Category: Festas

Onte 168: A noite de Vigo en Madrid

23 Febreiro, 2012 (08:16) | Festas, Iniciativas, Música, Onte, Vigo |

Lembrando aquel «Madrid se escribe con V de Vigo» dos tempos de Manuel Soto, a de onte, ademais da do enterro da sardiña, foi «Unha noite de Vigo en Madrid» de Abel Caballero. Non acredito na eficacia deste tipo de iniciativas voluntaristas e custosas como ferramentas de promoción turística, porén quero pensar que a súa […]

Onte 164: Entroido

19 Febreiro, 2012 (12:44) | Festas, Onte, Política, Vigo |

Fin de semana en Vigo de moito Entroido, días de xoldra, cocido, orellas e crítica purificadora. Mágoa que ese espírito entroideiro non lle fixera graza ningunha a Abel Caballero que mandou retirar da cruz do Castro a cartela de «Alcaldía». Intrasixencia semellante que comparte algún conservador vigués que critica ao alcalde por non facelo cos simpatiquísimos […]

Onte 137: Ano do dragón de auga

23 Xaneiro, 2012 (07:39) | Efemérides, Festas |

Leo que o 23 de xaneiro comeza o ano novo chinés, o ano do dragón de auga, o animal que vence o mal, o responsable dos corpos de auga en movemento, como as fervenzas, os ríos e os mares. Entre outras tradicións que se debe respectar ao longo da xornada, ademais de celebrar a cea […]

Días de Samaín

31 Outubro, 2011 (09:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Festas, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a orixe destes días de Samaín. Vivimos días de santos e defuntos, días consagrados á memoria dos mortos queridos. Tempo de castañas e magostos outonizos, ás portas do san Martiño, que anuncia a chegada dos rigores do inverno. Mais tamén, no eido festivo, estes son días […]

San Brais

7 Febreiro, 2011 (07:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo pretendo explicar as razóns do pulo renovado da romaxe de San Brais, un dos sinais de identidade do Vigo popular. Coas romaxes de san Mauro en Matamá, da Candeloria en Castrelos e de san Brais en Bembrive quedou aberto o ciclo anual das festas populares viguesas. Tres […]

Pipes of Peace

24 Decembro, 2010 (13:06) | Educación_para_a_Paz, Festas, Música |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/NVK_mJrLbmY” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Dalgún xeito a canción de John Lennon «Give Peace a Chance» foi versionada por Paul McCartney no seu tema «Pipes of Peace». Pode ser un xeito de celebrar este día de Nadal, no que está ambientado o clip.

Historia do nadal dixital

22 Decembro, 2010 (23:42) | Festas, Humor, Internet, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/tgtnNc1Zplc” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Neste caso atendan máis aos procedementos cos contidos.

De estirpe popular

24 Agosto, 2010 (22:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Non quero que quede atrás o artigo de Campo de Granada publicado o luns 16 de agosto, con motivo da viguesa festa de San Roque. Como sanroquista militante que son, non teño vergonza ningunha en asumir a nosa estirpe aldeana, mariñeira, obreira, traballadora e popular, termos cos que dende hai dous centos anos se ven […]

Marruchos e outras larpeiradas

15 Febreiro, 2010 (08:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Gastronomía |

Como no podía ser doutra maneira, neste luns de Entroido dedicamos aos marruchos e outras larpeiradas o artigo de Faro de Vigo.

Feijóo disfrázase en Verín

13 Febreiro, 2010 (01:42) | Festas, Goberno Feijoo |

Resúltame moi difícil definir o disfrace de Feijóo. A magnífica foto de Nacho Gómez demostra que este non é un político calquera.

