, María Reimóndez, Obradoiro Gianni Rodari, An Alfaya, Antonio García Teijeiro, Román Raña e Fran Alonso). Este acto, ademais, constituirá a merecida e emotiva lembranza de Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz e promotor da triloxía Educación e Paz, editada por Xerais.
Hai dez anos, con motivo do cincuenta aniversario da Declaración, Xesús R. Jares publicou na Biblioteca Didáctica de Xerais, Educación e Dereitos Humanos. Estratexias didácticas e organizativas. Aquel libro converteuse ao longo desta década en referente na abordaxe educativa do articulado da Declaración Universal, e os pactos, convenios e declaracións que a desenvolven, como o reto fundamental co que se atopa a humanidade no futuro inmediato.
A Concellaría de Educación do Concello de Vigo (unha das organizadoras do acto, xunto a Xerais e Educadores pola Paz) tivo a magnífica iniciativa de editar unha pequena publicación, que todos os asistentes terán súa disposición, na que se inclúe o texto da Declaración, precedido de dous textos introdutorios, o primeiro de Laura López Atrio, concelleira de educación, e o segundo, do propio Xesús R. Jares, extraído da obra á que antes facíamos referencia.
Xesús R. Jares afirma neste texto que «o papel da educación debe supoñer un proxecto pedagóxico integrado que incite a vivir e a gozar os dereitos humanos, pero tamén a fomentar un estado de opinión que leve a pensar que calquera violación destes en calquera lugar do mundo non nos pode resultar allea e que, por conseguinte, a responsabilidade de evitalo a todos e todas nos incumbe».
Así tamén o recorda o preámbulo do propio documento no seu parágrafo final: «a presente Declaración Universal dos Dereitos da Persoa é un ideal común polo que todos os pobos e nacións se deben esforzar, para que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constatemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais».
Ao inicio e ao remate do acto será proxectado un vídeo-semblanza (preprado por Paco Vilabarros) de Xesús R. Jares, a quen os organizadores dedicamos unha saudosa lembranza.
A Declaración dos Dereitos Humanos
Vía Manuel Gago.
Aquí pode verse en mellor calidade e aquí pode asinarse unha iniciativa de Human Rights Action Center para que a Declaración aparece en todos os pasaportes de todos os estados.
Suso Jares, ourive sensible
No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de Klimta, a de Francisco Castro e os seus comentarios, o artigo de María Reimóndez an edición impresa d’ A Nosa Terra e os comentarios que deixaron os profesores Gloria Ramírez, JM. Alonso Muñiz e José Tuvilla Rayo no xerais blog… A todos eles o noso maior agradecemento polas súas palabras.
Actualización (06-10-2008): artigo de Xosé María Palmeiro, anotación de Bouzafría, condolencias da Coordinadora Galega de ONGD.
Xesús R. Jares, in memoriam
«Dende hai varios anos, Suso libraba con enorme serenidade unha difícilísma partida, na que seguiu ofrecendo aos seus seres máis queridos un modelo de dignidade e serenidade humana, e como tal, morreu cos brazos abertos, aloumiñando e amando a vida, consolándonos con provisións enormes de coraxe, sementando camiños de paz e gromos da tenrura e da esperanza polas que loitou ao longo dos seus cincuenta e tres anos.Suso foi o primeiro cidadán da república libre da paz, da igualdade e da fraternidade, palabras que nos ensinou a pronunciar co respecto que merecen os grandes ideais da humanidade.
Mestre, catedrático, pedagogo, educador pola paz, investigador universitario, cidadán libre da utopía da Irmandade, é dos que levaba orgulloso na fronte unha estrela e no bico un cantar, as insignias da nosa Galicia do corazón.
Dende os anos mozos da Compostela universitaria, cando tivo a fortuna de atopar a Paz, a súa inseparable alma xemelga, moitos somos os que con Suso compartimos o soño de construír «para todos os nenos galegos unha escola do sol, das pombas e das gaivotas», os ideais pedagóxicos do movemento Freinet do que Suso foi en Galicia un pioneiro na súa primeira escoliña rural de Montederramo, onde hai trinta anos iniciou a súa andaina.
Ideais que alicerzou a súa chegada a Vigo, a comezos dos anos oitenta, como profesor do Colexio Público García Barbón, onde, toliño e atrevido que sempre foi, montou axiña unha horta escolar, onde os rapaces de segunda etapa cultivaban tomates e leitugas e, pouco despois, fundou o colectivo de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega, o noso movemento de renovación pedagóxica, auténtica célula de amizade e de soños compartidos.
A creación de Educadores pola Paz, unha das obras das que máis orgulloso se sentía, supuxo, tamén o inicio do movemento de «Educación para a Paz» xa que este grupo de profesionais da educación foi o primeiro que asumiu en España a construción da paz e a resolución pacífica dos conflitos como eixo vertebrador da súa actividade educadora. Non teñades medo de acudir a Internet e escoitar e presenciar a maxistral conferencia de cincuenta minutos que Suso pronunciou hai uns anos nas xornadas de convivencia de Gasteiz sobre esta cuestión. Un testemuño extraordinario, emocionantísimo, que nos deixou en herdanza.
