Category: Exposicións

Virxilio Viéitez no Marco

23 Outubro, 2010 (15:08) | Artes Visuais, Exposicións, Galerías de fotos, Recurso_didáctico, Vigo |

Cando se cumpren dous anos da morte de Virxilio Vieitez, o fotógrafo de Soutelo de Montes, acaba de inaugurarse un completísima exposición retrospectiva no Marco (case trescentas pezas) que desvela boa parte da súa obra que permanecía inédita. A exposición, coproducida polo Marco e pola Fundación Telefónica e comisariada pola italiana Enrica Viganó, vai máis […]

«A forza das minorías» Congreso IBBY, Compostela 2010

2 Maio, 2009 (11:22) | Asociacionismo, Eventos, Exposicións, Literatura infantil e xuvenil |

Gustoume o o proxecto gráfico deseñado por Xan López Domínguez para o espazo web do Congreso do IBBY 2010 en Compostela. Xa se coñecen algúns dos primeiros nomes de conferenciantes, seminarios ou de actividades dunha cita extraordinaria e decisiva para o sector editorial galego. [Poden colocarse banners no blog e descargarse folletos co avance do programa]

«Crebas», nova exposición de Manuel Sendón

25 Abril, 2009 (19:42) | Artes Visuais, Exposicións, Museos |

«Crebas» é o novo traballo que Manuel Sendón desenvolve no Aquarium da Coruña.

Lázaro Enríquez, homenaxeado en Cuba

13 Marzo, 2009 (19:47) | Exposicións, Ilustración, In memoriam |

«Galicia 25. Unha cultura para un novo século»

1 Outubro, 2008 (19:22) | Cultura, Exposicións |

A exposición «Galicia 25. Unha cultura pra un novo século», inaugurada este serán no Centro sociocultural de Caixanova, é toda unha mostra de orgullo polo propio. Presentada en tres espazos e vinte e cinco módulos temáticos, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do seu vinte e cinco aniversario, deseñada por Imago Mundi e […]

As digresións de Fino Lorenzo

22 Xuño, 2008 (11:28) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións |

No artigo da semana presento a exposición de Fino Lorenzo aberta na viguesa Casa das Artes.

Antón Patiño: exposición virtual

1 Xuño, 2007 (21:22) | Artes Visuais, Exposicións, Slideshare |

Aquí tamén pode visitarse a máis recente exposición de Antón Patiño. Etiquetas: Antón_Patiño

Voces de basalto negro

20 Maio, 2007 (11:19) | Artes Visuais, Cidades, Eventos, Exposicións |

Sen dúbida, a actividade de maior proxección da Semana Cultural de Galicia en Damasco é a intervención de Xosé Freixanes no Jan Asaad Basha, unha impresionante hospedería para comerciantes construída durante a época otomana e situada no corazón do famoso zoco de Damasco.A instalación de Freixanes (repite as experiencia de Casabalanca e Amman), titulada “Voces […]

Nace Cultur.gal

3 Marzo, 2007 (21:33) | Cultura, Editores, Eventos, Exposicións |

Despois dunha coidadosa xestación de dous anos onte, por fin, foi anunciada a primeira edición de Culturgal, a grande feira do libro e da industria cultural que organizamos os editores galegos. Esta Feira, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 10 ao 14 de maio, está chamada a converterse na grande cita […]

Golfiño

28 Febreiro, 2007 (21:44) | Exposicións, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Dos proxectos que teño promovido na miña vida profesional en poucos tiven máis fe ca en Golfiño, unha revista mensual de banda deseñada, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos, que creamos da man de Fausto Isorna e Miguel Vázquez Freire. Sempre crin que co comenzo deste século era o momento de […]

Escenarios doentes

4 Febreiro, 2007 (11:05) | Arquitectura, Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana recomendo a visita ás exposicións fotográficas Casas doentes de Manuel Sendón e Escenarios de Vari Caramés, das que xa temos falado no blog. Etiquetas: Manuel_Sendón, Vari_Caramés, Fotografía, Galicia

Vari Caramés: escenarios

26 Xaneiro, 2007 (17:55) | Artes Visuais, Exposicións |

Na beirarrúa de enfronte da exposición de Manuel Sendón pode visitarse “Escenarios“, a mostra de fotografías sobre lenzo de Vari Caramés. Unha coincidencia marabillosa que permite facer un percorrido pola obra recente de dúas das figuras da nosa fotografía contemporánea. Vinte pezas de grande formato nas que o fotógrafo ferrolán consegue –como sinala Alejandor Castellote– […]

Camilo Franco ("Cama-libro")