Campo do Fragoso LXXXVII

4 Xaneiro, 2010 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Festas, Fútbol |

NADA NOVO Mágoa que algún dos ranchos de Reis, como foi tradición durante tantos e tanos anos,  non desfilase onte no primeiro partido do ano en Balaídos. Con certeza que os seus ritmos de chascarraschás e as espectaculares evolucións dos seus bandeiras animaría un chisco á cada vez máis minguada bancada celeste que comeza outro […]

AGARDO QUE NO 2010 NON FALTE VENTO NAS VELAS

31 Decembro, 2009 (18:27) | Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/N9kdHXrJYF8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Agardo que no 2010 non falte vento nas velas, que boa falta nos fai. Saúde, ventura e lectura galega. Con todos os abrazos e beizóns. [Velaí a miña tradicional homenaxe a Oasis na fin de cada ano.]

Leite frito

26 Decembro, 2009 (13:19) | Festas, Gastronomía, Memoria |

Para Maripola e Montse, que reiventaron a tradición. Cando a Caixa de Aforros plantaba o piñeiro iluminado, sabiamos que chegara o Nadal. Os raparigos ateigabamos a entrada da oficina central de García Barbón para admirar as grandes figuras articuladas do belén e comprobar que os reis aínda estaban moi lonxe de chegar ao seu obxectivo. […]

Castrelos: «incredible setting»

19 Xullo, 2009 (11:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Foto Sonia Daponte (Xornal de Galicia). No artigo da semana, ao fío do concerto de Keane que abriu as festas viguesas deste ano, propoño unha reflexión sobre o que entendo é o «espírito de Castrelos» que, afortunadamente, se vai transmitindo xeración a xeración.

Un día para esperanza

26 Abril, 2009 (11:56) | Dereitos_humanos, Eventos, Festas, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SDcC5IYJVX0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe estaremos na praza da Constitución na «Festa da Solidariedade» que organiza Intermon-Oxfam.

Benvido, deus Momo

22 Febreiro, 2009 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana saúdo a chegada do deus Momo, o rei do do refundado entroido vigués.

Todos os entroidos

21 Febreiro, 2009 (00:47) | Efemérides, Festas |

Aquí podemos consultar todos os entroidos galegos.

MOITO VENTO NAS VELAS PARA 2009

31 Decembro, 2008 (18:45) | Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos |

Que haxa moito vento nas velas para 2009!Con todos os abrazos e beizóns. [A miña inevitable homenaxe de fin de ano a Oasis e unha rareza simpática]

O Apalpador e outros mitos

28 Decembro, 2008 (12:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vídeos |

No artigo da semana apoio a difusión do mito do Apalpador ou Pandigueiro, como figura do futuro nadal galego.

Soños adiante!

24 Decembro, 2008 (17:44) | Beizóns, Festas, Música, Vídeos |

Nesta noiteboa, os meus mellores desexos para todos e todas. Soños adiante! «Ninfa das frescas augas»Texto: Rosalía de Castro (adaptación)Música: Roi Casal.

Día de mortos

2 Novembro, 2008 (09:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Festas, Recurso_didáctico, Vídeos |

No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.Neste vídeo de carácter didáctico (doce minutos) amplíase a información sobre estas festas do «Outromundo». Documental día de muertosCargado por ruder7

Samaín de Cedeira 2008

1 Novembro, 2008 (13:40) | Efemérides, Festas, Recurso_didáctico |

Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá […]

Festas laicas

27 Xullo, 2008 (08:08) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Política, Vigo |

No artigo da semana felicito á concellaría de Cultura de Vigo polo seu programa de Festas verán 2008, ao tempo que aproveito para reflexionar sobre o carácter laico que deben ter este tipo de eventos e dos comportamentos das autoridades e funcionarios civís.