Educadores pola paz, o grupo animado de forma infatigable polo traballo paciente e rigoroso de Suso, constituíuse nunha entidade de base, crítica e independente que serviu de alicerce ao movemento de Educación pola Paz, primeiro en Galicia, logo en todo o estado, máis tarde en Portugal e, xa durante os anos transcorridos deste novo milenio, en Latinoamérica.
Hoxe non podemos deixar de lembrar como nos anos oitenta, o grupo de Educadores pola Paz organizou as primeiras celebracións en centros escolares vigueses do «Día Escolar pola Paz» (30 de xaneiro), formando as primeiras cadeas de nenos e nenas pola paz diante do cárcere vello, as primeiras soltas de globos nos patios das escolas ou os programas cos rapaces de Bacharelato en radio Popular. Hoxe non podo esquecer, como Suso, un organizador nato, promoveu a celebración das exitosas «Xornadas de Educación para a Paz» que, por primeira vez, trouxeron a Vigo a conferenciantes como Fernando Savater e no que se proxectaban películas memorables como «Johnny colleu o seu fusil» (o cinema foi outra das súas grandes afeccións).
Aquel agromar de Educadores pola Paz consolidouse vizoso en Panxón no ano 1986, coa celebración do primeiro «Encontro Galego de Educadores pola Paz», dende entón, unha cita anual, que se consolidou en Camposancos, onde se despregou por primeira vez o paracaídas e se comezaron a desenvolver os xogos cooperativos, nos que é unha autoridade mundial.
Durante a década dos noventa o grupo de Educadores pola Paz consolidou a súa presenza e influenza sobre o mundo educativo (tanto galego, español como portugués), sobre todo, por medio das publicacións de Suso sobre educación, paz e dereitos humanos. Foi esta década a dun enorme entusiasmo para Suso. Sira, Sira outro dos seus orgullos, inundouno de ledicia e optimismo, ademais de consolidar a súa traxectoria na Universidade da Coruña, onde foi acollido con enorme agarimo polos seus compañeiros e compañeiras.
Relevancia singular tivo en 1996, o desenvolvemento do proxecto solidario e multidisciplinar «Construír a paz. Cultura para a paz», artellado arredor dun libro e dunha exposición itinerante, no que participaron un centenar de ensaístas, escritores e pintores. As presentacións multitudinarias deste libro e do proxecto de cooperación en diversos teatros galegos constituíron un fito sen precedentes na nosa historia educativa e da edición en galego. Así como o desenvolvemento do proxecto solidario en Guarapuava, en Paraná, no Brasil, onde Suso viviu unha experiencia moi marcante. Nese período, Suso promoveu a constitución da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ), da que foi presidente, e da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ), que presidiu ata o día de onte.
Xa neste milenio Jares, cunha notable presenza en Latinoamérica (o continente do seu corazón), enfocou a súa reflexión sobre a resolución pacífica dos conflitos nas aulas, promovendo os programas «Aprender a convivir» do concello de Vigo e «Aprender xuntos. Convivir» do concello de Lugo, ao tempo que elaborou unha proposta de tramitación dunha «Lei galega da paz», presentada por Nova Escola Galega e aínda pendente de resolución, coa intención de que o Goberno Galego asumise dende unha óptica global o fomento dos valores da cultura de paz. Foi a reflexión sobre a importancia da materia de «Educación para a cidadanía» o tema que ocupou as derradeiras angueiras académicas de Suso e lle ocasionou bastantes cabreos.
Ademais deste traballo de enxeñaría pola paz e pola educación en valores, Suso Jares desenvolveu unha intensísima actividade académica no eido universitario, recollida nas súas obras ensaísticas, publicadas orixinalmente en galego e traducidas na súa maior parte ao español e portugués. Dese labor editorial e publicístico, que a Suso sei tanto gostaba (vivía o proceso de edición cunha emoción e un primor como poucos autores coñezo), naceu o seu derradeiro proxecto a triloxía «Educación e paz», da que se publicaron dous títulos este ano e da que estamos ultimando o terceiro.
Precisamente, e así o preparou Suso nos seus últimos días, o vindeiro 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos, será presentado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo este volume «Educación e paz III. Literatura e paz», o derradeiro libro colectivo coordinado por Jares no que participan corenta escritores e escritoras galegos. Ese día, ademais, renderémoslle a grande homenaxe nacional que o seu maxisterio merece.
En días tan difíciles para todos os que tivemos a enorme fortuna de gozar da súa amizade fraterna, aínda sabendo que as palabras non abondan para enunciar o noso pesar, só podo expresar máis que a miña admiración e agradecemento (que sei todos compartimos) por este seu labor de ourivaría sensible destinado a contribuír na loita contra a desesperanza e o conformismo e a procurar dende os espazos educativos unha sociedade plenamente democrática, xusta, solidaria e pacífica. Cantemos, cantemos sen temor na súa honra. Con todos os nosos abrazos para Paz e Sira.»
* Fragmento do texto lido na cerimonia civil do 28-09-2008 en lembranza de Xes
ús R. Jares.
Faleceu Xesús R. Jares
Estou enormemente conmocionado xa que hai só unhas horas que faleceu o meu amigo Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Suso sempre foi un modelo de dignidade e, como tal, morreu cos brazos abertos á vida, ofrecéndonos a tenrura e a esperanza pola que loitou toda a súa vida. O acto civil na súa memoria terá lugar hoxe domingo ás 20:00 horas no Vigomemorial. Con todos os nosos abrazos para Paz e Sira.