21 Xaneiro, 2007 (19:25) | Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Vídeos, Xerais |

A “cama-libro” (referida ao microrrelato “39 graos”) é un dos mobles de lectura da exposición. Da infancia recordo o tacto frío da cabeza do termómetro no sobaco. Lembro iso e as instrucións da miña nai cando chegaban as visitas: non leas que tes os ollos febles, tápate que vou airear o cuarto. Incorporarse, chaqueta nova […]

Palabras contadas ( a exposición)

21 Xaneiro, 2007 (13:41) | Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Xerais |

A exposición Palabras contadas merece a pena. O baixo e o primeiro andar do corpo dereito da Fundación Luís Seoane están ocupadas por diversas instalacións preparadas para que o espectador se transforme en lector (o que o autor define como “lectura con mobles”). Aproveitando a versatilidade que ofrece o formato dos microrrelatos, as historias de […]

Palabras contadas

20 Xaneiro, 2007 (13:32) | Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Xerais |

Esta noite viaxaremos a Torre para participar na inauguración de Palabras contadas, a primeira exposición dun escritor galego montada a partir dun libro de ficción que funciona como elemento central de instalacións visuais e audiovisuais. Unha exposición concibida para a lectura (que non está recluída nos límites dun libro impreso). O texto como escultura. A […]

Manuel Sendón: casas doentes

15 Xaneiro, 2007 (22:03) | Arquitectura, Artes Visuais, Blogs, Exposicións, Sociedade |

Absolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das […]

A forza da palabra

31 Decembro, 2006 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Efemérides, Eventos, Exposicións, Lingua |

No artigo da semana recomendo a visita á exposición instalada na Fundación Caixa Galicia con motivo do centenario da Academia Galega. Sería magnífico que se puideron ler na rede máis contidos (sobre todo as imaxes) desta mostra memorable. Etiquetas: Academia_Galega, Galicia

Océano Sobral

30 Decembro, 2006 (19:10) | Artes Visuais, Exposicións |

Antón Sobral é o noso vixía do mar. Moi poucos pintores posúen a precisión da súa mirada sobre o horizonte mariño, apenas unha liña finxida onde as xerfas das ondas debuxan o seu antollo océanos. Nas súas mariñas sen referencias non hai nostalxia nin dramatismo por que as ardentías arrecenden o sabor salgado das gamas […]

Proxecto-Edición, A Feira

30 Outubro, 2006 (20:23) | Artes Visuais, Eventos, Exposicións |

A Feira do Proxecto-Edición é unha moi boa iniciativa á que, despois da celebración da súa primeira edición esta fin de semana, aínda lle queda moito treito para consolidarse como cita de encontro da edición artística e alternativa e do mundo do deseño. Na miña visita comprobei que o mellor son os contidos expositivos, sexa […]

Menchu Lamas: sombras no labirinto

8 Outubro, 2006 (09:30) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións |

No artigo da semana falo da exposición de Menchu Lamas no CGAC (é incrible que o noso primeiro centro de arte contemporánea teña pechado o seu espazo web). Recomendo tamén o magnífico catálogo (mágoa que tampouco poida atoparse referencia na rede). Etiquetas: Artigos, MenchuLamas, CGAC, Arte

Menchu no CGAC

7 Setembro, 2006 (21:45) | Artes Visuais, Exposicións |

Mañá abre a exposición de Menchu Lamas no CGAC, a que promete ser unha das máis importantes exposicións da tempada. Sempre tiven unha grande querenza e admiración polo traballo desta pintora de trazo rotundo e apaixonado. Gosto da depuración á que ven sometendo as súas características iconas, tanto pola intensidade no tratamento da cor coma […]

Os oitentas de Virxilio

26 Xuño, 2006 (20:04) | Artes Visuais, Eventos, Exposicións |

Xa me tarda en poder visitar a exposición antolóxica de Virxilio, inaugurada esta tarde en Compostela. O xenio do Cumial é un dos meus pintores preferidos, sexa polas formas sinuosas das súas mulleres campesiñas e emigrantes, for polas súas paisaxes elementais ou pola potente caligrafía que inmortalizou nas capitulares da Enciclopedia Gallega. Estes douscentos cadros […]

Urbanitas

5 Febreiro, 2006 (09:22) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións |

No artigo da semana recomendo a exposición Urbanitas que se inaugurou o venres pasado en Marco. É importante que o museo recoñeza o traballo destes artistas novos que, nalgún caso, xa admirabamos polo seu traballo na rede.Sobre a exposición hai unha magnífica reportaxe en culturagalega, incluíndo un completo backstage fotográfico sobre a montaxe e produción […]

Diáspora

30 Maio, 2005 (19:07) | Artes Visuais, Exposicións |

Maruja Mallo, Muller con cabra Recomendo a visita á exposición Diáspora do Marco.