Do deus Momo aos merdeiros

3 Febreiro, 2008 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Con motivo do domingo de Entroido, no artigo da semana lembro cómo se desenvolvía en 1877 o Carnaval en Vigo. Daquela era o deus Momo e a suá corte de damas e demos os quen protagonizaba un desfile que se celebraba dende o Campo de Granada ata a Alameda (onde este ano, felizmente, volveu a […]

"Merdeiros" de Vigo

30 Xaneiro, 2008 (06:52) | Festas, Vigo |

Esta noticia de Máis Alá éncheme de ledicia. A volta dos “Merdeiros” a máscara tradicional do Berbés é unha das miñas vellas teimas. Hai sete anos, publiquei o primeiro artigo no Faro sobre esta máscara viguesa dos “merdeiros” ou “escabicheiros” do noso barrio de pescadores, figuras que satirizaban ou parodiaban cruelmente aos campesiños que viñan […]

O Carnaval en Galicia

28 Xaneiro, 2008 (20:03) | Ensaio, Festas, Novidades, Xerais |

Coincidindo co inicio desta primeira semana do Entroido puxemos nas librarías unha nova edición, totalmente renovada, do Carnaval en Galicia, o libro de Federico Cocho, con magníficas fotografías de Manuel G. Vicente, que percorre as manifestacións e a xeografía do noso entroido tradicional, tanto rural como urbano: os Momos e Mecos, os Felos de Maceda, […]

O Samaín de Cedeira

6 Novembro, 2007 (20:15) | Efemérides, Festas, Recurso_didáctico |

Rafael Fernández Loureiro, o impulsor da festa do Samaín, envioume o cartel da XVIIIª edición do Samaín de Cedeira. Despois da polémica, ben merece quedar no arquivo. Etiquetas: Samaín

Samaín: imposición ou impostura

2 Novembro, 2007 (12:11) | Efemérides, Festas, Recurso_didáctico |

Mario pedía nun comentario unha anotación sobre Samaín, para volver sobre o animado debate do pasado ano. Onte, vendo as desconexións locais na canle internacional da TVG (un exercicio moi interesante) puiden comprobar que a festa renace con pulo en toda Galicia, sendo múltiples as iniciativas, sobre todo no eido escolar. Mais, tras o artigo […]

Festas fracas

29 Xullo, 2007 (09:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Música, Polémicas, Vigo |

No artigo da semana volvo sobre a miña teima coa calidade do programa das festas de Vigo. A pesar do concerto dos Arctic Monkeys (gustei moito desta actuación en Castrelos dos indies de Shiffield) e do ciclo de cine ao aire libre Realidade 07, a liña continuista e rutineira do programa é decepcionante. Non entendo, […]

Coia, cifra de Vigo

1 Xullo, 2007 (09:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana recollo unha síntese do pregón que pronunciei o venres á noite como inicio das festas de Coia 2007. Etiquetas: Coia

A Coca rende

10 Xuño, 2007 (11:04) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas |

No artigo da semana propoño a recuperación da festa da Coca como parte do noso patrimonio inmaterial da humanidade. Un esforzo no que deben implicarse as autoridades do goberno de Redondela e da Consellaría de Cultura. Etiquetas: Coca

Tempo de castañas

5 Novembro, 2006 (11:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Gastronomía |

No artigo da semana, ao abeiro do tempo de Samaín e Magostos, abordo a proposta de conseguir para a Castaña de Galicia unha Indicación Xeográfica de Calidade. Outra forma de abordar a recuperación do noso medio rural. Foto: Fraga de Catasós. Etiquetas: Artigos, Castañas, Galicia

Tempo de Samaín

26 Outubro, 2006 (08:00) | Efemérides, Festas |

Rafael López Loureiro, autor de Samaín, a festa das caliveiras , e animador da recuperación do Samaín na vila de Cedeira, xa demostrou hai tempo o carácter galego desta festa que, moitas veces asociada ás de Santos e Defuntos, existía por todo o noso país ata hai menos de trinta anos.Recuperar ou reinventar esta tradición […]

Pobres festas

16 Xullo, 2006 (10:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana critico o “programa” de concertos das festas de Vigo. Unha tristeza máis provocada pola anemia política da cidade revolcada. Etiquetas: Vigo, Artigos

Pregón da Coca

19 Xuño, 2006 (20:58) | Efemérides, Festas, Persoal |

Velaí o texto do pregón. Etiquetas:Coca, Redondela

A Coca rinde

15 Xuño, 2006 (17:41) | Efemérides, Festas |

Hoxe rinde a Coca en Redondela. Pronunciar a noite de onte o pregón, dende o balcón do concello, foi unha grandísima honra para un choqueiro de adopción coma min. Etiquetas: Coca, Redondela

Gabanza da cereixa

4 Xuño, 2006 (17:29) | Efemérides, Festas, Gastronomía, Persoal |

Convidáronme hoxe a pronunciar o pregón da XXIª edición da Festa da Cereixa de Beade, unha festa gastronómica na que se exalta ese froito doce e carnoso que producen cincuenta mil cerdeiras viguesas. Aí vai un extracto do texto que preparei: “A cerdeira, árbore da familia das Rosaceae, é irmá das amendoeiras e curmá dos […]

Festa da cultura

6 Maio, 2006 (09:46) | Efemérides, Festas |

Esta iniciativa de cortexo cívico, xa na terceira edición, é das máis bonitas e innovadoras para celebrar con toda a dignidade que se merece o 17 de maio. Con todo, a pesar do cambio de goberno e de esforzos illados como o que anunciamos, aínda non albiscamos mudanzas significativas na celebración dunha efeméride xa en […]

Os merdeiros de Vigo

19 Febreiro, 2006 (09:59) | Festas, Vigo |

Ás portas xa do Entroido, no artigo da semana, unha ano máis, volvo propoñer a revitalización da máscara do merdeiros.

Na mortalla

9 Xaneiro, 2006 (21:58) | Festas |

Memorable este longo post de Ian sobre a matanza en Valdeorras. É deses textos vividos, literariamente fermosos, dispostos para ser saboreados de vagariño e nos que ao seu remate queda un retrogusto de melancolía. O melloriño que teño lido na rede en moito tempo. Unha peza senlleira para incluír en calquera manual de lingua galega […]

Pisa no Froxán

11 Decembro, 2005 (10:55) | Festas |

O sábado de mañanciña subimos amodiño a Froxán, dende a Pobra do Brollón, entre a brétema que orzaba os soutos e as bidueiras, ao pé dunha estradiña moi estreita e virada. Esta entrada vagorosa ao Courel, por Parada dos Montes, permite chegar directamente á fonte do Milagro de Froxán, diante da eiriña na que se […]

Pisa e abandoxado da castaña no Froxán

5 Decembro, 2005 (18:05) | Festas |

O sábado volveremos a Froxán á Festa da pisa e do abandoxado da castaña. Alí presentaremos a Fonte de esperante de Xesús Manuel Marcos. É unha das festas tradicionais máis auténticas e emocionantes que coñezo. Quen acorde acudir, non debe esquecer puchos e luvas. Paga verdadeiramente a pena.

Benvido Samaín

28 Outubro, 2005 (15:39) | Festas |

Achégase Halloween, a festa que na noite de 31 de outubro para 1 de novembro permite unha fugaz visita ao “outromundo”. O tallado de cabaceiras, os disfraces con motivos sobre a morte e os animais, e a homenaxe a trasnos, bruxas e meigas son outros elementos desta efeméride que mobiliza á rapazallada toda dos Estados […]

Reconquista?

28 Marzo, 2005 (08:55) | Festas, Vigo |

Festa da Reconquista 2004 Hoxe é feriado en Sal. Nunca simpaticei coa celebración da Reconquista. A figura do capitán Bernardo González del Valle “Cachamuíña” merecíame apenas o respecto de ser glosada na balada que a el e a María Pita dedicou Siniestro Total (“ron ron la botella de ron…”). O seu suposto heroísmo na anoitecida […]

Felos

5 Febreiro, 2005 (09:24) | Festas |

Felos de Maceda Onte nova presentación dos libros de Moncho (acordeime, por suposto, de Cesare, a quen lle debo en Big-Maceda a idea destas brétemas). O Castelo (un hoteliño moi cuco) encheuse a reventar. Nestas terras de Joao da Nova, Babarrro, Santiago Prol ou Francisco Carballo (entre outros escritores da Serra de San Mamede) saen […]